{"id":5538,"date":"2018-04-06T08:04:00","date_gmt":"2018-04-06T06:04:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:28:16","modified_gmt":"2024-11-12T12:28:16","slug":"residencia-de-maiores-de-ribadeo-unha","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2018\/04\/06\/residencia-de-maiores-de-ribadeo-unha\/","title":{"rendered":"Residencia de maiores de Ribadeo: unha encrucillada"},"content":{"rendered":"<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto; text-align: center;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiMC1zZimgCYIZQ8p76aBwFjzdGlcd2cLlNuAkHr9Xysh-mmPDU3jT-2XRO5Y89VcA08vQL6uE97STJ5nGTvmspt4JaGYSnEN9m4HZxEkFEjxh6jZrSPwuveSgRp0RSEIdedAKiRg\/s2048\/Foto_protocolo_residencia.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiMC1zZimgCYIZQ8p76aBwFjzdGlcd2cLlNuAkHr9Xysh-mmPDU3jT-2XRO5Y89VcA08vQL6uE97STJ5nGTvmspt4JaGYSnEN9m4HZxEkFEjxh6jZrSPwuveSgRp0RSEIdedAKiRg\/s2048\/Foto_protocolo_residencia.jpg\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">Imaxe da sinatura do preacordo\/protocolo.<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto; text-align: center;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiF8FQHgfoIO37ECPhP0aE8mip4CW6wNKcgcnIYwLpffzfMRrvM7L3ItT5-C0sqRD7-0V8OBpHRLFlU46bI9RownJ4LuQky7n-kHhGeFuJD38DlHVV4pGuJK8yNaJQYl45tVUTqMQ\/s2048\/jos%25C3%25A9+mar%25C3%25ADa+rodr%25C3%25ADguez.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"320\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiF8FQHgfoIO37ECPhP0aE8mip4CW6wNKcgcnIYwLpffzfMRrvM7L3ItT5-C0sqRD7-0V8OBpHRLFlU46bI9RownJ4LuQky7n-kHhGeFuJD38DlHVV4pGuJK8yNaJQYl45tVUTqMQ\/s2048\/jos%25C3%25A9+mar%25C3%25ADa+rodr%25C3%25ADguez.jpg\" width=\"267\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">Jos\u00e9 Mar\u00eda Rodr\u00edguez, impulsor da construci\u00f3n da nova residencia ribadense<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>Se un se achega pola p\u00e1xina web da <a href=\"http:\/\/www.deputacionlugo.org\/\">Deputaci\u00f3n Provincial de Lugo<\/a>, poder\u00e1 atopar cousas como a seguinte: &#8220;<em><a href=\"http:\/\/www.deputacionlugo.org\/portal_localweb_ag\/p_20_contenedor1.jsp?seccion=s_fnot_d4_v1.jsp&amp;contenido=35819&amp;tipo=8&amp;nivel=1400&amp;layout=p_20_contenedor1.jsp&amp;codResi=1&amp;language=gl&amp;level=1\">Por primeira vez na historia da Deputaci\u00f3n, representantes pol\u00edticos non respectan a representaci\u00f3n sindical e tumban un ACORDO UN\u00c1NIME SINDICAL.<\/a><\/em>&#8221;<\/p>\n<p>\u00c9 cunha Deputaci\u00f3n en certo xeito inesperada coa que ter\u00e1 que lidiar hoxe o acordo xa aprobado polo <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2018\/03\/algunhas-preguntas-e-respostas-sibre.html\">Pleno municipal o pasado d\u00eda 23<\/a> de xeito un\u00e1nime.<\/p>\n<p>No seu momento, hai d\u00faas semanas, quedou claro que o si do concello \u00f3 convenio marco era un paso na boa direcci\u00f3n, apoiado por toda a corporaci\u00f3n, despois de ser asinado un protocolo previo. Agora, ese convenio marco necesita ser ratificado na Deputaci\u00f3n para a s\u00faa entrada en vigor, a facilitaci\u00f3n do dese\u00f1o dos convenios espec\u00edficos para as diversas residencias afectadas, e a posta en marcha efectiva deste instrumento de coordinaci\u00f3n e financiamento. E ese paso non est\u00e1 nada claro pola traxectoria que levade voltas e reviravoltas a actual Deputaci\u00f3n dende as elecci\u00f3ns locais do pasado 2015. Tanto \u00e9 as\u00ed que o alcalde de Ribadeo, no seu Facebook, da un aviso contundente onte \u00e1 noiti\u00f1a:<\/p>\n<p><em>Hai poucos d\u00edas o Concello de Ribadeo, e para honra de toda a Corporaci\u00f3n Municipal dos 4 grupos que somos, votamos unanimente a favor do Convenio coa Deputaci\u00f3n Provincial para a Xesti\u00f3n da nosa Residencia de Maiores. Un \u00e9xitazo de tod@s e un orgullo para todo Ribadeo.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Cal \u00e9 o seguinte paso?<\/em><\/p>\n<p><em>Pois que ma\u00f1\u00e1 celebrarase un Pleno na Deputaci\u00f3n para refrendar este mesmo convenio cos seis concellos que o asinamos.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>E que pode pasar?<\/em><\/p>\n<p><em>Pois que asistamos ao que a xente do com\u00fan detesta. A pol\u00edtica \u201cde merda\u201d, a pol\u00edtica sen contar co pobo, a pol\u00edtica noxenta de sempre.