{"id":5655,"date":"2017-11-28T08:28:00","date_gmt":"2017-11-28T07:28:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:31:56","modified_gmt":"2024-11-12T12:31:56","slug":"escudo-de-armas-da-casa-de-garcia-de","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2017\/11\/28\/escudo-de-armas-da-casa-de-garcia-de\/","title":{"rendered":"ESCUDO DE ARMAS DA CASA DE GARC\u00cdA DE VILANDRIZ (A DEVESA). Francisco Jos\u00e9 Campos Dorado"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjh97fsjJVuu9zSd-4qlh_AAHxbqgHxrBCe58leFoWBHTH6qZ2Zn_NuVTCgCm3mVrLJ-B3Ehx38hQPm4KMGAVqKGiMWb5YL0775S0wdK5FePOurzkkBz4P55Djw8PBygCvqCC-jZQ\/s2048\/escudo+casa+Garc%25C3%25ADa+Vilandriz.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjh97fsjJVuu9zSd-4qlh_AAHxbqgHxrBCe58leFoWBHTH6qZ2Zn_NuVTCgCm3mVrLJ-B3Ehx38hQPm4KMGAVqKGiMWb5YL0775S0wdK5FePOurzkkBz4P55Djw8PBygCvqCC-jZQ\/s2048\/escudo+casa+Garc%25C3%25ADa+Vilandriz.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>Esta pedra armeira (foto 1, supra), re-debuxada para mellor vela, est\u00e1 labrada en m\u00e1rmore branco listado de baixa resistencia \u00e1 abrasi\u00f3n, que non aguantou ben a intemperie e esvaeceu \u00f3s seus mobles e elementos ornamentais, ademais de haber sufrido golpes de diversas ferramentas cando se fixeron obras de remodelaci\u00f3n e caleado da fachada da casa o largo dos s\u00e9culos, o que desfigurou particularmente a labra da parte central.<\/p>\n<p>Segundo podemos ver, este bras\u00f3n, consta dun pequeno escudo espa\u00f1ol, cuxo \u00e1mbito est\u00e1 perfilado por unha bordura que toma, aproximadamente, a d\u00e9cima parte da s\u00faa latitude. Est\u00e1 timbrado cunha cruz cadrada, que bifurca o brazo vertical na parte baixa, facendo a figura dunha cruz de \u00e1ncora, cuxos extremos sobre pasan ambos cant\u00f3ns do xefe. O adorno exterior en \u00e1mbolos dous flancos \u00e9 tan amplo, ao largo e ancho, como o propio escudo, e na parte alta presenta a ambos lados un adorno de plumas en cuxo centro resaltan unhas formas de \u201cV\u201d baleiras (ra\u00f1uradas) conc\u00e9ntricas unhas a outras m\u00e1is pequenas, que parecen querer representar o candelabro do <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Templo_de_Xerusal%C3%A9n\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Templo de Xerusal\u00e9n<\/a>, tal como aparece nunha fiestra rom\u00e1nica abocinada da Capela da Virxe do Cami\u00f1o (foto 2, infra), do que nos falaba en \u201c<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2016\/07\/templarios-en-vilavella-artigo-de-jose.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Templarios na Vilavella<\/a>\u201d o noso tan recordado ling\u00fcista, historiador e veci\u00f1o <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/search\/label\/Jos%C3%A9%20M%C2%AA%20Rodr%C3%ADguez\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Jos\u00e9 M\u00aa Rodr\u00edguez D\u00edaz<\/a>, en Xullo-2016.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhuN97MGQqH3-iPuITCcoqb9Nbmq0HjreXHuOkDYQ6Wqmli-diJ2s59t79va2SlPTBeXROEbEFKedGY30uU5i5p4P8qUDjHGyYp-vLO4fVZ3rX3e7sfhSS8cFYlVA9zKHuBJo1nsw\/s2048\/fiestra+casa+Garc%25C3%25ADa+Vilandriz.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhuN97MGQqH3-iPuITCcoqb9Nbmq0HjreXHuOkDYQ6Wqmli-diJ2s59t79va2SlPTBeXROEbEFKedGY30uU5i5p4P8qUDjHGyYp-vLO4fVZ3rX3e7sfhSS8cFYlVA9zKHuBJo1nsw\/s2048\/fiestra+casa+Garc%25C3%25ADa+Vilandriz.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>En \u00e1mbolos dous flancos dos soportes, un bocel curvado (unha moldura convexa con perfil de media ca\u00f1a que se vai curvando para formar debuxos) encerra algo as\u00ed, como tres plumas rectas punta abaixo, posible reminiscencia das alas de anxos (en adoraci\u00f3n, como as do escudo actual da Deputaci\u00f3n de Lugo) ou plumas da figura her\u00e1ldica dun \u201cgrifo\u201d ou animal fabuloso con medio corpo de aguia e medio corpo inferior de le\u00f3n, ou quizais queiran representar raios de luz ou lapas de lume que se desprenden como un resplandor, do propio campo do escudo. Na parte baixa o adorno forma d\u00faas amplas \u201cS\u201d case sim\u00e9tricas, por oposici\u00f3n a un eixe central vertical, que rematan o bras\u00f3n de forma sinxela, arte austero e harm\u00f3nica composici\u00f3n.