{"id":5629,"date":"2017-12-18T19:53:00","date_gmt":"2017-12-18T18:53:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:31:09","modified_gmt":"2024-11-12T12:31:09","slug":"escudo-heraldico-da-ermida-de-nosa","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2017\/12\/18\/escudo-heraldico-da-ermida-de-nosa\/","title":{"rendered":"ESCUDO HER\u00c1LDICO DA ERMIDA DE NOSA SE\u00d1ORA DA PONTE DE ARANTE Francisco Jos\u00e9 Campos Dorado"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEifLbQc5Pb1VJe_T3kTzE7EKMZLZtkfgfgdZenoAJ52xXkrezxRXe1O09PO8esHwVL14wZSxdRUdSc7M6jmHgnxTpPlPCEq_ihtf2jTiI4lMG-DzVV9lDAjC1dp-6zvk5hBTuWOAg\/s2048\/escudo+da+capela+das+virtudes.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEifLbQc5Pb1VJe_T3kTzE7EKMZLZtkfgfgdZenoAJ52xXkrezxRXe1O09PO8esHwVL14wZSxdRUdSc7M6jmHgnxTpPlPCEq_ihtf2jTiI4lMG-DzVV9lDAjC1dp-6zvk5hBTuWOAg\/s2048\/escudo+da+capela+das+virtudes.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>Este Escudo de Armas est\u00e1 pintado na parede Norte interior da <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/A_Ponte,_Arante,_Ribadeo\">Ermida da Ponte de Arante<\/a>, cuxos documentos m\u00e1is antigos, do ano <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1514\">1514<\/a>, a denominan Ermida de Nosa Se\u00f1ora Santa Mar\u00eda da Ponte. En <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1517\">1517<\/a> usan a expresi\u00f3n: Hermita de Santa Mar\u00eda da Ponte das Mestas, cuxo apelativo \u201cmestas\u201d prov\u00e9n do feminino latino \u201cmixtas\u201d que significa: \u201cmesturadas\u201d, neste caso, produto da uni\u00f3n ou confluencia de augas correntes do rio e regatos (augas mestas), circunstancia que ocorre no lugar onde se sit\u00faa o Santuario. Desde o ano <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1561\">1561<\/a> ata o d\u00eda de hoxe, co\u00f1ecese como Ermida de Nosa Se\u00f1ora Santa Mar\u00eda das Virtudes, ou como agarimosamente lle din os vellos veci\u00f1os, \u201cA Santi\u00f1a\u201d (Santuario de Nosa Se\u00f1ora da Ponte, Arante, D.Jos\u00e9 Mar\u00eda Fern\u00e1ndez Fern\u00e1ndez, Arquiveiro Diocesano de Mondo\u00f1edo, 1986, p\u00e1x.7-8 \/\/ <a href=\"https:\/\/www.blogger.com\/\">Cadernos de Investigaci\u00f3n IES Dionisio Gamallo Fierros de Ribadeo, N\u00ba6<\/a>, 2005, Limiar de D. Jos\u00e9 Ferreiro Gonz\u00e1lez, Cura P\u00e1rroco de Arante).<\/p>\n<p>Nesta parede norte, hai pinturas murais do medievo que representan elementos evocativos, segundo se miran de fronte e de esquerda a dereita: a Asunci\u00f3n, a Coroaci\u00f3n de Mar\u00eda e o Descendemento da Cruz, e no marco da dereita destas \u00faltimas imaxes, est\u00e1 este escudo her\u00e1ldico, sen acabar de rematar o brasonado, tal e como o vemos na foto re-debuxada.<br \/>\nNa parte inferior das pinturas, hai unha inscrici\u00f3n que di: \u201cESTA OBRA MANDOACER EL SENNOR PERO PARDO DE AGVIAR SENNOR DEL COTO DE SAN MARVGO A SV COSTA SE INICIO DE NVESTRA SENNORA EN EL ANO DE MIL D XVI\u201d (Ano 1516) (ibidem, N\u00ba6, 2005, p\u00e1x.12).