{"id":5520,"date":"2018-04-23T12:39:00","date_gmt":"2018-04-23T10:39:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:27:42","modified_gmt":"2024-11-12T12:27:42","slug":"escudo-non-escudo-heraldico-da-capela","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2018\/04\/23\/escudo-non-escudo-heraldico-da-capela\/","title":{"rendered":"ESCUDO-NON ESCUDO HER\u00c1LDICO DA CAPELA DA ATALAIA. Francisco Jos\u00e9 Campos Dorado"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgSVQUb7EQyNkM-EJbAX9zs3M_6WTf6DliGrUk_ZywbTt0ktD3pTEmEN_HFtEARzvheFfdeHw8WixYVpn8lTm9_AKWglWc15fUHJJ2YcIE1ErxWLsecKv3CFeVzKBDMPGKyRUyVQg\/s2048\/Capela+da+Atalaia.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"239\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgSVQUb7EQyNkM-EJbAX9zs3M_6WTf6DliGrUk_ZywbTt0ktD3pTEmEN_HFtEARzvheFfdeHw8WixYVpn8lTm9_AKWglWc15fUHJJ2YcIE1ErxWLsecKv3CFeVzKBDMPGKyRUyVQg\/s2048\/Capela+da+Atalaia.jpg\" width=\"320\" \/><\/a><\/p>\n<p>Esta preciosa capela \u00e9 a m\u00e1is ou unha das m\u00e1is antigas de Ribadeo, que data posiblemente do tempo de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Fernando_II_de_Le%C3%B3n_e_Galicia\">Fernando II<\/a> (rei 1157-1188), e est\u00e1 dedicada a devoci\u00f3n da Trindade, cuxa imaxe se atopa no \u00e1tico do retablo do altar maior, e no centro est\u00e1 a imaxe da <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Virxe_do_Carme\">Virxe do Carme<\/a>, patroa dos mari\u00f1eiros.<\/p>\n<p>Vulgarmente ch\u00e1maselle Capela da Atalaia, por situarse neste pintoresco e estrat\u00e9xico lugar de Ribadeo.<\/p>\n<p>Pois ben. No centro do hastial do frontispicio, baixo o campanil e o lucernario, e sobre o arco oxival da portada de entrada, enriquecido de un cheurr\u00f3n ou moldura en zig-zag, adorno similar a un fest\u00f3n con puntas en serie, atopamos unha pedra cadrada de canter\u00eda, que nada ten que ver coa f\u00e1brica da parede feita con pedra do pa\u00eds.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEibzP-Rq7W6sXlFqVeN1cw5N9aEPYdMiyuX72xe4XGbcgOJs4HbUyTP5l8Ayt0cHREesVLirpTCrI-WJInT2lhIMv8JPD7C6IcgPoVhHOrOfu6p97SrgQx-BDGMcmAWNVEGscSD4A\/s2048\/Capela+da+Atalaia.+Detalle.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"320\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEibzP-Rq7W6sXlFqVeN1cw5N9aEPYdMiyuX72xe4XGbcgOJs4HbUyTP5l8Ayt0cHREesVLirpTCrI-WJInT2lhIMv8JPD7C6IcgPoVhHOrOfu6p97SrgQx-BDGMcmAWNVEGscSD4A\/s2048\/Capela+da+Atalaia.+Detalle.jpg\" width=\"248\" \/><\/a><\/p>\n<p>Esta pedra de canter\u00eda ten a s\u00faa historia e a s\u00faa lenda. Segundo o \u201cRibadeo Antiguo\u201d, a inapreciable obra de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Francisco_Lanza\">Francisco Lanza<\/a>, no cap\u00edtulo XXII, Capillas, p\u00e1x.253, atopamos referencia a esta pedra: \u201cPor el patronato de la Iglesia de la Trinidad pleitearon en <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1722\">1722<\/a> el Ayuntamiento y la Cofrad\u00eda de la misma. Inici\u00f3 el pleito la Cofrad\u00eda, al ver que el Ayuntamiento, con ocasi\u00f3n de estar revocando el templo por dentro y fuera y a la morisca (Nota: \u201ca la morisca\u201d parece ser que era como un \u201clavado de cara\u201d pois ref\u00edrese ao \u201calquinal\u201d que \u00e9 un velo de seda que como adorno usaban as damas moras), mand\u00f3 colocar sobre la puerta principal el escudo de armas de Ribadeo; y ella fue quien lo gan\u00f3, a pesar de demostrar la parte contraria que el patronato le correspond\u00eda a la villa, como m\u00e1s bien consta en los libros consistoriales y antiguos, y por el cotexo de la piedra de armas que ten\u00eda ya la iglesia, con otros muy viejos que hab\u00eda en distintos edificios de la villa\u201d.<br \/>\nNo Ribadeo Antiguo, Cap\u00edtulo I, \u201cEl nombre y las Armas de Ribadeo\u201d, p\u00e1x.6, Paco Lanza, c\u00f3ntanos a historia de que a Cofrad\u00eda da Sant\u00edsima Trindade queixouse o Bispo de Mondo\u00f1edo, de que se colocaran dous escudos de armas co bras\u00f3n das armas de Ribadeo: \u201cuna llave sobre olas de mar\u201d no frontis da capela, e que lles parec\u00eda que non correspond\u00eda este privilexio \u00f3 Concello.