<\/p>\n<p>Na parte alta da cartela est\u00e1 escrita unha lenda: \u201cVIVA IHS MA&#8230;(s\u00edmbolo de letras entrelazadas de SANTA MARIA, similares \u00e1s do escudo da capela do <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2017\/08\/escudo-de-armas-do-pazo-torre-de.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Pazo de Cedofeita<\/a>, tam\u00e9n en La Comarca del Eo, 5-Agosto-2017) R I&#8230;\u201d (a parte final est\u00e1 ilexible debido a un peg\u00f3n de cemento) o que quer dicir: \u201cVIVA JESUCRISTO SANTA MARIA R I&#8230;\u201d. Na parte inferior da cartela p\u00f3demos ler a data: \u201cANO DE <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1755\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1755<\/a>\u201d. Estes s\u00edmbolos \u201cIHS\u201d, en cuxo centro da asta da \u201cH\u201d hai unha pequena cruz, e MA tam\u00e9n podemos velos na antiga casa de Cacabelos de Abaixo, que data do ano <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1759\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1759<\/a>, e que describimos no artigo \u201c<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2016\/06\/escudo-da-casa-de-cristos-francisco.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Escudo da Casa de Cristos<\/a>\u201d (tam\u00e9n en La Comarca del Eo, 14-Xu\u00f1o-2016). Non sabemos si tiveron relaci\u00f3n os primixenios propietarios destas casas, pois carecemos de calquera documentaci\u00f3n, de \u00e1mbalas d\u00faas que nos puidera axudar a descifrar a analox\u00eda. O dono da Casa de Garc\u00eda, D. Antonio Garc\u00eda \u00c1lvarez, a quen desde aqu\u00ed lle dou as grazas pola s\u00faa atenci\u00f3n, me explica que a s\u00faa casa, antigamente, era co\u00f1ecida como a \u201cCasa do Artilleiro\u201d, pois quiz\u00e1s alg\u00fan antepasado seu, serviu na Arma de Artiller\u00eda, pero sen co\u00f1ecer nin cando, nin onde, nin en que circunstancias, o que, parece non ter nada que ver con este bras\u00f3n fincado na fachada da s\u00faa casa.<\/p>\n<p>No campo do Escudo brasonado, pres\u00e9ntase en xefe unha cruz patada (de brazos ensanchados), perfilada e de catro brazos baleiros (ra\u00f1urados) que a fan resaltar no contorno e no centro. Ao redor da cruz aparece un c\u00edrculo gravado, que a circunscribe en parte, polo que o conxunto puidera ser a representaci\u00f3n dunha Sagrada Forma dentro dunha custodia, ou peza de metal nobre, onde se exp\u00f3n o Sant\u00edsimo Sacramento \u00e1 p\u00fablica veneraci\u00f3n. A mala conservaci\u00f3n en que se encontra o bras\u00f3n, non permite interpretar a parte baixa do campo, pois est\u00e1 moi desgastada, practicamente desaparecida e indescifrable, a\u00ednda que en faixa central, aparecen como d\u00faas letras, moi borrosas que semellan ser \u201cM\u201d e \u201cO\u201d, a \u00e1mbolos dous flancos do que debera ser un c\u00e1liz ou figura central, polo que d\u00e1 a entender algunha relaci\u00f3n coa provincia de Mondo\u00f1edo, pero esta interpretaci\u00f3n pode ser moi discutible, pois non se distingue o cop\u00f3n ou o c\u00e1liz, sobre o que estar\u00eda a Sagrada Forma, como ocorre no <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Ficheiro:Coat_of_Arms_of_Mondo%C3%B1edo.svg\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Escudo de Armas da Cidade de Mondo\u00f1edo<\/a>.