{"id":5644,"date":"2017-12-06T12:38:00","date_gmt":"2017-12-06T11:38:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:31:40","modified_gmt":"2024-11-12T12:31:40","slug":"o-seis-de-decembro-non-e-o-dia-da","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2017\/12\/06\/o-seis-de-decembro-non-e-o-dia-da\/","title":{"rendered":"O seis de decembro non \u00e9 o d\u00eda da Constituci\u00f3n m\u00e1is que no nome"},"content":{"rendered":"<p>Algu\u00e9n celebra o d\u00eda que foi feita a &#8216;<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Constituci%C3%B3n_espa%C3%B1ola_de_1812\">Pepa<\/a>&#8216;, a primeira <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/search?q=Constituci%C3%B3n\">Constituci\u00f3n espa\u00f1ola<\/a>? E as seguintes? Pois a <a href=\"https:\/\/gl.wikisource.org\/wiki\/Constituci%C3%B3n_espa%C3%B1ola_de_1978\">Constituci\u00f3n que se celebra este d\u00eda 6 de decembro<\/a> xa foi desconstitu\u00edda ( m\u00e1is de incumprida nos artigos 1, 14, 16, 20, 31, 35, 47, 48, 50, 51&#8230; como podes ver en &#8217;10 art\u00edculos de la Constituci\u00f3n que se incumplen sin que casi nadie se alarme &#8216;) Iso pasou (podes elixir data) o 26 de agosto, coa votaci\u00f3n no Congreso, o 7 de setembro, coa votaci\u00f3n no Senado ou o 27 de setembro de 2011, coa sinatura do El Rei, coa reforma expr\u00e9s sen participaci\u00f3n do pobo dunha Constituci\u00f3n que antes e despois se dic\u00eda e se di intocable (debe ser intocable polos intocables, en sentido parello \u00f3s parias indios). Non me meto nin co sentido da festa nunha autonom\u00eda na que sei que moita xente aspirar\u00eda \u00f3 federalismo, sen\u00f3n que s\u00f3 aplico o sentido com\u00fan. <\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjdoixjWgtF6_fQ1c5zfUtNW2VvWjatK6xKmKq4UpnyKaBhHSuLicUZyZG4sBHQoZAuUre-_AfbG-gEra6C0qYuY49aF6GmdjxNj9O51tN0J4d_IZBs5ShJuchHWpGLa2GVR6FY2A\/s2048\/Portada+constituci%25C3%25B3n+espa%25C3%25B1ola+difusi%25C3%25B3n.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjdoixjWgtF6_fQ1c5zfUtNW2VvWjatK6xKmKq4UpnyKaBhHSuLicUZyZG4sBHQoZAuUre-_AfbG-gEra6C0qYuY49aF6GmdjxNj9O51tN0J4d_IZBs5ShJuchHWpGLa2GVR6FY2A\/s2048\/Portada+constituci%25C3%25B3n+espa%25C3%25B1ola+difusi%25C3%25B3n.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>A constituci\u00f3n foi difundida popularmente cun formato de libri\u00f1o grapado, e nas comunidades biling\u00fces, comezaba por unha cara en castel\u00e1n e pola outra pola lingua correspondente: en Galicia, en galego. Non se fixo o mesmo <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2013\/12\/27-de-setembro-dia-da-constitucion.html\">cando se realizou a reforma expr\u00e9s pro mercado<\/a>, polo que deixo aqu\u00ed de novo o texto de dita reforma:<\/p>\n<p>&#8221;<\/p>\n<p class=\"sumario\"><em>Reforma do artigo 135 da Constituci\u00f3n espa\u00f1ola, aprobada polas<br \/>\n Cortes Xerais en sesi\u00f3ns plenarias do Congreso dos Deputados, do 26 de<br \/>\nagosto de 2011, e do Senado, do 7 de setembro de 2011. Sancionada pola<br \/>\nS\u00faa Maxestade o Rei o 27 de setembro de 2011.<\/em><\/p>\n<p class=\"centro_redonda\">EXPOSICI\u00d3N DE MOTIVOS<\/p>\n<p class=\"parrafo_2\">M\u00e1is de trinta anos despois da entrada en vigor<br \/>\n da Constituci\u00f3n, formando parte Espa\u00f1a da Uni\u00f3n Econ\u00f3mica e Monetaria<br \/>\nEuropea, que consolida e proxecta as s\u00faas competencias no marco dunha<br \/>\ncrecente gobernanza com\u00fan, e sendo cada vez m\u00e1is evidentes as<br \/>\nrepercusi\u00f3ns da globalizaci\u00f3n econ\u00f3mica e financeira, a estabilidade<br \/>\norzamentaria adquire un valor verdadeiramente estrutural e condicionante<br \/>\n da capacidade de actuaci\u00f3n do Estado, do mantemento e desenvolvemento<br \/>\ndo Estado Social que proclama o artigo 1.1 da propia lei fundamental e,<br \/>\nen definitiva, da prosperidade presente e futura dos cidad\u00e1ns. Un valor,<br \/>\n pois, que xustifica a s\u00faa consagraci\u00f3n constitucional, co efecto de<br \/>\nlimitar e orientar, co maior rango normativo, a actuaci\u00f3n dos poderes<br \/>\np\u00fablicos.