<\/p>\n<p>O escudo ten a forma que os tratadistas her\u00e1ldicos chaman \u201cespa\u00f1ol carlista\u201d ou \u201cde forma de casulla\u201d (El Dise\u00f1o Her\u00e1ldico, Luis F. Messia de la Cerda y Pita, 1990, p\u00e1x.29). O apelativo \u201ccarlista\u201d ref\u00edrese \u00f3 rei <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Carlos_V,_Sacro_Emperador_Romano-Xerm%C3%A1nico\">Carlos I de Espa\u00f1a e V de Alema\u00f1a<\/a> (rei 1517-<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1556\">1556<\/a>), pois da s\u00faa \u00e9poca datan as labras de dese\u00f1os her\u00e1ldicos espa\u00f1ois con reminiscencia xerm\u00e1nica. \u00c9 un escudo contido nas formas, sen adornos e sen ostentaci\u00f3n algunha, coa boca (perfil que bordea o contorno do campo) formada por unha bordura diminu\u00edda chamada \u201cfiliera\u201d, cuxa parte do xefe est\u00e1 desaparecida.<\/p>\n<p>Como nos di a inscrici\u00f3n, a obra pict\u00f3rica mandouna facer, \u201cPedro Pardo de Aguiar se\u00f1or de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Samarugo,_Vilalba\">Samarugo<\/a>\u201d, pero o escudo do mural, \u00e9 un escudo partido, en cuxa partici\u00f3n destra (do escudo) presenta en campo de ouro os dous lobos en pao dos OSORIO e na partici\u00f3n esquerda non hai ning\u00fan bras\u00f3n pintado, \u00bfpor qu\u00e9? \u00bfa quen pertencer\u00eda esa partici\u00f3n esquerda? \u00bfquen foi este se\u00f1or Pero PARDO DE AGUIAR? \u00bfonde viv\u00eda para preocuparse de obras, reformas, adornos como as pinturas murais, etc. desta Ermida da Ponte?.<\/p>\n<p>Segundo vemos en \u201cBlasones y Linajes de Galicia\u201d, do Padre D. Jos\u00e9 Crespo del Pozo, Volume IV, p\u00e1x.123-125, os PARDO da Casa de Samarugo, ve\u00f1en por li\u00f1a sucesoria de D. Juan NU\u00d1EZ PARDO \u201cel Viejo\u201d que estaba casado con D\u00aa Teresa RODRIGUEZ DE AGUIAR, cuxo segundo fillo foi o <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Pardo_de_Cela\">Mariscal D. Pedro PARDO DE CELA<\/a>, casado con D\u00aa Isabel de CASTRO OSORIO, filla de D. Pedro \u00c1LVAREZ OSORIO, primeiro <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Condado_de_Lemos\">Conde de Lemos<\/a>, e da s\u00faa muller D\u00aa Beatriz de CASTRO Y CASTILLA, se\u00f1ora de Sumariego e irm\u00e1 do Duque de Arjona (El Mariscal Pedro Pardo de Cela, Eduardo Jos\u00e9 Pardo, Alvarellos 1981, p\u00e1x. 156). O Mariscal D. Pedro Pardo de Cela, viuse Se\u00f1or de Samarugo, por ser sucesor dos seus sogros, as\u00ed como do se\u00f1or\u00edo da <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Castelo_da_Frouxeira\">Frouseira<\/a>, entre outras moitas propiedades.<br \/>\n\u00c9 obrigado non esquecer o comentario que fai o Padre Crespo a p\u00e9 de p\u00e1xina 124, onde lle parece estra\u00f1o que a \u201cEnciclopedia de Garraffa\u201d, sit\u00fae Samarugo do Partido Xudicial de Vilalba, Lugo, na provincia de Le\u00f3n, o que considera unha errata que soamente se explica cando se escribe desde Madrid, sen co\u00f1ecer o territorio galego. Cousa que con bastante frecuencia atopamos noutras moitas, pero moitas, citas e feitos da nosa <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Reino_de_Galicia\">historia de Galiza<\/a>, das que en Ribadeo temos alg\u00fans exemplos, e non s\u00f3 do escrito en Madrid.