{"id":5547,"date":"2018-03-23T08:04:00","date_gmt":"2018-03-23T07:04:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:28:37","modified_gmt":"2024-11-12T12:28:37","slug":"algunhas-preguntas-e-respostas-sibre","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2018\/03\/23\/algunhas-preguntas-e-respostas-sibre\/","title":{"rendered":"Algunhas preguntas (e respostas) sobre a residencia"},"content":{"rendered":"<p>O pasado d\u00eda 20, martes, houbo un par de xuntanzas no concello de Ribadeo sobre o estado actual da residencia de maiores de Ribadeo (Comisi\u00f3n da Residencia, cos integrantes da directiva da Plataforma pro Residencia de Maiores, e Xunta de Portavoces do concello). Hoxe haber\u00e1 un pleno con tema \u00fanico, \u00e1s seis da tarde, para aprobar o convenio marco. E, no medio, algunha inc\u00f3gnita e mesmo contradici\u00f3n aparente.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEifXD9kUq6BRThrvhtNNFnAS0RYsAuZj4d_NgDB0As2cB_B8uW0oRp7PaI4oAzEZ4mjmotqQRWBCF7d2pkUFaEDjetCc_zvP2e38SElF5aT5-18hzXpnzAaxKjBl1Z_6YM7P_CL5g\/s2048\/Orden_do_dia_pleno_extraordinario_Ribadeo__23_de_marzo_de_2018.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEifXD9kUq6BRThrvhtNNFnAS0RYsAuZj4d_NgDB0As2cB_B8uW0oRp7PaI4oAzEZ4mjmotqQRWBCF7d2pkUFaEDjetCc_zvP2e38SElF5aT5-18hzXpnzAaxKjBl1Z_6YM7P_CL5g\/s2048\/Orden_do_dia_pleno_extraordinario_Ribadeo__23_de_marzo_de_2018.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>A prensa deu nova dunha das xuntanzas do martes, en principio, como froito dunha filtraci\u00f3n. A <a href=\"http:\/\/ribadeo.gal\/actualidade\/nova.php?id=2693&amp;lg=gal\">nota de prensa do concello<\/a> foi do d\u00eda 21 (\u00e9 dicir, para ser publicado o d\u00eda 22, onte, un d\u00eda despois de que sa\u00edra a primicia na prensa):<\/p>\n<p><em>A SESI\u00d3N PLENARIA SER\u00c1 \u00c1S 18:00 HORAS<\/em><\/p>\n<p><em>Protocolo para a residencia<\/em><\/p>\n<p><em>21\/03\/2018<\/em><\/p>\n<p><em>O Concello asinou este mediod\u00eda coa Deputaci\u00f3n de Lugo o protocolo de colaboraci\u00f3n para a posta en marcha da nova residencia de maiores da localidade. O alcalde, Fernando Su\u00e1rez, subli\u00f1ou que ningu\u00e9n ser\u00e1 exclu\u00eddo de poder ser usuario desta instalaci\u00f3n por non ter recursos e dixo que ter\u00e1n prioridade os veci\u00f1os e as veci\u00f1as de Ribadeo. Este convenio marco ser\u00e1 debatido no pleno extraordinario que se celebrar\u00e1, o venres pola tarde, no Concello.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>O rexedor explicou que &#8220;coa sinatura deste protocolo damos un paso moi importante, un paso de xigante, que se ver\u00e1 ademais refrendado neste pleno extraordinario que teremos este propio venres, para aprobar o convenio marco que regule toda esta colaboraci\u00f3n e cooperaci\u00f3n que queremos levar adiante entre a Deputaci\u00f3n de Lugo e m\u00e1is o Concello de Ribadeo, para po\u00f1er a andar e po\u00f1er en marcha nunhas condici\u00f3ns moi boas, tanto para o Concello de Ribadeo como sobre todo para os futuros usuarios e usuarias desta residencia de maiores, deste so\u00f1o colectivo que todos nos empe\u00f1amos hai uns anos en botar a andar, e claro que o imos botar a andar&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Fernando Su\u00e1rez contou que &#8220;tanto este protocolo como os convenios que seguidamente ve\u00f1en, respectando que a titularidade neste servizo \u00e9 