<\/p>\n<p class=\"parrafo\">Para chegar ata aqu\u00ed, a salvagarda da<br \/>\nestabilidade orzamentaria xa supuxo un instrumento imprescindible para<br \/>\nlograr a consolidaci\u00f3n fiscal que nos permitiu acceder \u00e1 Uni\u00f3n Econ\u00f3mica<br \/>\n e Monetaria e foi posteriormente recollida en normas de rango<br \/>\nlexislativo.<\/p>\n<p class=\"parrafo\">No mesmo sentido, o Pacto de Estabilidade e<br \/>\nCrecemento ten como finalidade previr a aparici\u00f3n dun d\u00e9ficit<br \/>\norzamentario excesivo na zona euro, dando as\u00ed confianza na estabilidade<br \/>\necon\u00f3mica da devandita zona e garantindo unha converxencia sustentada e<br \/>\nduradeira das econom\u00edas dos Estados membros.<\/p>\n<p class=\"parrafo\">A actual situaci\u00f3n econ\u00f3mica e financeira,<br \/>\nmarcada por unha profunda e prolongada crise, non fixo sen\u00f3n reforzar a<br \/>\nconveniencia de levar o principio de referencia \u00e1 nosa Constituci\u00f3n, co<br \/>\nobxecto de fortalecer a confianza na estabilidade da econom\u00eda espa\u00f1ola a<br \/>\n medio e longo prazo.<\/p>\n<p class=\"parrafo\">A presente reforma do artigo 135 da Constituci\u00f3n<br \/>\nespa\u00f1ola persegue, por tanto, garantir o principio de estabilidade<br \/>\norzamentaria, vinculando todas as administraci\u00f3ns p\u00fablicas na s\u00faa<br \/>\nconsecuci\u00f3n, reforzar o compromiso de Espa\u00f1a coa Uni\u00f3n Europea e, ao<br \/>\nmesmo tempo, garantir a sustentabilidade econ\u00f3mica e social do noso<br \/>\npa\u00eds.<\/p>\n<p class=\"sangrado_articulo\">Artigo \u00fanico.<\/p>\n<p class=\"sangrado\">O artigo 135 da Constituci\u00f3n espa\u00f1ola queda redactado como segue:<\/p>\n<p class=\"sangrado_2\">\u00ab1. Todas as administraci\u00f3ns p\u00fablicas adecuar\u00e1n as s\u00faas actuaci\u00f3ns ao principio de estabilidade orzamentaria.<\/p>\n<p class=\"sangrado\">2. O Estado e as Comunidades Aut\u00f3nomas non<br \/>\npoder\u00e1n incorrer nun d\u00e9ficit estrutural que supere as marxes<br \/>\nestablecidas, de ser o caso, pola Uni\u00f3n Europea para os seus Estados<br \/>\nmembros.<\/p>\n<p class=\"sangrado\">Unha lei org\u00e1nica fixar\u00e1 o d\u00e9ficit estrutural<br \/>\nm\u00e1ximo permitido ao Estado e \u00e1s Comunidades Aut\u00f3nomas, en relaci\u00f3n co<br \/>\nseu produto interior bruto. As entidades locais deber\u00e1n presentar<br \/>\nequilibrio orzamentario.<\/p>\n<p class=\"sangrado\">3. O Estado e as Comunidades Aut\u00f3nomas deber\u00e1n estar autorizados por lei para emitir d\u00e9beda p\u00fablica ou contraer cr\u00e9dito.<\/p>\n<p class=\"sangrado\">Os cr\u00e9ditos para satisfacer os xuros e o capital<br \/>\n da d\u00e9beda p\u00fablica das administraci\u00f3ns entenderanse sempre inclu\u00eddos no<br \/>\nestado de gastos dos seus orzamentos e o seu pagamento gozar\u00e1 de<br \/>\nprioridade absoluta. Estes cr\u00e9ditos non poder\u00e1n ser obxecto de emenda ou<br \/>\n modificaci\u00f3n, mentres se axusten \u00e1s condici\u00f3ns da lei de emisi\u00f3n.<\/p>\n<p class=\"sangrado\">O volume de d\u00e9beda p\u00fablica do conxunto das<br \/>\nadministraci\u00f3ns p\u00fablicas en relaci\u00f3n co produto interior bruto do Estado<br \/>\n non poder\u00e1 superar o valor de referencia establecido no Tratado de<br \/>\nfuncionamento da Uni\u00f3n Europea.