<\/p>\n<p>Como sabemos, o Mariscal Pardo de Cela foi decapitado en Mondo\u00f1edo o 17 de Decembro de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1483\">1483<\/a>, e a s\u00faa vi\u00fava D\u00aa Isabel de CASTRO OSORIO, ret\u00edrase a pasar os \u00faltimos d\u00edas, na fortaleza de Castromor onde falece o pouco tempo. D\u00aa Isabel era neta de D\u00aa Isabel de Castro Enriquez e de D. Pedro Enriquez de Castilla, <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Condado_de_Trast%C3%A1mara\">Conde de Trast\u00e1mara<\/a>, \u00e9 por tanto, D\u00aa Isabel de Castro Osorio, era parente dos <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Reis_Cat%C3%B3licos\">Reis Cat\u00f3licos<\/a> por li\u00f1a directa deste av\u00f3 materno, tanto de D\u00aa Isabel por ser Trast\u00e1mara por parte de seu pai <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Xo%C3%A1n_II_de_Castela\">Xo\u00e1n II de Castela<\/a> (rei <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1406\">1406<\/a>&#8211;<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1454\">1454<\/a>) aquel que lle concedeu a D. <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Condado_de_Ribadeo\">Rodrigo de Villandrando<\/a> o t\u00edtulo de III Conde de Ribadeo (<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/search?q=Escudos+de+Armas+da+antiga+Fortaleza+de+Ribadeo\">Escudos de Armas da antiga Fortaleza de Ribadeo<\/a>, tam\u00e9n en La Comarca del Eo, 16-Set-2017), como de D. Fernando II de Arag\u00f3n \u201cO Cat\u00f3lico\u201d, por ser este fillo de D\u00aa Juana Enriquez e neto de D. Fadrique Enriquez mestre de Santiago e Almirante de Castela. Deste parentesco cos Reis Cat\u00f3licos valeuse D\u00aa Isabel de Castro Osorio, para pedir o indulto do seu home, e ao quedar vi\u00fava, para que lle fora revocada a orde de confiscaci\u00f3n dos bens do Mariscal, que eran cuantiosos entre Mondo\u00f1edo e Viveiro.<br \/>\nO Mariscal e D\u00aa Isabel tiveron tres fillos: 1) Pedro \u201cel Mozo\u201d ou Pero de MIRANDA SAAVEDRA E CASTRO, que segundo parece, foi decapitado o mesmo d\u00eda e na mesma praza de Mondo\u00f1edo que o pai a idade de dezaseis anos. 2) D\u00aa Beatriz de CASTRO, que casou con D. Pedro BOLA\u00d1O E RIBADENEIRA, se\u00f1or da <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Tor%C3%A9s,_As_Nogais\">Fortaleza de Tor\u00e9s<\/a>, na serra do Cebreiro. 3) D\u00aa Constanza de CASTRO, herdeira da Casa de Samarugo entre outras propiedades, casada con D. Galaor OSORIO, quen era fillo bastardo do Conde de Lemos, polo que o dito Conde de Lemos, casou ao seu fillo bastardo cunha neta lex\u00edtima, seguindo as costumes da endogamia da \u00e9poca, polo que un medio t\u00edo casouse cunha sobri\u00f1a. D. Galaor fai testamento o 13 de Maio de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1480\">1480<\/a>, data que nos sirve para situarnos no per\u00edodo de tempo cronol\u00f3xico.<\/p>\n<p>D\u00aa Constanza e D. Galaor tiveron por fillo a D. Pedro ALVAREZ OSORIO, se\u00f1or de Samarugo, Muras, Piedrafita, etc. que casou con D\u00aa Mayor BASANTA DE AGUIAR, os cales tiveron por fillos a: 1) D\u00aa Mar\u00eda OSORIO que herdou o se\u00f1or\u00edo de Samarugo, e casou con D. Pedro PARDO DE AGUIAR a quen parece, pola cronolox\u00eda e data das pinturas, que se refire a inscrici\u00f3n desta pintura da Ermida de Nosa Se\u00f1ora das Virtudes da Ponte, pois \u00f3 casarse con D\u00aa Mar\u00eda OSORIO pasa a ser el o Se\u00f1or de Samarugo. D. Pedro PARDO DE AGUIAR, era fillo de D. Pedro PARDO DE AGUIAR, Se\u00f1or do <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/San_Xusto_de_Cabarcos,_Barreiros\">Val de Cabarcos<\/a>, de a\u00ed a proximidade de veci\u00f1anza e relaci\u00f3n coa Ponte, e de D\u00aa Mar\u00eda SIERRA E RON.