<\/p>\n<p>Por\u00e9n, parece ter que ver coa custodia ou o c\u00e1liz do Escudo de Armas do <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Reino_de_Galicia\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Reino de Galiza<\/a>, pois como se explica nun follet\u00edn informativo da Xunta sobre o \u201cFogar de Breog\u00e1n\u201d, Galicia, \u201cGalice\u201d en franc\u00e9s, ten similitude fon\u00e9tica (homofon\u00eda) coa voz \u201ccalice\u201d ou c\u00e1liz, por isto aparece no armorial ingl\u00e9s de Segar\u2019s Roll, do ano <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1282\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1282<\/a>, un <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Ficheiro:Reino_de_Galicia_-_Kingdom_of_Galicia_-_Segars_Roll.jpg\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Escudo de Armas de Galiza con forma triangular redondeada<\/a> (cl\u00e1sica forma francesa que influ\u00edu no dese\u00f1o her\u00e1ldico ingl\u00e9s e algo no espa\u00f1ol) e no campo, tres cop\u00f3ns ben ordenados (dous en xefe e un en punta). No s\u00e9culo XVI incorp\u00f3ranselle seis cruces os flancos, en pau tres e tres. Mais tarde reinterpr\u00e9tanse as Armas do Reino de Galiza, como a exposici\u00f3n permanente do Sant\u00edsimo Sacramento da catedral de Lugo, privilexio do s\u00e9culo XVI, relacionado c\u00f3 <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Concilio_de_Trento\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Concilio de Trento<\/a> (<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1545\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1545<\/a>&#8211;<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1563\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1563<\/a>), e o cop\u00f3n transf\u00f3rmase en c\u00e1liz coa Hostia, e \u00e1s veces, en custodia barroca tal como aparece nos selos da obra \u201cArmas y Triunfos, Hechos Heroicos de los Hijos de Galicia\u201d do Padre Mestre da Orde de San Agosti\u00f1o, Frei Felipe de la G\u00e1ndara do ano <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1653\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1653<\/a>. Pero para que este bras\u00f3n da Casa de Garc\u00eda representara, na data en que foi gravado, unha copia do Escudo do Reino de Galiza, ter\u00eda que ter nunha bordura, ou nunha cinta de divisa, a lenda: \u201c<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Hoc_hic_mysterium_fidei_firmiter_profitemur\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">HOC MYSTERIUM FIRMITER PROFITEMUR<\/a>\u201d, o que significa: \u201cCremos de firme neste misterio de fe\u201d, que foi engadido polo padre F. Ojea no seu mapa de Galiza do ano <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1612\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1612<\/a>, moi anterior a este bras\u00f3n do <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1755\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1755<\/a>, polo que pensamos que este bras\u00f3n da Casa de Garc\u00eda, \u00e9 persoal de alg\u00fan abade ou prior, ou dalgunha delegaci\u00f3n ou oficina xurisdicional do bispado ou dunha orde relixiosa.<\/p>\n<p>A casa, segundo me comenta un veci\u00f1o, era dunha condesa, cuxo nome non sabemos, e logo pasou a ser propiedade dun abade chamado \u201cMauro\u201d que depend\u00eda da <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Mosteiro_de_San_Xuli%C3%A1n_de_Samos\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Abad\u00eda de San Xuli\u00e1n de Samos<\/a>. Este mosteiro medieval, fundado no s\u00e9culo VI, por <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Marti%C3%B1o_de_Dumio\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Marti\u00f1o de Dumio<\/a>, pasou a rexerse no s\u00e9culo X, baixo a regra de San Bieito, e no s\u00e9culo XII sumouse a reforma cluniacense. O mosteiro foi colexio de Teolox\u00eda e Filosof\u00eda e era parada importante no Cami\u00f1o de Santiago pois ti\u00f1a hospeder\u00eda, e posu\u00eda duascentas vilas e qui\u00f1entos lugares, o que nos d\u00e1 a entender da s\u00faa gran relevancia. \u00bfEra esta Casa de Garc\u00eda unha desas propiedades que serv\u00eda de descanso \u00f3s peregrinos do Cami\u00f1o de Santiago, ou era simplemente a casa dun abade, \u201cMauro\u201d, encargado dalgunha encomenda?.