{"id":5544,"date":"2018-04-02T19:41:00","date_gmt":"2018-04-02T17:41:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:28:32","modified_gmt":"2024-11-12T12:28:32","slug":"revisitando-as-catedrais-na","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2018\/04\/02\/revisitando-as-catedrais-na\/","title":{"rendered":"Revisitando As Catedrais na documentaci\u00f3n xa aprobada"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiw698V1QIy5pj4SxnXMMWWy-n4_qG2roV6KgIAtHHKhLajkqeM9-al4mWXhFdTHaM0YXqDNt5Xo6MeXx85i7549VL69YTKOIVdtaJBnEL2V_LpgjEvTTRDiMc3AIgA5Ztb7077IQ\/s2048\/catedrais+2.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiw698V1QIy5pj4SxnXMMWWy-n4_qG2roV6KgIAtHHKhLajkqeM9-al4mWXhFdTHaM0YXqDNt5Xo6MeXx85i7549VL69YTKOIVdtaJBnEL2V_LpgjEvTTRDiMc3AIgA5Ztb7077IQ\/s2048\/catedrais+2.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Un <a href=\"https:\/\/facendocamino.blogspot.com.es\/2018\/04\/revision-critica-do-estudo-da.html\">artigo en Facendo Cami\u00f1o<\/a> (o blog de <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/Iv%C3%A1n%20Rodr%C3%ADguez\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Iv\u00e1n Rodr\u00edguez Lombardero<\/a>) l\u00e9vame a lembrar algo semellante, moito menos elaborado e moito menos extenso, sobre <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/search\/label\/Catedrais\">As Catedrais<\/a>, que fixera no blog hai xa tempo.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Non me refiro \u00f3 par\u00e1grafo &#8220;<strong><strong>O Plan Especial (de agora en diante, PEC) da unha sorpresa de novo<br \/>\n na p.16, punto 5.1.1. cando di claramente que os visitantes, en<br \/>\ndeterminadas \u00e9pocas do ano &#8216;superan ampliamente a capacidade ecol\u00f3xica&#8217;,<br \/>\n que cada vez hai menos terreo para h\u00e1bitats naturais e m\u00e1is plantas<br \/>\ninvasivas, cunha zona de intensa acci\u00f3n humana&#8230; o que redunda na<br \/>\ncalidade da oferta tur\u00edstica do propio concello<\/strong><\/strong>&#8221; publicado en decembro en &#8216;<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2017\/12\/perigos-nas-catedrais.html\">Perigos nas Catedrais<\/a>&#8216;, nin \u00e1 testemu\u00f1a de &#8216;<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2017\/11\/unha-volta-polas-catedrais.html\">Unha volta polas catedrais<\/a>&#8216;, nin tampouco \u00e1 evidencia de que os n\u00fameros previstos pola Xunto son papel mollado (&#8216;<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2017\/09\/todolos-dias-agas-un.html\">T\u00f3dolos d\u00edas, ag\u00e1s un<\/a>&#8216;) ou que o descontrol \u00e9 algo evidente (&#8216;<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2017\/03\/habitudes.html\">Habitudes<\/a>&#8216;, &#8216;<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2016\/09\/domingo-nas-catedrais-fotos-e-mais.html\">Domingo nas Catedrais<\/a>&#8216;), sen\u00f3n m\u00e1is ben \u00e1s cousas sobre o deterioro&nbsp; debido \u00e1s cantidades de xente (<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2016\/08\/tres-fotos-das-catedrais.html\">Tres fotos das Catedrais<\/a>), <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2016\/07\/mirando-os-numeros.html\">Mirando os n\u00fameros das Catedrais<\/a> ou &#8216;<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2015\/07\/os-turistas-poden-os-de-ribadeo-non.html\">Os turistas poden, os de Ribadeo non<\/a>&#8216;, precedidos de advertencias sobre os tres niveis de impacto contemplados para o c\u00e1lculo de visitantes.