<\/p>\n<p>D\u00aa Mar\u00eda OSORIO e D. Pedro PARDO DE AGUIAR, o da inscrici\u00f3n, tiveron catro fillos: 1) D. Andr\u00e9s PARDO OSORIO de AGUIAR que herda o se\u00f1or\u00edo de Samarugo, e c\u00e1sase en 1\u00aa nupcias con D\u00aa Mar\u00eda TORRES, e en 2\u00aa nupcias con D\u00aa Beatriz de TABOADA. 2) D. Antonio PARDO OSORIO DE AGUIAR, casou con D\u00aa Teresa GONZALEZ DE C\u00c1NDAME ANDRADE E RIBADENEIRA, de cuxo segundo fillo, D. Pedro PARDO OSORIO, casado con D\u00aa Antonia de NOBOA, descende D\u00aa Emilia PARDO-BAZ\u00c1N. 3) D\u00aa In\u00e9s de CASTRO ou D\u00aa In\u00e9s OSORIO que casou con D. Lu\u00eds de Villar\u00edn. 4) D\u00aa Teresa OSORIO que se casa con D. Ruiz D\u00cdAZ DE RIBADENEIRA.<\/p>\n<p>O escudo de armas, \u00f3 ser partido (polo que vemos) e \u00f3 ter \u00e1 destra do campo as armas dos OSORIO, lugar das armas do marido segundo as normas her\u00e1ldicas, parece que ter\u00eda que ser do matrimonio de D. Pedro \u00c1lvarez OSORIO, se\u00f1or de Samarugo e de D\u00aa Mayor Basanta de Aguiar, como describe a xenealox\u00eda. Pero cingu\u00edndonos literalmente o que di a inscrici\u00f3n, parecen ser as armas familiares de D\u00aa Mar\u00eda OSORIO e na partici\u00f3n esquerda (do escudo) ter\u00edan que aparecer as armas primitivas dos PARDO DE AGUIAR: en campo de gules, unha aguia do seu color, picada, membrada e armada de ouro (en campo vermello, unha aguia negra, co pico, patas e garras de ouro). Isto contradir\u00eda a regra her\u00e1ldica de colocaci\u00f3n das armas: \u201c\u00e1 destra marido e \u00e1 sinistra muller\u201d, \u00bfser\u00eda por este contra motivo da regra her\u00e1ldica que non se pintaron as armas da sinistra? ou \u00bfhaber\u00eda outras raz\u00f3ns que motivaron o borrado ou a non inclusi\u00f3n do bras\u00f3n dos PARDO? \u00bfQue raz\u00f3ns ou incompatibilidades houbo?<\/p>\n<p>Posiblemente a discrepancia que houbo para non rematar o brasonado do escudo, non foi unha cuesti\u00f3n her\u00e1ldica, sen\u00f3n que hab\u00eda \u201cdiscordia e enemistade pol\u00edtica\u201d por intereses moito m\u00e1is terreais c\u00f3s atinxidos \u00e1 nobreza, entre os bispos de Mondo\u00f1edo e D. Pedro. Si miramos os documentos que aparecen na Real Chanciller\u00eda de Valladolid, vemos que D. Pedro Pardo de Aguiar empezou a litigar por certas terras, co bispado de Mondo\u00f1edo desde o ano <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1507\">1507<\/a>, e cuxos litixios acadaron o ano <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1542\">1542<\/a>. Documento 1) Preito do bispo de Mondo\u00f1edo con Pedro Pardo de Aguiar e consortes, veci\u00f1os de Mondo\u00f1edo, sobre a posesi\u00f3n de certas terras (anos 1507-1542) (C\u00f3digo: ES.47186.ARCHV\/8.12.1.2\/\/Preitos civ\u00eds, Alonso Rodr\u00edguez (F), CAJA 2595,1. PERGAMI\u00d1OS, CARPETA 112,6)<\/p>\n<p>Documento 2) Executoria do preito litigado por D. <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Antonio_de_Guevara\">Antonio de Guevara<\/a>, bispo de Mondo\u00f1edo, con D. Pedro Pardo de Aguiar e consortes, veci\u00f1os de Mondo\u00f1edo, sobre a posesi\u00f3n de certas terras (4-Novembro-1542) (C\u00f3digo: ES.47186.ARCHV\/8.7.1\/\/REGISTRO DE