<\/p>\n<p>Pero quizais, polo que nos mostra o bras\u00f3n, tam\u00e9n puidera ser que fora propiedade dun xesu\u00edta da <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Compa%C3%B1%C3%ADa_de_Xes%C3%BAs\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Compa\u00f1\u00eda de Xes\u00fas<\/a> (Societas Iesu), orde relixiosa da Igrexa Cat\u00f3lica, fundada o 15 de Agosto de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1534\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1534<\/a> por <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/San_Ignacio_de_Loyola\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">San Ignacio de Loyola<\/a>, e cuxo selo distintivo consta das letras <a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/IHS\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">IHS<\/a> (Iesus Hominum Salvator: Xes\u00fas Salvador do x\u00e9nero Humano) surmontadas por unha cruz cravada na asta da \u201cH\u201d, e acompa\u00f1adas por Tres Cravos que simbolizan a Paix\u00f3n e Morte de Xes\u00fas de Nazaret, e o todo, rodeado dun sol de trinta e dous raios, alternando un recto e outro ondulado. Este disco solar, fai referencia \u00e1 Resurrecci\u00f3n e \u00e1 Ascensi\u00f3n do Se\u00f1or, as\u00ed como, \u00e9 unha alusi\u00f3n evidente \u00f3 dogma do Sant\u00edsimo Sacramento da Liturxia Cat\u00f3lica e, de forma particular, alude \u00e1 Congregaci\u00f3n Xesu\u00edtica (<a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Compa%C3%B1%C3%ADa_de_Jes%C3%BAs#S%C3%ADmbolos\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Compa\u00f1\u00eda_de_Jes\u00fas#S\u00edmbolos<\/a>). O remate dos brazos desta cruz potenzada con tri\u00e1ngulos, como si fora feita con cravos, presenta a mesma forma que a cruz que se atopa no lintel da porta principal da Igrexa de San Roque de Vilandriz, moi preto desta Casa de Garc\u00eda (<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2017\/06\/escudo-de-armas-da-capela-da-virxe-do.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Escudo de Armas da Capela da Virxe do Cami\u00f1o \u2013particularidades-<\/a>, tam\u00e9n en La Comarca del Eo 24-Xu\u00f1o-2017).<\/p>\n<p>Carecemos de calquera documentaci\u00f3n expresa que nos puidera guiar, polo que trataremos de contextualizar a \u00e9poca do escudo, para albiscar algo m\u00e1is da s\u00faa probable historia.<br \/>\nNa documentaci\u00f3n escrita medieval do s\u00e9culo XIII, xa consta este asentamento de Vilandriz xunto c\u00f3 de Cinxe: \u201c&#8230;as nosas herdades que nos auemos&#8230; en Cinge e Vilaldris&#8230;\u201d (E.Cal Pardo, Estudios Mindonienses 9, 1993), pero o seu top\u00f3nimo \u00e9 moito m\u00e1is antigo, pois ref\u00edrese \u00e1 \u201cVila de Andericus\u201d, nome da casa de campo e do seu propietario xerm\u00e1nico, posiblemente un suevo do s\u00e9culo V ou do VI, como ocorre co nome de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Lugares_de_Ribadeo\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Vilamariz<\/a> (Vila de Malaricus), de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Vilaframil,_Ribadeo\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Vilaframil<\/a> (Vila de Fraamir), de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Santalla_de_Vilausende,_Ribadeo\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Vilausende<\/a> (Vila de Ausendus ou de Adosindus) (Jos\u00e9 Mar\u00eda Rodr\u00edguez D\u00edaz, \u201c<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2007\/11\/mia-intervencin-na-presentacin-do-libro.