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Agora, <a href=\"https:\/\/facendocamino.blogspot.com.es\/\">Facendo cami\u00f1o<\/a> fai unha lectura detida sobre os c\u00e1lculos que levaron \u00f3 n\u00famero m\u00e1xico e incumprido de visitantes, e recomendo a s\u00faa lectura. Non, non explica que se caigan pedras, proceso natural incrementado despois dunha \u00e9poca de chuvia nunha zona agredida de diversos xeitos, pero si da unha boa idea da liviandade do tratamento xeral que se ten dado \u00e1s Catedrais.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Por certo, hai outro artigo do blog, &#8216;<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2017\/03\/as-catedrais-cando-as-barbas-do-teu.html\">Cando as as barbas do teu vici\u00f1o&#8230;<\/a>&#8216; que tampouco vir\u00eda mal repasar, despois de constatar que trans un primeiro momento vanse superpo\u00f1endo capas de discusi\u00f3n que sepultan a morte debaixo dunha &#8216;causa inicial&#8217;.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Noutra orde de cousas, despois dun primeiro momento de mangaconombro, hoxe a conselleira xa dixo pola radio que non era responsabilidade s\u00faa&#8230; e que era un proceso natural en todo o Cant\u00e1brico. coido que en ambas cousas se equivocaba: nunha, por incumbencia contractual, se non legal directamente, e noutra, porque se As Catedrais fora igual que todo o Cant\u00e1brico, non haber\u00eda unha soa praia das Catedrais, sen\u00f3n m\u00faltiples&#8230;<\/p>\n<p>&#8212;<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>O artigo de Facendo Cami\u00f1o:<\/p>\n<p><h3 class=\"post-title entry-title\" itemprop=\"name\">\nRevisi\u00f3n cr\u00edtica do estudo da capacidade de acollida do MN As Catedrais.<br \/>\n<\/h3>\n<p align=\"JUSTIFY\">O estudo da capacidade<br \/>\nde acollida do Monumento Natural de As Catedrais, contido no Anexo<br \/>\nIII do Decreto polo que se amproba o seu Plan de Conservaci\u00f3n, \u00e9 a<br \/>\nbase que sustenta a limitaci\u00f3n do acceso \u00e1 praia en 4.812<br \/>\npersoas\/d\u00eda. O estudo, criticado xa polo xe\u00f3grafo Vidal Roman\u00ed en<br \/>\ndatas precedentes, cont\u00e9n un bo n\u00famero de incongruencias que deben<br \/>\nlevar a desbotar a s\u00faa validez a eses efectos. Pret\u00e9ndese neste<br \/>\nartigo analizalo co detemento preciso.<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\">O estudo bas\u00e9ase na<br \/>\nproposta de Cifuentes (1992) para espazos protexidos de<br \/>\nLatinoam\u00e9rica, modificada por G\u00f3mez-Lim\u00f3n Garc\u00eda, J. y Garc\u00eda<br \/>\nVentura, D. (2014) para adaptala \u00e1s singularidades de diferentes<br \/>\nparques nacionais do territorio espa\u00f1ol. Trata de establecer un<br \/>\nl\u00edmite \u00f3 n\u00famero de persoas que pode visitar un espazo sen<br \/>\nprexudicar de xeito significativo o mesmo e mantendo unha experiencia<br \/>\ntur\u00edstica de calidade.<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\">O m\u00e9todo diferencia a<br \/>\n<em><span style=\"font-weight: normal;\">capacidade de acollida f\u00edsica<br \/>\n(CAF)<\/span><\/em> que ven a indicar a xente que colle no espazo da<br \/>\n<em>capacidade de acollida ecol\u00f3xica (CAE)<\/em> que serve para limitar<br \/>\nesa cantidade en funci\u00f3n do impacto no ecosistema.