{"id":5510,"date":"2018-05-12T00:02:00","date_gmt":"2018-05-11T22:02:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:27:27","modified_gmt":"2024-11-12T12:27:27","slug":"reclamacion-de-por-nuestro-faro","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2018\/05\/12\/reclamacion-de-por-nuestro-faro\/","title":{"rendered":"RECLAMACION DE \u201cPOR NUESTRO FARO\u201d A AUTORIDADE PORTUARIA"},"content":{"rendered":"<p>Esta semana, a trav\u00e9s das redes sociais puidemos constatar de novo a presencia de persoas facendo fotos no interior da illa Pancha. Refer\u00edmonos a persoas que supostamente non son usuarias dos apartamentos. Non pretendemos personalizar nin temos nada que comentar respecto das persoas concretas, o \u00fanico que plantexamos e por que uns si e outros (a gran maior\u00eda) non. Con anterioridade xa puidemos ver a unhas persoas celebrando unha festa familiar, como unha primeira comuni\u00f3n ou algo semellante e noutra ocasi\u00f3n foron uns nenos dun colexio. Volvemos repetir que nos parece estupendo que estas persoas poidan disfrutar dun entorno tan evocador como \u00e9 o da Illa Pancha. Pero c\u00e1ese do seu peso que non son nen usuarias dos apartamentos, nin mariscadoras, nin funcionarias de Puertos. Polo tanto hoxe dirix\u00edmonos por escrito \u00e1 Autoridade Portuaria para esixir que nos expliquen as estra\u00f1as circunstancias que permiten o acceso a este espazo reservado para alg\u00fans casos particulares mentras que sigue vedado para veci\u00f1os e visitantes.<\/p>\n<p>Compre lembrar tam\u00e9n, como dixemos repetidamente, que a illa Pancha ten unha dimensi\u00f3n de 4300 metros cadrados de zona \u201cverde\u201d, que chegan aos c\u00e1seque 10 000 contando as zonas de rochas. Destes 4300 metros cadrados a concesi\u00f3n dos apartamentos so incl\u00fae 500, que son o edificio de antigo faro e m\u00e1is algunhas parcelas a car\u00f3n. A ponte e o cami\u00f1o que sube ata o antigo faro non est\u00e1n inclu\u00eddos na concesi\u00f3n, por paradoxo e inconcebible que resulte. Como tampouco est\u00e1n na concesi\u00f3n os terreos a car\u00f3n do novo fari\u00f1o, onde se fixo o retrato que agora vemos na redes.<\/p>\n<p>Non queremos cualificar o trato que est\u00e1n recibindo os ribadenses con este uso privado e aleatorio da Illa Pancha, pero non podemos deixar de lado que se trata dunha discriminaci\u00f3n evidente, particularmente rechamante pola reiteraci\u00f3n e ostentaci\u00f3n. Porque se fose unha vez poder\u00edamos pensar nun despiste, ou algunha circunstancia excepcional que non far\u00eda caso, pero xa se ve que, sexa cal sexa o medio ou mecanismo de acceso, debe haber unha chave maestra que elixe este si e a maior\u00eda non.<\/p>\n<p>Por este motivo po\u00f1eremos o asunto no co\u00f1ecemento da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, por ser a principal responsable da xesti\u00f3n do uso que se fai dos terreos da illa e mais do acceso restrinxido. Ao mesmo tempo esiximos ao Sr. Alcalde de Ribadeo que cumpra ca s\u00faa responsabilidade institucional e deixe de apoiar o uso privado da illa fronte a discriminaci\u00f3n sistem\u00e1tica da gran maior\u00eda da veci\u00f1anza e dos visitantes. Neste punto non podemos esquecer que o Sr. Alcalde esix\u00eda, non hai moitos meses, o acceso libre dos veci\u00f1os para conceder a licenza de actividade, pero non faremos mais comentarios, pola boca se perde o peixe.<\/p>\n<p>Finalmente esixiremos a Puertos que nos mostren o expediente administrativo que xustifique o peche da Illa Pancha. Este expediente contrad\u00ed a previsi\u00f3n de lei de Costas que obriga a deixar unha franxa de seis metros de \u201cservidume de tr\u00e1nsito\u201d para o acceso libre das persoas. Se por algunha circunstancia esta \u201cservidume de tr\u00e1nsito\u201d estivese suprimida ou restrinxida debe existir un expediente administrativo que o xustifique.<\/p>\n<p>Evaristo Lombardero, colectivo \u201cPOR NUESTRO FARO\u201d<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Esta semana, a trav\u00e9s das redes sociais puidemos constatar de novo a presencia de persoas facendo fotos no interior da illa Pancha. Refer\u00edmonos a persoas que supostamente non son usuarias dos apartamentos. Non pretendemos personalizar nin temos nada que comentar respecto das persoas concretas, o \u00fanico que plantexamos e por que uns si e outros [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[37],"class_list":["post-5510","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-illa-pancha"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5510","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5510"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5510\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5510"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5510"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5510"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}