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Estudio sobre Toponimia de Ribadeo<\/a>\u201d, 2007). Os suevos nesta parte da Gallaecia asentaron no s\u00e9culo V e VI como se\u00f1ores de grandes propiedades, \u00e1s que, c\u00f3 paso do tempo, pasaron a ser as parroquias cristi\u00e1ns, m\u00e1is menos da extensi\u00f3n territorial de hoxe, e a maior\u00eda delas neste caso, pertencentes o Mosteiro de San Salvador de Lourenz\u00e1, con aforamentos en grandes fincas de se\u00f1or\u00edos e patronatos que no ano <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1763\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1763<\/a>, no reinado de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Carlos_III_de_Espa%C3%B1a\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Carlos III<\/a> (rei <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1759\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1759<\/a>&#8211;<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1788\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1788<\/a>) comezou a liberalizaci\u00f3n de bens do excedente agrario de propietarios eclesi\u00e1sticos principalmente, para garantirlles \u00f3s campesi\u00f1os a continuidade na posesi\u00f3n das terras que cultivaban e polas que pagaban un foro. A <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Desamortizaci%C3%B3n\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">desamortizaci\u00f3n de Mendizabal<\/a> de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1836\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1836<\/a> e a Lei Madoz ou Xeral de Desamortizaci\u00f3n de 1855, estableceu a redenci\u00f3n dos foros, que a\u00ednda sendo favorable os campesi\u00f1os, estes non puideron adquirir as propiedades por carecer de liquidez e, salvo raras excepci\u00f3ns, estiveron ausentes nas poxas polas terras, o que deu lugar, a que aquelas propiedades da igrexa, inmobilizadas, chamadas \u201cterras de maos mortas\u201d, foron a parar a maos de altos cargos, comerciantes burgueses, profesionais acomodados e fidalgos, normalmente alleos o mundo rural e aos que, os campesi\u00f1os agro-gandeiros tiveron que seguir pagando rendas moi elevadas, respecto do rendemento produtivo que ti\u00f1an, o cal, foi un proceso escravizante para a xente do campo galego que segu\u00eda ancorada nun sistema laboral anticuado, e en Galiza iniciouse o \u00e9xodo masivo dos seus fillos (\u201cHistoria de Galicia\u201d, David P\u00e9rez L\u00f3pez, 2015, p\u00e1x. 275; \u201cVilasel\u00e1n, aproximaci\u00f3n hist\u00f3rica\u201d, Jos\u00e9 Mar\u00eda Rodr\u00edguez D\u00edaz, 2010, p\u00e1x. 35; Larousse P45, pax. 3778). Quizais fora nos acontecementos destes tempos, cando a casa cambiou de propietarios, e motivou a perda da documentaci\u00f3n hist\u00f3rica.<\/p>\n<p>Por outro lado, non quero deixar no tinteiro os datos que fun encontrando, indagando na relaci\u00f3n que pod\u00eda haber entre o <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Mosteiro_de_San_Salvador_de_Lourenz%C3%A1\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Mosteiro de Lourenz\u00e1<\/a> e o Concello de Ribadeo, onde atopamos cousas curiosas na Real Chanciller\u00eda de Valladolid, en variados documentos do s\u00e9culo XIII e XIV, que nos falan desta relaci\u00f3n. Vexamos tres exemplos:<\/p>\n<p>1. Un documento en pergami\u00f1o de 246&#215;445 mm (c\u00f3digo ES.28079.AHN\/3.1.3.3.64\/\/CLERO SECULAR REGULAR, Car.1108,N.13) escrito en lingua galega, g\u00f3tico cursiva de albalaes (letra que se utilizaba en documentos, cartas e c\u00e9dulas reais nas que se conced\u00eda algunha merc\u00e9, ou se prov\u00eda ou se fac\u00eda constar algunha