<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\"><u>Capacidade<br \/>\nde Acollida F\u00edsica<\/u><\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\">A CAF calc\u00falase<br \/>\nmultiplicando as personas que collen na superficie do Monumento polas<br \/>\nquendas que poden entrar nel nun d\u00eda. Calc\u00falase a xente que colle<br \/>\nmedindo a superficie media do areal (est\u00edmase unha superficie media<br \/>\nen marea baixa de 50.000 m2) e nas zonas visitables da zona superior<br \/>\n(sendeiros internos do Monumento Natural (2.000 m<sup>2<\/sup>),<br \/>\nrestaurante (2.200 m<sup>2<\/sup>), aparcadoiro (1.750 m<sup>2<\/sup>)<br \/>\ne merendeiro (1.700 m<sup>2<\/sup>). A superficie total visitable suma<br \/>\n57.600 m2.<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\"><em><strong>Obs\u00e9rvase que o<br \/>\nestudo suma a superficie f\u00f3ra da praia \u00e1 do areal, cando a<br \/>\nlimitaci\u00f3n de acceso est\u00e1 a aplicarse s\u00f3 para o areal. <\/strong><\/em><\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\"><span style=\"font-weight: normal;\">Para<br \/>\ndefinir o espazo que precisa cada persoa t\u00e9\u00f1ense en conta 3<br \/>\nposibilidades: un criterio de uso intensivo (<\/span>5 m<sup>2<\/sup>\/visitante),<br \/>\nmedio (10 m<sup>2<\/sup>\/visitante) ou baixo (25 m<sup>2<\/sup>\/visitante).<br \/>\nUn espazo protexido de pequena dimensi\u00f3n e un enorme atractivo<br \/>\nnatural debera optarse polo est\u00e1ndar m\u00e1is baixo (a\u00ednda que ter<br \/>\nunha persoa a 5 metros de distancia todo o tempo tampouco semella ser<br \/>\nun uso baixo).<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\"><em><strong>O estudo opta,<br \/>\nsen m\u00e1is xustificaci\u00f3n, por un criterio de uso medio. Obtemos dese<br \/>\nxeito un dato de partida de 5.000 persoas na praia e 700 f\u00f3ra dela,<br \/>\nun total de 5.700 persoas simult\u00e1neamente no Monumento Natural. <\/strong><\/em><\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\">\n<span style=\"font-weight: normal;\">A continuaci\u00f3n o estudo calcula<br \/>\ncantas quendas de visita collen no monumento, para o que divide as<br \/>\nhoras nas que a praia \u00e9 visitable (estima 4 horas diarias) polo<\/span><br \/>\ntempo necesario para visitala (estima 1,5 horas). Para a zona<br \/>\nsuperior establ\u00e9cese unha dispo\u00f1ibilidade de 12 horas e tam\u00e9n 1,5<br \/>\nhoras por visita a esta zona). O resultado son 2,66 quendas de visita<br \/>\n\u00e1 praia e 8 quendas de visita \u00e1 zona superior.<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\">Multiplicando a xente<br \/>\nque colle simult\u00e1neamente polo n\u00famero de quendas o autor obt\u00e9n<br \/>\nunha CAF de 19.420 visitantes diarios (13.300 na praia e 6.120 f\u00f3ra<br \/>\ndela).<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\"><em><strong>De terse<br \/>\nempregado o criterio de ocupaci\u00f3n baixa, o resultado ser\u00eda de 7.768<br \/>\npersoas, delas 5.320 na praia.