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>E por que?<\/em><\/p>\n<p><em>Pois ao igual que pasan en algunhas votaci\u00f3ns no Parlamento Galego que os deputados dun grupo votan a favor dalg\u00fan asunto de competencia do Estado e logo cando ese asunto chega ao Parlamento do Estado, os deputados dese mesmo partido votan o contrario do que os seus compa\u00f1eiros fixeron.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Pois aqu\u00ed pode pasar o mesmo. Quizais eu, que \u00e1s veces peco de iluso, penso que se todos na Corporaci\u00f3n de Ribadeo votan a favor dun convenio inmellorable para @s veci\u00f1@s deste nobre Concello, pois o previsible \u00e9 que os deputados provinciais deses mesmos grupos pol\u00edticos voten o mesmo que os seus compa\u00f1eiros en Ribadeo. S\u00e9 isto \u00e9 as\u00ed ou non saberemolo ma\u00f1\u00e1. Para iso hoxe convidei expresamente a todos os grupos da Corporaci\u00f3n de Ribadeo a ir ao Pleno da Deputaci\u00f3n, para presenzar o que os Deputados Provinciais van votar.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Se se perpretra a traiz\u00f3n contra Ribadeo poderei dicir algo que sempre odio que se diga: Xa o dic\u00eda eu.<\/em><\/p>\n<p><em>Se ao final todo vai con sentidi\u00f1o, coa forza da raz\u00f3n, da legalidade e ademais coa debida lealdade aos paisanos e paisanas maiores deste Concello, ent\u00f3n terei que dicir: Son un esaxerado que sempre penso que moitos representantes pol\u00edticos non merecen estar no cargo que ocupan.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Ver\u00e9molo. Boa noite e boa sorte<\/em>.<\/p>\n<p>De xeito independente a que se estea ou non de acordo en todos e cada un dos puntos que o rexedor exp\u00f3n, o temor a que na Deputaci\u00f3n, hoxe, despois de ter presentado a mesma Deputaci\u00f3n o documento inicial votado o pasado d\u00eda 23 en Ribadeo e no resto dos concellos afectados, se de unha reviravolta, \u00e9 unha posibilidade real. De feito, Manuel Mart\u00ednez, vicepresidente da Deputaci\u00f3n e presidente de SUPLUSA -entidade de xesti\u00f3n de residencias da Deputaci\u00f3n ata o momento, e cargo de compromiso despois dun dif\u00edcil comezo do mandato da Deputaci\u00f3n-, xa anunciou o seu voto en contra, o que poder\u00eda levar \u00f3 PP a facelo asemade, despois de ter votado a favor en Ribadeo pero abst\u00e9ndose en Trabada. As residencias afectadas polo momento (hai m\u00e1is, pero est\u00e1n en fase m\u00e1is retrasada), son, a m\u00e1is de Ribadeo, A Fonsagrada, Pedrafita, Pol, Ribas do Sil e Trabada.<\/p>\n<p>Esta tarde, a partir das 5, veremos.<\/p>\n<p>&#8212;<\/p>\n<p>Actualizaci\u00f3n despois do pleno:<\/p>\n<p>Despois das 6 da tarde, aprazamento do pleno da Deputaci\u00f3n: Mart\u00ednez dixo que non apoiaba o<br \/>\nconvenio marco mentres non tivera uns informes. Os concelleiros de<br \/>\nRibadeo (PP exceptuado), Manuel Val\u00edn e representantes da plataforma pro<br \/>\n residencia asistiron \u00f3 pleno. <\/p>\n<p>&#8212;<\/p>\n<p>Nova actualizaci\u00f3n:<\/p>\n<p>Ent\u00e9rome de que ser\u00e1 aprobado en Xunta de Goberno, onde o si ten asegurada a maior\u00eda.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Imaxe da sinatura do preacordo\/protocolo. Jos\u00e9 Mar\u00eda Rodr\u00edguez, impulsor da construci\u00f3n da nova residencia ribadense Se un se achega pola p\u00e1xina web da Deputaci\u00f3n Provincial de Lugo, poder\u00e1 atopar cousas como a seguinte: &#8220;Por primeira vez na historia da Deputaci\u00f3n, representantes pol\u00edticos non respectan a representaci\u00f3n sindical e tumban un ACORDO UN\u00c1NIME SINDICAL.&#8221; \u00c9 cunha [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[20,64],"class_list":["post-5538","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-jose-ma-rodriguez","tag-residencia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5538","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5538"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5538\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5538"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5538"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5538"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}