{"id":5557,"date":"2018-03-12T07:58:00","date_gmt":"2018-03-12T06:58:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:28:53","modified_gmt":"2024-11-12T12:28:53","slug":"revisando-fin-de-semana-en-ribadeo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2018\/03\/12\/revisando-fin-de-semana-en-ribadeo\/","title":{"rendered":"Revisando a fin de semana en Ribadeo: Catedrais e Rueiro"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; Vexo que este fin de semana en Ribadeo deu lugar a d\u00faa novas pequenas pero que me chamaron a atenci\u00f3n e diversos motivos e por iso paso a comentar.<br \/>\n&nbsp;&nbsp;&nbsp; A primeira, un artigo&nbsp; (1\/3 de p\u00e1xina) na Comarca, &#8216;comentarios al plan de protecci\u00f3n de As Catedrais&#8217;, do &#8216;Grupo Municipal del PP de Ribadeo&#8217;. En castel\u00e1n. Di que no plan &#8216;se observan cosas muy raras&#8217;, xa no primeiro par\u00e1grafo. Entendo que se refire \u00f3 &#8216;<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2017\/11\/aprobacion-inicial-do-plan-especial-das.html\">Plan especial de As catedrais<\/a>&#8216; que te\u00f1o <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2017\/11\/aprobacion-inicial-do-plan-especial-das.html\">comentado varias veces de xeito parcial<\/a>, por partes, e sen rematar, de forma abondo m\u00e1is extensa que a que aparece na Comarca e&#8230; en tempo. E \u00e9 que, publicada a aprobaci\u00f3n inicial no DOG de 16 de novembro de 2017, daba un prazo de dous meses para formular alegaci\u00f3ns. Prazo que rematou hai case dous meses, polo tanto. E que aparece no segundo par\u00e1grafo como unha contradici\u00f3n en contra do plan&#8230;<br \/>\n&nbsp;&nbsp;&nbsp; A segunda, que por fin est\u00e1 a dispoisici\u00f3n o libro (&#8216;folletos tur\u00edsticos&#8217;) &#8216;Roteiro pola historia de Ribadeo&#8217;, que ven a ser o prometido hai meses coas novas placas de Sargadelos das que levo exposto fotograf\u00edas e falado tam\u00e9n varias veces nestes \u00faltimos tempos no blog (<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2018\/02\/mais-placas-de-sargaleos-informativas.html\">M\u00e1is placas de Sargadelos informativas<\/a>, <a href=\"https:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2018\/02\/letreiros-para-conecer-ribadeo.html\">Letreiros para co\u00f1ecer Ribadeo<\/a>, <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2018\/01\/placas-de-sargadelos-ilustrando-o.html\">Placas de Sargadelos ilustrando o rueiro de Ribadeo<\/a>, <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2017\/12\/nota-do-concello-arte-e-historia-ruas-e.html\">Nota do concello: Arte e historia. R\u00faas e Sargadelos<\/a>). Pois iso, por fin sa\u00edu \u00e1 r\u00faa e p\u00f3dese adquirir por 1,5 \u20ac na oficina de turismo, segundo a <a href=\"http:\/\/ribadeo.gal\/actualidade\/nova.php?id=2682&amp;lg=gal\">nota do concello<\/a>. A nota chamou a mi\u00f1a atenci\u00f3n por varias cousas. Unha, que segue sen ser p\u00fablico o custe das placas, \u00f3 que xa me te\u00f1o referido. Outra, que non se fala nada do retraso sobre o tempo de publicaci\u00f3n falado. Outra, o aproveitamento da petici\u00f3n \/ anuncio tras ser recollida, de museo de Ribadeo como pobo, obviando\/esquecendo as rutas xa establecidas de indianos, de comerciantes&#8230; Indicaci\u00f3n non obstante que estimo moi v\u00e1lida nun pobo como Ribadeo. Aparece adem\u00e1is, en nota de prensa, a figura de Carlos Longarela, arquitecto do ARI e autor da parte gr\u00e1fica, dato para min desco\u00f1ecido ata o de agora, a\u00ednda tras ser co\u00f1ecido que o autor dos textos \u00e9 <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/search?q=Eduardo+Guti%C3%A9rrez\">Eduardo Guti\u00e9rrez<\/a>, cronista oficial e exalcalde (<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Eduardo_Guti%C3%A9rrez\">entrada na Galipedia<\/a>).<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhEA3CzNSqgTMVxnOEhXNN7bxwsD-WrBp29umG1sPLyFRP47T6tKeYwTkmtoic25dQ_HpgZwk1W3A8JQ_NiLTRu9QvFFb_5zWCploNXhRugfq1PLR3GShrl46O0CCjyiapWz5pUWg\/s2048\/Foto_presentacion_roteiro.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhEA3CzNSqgTMVxnOEhXNN7bxwsD-WrBp29umG1sPLyFRP47T6tKeYwTkmtoic25dQ_HpgZwk1W3A8JQ_NiLTRu9QvFFb_5zWCploNXhRugfq1PLR3GShrl46O0CCjyiapWz5pUWg\/s2048\/Foto_presentacion_roteiro.