<\/strong><\/em><\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\"><u>Capacidade de<br \/>\nacollida ecol\u00f3xica (CAE)<\/u><\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\">A CAE tenta de<br \/>\ndeterminar o n\u00famero m\u00e1ximo de persoas por encima do cal comezan a<br \/>\naparecer impactos cr\u00edticos e\/o irreversibles ca din\u00e1mica natural<br \/>\ndos ecosistemas non pode restaurar, tendo en conta aspectos como a<br \/>\nresiliencia dos sistemas afectados ou limiar de cambio aceptable<br \/>\n(LCA).<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\">A calquera persoa<br \/>\nm\u00ednimamente formada no eido ambiental non se lle escapar\u00e1 a<br \/>\ncomplexidade da valoraci\u00f3n aprior\u00edstica da resposta dun ecosistema<br \/>\n\u00e1 acci\u00f3n humana: calquera modelo que pretenda facelo supor\u00e1 unha<br \/>\nenorme simplificaci\u00f3n. Neste caso a capacidade de acollida ecol\u00f3xica<br \/>\nest\u00edmase multiplicando a capacidade f\u00edsica antes calculada por<br \/>\ncoeficientes redutores en forma de porcentaxes -os factores de<br \/>\ncorreci\u00f3n- que consideran, din as autoras, variables f\u00edsicas,<br \/>\nambientais, biol\u00f3xicas e de manexo.<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\">Os factores empregados<br \/>\npara identificar aqueles impactos cr\u00edticos que poidan supo\u00f1er<br \/>\nrestricci\u00f3ns totais ou parciais do uso p\u00fablico, as\u00ed como plantexar<br \/>\nmedidas correctoras naqueles casos nos que os impactos sexan<br \/>\nmoderados e\/ou reversibles, son os seguintes:<\/p>\n<ul>\n<li>\n<p align=\"JUSTIFY\">\n <strong>a) <\/strong>Factor de erosividade (FC<sub>ero<\/sub>)<\/p>\n<\/li>\n<\/ul>\n<p align=\"JUSTIFY\">Estima a proporci\u00f3n da<br \/>\nsuperficie do monumento natural que presenta riscos de erosi\u00f3n en<br \/>\nfunci\u00f3n da pendente e do comportamento das visitantes. Considera que<br \/>\npendentes por baixo do 10% presentan risco 0, entre 10 e 20 risco 1 e<br \/>\nsuperior a 20 risco 1,5, polo que multiplica eses valores pola<br \/>\nproporci\u00f3n de superficie neses intervalos de pendente obtendo un<br \/>\ncoeficiente de 0,66. Este valor mutipl\u00edcase pola CAF reducindo o seu<br \/>\nvalor a un 66% do orixinal.<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\"><strong>O c\u00e1lculo do factor<br \/>\nnon est\u00e1 descrito nin xustificado axeitadamente no documento. F\u00e1lase<br \/>\nde diferentes tipos de substrato que non son tidos en conta.<br \/>\nDesb\u00f3tase a erosi\u00f3n nas zonas de baixa pendente cando \u00e9<br \/>\nprecisamente nestas zonas sobre os cant\u00eds onde m\u00e1is erosi\u00f3n<br \/>\naparece. D\u00e1se o m\u00e1ximo valor \u00e1s fortes pendentes cando son<br \/>\nrochosas e nelas non hai circulaci\u00f3n de visitantes. En definitiva,<br \/>\nsubstit\u00faen a erosividade pola pendente do terreo.<\/strong><\/p>\n<ul>\n<li>\n<p align=\"JUSTIFY\">\n <strong>b) <\/strong>Factor de marea (Fc<sub>mar<\/sub>) (s\u00f3 de aplicaci\u00f3n na<br \/>\n zona do areal)<\/p>\n<\/li>\n<\/ul>\n<p align=\"JUSTIFY\">A influencia da marea<br \/>\nconsid\u00e9rase como limitante do espazo na praia, consider\u00e1ndose no<br \/>\nc\u00e1lculo s\u00f3 as \u00e9pocas de elevada demanda (Semana Santa e ver\u00e1n).<br \/>\nEnt\u00e9ndese que hai 8 horas non aproveitables cada d\u00eda das -segundo<br \/>\nMeteogalicia- 14,03 horas de luz medias, obt\u00e9ndose unha proporci\u00f3n<br \/>\nde tempo aproveitable do 0,43.