cousa). T\u00edtulo: \u201cFern\u00e1n P\u00e9rez, abad del monasterio de San Salvador de Lourenz\u00e1, hace avenencia con el Concejo de Ribadeo sobre el puerto de Rinlo y las villas de Vilamariz, Vilabois y Vilandriz\u201d (data: 26-Abril-<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1291\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1291<\/a>), con outro documento inserto que di: \u201cEl monasterio de San Salvador de Vilanova de Lourenz\u00e1 da poder a Fern\u00e1n P\u00e9rez, abad del dicho monasterio, para hacer avenencia con el concejo de Ribadeo por raz\u00f3n de la venta que hizo Fern\u00e1n Alfonso, juez del Rey, del puerto de Rinlo y de otras heredades\u201d (data: 11-Abril-1291).<\/p>\n<p>2. Documento en lingua galega, escritura g\u00f3tico cursiva, con data 7-abril-<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1285\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1285<\/a>: \u201cEl monasterio de San Salvador de Vilanova de Lourenz\u00e1 hace avenencia con el Concejo de Ribadeo sobre la villa de Vilamariz\u201d. &#8220;Feitas las cartas sete dias dabril, Era de mill e tre\u00e7entos e viinte e tres anos&#8221;.<\/p>\n<p>3. Documento en lingua galega e lat\u00edn, escritura g\u00f3tico cursiva, con data 13-Outubro-<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1310\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1310<\/a>. \u201cPedro Ponzo, adelantado mayor del rey en Galicia, resuelve el pleito entre el concejo y alcaldes de O Burgo de Ribadeo y el monasterio de San Salvador de Vilanova de Lourenz\u00e1 sobre el caritel de la villa de Vilamariz. As\u00ed mesmo inserta, carta de procuraci\u00f3n do dito concello a favor de Ares Mart\u00ednez, xu\u00edz, Mart\u00edn Ares e Alfonso Eanes, dada o 30-Set-1310.<\/p>\n<p>Este \u00faltimo documento, datado en Outubro do 1310, danos un dato hist\u00f3rico de Ribadeo que non sab\u00edamos de certo: \u201c&#8230;pleito entre el concejo y alcaldes de O Burgo de Ribadeo&#8230;\u201d. Esta expresi\u00f3n de \u201cO Burgo de Ribadeo\u201d, segundo a Etimolox\u00eda, \u201cburgo\u201d, \u00e9 un termo que prov\u00e9n do xerm\u00e1nico \u201cburg\u201d: \u201cfortaleza\u201d, \u201ccastro\u201d. Na Idade Media nome\u00e1base as\u00ed, un n\u00facleo de poboaci\u00f3n formado arredor dun castelo ou dunha cidade amurallada, e posteriormente, dise dunha aldea ou vila pequena, dependente doutra maior ou m\u00e1is importante, que ficaba pr\u00f3xima (&#8220;Gran Dicionario Xerais da Lingua&#8221;. 2000). Sabemos de certo que Ribadeo foi Sede Episcopal desde o ano <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1182\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1182<\/a> co <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Diocese_cat%C3%B3lica_latina_de_Mondo%C3%B1edo-Ferrol#S%C3%A9_de_Ribadeo\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">bispo Rabinato<\/a> ata o <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1218\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1218<\/a> co bispo Pelaio de Cebeira, polo que nesas datas era unha poboaci\u00f3n aut\u00f3noma e non depend\u00eda de ningu\u00e9n, dentro do contexto do <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Conventus_lucensis\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Conventus Lucensis<\/a> do Reino de Galicia. A\u00ednda sendo Ribadeo unha vila pequena comparada cos tempos actuais, \u00bfcomo podemos dicir que daquela era pequena, comparada \u201ccon quen\u201d a cen quil\u00f3metros a redonda?. Polo tanto, e baixo esta perspectiva, a expresi\u00f3n \u201cO Burgo de Ribadeo\u201d, ref\u00edrese a \u201cunha poboaci\u00f3n arredor dun castelo ou a poboaci\u00f3n dunha vila amurallada\u201d. Non sabemos de cando databa a Fortaleza de Ribadeo, nin de cando foron feitas as murallas, pero segundo isto que acabamos