{"id":5638,"date":"2017-12-10T21:30:00","date_gmt":"2017-12-10T20:30:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:31:24","modified_gmt":"2024-11-12T12:31:24","slug":"do-aforro-de-auga-por-ivan-rodriguez","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2017\/12\/10\/do-aforro-de-auga-por-ivan-rodriguez\/","title":{"rendered":"Do aforro de auga, por Iv\u00e1n Rodr\u00edguez Lombardero"},"content":{"rendered":"<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto; text-align: center;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiCEnOt-h32XEAkNW8hF-6i6VPlUc4N-0i_zZ-Rr1gN1OJBX_sZuJISUfx1cQ84j0f9STFJVZ1jySSczF6BV5fOBsXLLVOSNgFNp98VQkLHEI_z3RhMeB1tgeAdjno_8IqnDuOGzA\/s2048\/The_Faucet_in_the_Stump_2.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"400\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiCEnOt-h32XEAkNW8hF-6i6VPlUc4N-0i_zZ-Rr1gN1OJBX_sZuJISUfx1cQ84j0f9STFJVZ1jySSczF6BV5fOBsXLLVOSNgFNp98VQkLHEI_z3RhMeB1tgeAdjno_8IqnDuOGzA\/s2048\/The_Faucet_in_the_Stump_2.jpg\" width=\"300\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">CC by 2.0. Autor: <a class=\"external text\" href=\"http:\/\/flickr.com\/photos\/71719923@N00\" rel=\"nofollow\">Angie de Sawara, Chiba-ken, Japan<\/a><\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>A auga \u00e9 un elemento da natureza cun papel moi relevante nos ecosistemas. Imprescindible para a vida, \u00e9 axente de erosi\u00f3n e transporte de sedimentos e nutrintes desde o continente cara \u00f3 mar, sen os que non ser\u00eda posible nin o mantemento das praias nin o equilibrio ecol\u00f3xico e produci\u00f3n pesqueira e marisqueira nas nosas r\u00edas e costas.<\/p>\n<p>Cando sacamos auga dos cursos fluviais e acu\u00edferos estamos afectando de xeito negativo a eses equilibrios. Por iso sempre debemos actuar conscientemente e axustar a cantidade de auga que usamos \u00e1 m\u00ednima imprescindible. Esta recomendaci\u00f3n baseada na nosa responsabilidade como especie t\u00f3rnase urxencia cando, nesas oscilaci\u00f3ns que son habituais nas variables clim\u00e1ticas, chegan \u00e9pocas de seca. Ent\u00f3n si escoitamos da necesidade de aforrar, ou alternativamente da de incrementar as cantidades extra\u00eddas dos cauces naturais para estar mellor preparados fronte a estas eventualidades.<\/p>\n<p>A este respecto c\u00f3mpre sinalar que aforrar \u00e9 sempre m\u00e1is responsable ecol\u00f3xicamente, m\u00e1is barato, m\u00e1is seguro e m\u00e1is r\u00e1pido que incrementar a capacidade de almacenamento. Aforrar nos consumos dom\u00e9sticos \u00e9 tan sinxelo como sacar o filtro da billa e po\u00f1er no seu lugar un filtro aireador de aforro, que custa 2 \u20ac (aforro dun 50 %). Cambiar o mecanismo da cisterna por un de doble pulsaci\u00f3n que custa 10 \u20ac (aforro dun 60 %). Cambiar a alcachofa da ducha por unha de aforro que custa 15 \u20ac (aforro de hasta un 70 %). Con estas sinxelas maniobras podemos reducir doada e instantaneamente \u00e1 metade o noso consumo de auga.<\/p>\n<p>Se non o facemos \u00e9 por d\u00faas raz\u00f3ns. A primeira delas \u00e9 o desco\u00f1ecemento e, en todo caso a preguiza. A segunda \u00e9 porque quen non ten unha mentalidade solidaria co seu medio non adoita contar tampouco co incentivo econ\u00f3mico. Moitos concellos te\u00f1en nas tarifas da auga un m\u00ednimo de consumo moi elevado: no caso de Ribadeo, por exemplo \u00e9 de 20 000 litros por mes, que con 3 persoas por vivenda d\u00e1 para 220 litros diarios por persoa, cifra que cadriplica a cantidade axustada a un consumo responsable.<\/p>\n<p>Solucionar esta situaci\u00f3n non \u00e9 dif\u00edcil e est\u00e1 nas mans dos nosos alcaldes: o desco\u00f1ecemento p\u00f3dese solucionar con obradoiros de \u201cbricolaxe ecol\u00f3xico\u201d nos colexios e parroquias. Para o incentivo econ\u00f3mico, abonda substituir o \u201cm\u00ednimo de consumo\u201d actual por unha taxa de conexi\u00f3n (\u00f3 estilo do termo de potencia da factura da luz) e establecer un sistema de tarificaci\u00f3n por bloques no que se pague desde o primeiro metro c\u00fabico. O prezo deber\u00e1 ser baixo para consumos de at\u00e9 ese m\u00ednimo recomendable de 2 m<sup>3<\/sup>\/mes por persoa -idealmente os vol\u00famenes deber\u00e1n variar en funci\u00f3n das persoas empadroadas en cada domicilio-, ir subindo progresivamente para un segundo escal\u00f3n de consumo pouco eficiente (at\u00e9 o doble) e dispararse para o terceiro escal\u00f3n de consumo excesivo. Deste modo a veci\u00f1anza contar\u00e1 cun aliciente para reducir o seu consumo e implementar medidas de aforro.<\/p>\n<p>Agardemos que as indicaci\u00f3ns de Augas de Galicia desta semana ve\u00f1an na direcci\u00f3n de difundir tecnolox\u00edas de aforro e modificar as ordenanzas fiscais de tarificaci\u00f3n da auga. Se non \u00e9 as\u00ed, tal como van as cousas, imos comezar a ver gobernantes pedindo caras e danosas obras de embalses e dep\u00f3sitos no canto de visibilizar e promover as eficientes e baratas tecnolox\u00edas de aforro que habitan nos recunchos m\u00e1is escuros das ferreter\u00edas.<\/p>\n<p>Iv\u00e1n Rodr\u00edguez Lombardero<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>CC by 2.0. Autor: Angie de Sawara, Chiba-ken, Japan A auga \u00e9 un elemento da natureza cun papel moi relevante nos ecosistemas. Imprescindible para a vida, \u00e9 axente de erosi\u00f3n e transporte de sedimentos e nutrintes desde o continente cara \u00f3 mar, sen os que non ser\u00eda posible nin o mantemento das praias nin o [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[69,54,21,62,9],"class_list":["post-5638","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-auga","tag-auga-da-billa","tag-economia","tag-ivan-rodriguez","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5638","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5638"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5638\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5638"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5638"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5638"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}