<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\"><strong>Lonxe de ser un<br \/>\nfactor ecol\u00f3xico, tr\u00e1tase dun axuste da superficie antes calculada<br \/>\npara a marea baixa, reducindo a extensi\u00f3n media <\/strong><strong><strong>durante o horario de visitas <\/strong>a unha cifra inferior \u00e1 metade do m\u00e1ximo.<\/strong><\/p>\n<ul>\n<li>\n<p align=\"JUSTIFY\">\n <strong>c) <\/strong>Factor de precipitaci\u00f3n (FC<sub>pre<\/sub>)<\/p>\n<\/li>\n<\/ul>\n<p align=\"JUSTIFY\">A precipitaci\u00f3n<br \/>\nconsid\u00e9rase un factor nos casos en que a choiva \u00e9 superior a 4mm<br \/>\ndiarios. A proporci\u00f3n de d\u00edas sen eses niveis de precipitaci\u00f3n na<br \/>\nestaci\u00f3n da escola Pedro Murias nos d\u00edas de Semana Santa e ver\u00e1n,<br \/>\n\u00e9 de 0,87.<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\"><strong>Non \u00e9 tampouco un<br \/>\ncriterio ecol\u00f3xico sen\u00f3n un condicionante tur\u00edstico.<\/strong><\/p>\n<ul>\n<li>\n<p align=\"JUSTIFY\">\n <strong>d) <\/strong>Factor de superficie disponible (Fc<sub>sup<\/sub>) (s\u00f3<br \/>\n para a parte superior do Monumento)<\/p>\n<\/li>\n<\/ul>\n<p align=\"JUSTIFY\">Est\u00edmase para axustar<br \/>\na superficie efectiva \u00e1 visitable, mediante un cociente entre a<br \/>\nextensi\u00f3n das zonas de acceso p\u00fablico e a superficie total do<br \/>\nMonumento f\u00f3ra do areal. Ten un valor de 0,79.<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\"><em><strong>Coeficiente<br \/>\nredundante, dado que a superficie empregada nos c\u00e1lculos exclu\u00eda xa<br \/>\na zona non visitable.<\/strong><\/em><\/p>\n<ul>\n<li>\n<p align=\"JUSTIFY\">\n <strong>e) <\/strong>Factor de vegetaci\u00f3n (FC<sub>vex<\/sub>)<\/p>\n<\/li>\n<\/ul>\n<p align=\"JUSTIFY\">As autoras reco\u00f1ecen a<br \/>\ndegradaci\u00f3n actual da vexetaci\u00f3n, pero entenden que unha vez<br \/>\nimplementado o Plan de Conservaci\u00f3n os efectos non ser\u00e1n<br \/>\nsignificativos sobre a vexetaci\u00f3n protexida, e consideran que<br \/>\ntampouco o ser\u00e1n sobre a que non o est\u00e1. Non se calcula coeficiente<br \/>\nreductor debido \u00e1 vulnerabilidade da vexetaci\u00f3n \u00f3 pisoteo, o que<br \/>\nsup\u00f3n na pr\u00e1ctica un coeficiente de 1 (ausencia de<br \/>\nvulnerabilidade).<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\"><em><strong>Sorprende que no<br \/>\nmesmo apartado se comece admitindo un impacto actual importante e<br \/>\nse remate coa insignificacia do mesmo. Ent\u00e9ndese polas autoras que<br \/>\ngrazas a unhas pasarelas que non existen non haber\u00e1 pisoteo e<br \/>\ntampouco impacto. <\/strong><\/em><\/p>\n<ul>\n<li>\n<p align=\"JUSTIFY\">\n <strong>f) <\/strong>Factor de fauna (FC<sub>fau<\/sub>)<\/p>\n<\/li>\n<\/ul>\n<p align=\"JUSTIFY\">An\u00e1logamente \u00f3 caso<br \/>\nda vexetaci\u00f3n, ent\u00e9ndese que non \u00e9 significativo o impacto sobre a<br \/>\nfauna, polo que se aplica un coeficiente de 1.<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\"><em><strong>Sorprende o<br \/>\ndesprezo das responsables do estudo pola an\u00e1lise da degradaci\u00f3n da<br \/>\nvexetaci\u00f3n e da fauna nun espazo protexido tam\u00e9n polos seus valores<br \/>\necol\u00f3xicos e non s\u00f3 xeol\u00f3xicos, e sometido \u00e1 maior presencia de<br \/>\nvisitantes de toda Galicia.