{"id":5528,"date":"2018-04-15T21:02:00","date_gmt":"2018-04-15T19:02:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:28:01","modified_gmt":"2024-11-12T12:28:01","slug":"non-importa-non-habelo-podido-publicar","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2018\/04\/15\/non-importa-non-habelo-podido-publicar\/","title":{"rendered":"Non importa non habelo podido publicar a tempo. Hai cousas \u00e1s que non se lle pasa o momento"},"content":{"rendered":"<p>Dous d\u00edas despois da nota que adxunto, do concello, sigo a pensar o mesmo: \u00e9 unha moi boa nova. Un paso m\u00e1is no traballo comezado dende a <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/search\/label\/residencia\">Plataforma Pro Residencia de Maiores de Ribadeo<\/a> por <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/search\/label\/Jos%C3%A9%20M%C2%AA%20Rodr%C3%ADguez\">Jos\u00e9 M\u00aa Rodr\u00edguez<\/a> e que a\u00ednda non rematou (como tampouco a actividade da Plataforma).<\/p>\n<p><em>Novas<\/em><\/p>\n<p><em><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEim2R4jyqC0k3Tu-vXghe4Y5t2-tufEaheQFJ-SWDjoErGPOAdD-3et0jjsadK-WCi_7lIX7RvPFyDoZfPctAuaOLLQ_aWDKSDAErBRtDu3KcRToA_gmzwyhy3bXs4uskR9LNKSzA\/s2048\/1523620630Visita_residencia.JPG\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEim2R4jyqC0k3Tu-vXghe4Y5t2-tufEaheQFJ-SWDjoErGPOAdD-3et0jjsadK-WCi_7lIX7RvPFyDoZfPctAuaOLLQ_aWDKSDAErBRtDu3KcRToA_gmzwyhy3bXs4uskR9LNKSzA\/s2048\/1523620630Visita_residencia.JPG\" \/><\/a><\/em><\/p>\n<p><em>BARCIA: &#8220;POR D\u00cdAS COMA ESTE VALE A PENA LOITAR&#8221;<\/em><\/p>\n<p><em>Residencia de maiores<\/em><\/p>\n<p><em>13\/04\/2018<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>O alcalde, Fernando Su\u00e1rez, cualifica de boa nova o convenio asinado entre Concello e Deputaci\u00f3n para a posta en marcha da residencia de maiores, que hoxe foi refrendado na xunta de goberno da instituci\u00f3n provincial. O rexedor asegura que por d\u00edas como este est\u00e1 orgulloso de estar en pol\u00edtica e que por d\u00edas como este vale a pena loitar. Engade que o traballo debe seguir a partires de agora, e que entre os asuntos pendentes est\u00e1 a petici\u00f3n do permiso de inicio de actividade \u00e1 Xunta, que agarda que sexa concedido sen problema.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Su\u00e1rez Barcia declarou que &#8220;\u00e9 unha moi boa noticia para Ribadeo, e emoci\u00f3name dicir que hoxe \u00e9 un destes d\u00edas nos que un se sinte orgulloso de estar en pol\u00edtica, e \u00e9 un destes d\u00edas polos que un sinte que vale a pena loitar a pesar dos problemas que moitas veces poidamos ter&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>O alcalde dixo que &#8220;este convenio entre a Deputaci\u00f3n e o Concello de Ribadeo, que agora tam\u00e9n a parte do Concello ven de ser refrendado pola xunta de goberno da Deputaci\u00f3n de Lugo, ten ao noso xu\u00edzo, o mellor da pol\u00edtica e o mellor da xesti\u00f3n que poida existir&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>O rexedor ribadense engadiu que &#8220;ten o mellor da xesti\u00f3n porque ten as achegas dos mellores t\u00e9cnicos, tanto do Concello como da Deputaci\u00f3n, en todo este proceso de varios meses de traballo duro e discreto. Ten ao mesmo tempo o mellor da pol\u00edtica porque, a\u00ednda que os gobernos dunha e doutra instituci\u00f3n non somos da mesma cor pol\u00edtica, si que soubemos deixar as diferenzas a un lado, que non hai moitas, e apostar dentro da legalidade por poder ter o mellor servizo, os mellores prezos, as mellores calidades, e as mellores garant\u00edas para os futuros usuarios e usuarias desta nova residencia, que non son outros que os nosos paisanos tanto os do noso concello prioritariamente como despois os da comarca e, se quedan prazas libres, os da provincia&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Fernando Su\u00e1rez quixo &#8220;deixar claro que a formaci\u00f3n pol\u00edtica da que formamos parte o goberno municipal de Ribadeo tam\u00e9n apostou e aposta claramente en favor deste xeito de facer pol\u00edtica. Isto non \u00e9 nin m\u00e1is nin menos que po\u00f1er os instrumentos p\u00fablicos que existen para facer pol\u00edtica a favor da xente, porque a ela nos debemos e a ela debemos servir&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>O alcalde comentou que &#8220;agora nos vindeiros d\u00edas temos que seguir traballando para cumprimentar a documentaci\u00f3n que falta como a ordenanza econ\u00f3mica, o regulamento de xesti\u00f3n, de acceso, etc\u2026 Ao mesmo tempo isto \u00e9 necesario para pedirlle \u00e1 Xunta o permiso de inicio de actividade, un papeli\u00f1o sen m\u00e1is, pero que confiamos non ter problema alg\u00fan, xa que se desde o inicio de todo este proceso, desde hai varios anos, a Xunta non puxo un peso en toda esta acci\u00f3n polo menos que non po\u00f1a m\u00e1is paus nas rodas ao que \u00e9 o noso so\u00f1o colectivo, noso da unanimidade da Corporaci\u00f3n e da unanimidade da xente de Ribadeo, que \u00e9 a nova residencia para maiores&#8221;.<\/em><\/p>\n<p>&#8211;<\/p>\n<p>Que si, que sempre se pode facer mellor&#8230; e peor!<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Dous d\u00edas despois da nota que adxunto, do concello, sigo a pensar o mesmo: \u00e9 unha moi boa nova. Un paso m\u00e1is no traballo comezado dende a Plataforma Pro Residencia de Maiores de Ribadeo por Jos\u00e9 M\u00aa Rodr\u00edguez e que a\u00ednda non rematou (como tampouco a actividade da Plataforma). Novas BARCIA: &#8220;POR D\u00cdAS COMA ESTE [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[64],"class_list":["post-5528","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-residencia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5528","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5528"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5528\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5528"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5528"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5528"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}