municipal, queremos colaborar e cooperar coa Deputaci\u00f3n, e ela que tam\u00e9n o quere facer connosco no senso de darnos apoio t\u00e9cnico e econ\u00f3mico para establecer un prezo tipo razoable e homox\u00e9neo para todas estas residencias que se integren nesta rede provincial, e ao mesmo tempo para que os usuarios poidan pagalo&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>O alcalde de Ribadeo subli\u00f1ou que &#8220;aquel que te\u00f1a recursos suficientes pagar\u00e1 o que estea establecido, e aquel que non os te\u00f1a asumir\u00e1n a diferenza a Deputaci\u00f3n e o Concello de Ribadeo. \u00c9 dicir que ningu\u00e9n vai ser exclu\u00eddo de poder ser usuario desta residencia porque non te\u00f1a recursos&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Para o alcalde de Ribadeo &#8220;esta \u00e9 a pol\u00edtica de verdade, a pol\u00edtica progresista, a pol\u00edtica que queren os veci\u00f1os e veci\u00f1as que fagamos os seus representantes pol\u00edticos, m\u00e1is al\u00f3 das cores pol\u00edticas. No acordo de hoxe \u00e9ramos de diferentes cores pol\u00edticas, pero todos estabamos comprometidos a po\u00f1er a andar estas residencias marabillosas que est\u00e1n constru\u00eddas, polo menos no que sei eu a de Ribadeo, con todo luxo e \u00e9 un hotel m\u00e1is que unha residencia habitual, pero queremos tam\u00e9n que sexa sustentable no tempo. Para iso qu\u00e9 mellor que un acordo coa Deputaci\u00f3n de Lugo&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Fernando Su\u00e1rez sinalou que &#8220;ao mesmo tempo con outros criterios moi importantes que cambian radicalmente o panorama do que ven sendo a pol\u00edtica moitas veces de prazas concertadas da Xunta, dado que con este sistema que nos estamos outorgando ter\u00e1n prioridade os veci\u00f1os e as veci\u00f1as de Ribadeo, seguidamente terano os da bisbarra, e seguidamente, se quedan prazas libres, terano os da provincia. Non \u00e9 como estas prazas da Xunta concertadas que che dan un servizo de Ribadeo e igual cho dan en Quiroga, ou en Monforte de Lemos, ou nas R\u00edas Baixas. Iso non pode ser porque a xente ten dereito a vivir os \u00faltimos anos preto do seu entorno, preto da s\u00faa familia sen que o destino sexa a d\u00faas horas de viaxe, como est\u00e1 sendo moitas veces&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>O alcalde dixo finalmente que &#8220;nos veremos no pleno extraordinario deste venres, e conf\u00edo que todos os representantes, non soamente o goberno municipal, esteamos a altura, penso que hist\u00f3rica, deste acordo plenario que ter\u00e1 que sa\u00edr adiante&#8221;<\/em><\/p>\n<p>O que se presentou o martes son dous documentos diferentes. un Protocolo e un modelo de Convenio coa Deputaci\u00f3n Provincial.<\/p>\n<p>O primeiro, o protocolo, foi xa asinado polo alcalde m\u00e9rcores xunto con todos os alcaldes en situaci\u00f3n de desenvolvemento dunha residencia de maiores na provincia e en tratos coa Deputaci\u00f3n, como folla de ruta a seguir.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgeEKE3mUAhy3klUCr5zEuPlTtUEgt0mLq1af8NxIXHuEc1qTteK0FYyX-WL3TPaePMavvdbOSRPIziG7F1ntg4aFaI7pAPl5_iBeTRzWaau-M-Cx67aPFLxx-3PzzAXqU_feH3Aw\/s2048\/Foto_protocolo_residencia.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgeEKE3mUAhy3klUCr5zEuPlTtUEgt0mLq1af8NxIXHuEc1qTteK0FYyX-WL3TPaePMavvdbOSRPIziG7F1ntg4aFaI7pAPl5_iBeTRzWaau-M-Cx67aPFLxx-3PzzAXqU_feH3Aw\/s2048\/Foto_protocolo_residencia.