<\/strong><\/em><\/p>\n<ul>\n<li>\n<p align=\"JUSTIFY\">\n <strong>g) <\/strong>Factor de impactos derivados del comportamiento de las<br \/>\n personas visitantes (FC<sub>vis<\/sub>)<\/p>\n<\/li>\n<\/ul>\n<p align=\"JUSTIFY\">Remata a lista de<br \/>\ncoeficientes empregados cun factor que valora a proporci\u00f3n de &#8220;d\u00edas<br \/>\nde non aplicaci\u00f3n de limitaci\u00f3ns pola escasa afluencia&#8221; (todo ano<br \/>\nexcepto Semana Santa m\u00e1is 3 meses no ver\u00e1n) fronte \u00f3 total de<br \/>\nd\u00edas, obt\u00e9ndose unha proporci\u00f3n de 0,72.<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\"><em><strong>Tr\u00e1tase dun<br \/>\ncoeficiente que prop\u00f3n unha reduci\u00f3n da cantidade diaria de<br \/>\nvisitantes proporcional \u00f3s d\u00edas sen limitaci\u00f3n no ano. \u00c9<br \/>\ndicir, que se a limitaci\u00f3n de acceso f\u00f3se aplicada todos os d\u00edas o<br \/>\ncoeficiente ser\u00eda 0 e non poder\u00eda pasar ningu\u00e9n \u00f3 Monumento Natural.<\/strong><\/em><\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\">Finalmente, a CAE est\u00edmase<br \/>\nmultiplicando \u00f3s valores iniciais de Capacidade de Acollida F\u00edsica<br \/>\npor estes coeficientes, exclu\u00edndo -de acordo co texto- para a zona<br \/>\ndo areal os de &#8220;erosi\u00f3n&#8221; e &#8220;superficie&#8221; e para a zona superior o<br \/>\n&#8220;coeficiente de marea&#8221;.<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\">Dese xeito, para a zona<br \/>\ndo areal obt\u00e9\u00f1ense, para o criterio de ocupaci\u00f3n medio finalmente<br \/>\nadoptado:<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\">CAE areal = 13.300 visitantes\/d\u00eda x<br \/>\n(0,43 x 0,87 x 0,72) = 13.300 x <strong>0,21<\/strong> = 2.792 visitantes\/d\u00eda<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\">CAE zona superior =<br \/>\n6.120 visitantes\/d\u00eda x (0,66 x 0,43 x 0,87 x 0,72) = 6.120 x <span style=\"font-weight: normal;\">0,33<\/span><br \/>\n= 2.020 visitantes\/d\u00eda<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\">A suma desas cantidades<br \/>\n\u00e9 a que da o total de 4.812 persoas diarias que est\u00e1 a aplicarse na<br \/>\nactualidade.<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\"><u><strong>Conclusi\u00f3ns<\/strong><\/u><\/p>\n<ul>\n<li>\n<p align=\"JUSTIFY\"><em><strong>Sorprende<br \/>\n saber que o modelo empregado pola Conseller\u00eda <\/strong><\/em><em><strong><em><strong>establece un m\u00e1ximo de 2.792<br \/>\n visitantes diarias para a praia, admit\u00edndose as restantes 2.020<br \/>\n visitantes no resto do espazo protexido. Por\u00e9n, na actualidade <\/strong><\/em>a suma total est\u00e1 a empregarse como l\u00edmite para o acceso \u00f3<br \/>\n areal, non estando implementada 3<br \/>\n anos despois limitaci\u00f3n alguna \u00f3 respecto da zona superior.<\/strong><\/em><\/p>\n<\/li>\n<li>\n<p align=\"JUSTIFY\"><em><strong>Sorprende<br \/>\n tam\u00e9n que eses valores sexan produto dun erro, xa que a multiplicaci\u00f3n<br \/>\n dos tres coeficientes de aplicaci\u00f3n \u00e1 praia d\u00e1 0,27 e non 0,21. O<br \/>\n 0,21 xorde de multiplicar ese 0,27 polo coeficiente de<br \/>\n superficie 0,79, \u00e9 dicir, d\u00e9bese a ter aplicado \u00f3 areal un coeficiente que o propio texto di que \u00e9 de<br \/>\n aplicaci\u00f3n s\u00f3 na zona superior. De aplicarse o valor correcto de 0,27, a<br \/>\n capacidade de carga resultante para a praia ser\u00eda de 3.591 persoas<br \/>\n diarias.