<\/p>\n<p>O tribunal eclesi\u00e1stico fallou o preito en <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1723\">1723<\/a>, ordenando que se reco\u00f1ecesen como patr\u00f3ns os mordomos e \u00f3s confrades, \u201csopena de excomuni\u00f3n mayor lacte sentencia ipso facto&#8230;\u201d \u201ce de seis mil maraved\u00eds aplicados a disposici\u00f3n de S.I.\u201d. Os escudos parece que foron arrancados da fachada.<\/p>\n<p>Un deles levado para o matadoiro vello de Ribadeo, onde estaba o bras\u00f3n coa chave inclinada e que \u201cfoi colocado \u00bfpatas arriba?\u201d<\/p>\n<p>Ata aqu\u00ed a historia que nos narra Francisco Lanza. Pero aqu\u00ed tam\u00e9n comeza a s\u00faa lenda. Parece ser que quen ti\u00f1a que executar a sentencia e dar a orde de arrancar os escudos era un Xu\u00edz Civil (posiblemente por ser Ribadeo Vila de Realengo, e non Vila de Abadengo, como anteriormente fora). Este xu\u00edz non quer\u00eda de ning\u00fan modo contradicir o bispo pero tampouco darlle a raz\u00f3n en contra do Concello de Ribadeo. Polo tanto tomou unha decisi\u00f3n salom\u00f3nica. Nin raz\u00f3n para o Bispo nin para o Concello, polo que, o que mandou foi darlle a volta a pedra, ou sexa meter o bras\u00f3n cara a dentro da parede, e deixar a pedra do escudo no sitio. As\u00ed sac\u00e1balle a raz\u00f3n o Concello, por non aparecer as Armas na parede da capela, e por outro lado tampouco lle daba a raz\u00f3n o Bispo, porque a pedra non se arrancaba da parede como el ordenaba. Por iso se ve unha pedra sen ning\u00fan sentido sobre o port\u00f3n da entrada, a cal parece que debe ser o escudo her\u00e1ldico coas Armas de Ribadeo ocultadas.<\/p>\n<p>Pero \u00bf\u00e9 isto verdade ou \u00e9 unha lenda?. O caso sigue sendo embrollado, pois temos varias preguntas sen resposta. Segundo nos di Paco Lanza, coloc\u00e1ronse dous escudos, e \u00bfonde estaba o outro que gardara simetr\u00eda con esta pedra central? Si estaba cada escudo, un a cada lado da porta, \u00bfporque ent\u00f3n, agora s\u00f3 hai unha pedra centrada sobre o port\u00f3n?.<\/p>\n<p>Fix\u00e1ndose un na obra de pedra da esquerda, segundo se mira a fachada principal, agora que est\u00e1 sen cales, vese como un oco cadrado tapiado, case a mesma altura que o escudo central, e a m\u00e1is menos un metro do borde e a m\u00e1is menos medio metro do tellado. \u00bfEstar\u00eda a\u00ed o outro dos escudos en liza, e as\u00ed a sentenza cumpriuse a medias, por un lado, arrancouse un, e deixouse o outro co bras\u00f3n ocultado, o que parece satisfixo \u00e1s partes?<\/p>\n<p>Non hai maneira de sabelo de certo, a non ser que se saque a pedra e se mire a s\u00faa parte oculta. E por outro lado, \u00bfquen sabe a onde foi parar o escudo her\u00e1ldico daquel matadoiro vello do que fala Paco Lanza, que non \u00e9 o de abaixo da R\u00faa Nova, r\u00faa na que eu me criei?<\/p>\n<p>Ao mellor est\u00e1 enterrado en sabe deus que obras de recheo ou aterraplenado, pois xa sabemos que as Antig\u00fcidades de Ribadeo, est\u00e1n \u201cperfectamente conservadas\u201d&#8230; \u00a1\u00a1en el fondo del mar Matarile, rile, rile!! Saudi\u00f1os.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Esta preciosa capela \u00e9 a m\u00e1is ou unha das m\u00e1is antigas de Ribadeo, que data posiblemente do tempo de Fernando II (rei 1157-1188), e est\u00e1 dedicada a devoci\u00f3n da Trindade, cuxa imaxe se atopa no \u00e1tico do retablo do altar maior, e no centro est\u00e1 a imaxe da Virxe do Carme, patroa dos mari\u00f1eiros. Vulgarmente [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[11,46],"class_list":["post-5520","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-historia","tag-pancho-campos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5520","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5520"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5520\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5520"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5520"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5520"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}