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>A sinatura levou consigo a aceptaci\u00f3n desa folla de ruta, e o pleno desta tarde \u00e9 unha consecuencia, para a aprobaci\u00f3n do convenio marco, que todos os concellos asinantes reproducir\u00e1n hoxe mesmo. O convenio marco que ser\u00e1 aprobado \u00e9:<\/p>\n<p>&#8211; entre concello e Deputaci\u00f3n.<\/p>\n<p>&#8211; igual para todos os asinantes do Protocolo (por exemplo, forzando unha ordenanza fiscal homox\u00e9nea)<\/p>\n<p>&#8211; un documento a desenvolver no seu detalle en relaci\u00f3n a regulamento, xesti\u00f3n, etc. (ordenanza e regulamento ter\u00e1n que ser aprobados no seu momento no pleno)<\/p>\n<p>&#8211; un marco que non soluciona todos os problemas (por exemplo, como ser\u00e1 a fonte de ingresos para subvenci\u00f3n complementaria -parte do concello- de xente que poda haber de f\u00f3ra de Ribadeo?)<\/p>\n<p>&#8211; especifica na pr\u00e1ctica que o sistema de funcionamento vai a ser de contrato por servizos, quedando a coordinaci\u00f3n e xesti\u00f3n en mans de concello e Deputaci\u00f3n. Algo que por certo non cadraba dentro das s\u00faas competencias hai pouco tempo.<\/p>\n<p>&#8211; nin protocolo nin convenio especifican os prazos concretos, pero axuda a clarificalos algo, de xeito que, \u00e9 esperable que na pr\u00f3xima primavera se abran as portas.<\/p>\n<p>&#8211; o convenio foi algo longamente discutido, con reviravoltas, ata quedar na situaci\u00f3n actual, o que colaborou \u00f3 retraso do empuxe das residencias m\u00e1is avanzadas, entre as que se atopa a de Ribadeo.<\/p>\n<p>O por que do convenio pasa por cousas como a econom\u00eda de escala (por exemplo, na disposici\u00f3n de persoal especializado ou na licitaci\u00f3n de contratos) e esforzo de mantemento: esp\u00e9rase rebaixar o monto total do custe de cada praza uns 200 \u20ac, de 1400 a 1200, dos que ata un m\u00e1ximo de 600 \u20ac&nbsp; (ou 75%&nbsp; da pensi\u00f3n) por residente ser\u00edan postos pola Deputaci\u00f3n, cubrindo o resto de axuda, en caso necesario, o concello. Dese xeito, o concello espera reducir unha previsi\u00f3n de 300 000 \u20ac\/ano de custe para arcas municipais a s\u00f3 50 000 \u20ac\/ano.<\/p>\n<p>Quedar\u00edan m\u00e1is cousa por comentar. Mais dicir s\u00f3 que a direcci\u00f3n ser\u00e1 colexiada Concello-Deputaci\u00f3n, facendo unha distinci\u00f3n entre iso, direcci\u00f3n, e a xerencia diaria.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O pasado d\u00eda 20, martes, houbo un par de xuntanzas no concello de Ribadeo sobre o estado actual da residencia de maiores de Ribadeo (Comisi\u00f3n da Residencia, cos integrantes da directiva da Plataforma pro Residencia de Maiores, e Xunta de Portavoces do concello). Hoxe haber\u00e1 un pleno con tema \u00fanico, \u00e1s seis da tarde, para [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[64],"class_list":["post-5547","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-residencia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5547","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5547"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5547\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5547"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5547"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5547"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}