de dicir, \u00e9 moi posible que se poidan datar no s\u00e9culo XIII, quizais incluso no s\u00e9culo XII, bastante anteriores a denominaci\u00f3n do <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Condado_de_Ribadeo\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Condado de Ribadeo<\/a> dado a Pierre de Villaines no ano <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1369\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1369<\/a>, e por seguro, anterior o Conde Rui L\u00f3pez D\u00e1valos que compra o condado a finais do s\u00e9culo XIV, e a quen alg\u00fans textos lle atrib\u00faen a construci\u00f3n da Fortaleza, pois foi o \u00fanico Conde que parece pasou alg\u00fan tempo en Ribadeo, nos vinte cinco anos que estivo este Condado baixo o seu dominio.<\/p>\n<p>Non ter\u00eda nada de estra\u00f1o que a poboaci\u00f3n primixenia de Ribadeo, que se trasladara coas invasi\u00f3ns vikingas para a Vilavella, mellor dito para Santiago de Vigo, segundo documento do ano <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1151\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1151<\/a> (Templarios en a Vilavella, Jos\u00e9 M\u00aa Rodr\u00edguez D\u00edaz, La Comarca del Eo, Xullo 2016) cando foi retornando no s\u00e9culo XI e XII para Cabanela e Porcill\u00e1n, puideran amparar as s\u00faas vidas, constru\u00edndo unha muralla e edificar unha Fortaleza de defensa, de maior ou menor envergadura, que m\u00e1is tarde se poido remodelar para servir de morada os Condes de Ribadeo ou os seus representantes.<\/p>\n<p>Isto que acabamos de expresar aqu\u00ed, est\u00e1 en desacordo co que di <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Francisco_Lanza\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Francisco Lanza<\/a>, na eminente e esencial obra do \u201cRibadeo Antiguo\u201d (p\u00e1x.133, 134) onde nos di, da incredulidade que lle producen as \u201cAntig\u00fcedades de Rivadeo\u201d e a \u201cMiscel\u00e1nea literaria\u201d de Acevedo Rivero, a quen chama \u201cun amartelado escritor\u201d, pois di que as murallas foron constru\u00eddas como medida de precauci\u00f3n contra a invasi\u00f3n dos h\u00e9rulos ou piratas do B\u00e1ltico, al\u00f3 polos anos <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/458\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">458<\/a> e <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/459\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">459<\/a>. Posiblemente Francisco Lanza, te\u00f1a raz\u00f3n en non crer que as murallas nin a Fortaleza foran de tan cedo construci\u00f3n, pero non polo que nos di, de que no privilexio de Pierre de Villaines, concedido por Enrique II de Trast\u00e1mara (Ibidem p\u00e1x.135): \u201cno se hace la m\u00e1s m\u00ednima referencia al castillo e fortaleza\u201d (da vila de Ribadeo) \u201cde que (si) habla el privilegio de Juan II\u201d (cando se lle concede o Condado de Ribadeo a Rodrigo de Villandrando), \u201cy como no es cre\u00edble que los escribanos de Enrique de Trast\u00e1mara se olvidasen de citar las \u201cdefensas militares\u201d de la tierra donada, hay que suponer l\u00f3gicamente que estas fueron constru\u00eddas en la \u00e9poca de los primeros condes&#8230;\u201d.<\/p>\n<p>Francisco Lanza, ref\u00edrese estritamente ao que expresan os documentos escritos, pero o texto do privilexio de Enrique II, \u00e9 bastante ambiguo e motiva dubidas tam\u00e9n, por exemplo, en algo tan esencial, como son os l\u00edmites ou demarcaci\u00f3ns do territorio do Condado de Ribadeo pois a explicaci\u00f3n \u00e9 moi xeral e pouco ou nada particularizada (Ibidem, p\u00e1x. 44): \u201cdamos vos la dicha villa de Ribadeu e la pobla de Nauia con todos sus t\u00e9rminos e alfozes e pertenencias&#8230; con montes, e prados, e valles, e pastos, e deuesas, e rios, e agoas correntes e