EJECUTORIAS,CAJA 564,45. Preitos civ\u00eds, Alonso Rodr\u00edguez (F), CAJA 2595,1)<\/p>\n<p>Durante estes trinta e cinco anos en preito, rexentaron a dioceses de Mondo\u00f1edo os seguintes bispos: D. <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Diego_de_Muros_III\">Diego de Muros<\/a> (<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1505\">1505<\/a>&#8211;<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1512\">1512<\/a>) quen inicia o preito; D. Diego P\u00e9rez (<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1513\">1513<\/a>&#8211;<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1520\">1520<\/a>); D. Ger\u00f3nimo Su\u00e1rez (<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1523\">1523<\/a>&#8211;<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1532\">1532<\/a>); D. Pedro Pacheco (1532-<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1537\">1537<\/a>); Frei Antonio de Guevara (1537-<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1545\">1545<\/a>) con quen se remata o litixio.<\/p>\n<p>Estas terras en litixio, \u00e9 de supo\u00f1er, que eran da herdanza de D\u00aa Mar\u00eda Osorio, e que pertenc\u00edan a aquelas que lle foran restitu\u00eddas polos Reis Cat\u00f3licos a D\u00aa Isabel de CASTRO OSORIO, vi\u00fava do Mariscal Pardo de Cela. D\u00aa Isabel de Castro, cando se casou co Mariscal, tivo unha dote espl\u00e9ndida do seu t\u00edo D. Pedro Enriquez de Castro que foi bispo de Mondo\u00f1edo entre <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1426\">1426<\/a> e <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1445\">1445<\/a>. O bispado e prelados reclam\u00e1ronlle o Mariscal moitas destas propiedades: \u201c&#8230;quienes fulminaron contra \u00e9l sentencias eclesi\u00e1sticas que no lo conmov\u00edan en lo m\u00e1s m\u00ednimo\u201d (Ibidem, Padre Crespo, Volume IV, p\u00e1x. 124) de a\u00ed que houbera tantos anos de preitos xudiciais, incluso despois da vil execuci\u00f3n do Mariscal Pardo de Cela.<\/p>\n<p>D. Pedro Pardo de Aguiar, a pesar dos preitos, supo\u00f1emos seguir\u00eda sendo un fervente cat\u00f3lico, que patrocinaba obras p\u00edas, como estes atraentes murais da Ermida de Nosa Se\u00f1ora das Virtudes da Ponte, que fac\u00edan reflexionar sobre a idea da insubornable Morte viva e invitaban \u00e1 devoci\u00f3n os miles de peregrinos que percorr\u00edan este Cami\u00f1o Norte de Santiago, e que tam\u00e9n, tantos beneficios tra\u00eda para os veci\u00f1os da comarca deste tramo do antigo Cami\u00f1o Franc\u00e9s: Ribadeo, Ove, Cubelas, A Ponte, S. Xusto de Cabarcos, Lourenz\u00e1 e Mondo\u00f1edo. Pero, D. Pedro, \u00f3 non querer \u201cdar o seu brazo a torcer\u201d e non ceder \u201cpolas boas\u201d, aquelas ansiadas propiedades \u00f3s bispos de Mondo\u00f1edo, que levaban preiteando anos e anos tras delas, estes non lle permitiron tampouco integrar as s\u00faas armas, dentro da igrexa, no brasonado do escudo que nos acontece, posiblemente como unha acci\u00f3n que hoxe chamar\u00edamos de \u201cninguneo\u201d, por iso quedou o brasonado sen rematar, pois non lles gustar\u00eda que tales armas dos PARDO quedaran reflectidas en tan estrat\u00e9xica e concorrida localizaci\u00f3n. As de OSORIO, \u00a1nin tocalas!: \u201cvi\u00f1an dos Reis Cat\u00f3licos\u201d.