<\/strong><\/em><\/p>\n<\/li>\n<li>\n<p align=\"JUSTIFY\"><em><strong>Finalmente,<br \/>\n de aplicarse un criterio que priorice a conservaci\u00f3n como \u00e9 &#8220;de lei&#8221;<br \/>\n nun espazo protexido haber\u00eda que optar polo criterio de ocupaci\u00f3n<br \/>\n baixo, \u00e9 dicir, polo CAF de 5.320 para a praia e 2.448 para o resto<br \/>\n do Monumento Natural. Nese caso os valores obtidos para a Capacidade<br \/>\n de Acollida Ecol\u00f3xica ser\u00edan: CAE praia =<br \/>\n 5.320 x 0,27 = 1436 visitantes\/d\u00eda, e CAE zona superior = 2448 x<br \/>\n 0,33 = 800 visitantes\/d\u00eda* <\/strong><\/em><\/p>\n<\/li>\n<li>\n<p align=\"JUSTIFY\"><em><strong>En todo caso, a<br \/>\n realidade \u00e9 que os coeficientes de erosi\u00f3n, de superficie e de<br \/>\n comportamento dos visitantes empregados, como pode deducirse deste<br \/>\n somero an\u00e1lise, carecen de calquera rigor, servindo \u00fanicamente<br \/>\n para reducir o valor f\u00edsico inicialmente calculado a unha cifra que<br \/>\n se considerou aceptable. Deben ser substitu\u00eddos por unha an\u00e1lise<br \/>\n rigorosa da capacidade de acollida e resiliencia dos ecosistemas<br \/>\n presentes no Monumento Natural.<\/strong><\/em><\/p>\n<\/li>\n<\/ul>\n<p align=\"JUSTIFY\">* De aqu\u00ed xorde<br \/>\nprobablemente a cifra que prop\u00f3n Vidal Roman\u00ed para o acceso \u00f3s<br \/>\ncant\u00eds.<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\"><em><strong>NOTA FINAL: En definitiva, estes<br \/>\nn\u00fameros non te\u00f1en en conta consideraci\u00f3n ecol\u00f3xica algunha e non<br \/>\nse poden considerar m\u00e1is ca un axuste arbitrario dunha CAF arbitraria, e en neng\u00fan caso unha<br \/>\navaliaci\u00f3n da Capacidade de Acollida Ecol\u00f3xica, xa que a ese<br \/>\nrespecto nin se analiza a degradaci\u00f3n dos ecosistemas, nin a<br \/>\nresiliencia das formaci\u00f3ns, nin se aplicaron estudos sobre impactos<br \/>\ndo recreo na vexetaci\u00f3n ou na fauna realizados noutras contornas<br \/>\nsimilares a este espazo.<\/strong><\/em><\/p><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; &nbsp;Un artigo en Facendo Cami\u00f1o (o blog de Iv\u00e1n Rodr\u00edguez Lombardero) l\u00e9vame a lembrar algo semellante, moito menos elaborado e moito menos extenso, sobre As Catedrais, que fixera no blog hai xa tempo. &nbsp;&nbsp; &nbsp;Non me refiro \u00f3 par\u00e1grafo &#8220;O Plan Especial (de agora en diante, PEC) da unha sorpresa de novo na p.16, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[105,62],"class_list":["post-5544","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-catedrais","tag-ivan-rodriguez"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5544","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5544"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5544\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5544"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5544"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5544"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}