estantes&#8230;\u201d. \u00bfComo \u00e9 que non est\u00e1n expresados os lindes particulares dos cardinais, tal como: \u201cDesde el r\u00edo (Este ou de Levante) hasta el r\u00edo (Oeste ou de Po\u00f1ente), desde el monte (Sur ou de Mediod\u00eda) hasta la mar (Norte ou de Setentri\u00f3n), acompa\u00f1ado todo por accidentes xeogr\u00e1ficos pertinentes e marcaci\u00f3ns de octantes, etc.? Un territorio por moi extenso que sexa, non deixa de ser como unha propiedade particular&#8230;<\/p>\n<p>\u00c9 moi posible que nun futuro pr\u00f3ximo se atopen documentos m\u00e1is conclu\u00edntes, pero de momento t\u00e9monos que conformar c\u00f3s que temos, e c\u00famprenos examinalos e remiralos dunha e doutra forma, polo que especular c\u00f3s datos, pode levarnos a distintas conclusi\u00f3ns, que depender\u00e1n dos criterios e da forma distinta de enfocar a discusi\u00f3n.<\/p>\n<p>Non quero deixar sen dicir e lamentarme, de que non lle prestamos a atenci\u00f3n debida a todas estas reliquias do pasado. Esta falta de sensibilidade cara \u00f3s restos hist\u00f3ricos da Nosa Terra Galega: asentamentos arqueol\u00f3xicos como <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/search?q=Louselas\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Louselas<\/a>, castros, m\u00e1moas, castelos, pazos, igrexas, capelas, escudos her\u00e1ldicos, bras\u00f3ns, cami\u00f1os reais, etc. est\u00e1 destru\u00edndo anaco a anaco, a historia da nosa civilizaci\u00f3n c\u00e9ltica e medieval, tanto do patrimonio de Ribadeo, como do patrimonio da Mari\u00f1a en t\u00f3dolos lugares a onde miremos da nosa xeograf\u00eda. \u00c9 unha magoa. Pero non sirve de nada lamentarse de que as nosas autoridades locais ou nacionais de Galiza, non te\u00f1an m\u00e1is sensibilidade e respecto polas nosas antig\u00fcidades, e non incrementen as axudas para estudar e conservar \u00f3 Patrimonio p\u00fablico e o privado de interese p\u00fablico, tam\u00e9n temos que ser n\u00f3s, os cidad\u00e1ns, quen nos impliquemos persoalmente no asunto, e cando vexamos algo que nos chame a atenci\u00f3n polo seu valor art\u00edstico ou patrimonial, non dubidemos en denunciar a s\u00faa presencia ou a s\u00faa destruci\u00f3n, pois todo tipo de Patrimonio posto en valor, prodiga riqueza p\u00fablica e por tanto, ben estar social para todos. En fin, espero que estes <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/search\/label\/Pancho%20Campos\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">trinta e sete artigos<\/a> onde, de forma incompleta e moitas veces especulativa, describ\u00edn corenta e sete Escudos de Armas do Concello de Ribadeo, serviran para dar a co\u00f1ecer outros aspectos particulares da historia da nosa magn\u00edfica Naci\u00f3n Galega, tantas veces vilipendiada e desde\u00f1ada por \u201cpobre\u201d e emigrante.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Esta pedra armeira (foto 1, supra), re-debuxada para mellor vela, est\u00e1 labrada en m\u00e1rmore branco listado de baixa resistencia \u00e1 abrasi\u00f3n, que non aguantou ben a intemperie e esvaeceu \u00f3s seus mobles e elementos ornamentais, ademais de haber sufrido golpes de diversas ferramentas cando se fixeron obras de remodelaci\u00f3n e caleado da fachada da casa [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[11,46],"class_list":["post-5655","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-historia","tag-pancho-campos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5655","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5655"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5655\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5655"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5655"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5655"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}