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Deixo a foto, tama\u00f1o orixinal na web do concello, e a continuaci\u00f3n a longa nota de prensa:<\/p>\n<\/p>\n<p><em>A PRIMEIRA TIRADA \u00c9 DE 1.200 EXEMPLARES<\/em><\/p>\n<p><em>Roteiro pola historia de Ribadeo<\/em><\/p>\n<p><em>10\/03\/2018<\/em><\/p>\n<p><em>No sal\u00f3n de plenos do Concello present\u00e1ronse esta ma\u00f1\u00e1 os folletos tur\u00edsticos denominados Roteiro pola historia de Ribadeo, e nos que se recollen os debuxos e textos das m\u00e1is de 30 placas de Sargadelos colocadas en r\u00faas, prazas e lugares de Ribadeo. Est\u00e1n editados en catro idiomas: ingl\u00e9s, franc\u00e9s, espa\u00f1ol e galego e estar\u00e1n \u00e1 venda na Oficina de Turismo ao prezo de 1,50 euros. No acto participaron o cronista oficial de Ribadeo, Eduardo Guti\u00e9rrez, o arquitecto municipal Carlos Longarela, o concelleiro de Cultura, Farruco Gra\u00f1a, e o alcalde, Fernando Su\u00e1rez.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>O rexedor dixo que &#8220;isto \u00e9 algo moi importante para reafirmarnos como un pobo que leva aqu\u00ed moitos s\u00e9culos, que ten moita historia e que moitas veces o tempo vai pasando e as xeraci\u00f3ns que van vindo non saben nada do que outras deixaron atr\u00e1s. Para iso quixemos abusar da experiencia, da historiograf\u00eda e da sabedor\u00eda do cronista oficial, Eduardo Guti\u00e9rrez, para pedirlle que o seu co\u00f1ecemento fose botando luz enriba de pasaxes hist\u00f3ricos en diferentes r\u00faas e espazos da vila. Para iso tam\u00e9n nos apoiamos en Carlos Longarela, arquitecto que nos ratos libres, porque no \u00e1mbito do d\u00eda a d\u00eda tempo pouco tempo, pero f\u00f3ra de horas foi facendo os debuxos, moitas veces con orientaci\u00f3n do propio cronista oficial. E todo iso met\u00e9molo nunha m\u00e1quina moi potente e moi bonita, que \u00e9 Sargadelos, onde lle deron o dese\u00f1o final, e o resultado das placas est\u00e1 a\u00ed para ver desde hai un par de meses, penso que con moi boa acollida&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Su\u00e1rez Barcia sinalou que &#8220;aparte diso, que \u00e9 o que m\u00e1is perpetuamente vai quedar nos espazos p\u00fablicos, quixemos tam\u00e9n difundir esta mensaxe en varias linguas, porque sabemos que Ribadeo cada d\u00eda \u00e9 m\u00e1is tur\u00edstico, cada vez ven m\u00e1is xente de f\u00f3ra que se interesa e g\u00fastalle isto que est\u00e1 vendo polas r\u00faas e queremos que te\u00f1a a oportunidade indo \u00e1 oficina de turismo e mercando un libri\u00f1o no que figuran todas estas placas cos debuxos, cos textos e nalg\u00fans casos cunha explicaci\u00f3n m\u00e1is grande. Quix\u00e9molo facer en franc\u00e9s, en ingl\u00e9s, en castel\u00e1n e en galego&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>O alcalde explicou que &#8220;fixemos unha primeira edici\u00f3n de 300 folletos en cada idioma e estamos convencidos de que dentro de pouco teremos que facer novas edici\u00f3ns. Desde ma\u00f1\u00e1 mesmo est\u00e1n a disposici\u00f3n de calquera que se achegue \u00e1 oficina de turismo de Ribadeo ao prezo de 1,50 euros, polo que realmente non lle ga\u00f1amos nada, pero o que pretendemos \u00e9 difundir a historia local&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>O cronista oficial, Eduardo Guti\u00e9rrez indicou que &#8220;na publicaci\u00f3n que se presenta hoxe, cun pequeno engadido sobre a que recollen as placas, dest\u00e1canse trinta e tres lugares vencellados \u00e1 historia de Ribadeo en diferentes \u00e9pocas: a medieval, onde se pode seguir o itinerario da muralla reparando na indicaci\u00f3n das portas e dos restos que quedan; tam\u00e9n se sinala a ubicaci\u00f3n da Colexiata, onde antes estivo a igrexa parroquial. Subl\u00ed\u00f1anse igualmente edificios vencellados \u00e1 aboenza liberal  da vila, \u00e1 s\u00faa tradici\u00f3n comercial, cunha clase acomodada e culta, que ergueu a Escola de N\u00e1utica, o Teatro e o C\u00edrculo de Recreo, as casas armadoras e de banca, que naceron do porto entendido como lugar estratexicamente situado, como fondeadeiro e abeiro, porque non acadou unhas instalaci\u00f3ns portuarias que merecesen tal nome. Con todo, da s\u00faa importancia d\u00e1 proba o Forte de San Dami\u00e1n, do s\u00e9culo XVIII. E xa no XIX o cargadoiro de mineral de ferro, ao tempo que abrollaban obras e dotaci\u00f3ns da man dos indianos enriquecidos en Am\u00e9rica: a Praza de