<br \/>\nPor suposto, non son eu a persoa m\u00e1is cualificada para aseverar con toda certeza a hip\u00f3tese aqu\u00ed desenrolada, pero as Armas dos PARDO, non deb\u00edan estar, por aquelas datas, moi ben vistas no \u00e1mbito catedralicio, pois eran as Armas daquel Mariscal que ti\u00f1an cualificado como: \u201cun orgulloso se\u00f1or \u201cfeudal\u201d que presentaba \u201cfobia anticlerical\u201d, e que fora decapitado con aleivos\u00eda, trinta e tres anos antes de realizadas as pinturas da Ermida da Ponte, e segundo a lenda, pola b\u00e1rbara e cruel ignominia da xente do bispo Fadrique de Guzm\u00e1n (<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1462\">1462<\/a>&#8211;<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1492\">1492<\/a>) quen fixo entreter no lugar co\u00f1ecido desde ent\u00f3n como a Ponte do Pasatempo, a D\u00aa Isabel de Castro, que tra\u00eda o perd\u00f3n real firmado polos Reis Cat\u00f3licos, indultando da morte ao seu home o Mariscal D. Pedro PARDO DE CELA AGUIAR E RIBADENEIRA. Aqu\u00ed preg\u00fantome eu, pois non atopo os motivos por ning\u00fan sitio: \u00bfque crime cometeu o seu fillo de dezaseis anos, para ser decapitado tam\u00e9n na mesma praza de Mondo\u00f1edo xunto c\u00f3 seu pai?. \u00a1Ning\u00fan, pero o exercicio da crueldade non precisa de raz\u00f3ns!<\/p>\n<p>A lenda e a historia de PARDO DE CELA mest\u00faranse, e aqueles acontecementos do cerco e traiz\u00f3n da Frouseira, dos crueis e b\u00e1rbaros asasinatos, te\u00f1en feito correr rios de tinta en forma de poemas, canci\u00f3ns, ensaios hist\u00f3rico-lendarios e an\u00e1lises cient\u00edfico-hist\u00f3ricas o que non quita en absoluto que te\u00f1amos n\u00f3s, un anaco das consecuencias daquela m\u00edtica historia, na Ermida de Nosa Se\u00f1ora das Virtudes da Ponte de Arante, a cal, \u00e9 un verdadeiro regalo tela tan cerca, e poder visitala calquera d\u00eda que estea aberta, para poder contemplar e reflexionar con calma sobre os motivos das s\u00faas preciosas pinturas medievais: \u201conde a Morte viva, est\u00e1 situada na nave o lado dos fieis para que estes non poidan eludir a s\u00faa presencia, sempre a esquerda, orientada ao Norte, no reino do Demo, do fr\u00edo e das tebras\u201d (ibidem, N\u00ba6, 2005, p\u00e1x.17). Un pracer, un luxo, rememorar a nosa historia, as nosas lendas.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Este Escudo de Armas est\u00e1 pintado na parede Norte interior da Ermida da Ponte de Arante, cuxos documentos m\u00e1is antigos, do ano 1514, a denominan Ermida de Nosa Se\u00f1ora Santa Mar\u00eda da Ponte. En 1517 usan a expresi\u00f3n: Hermita de Santa Mar\u00eda da Ponte das Mestas, cuxo apelativo \u201cmestas\u201d prov\u00e9n do feminino latino \u201cmixtas\u201d que [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[10,11,46,50],"class_list":["post-5629","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-cultura","tag-historia","tag-pancho-campos","tag-vilalba"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5629","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5629"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5629\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5629"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5629"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5629"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}