<\/p>\n<p class=\"sangrado\">4. Os l\u00edmites de d\u00e9ficit estrutural e de volume<br \/>\nde d\u00e9beda p\u00fablica s\u00f3 poder\u00e1n superarse en caso de cat\u00e1strofes naturais,<br \/>\nrecesi\u00f3n econ\u00f3mica ou situaci\u00f3ns de emerxencia extraordinaria que<br \/>\nescapen ao control do Estado e prexudiquen considerablemente a situaci\u00f3n<br \/>\n financeira ou a sustentabilidade econ\u00f3mica ou social do Estado,<br \/>\napreciadas pola maior\u00eda absoluta dos membros do Congreso dos Deputados.<\/p>\n<p class=\"sangrado\">5. Unha lei org\u00e1nica desenvolver\u00e1 os principios a<br \/>\n que se refire este artigo, as\u00ed como a participaci\u00f3n, nos procedementos<br \/>\nrespectivos, dos \u00f3rganos de coordinaci\u00f3n institucional entre as<br \/>\nadministraci\u00f3ns p\u00fablicas en materia de pol\u00edtica fiscal e financeira. En<br \/>\ntodo caso, regular\u00e1:<\/p>\n<p class=\"sangrado_2\">a) A distribuci\u00f3n dos l\u00edmites de d\u00e9ficit e de<br \/>\nd\u00e9beda entre as distintas administraci\u00f3ns p\u00fablicas, os supostos<br \/>\nexcepcionais de superaci\u00f3n deles e a forma e prazo de correcci\u00f3n das<br \/>\ndesviaci\u00f3ns que sobre un e outro puideren producirse.<\/p>\n<p class=\"sangrado\">b) A metodolox\u00eda e o procedemento para o c\u00e1lculo do d\u00e9ficit estrutural.<\/p>\n<p class=\"sangrado\">c) A responsabilidade de cada administraci\u00f3n p\u00fablica en caso de incumprimento dos obxectivos de estabilidade orzamentaria.<\/p>\n<p class=\"sangrado_2\">6. As Comunidades Aut\u00f3nomas, de acordo cos<br \/>\nseus respectivos Estatutos e dentro dos l\u00edmites a que se refire este<br \/>\nartigo, adoptar\u00e1n as disposici\u00f3ns que procedan para a aplicaci\u00f3n<br \/>\nefectiva do principio de estabilidade nas s\u00faas normas e decisi\u00f3ns<br \/>\norzamentarias\u00bb.<\/p>\n<p class=\"articulo\">Disposici\u00f3n adicional \u00fanica.<\/p>\n<p class=\"parrafo\">1. A lei org\u00e1nica prevista no artigo 135 da Constituci\u00f3n espa\u00f1ola deber\u00e1 estar aprobada antes do 30 de xu\u00f1o de 2012.<\/p>\n<p class=\"parrafo\">2. A devandita lei fixar\u00e1 os mecanismos que<br \/>\npermitan o cumprimento do l\u00edmite de d\u00e9beda a que se refire o artigo<br \/>\n135.3 da Constituci\u00f3n espa\u00f1ola.<\/p>\n<p class=\"parrafo\">3. Os l\u00edmites de d\u00e9ficit estrutural establecidos no artigo 135.2 da Constituci\u00f3n espa\u00f1ola entrar\u00e1n en vigor a partir de 2020.<\/p>\n<p class=\"articulo\">Disposici\u00f3n derradeira \u00fanica.<\/p>\n<p class=\"parrafo\">A presente reforma do artigo 135 da Constituci\u00f3n<br \/>\nespa\u00f1ola entrar\u00e1 en vigor o mesmo d\u00eda da publicaci\u00f3n do seu texto<br \/>\noficial no \u00abBolet\u00edn Oficial del Estado\u00bb. Publicarase tam\u00e9n nas demais<br \/>\nlinguas de Espa\u00f1a.<\/p>\n<p>&#8221;<\/p>\n<p>Quedou dito na reformada irreformable Constituci\u00f3n Espa\u00f1ola.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Algu\u00e9n celebra o d\u00eda que foi feita a &#8216;Pepa&#8216;, a primeira Constituci\u00f3n espa\u00f1ola? E as seguintes? Pois a Constituci\u00f3n que se celebra este d\u00eda 6 de decembro xa foi desconstitu\u00edda ( m\u00e1is de incumprida nos artigos 1, 14, 16, 20, 31, 35, 47, 48, 50, 51&#8230; como podes ver en &#8217;10 art\u00edculos de la Constituci\u00f3n [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,13,9],"class_list":["post-5644","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5644","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5644"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5644\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5644"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5644"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5644"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}