Abastos, o Cemiterio, a torre dos irm\u00e1ns Moreno, etc. Tam\u00e9n se lembran singularidades como os lavadoiros, tal o sonado Pipelo, que durou perto de catrocentos anos&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Na s\u00faa intervenci\u00f3n Guti\u00e9rrez manifestou que &#8220;mais dese pouso ilustrado e liberal do s\u00e9culo XIX destacan a Sociedade Filantr\u00f3pico-Dram\u00e1tica de 1835, que ergueu o Teatro, a Sociedade de Fomento que promoveu a Escola de Nautica e o sucesivo Colexio de San Luis. Aparte disto c\u00f3mpre destacar o escintilante C\u00edrculo de Recreo, fundado en 1851. Xa noutra ocasi\u00f3n sinalamos como clarificadora a an\u00e9cdota que recolle un cronista local, segundo a cal cando en 1858 a ra\u00ed\u00f1a Isabel II visitou Lugo, as autoridades provinciais solicitaron en dep\u00f3sito do C\u00edrculo os mobles para decorar as estancias onde se aloxar\u00eda a ra\u00ed\u00f1a, que era nada menos que o Pazo Episcopal&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>O cronista oficial rematou salientando: &#8220;a boa acollida que tivo a instalaci\u00f3n das placas que conforman o roteiro pola historia de Ribadeo, son unha incitaci\u00f3n e un est\u00edmulo a prol dun Museo, que trasladamos \u00e1 Alcald\u00eda para o seu estudo e consideraci\u00f3n, coa petici\u00f3n de que acolla a idea co mesmo interese e dedicaci\u00f3n que puxo na confecci\u00f3n das placas.  O concepto de Museo ao uso cambiou efectivamente e hai cidades que incl\u00faen nel rutas deste tipo, aparte de varias sedes. Certo que aqu\u00ed comezamos co \u00faltimo, que xulgamos unha boa medida para avaliar a opini\u00f3n p\u00fablica, cuxa colaboraci\u00f3n se requerir\u00eda tanto no acopio de materiais, como noutros aspectos, co obxecto de facer o proxecto viable. Estimado se\u00f1or Alcalde: isto \u00e9 unha celada, que rogamos disimule acoll\u00e9ndonos \u00e1 existencia delas na muralla, con outros fins, pero igualmente solapados. A\u00ednda que, ben mirado, isto ten pouco de trapela, no sentido literal de encerro. \u00c9 apenas unha suxesti\u00f3n. E, desde logo, cordial&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>E o concelleiro de Cultura, Farruco Gra\u00f1a, dixo que &#8220;ter a ocasi\u00f3n de ter nas nosas mans estas breves rese\u00f1as hist\u00f3ricas \u00e9 sempre unha boa nova porque dan pulo \u00e1 nosa actividade coti\u00e1n. Non se trata de mirar para atr\u00e1s con ton fachendoso, sen\u00f3n de facelo para sent\u00edrmonos orgullosos do que fomos e do que podemos seguir sendo, pero para trazar ben o cami\u00f1o \u00e9 indispensable co\u00f1ecer de onde vimos. Tr\u00e1tase de po\u00f1er en valor, pero non s\u00f3 pensando na xente que v\u00e9n de f\u00f3ra, que est\u00e1 moi ben que ve\u00f1a, sen\u00f3n en n\u00f3s mesmos; todos os cidad\u00e1ns e as cidad\u00e1s de Ribadeo \u00e9 bo que saiban da s\u00faa historia, os que acabamos recalando nestas terras \u00e9 bo que establezamos ese v\u00ednculo co que foi Ribadeo para facelo noso e proxectar cara o futuro todas as nosas ideas e os nosos proxectos. E nese sentido \u00e9 fundamental que de cando en vez nos paremos e po\u00f1amos negro sobre branco, neste caso haber\u00eda que dicir ton azul, que \u00e9 o propio de Sargadelos, sobre branco, eses fitos hist\u00f3ricos dunha vila centenaria como \u00e9 Ribadeo&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; Vexo que este fin de semana en Ribadeo deu lugar a d\u00faa novas pequenas pero que me chamaron a atenci\u00f3n e diversos motivos e por iso paso a comentar. &nbsp;&nbsp;&nbsp; A primeira, un artigo&nbsp; (1\/3 de p\u00e1xina) na Comarca, &#8216;comentarios al plan de protecci\u00f3n de As Catedrais&#8217;, do &#8216;Grupo Municipal del PP de Ribadeo&#8217;. [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[65,10,11,9,58],"class_list":["post-5557","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-arquitectura","tag-cultura","tag-historia","tag-sociedade","tag-torre-dos-moreno"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5557","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5557"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5557\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5557"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5557"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5557"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}