{"id":5587,"date":"2018-01-31T08:27:00","date_gmt":"2018-01-31T07:27:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:29:53","modified_gmt":"2024-11-12T12:29:53","slug":"de-visions-diferentes-mentiras-hospital","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2018\/01\/31\/de-visions-diferentes-mentiras-hospital\/","title":{"rendered":"De visi\u00f3ns diferentes a mentiras. Hospital da costa, sanidade p\u00fablica"},"content":{"rendered":"<p>Chega con que un non quera para que dous non se entendan. E ese principio xeral non entende de intereses, a\u00ednda que, cando a cousa \u00e9 p\u00fablica, si entende de xeitos de mentir.<\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto; text-align: center;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjtvyedwy_FWDe_IrZPaKoz2S0FZSyknEOfdt20dPla39g90bBOZVXu86msOKREanuDtXrNMqltkynrAuysrEhyphenhyphenVuy72ZE6LLTy8eGTC1U_xb7SC7HyqqZBh6_JILkWyWijE6UHkA\/s2048\/Hospital_da_Costa%252C_Burela.JPG\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjtvyedwy_FWDe_IrZPaKoz2S0FZSyknEOfdt20dPla39g90bBOZVXu86msOKREanuDtXrNMqltkynrAuysrEhyphenhyphenVuy72ZE6LLTy8eGTC1U_xb7SC7HyqqZBh6_JILkWyWijE6UHkA\/s2048\/Hospital_da_Costa%252C_Burela.JPG\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">Hospital da Costa en 2015. Foto de Elisardojm en gl.wikipedia.org, lic. CC reco\u00f1ecemento compartir igual 4.0 internacional<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>Coido que iso \u00e9 o que est\u00e1 a pasar co mantemento da sanidade p\u00fablica, a centralizaci\u00f3n sanitaria en Lugo, e o hospital de Burela. Se hai unha decisi\u00f3n de favorecer a sanidade privada, xustif\u00edcase a transferencia de cartos a empresas esquecendo que iso implica o corte de cartos e consecuente desmantelamento da p\u00fablica, segundo o co\u00f1ecido principio de desvestir un santo para vestir outro. Se se quere centralizar en Lugo, f\u00e1lase das avantaxes de ter mellores equipos de alto custe e especialistas m\u00e1is especializados esquecendo os inconvintes de cousas como desprazamentos ou sinxelamente de que se debe falar de servizo como elemento central e de custes e orzamentos en funci\u00f3n daquel. Se se quere gabar o hospital, pirop\u00e9ase \u00f3 persoal para apuntalar unha lista de espera con m\u00faltiples furados que si, poder\u00eda engrosar moito m\u00e1is se non houbera persoal disposto a apoiar, pero ev\u00edtase falar de cousas como da reasignaci\u00f3n de novas datas, que sup\u00f3n unha maquillaxe real, ou do desv\u00edo de pacientes \u00e1 privada, que se presenta como alivio da p\u00fablica mentres sup\u00f3n un desmantelamento efectivo e transferencia de cartos \u00e1 privada.<\/p>\n<p>E nesas estamos. Mentres o d\u00eda 4 hai unha manifestaci\u00f3n a nivel Galicia en defensa dunha sanidade para todos -por certo, de Ribadeo sae un autob\u00fas posto polo concello, tam\u00e9n poder p\u00fablico enfrontado \u00f3 da Xunta neste caso-, dende Lugo dise que a sanidade funciona mellor ca nunca, &#8216;con datos obxectivos&#8217; elixidos despois de descartar os &#8216;menos interesantes&#8217;. E se hoxe, m\u00e9rcores, volve haber a protesta semanal diante do centro de sa\u00fade de Ribadeo, para Santiago (as\u00ed se di algunha vez, facendo pasar \u00e1 poboaci\u00f3n de Santiago polo poder decisor da xente que manda dende San Caetano) ser\u00e1n catro matados mal informados. E esta \u00faltima palabra l\u00e9vanos \u00f3 lugar onde se da a confrontaci\u00f3n fundamental: a informaci\u00f3n\/desinformaci\u00f3n. E \u00e9 ent\u00f3n cando podemos lembrarnos das subvenci\u00f3ns directas ou encubertas que recibe determinada prensa, de xeito que se chega a non saber se \u00e9 para ter a prensa de man ou d\u00e1divas debidas pola contribuci\u00f3n \u00f3 mantemento no cargo, \u00e9 dicir, &#8216;quen debe a quen&#8217; ou &#8216;quen confl\u00fae con quen&#8217;. Engad\u00edn isto porque \u00e9 doado comprobar como pode variar a idea que ten a xente segundo o xeito que te\u00f1a de ler ou escoitar, de a quen lea ou escoite e das relaci\u00f3ns que sexa capaz de facer con eses datos qeu lle chegan&#8230; Si, a xente non \u00e9 tonta, e non se pode enganar a toda a xente todo o tempo. Pero parece que chega con enganar xente abonda durante un tempo axeitado \u00f3 que se quera, ou desmotivar a protesta artellando leis convintes cos intereses ou sinxelamente favorecendo alg\u00fan tipo de entretemento ou felicidade aparente que substraiga tempo e\/ou enerx\u00eda (cartos, esforzo) debilit\u00e1ndoa e control\u00e1ndoa.<\/p>\n<p>Por \u00faltimo, dicir que nesta entrada estase a tratar dun caso concreto, a Sanidade, a nivel Galicia, pero poder\u00edase tratar doutros casos a niveis dende supranacional a local.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Chega con que un non quera para que dous non se entendan. E ese principio xeral non entende de intereses, a\u00ednda que, cando a cousa \u00e9 p\u00fablica, si entende de xeitos de mentir. Hospital da Costa en 2015. Foto de Elisardojm en gl.wikipedia.org, lic. CC reco\u00f1ecemento compartir igual 4.0 internacional Coido que iso \u00e9 o [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[27,9],"class_list":["post-5587","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-sanidade","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5587","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5587"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5587\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5587"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5587"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5587"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}