{"id":5484,"date":"2018-06-11T23:34:00","date_gmt":"2018-06-11T21:34:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:26:39","modified_gmt":"2024-11-12T12:26:39","slug":"a-morte-viva-francisco-jose-campos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2018\/06\/11\/a-morte-viva-francisco-jose-campos\/","title":{"rendered":"A MORTE VIVA. Francisco Jos\u00e9 Campos Dorado"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgKXj1pNCGwpUujRKkQmfbSkz96FHdcp0IkRTBi6HtSV7ha6VFIRcKyQT6rs14AlkV8ofebO4TLdUPxt8q-hL0L-mxM6-nmdBtXKH4ya6CeDxQ9jA1eT43bRKdPf0F6hNfxeBMZLQ\/s2048\/A+morte+viva.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgKXj1pNCGwpUujRKkQmfbSkz96FHdcp0IkRTBi6HtSV7ha6VFIRcKyQT6rs14AlkV8ofebO4TLdUPxt8q-hL0L-mxM6-nmdBtXKH4ya6CeDxQ9jA1eT43bRKdPf0F6hNfxeBMZLQ\/s2048\/A+morte+viva.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>Dentro da <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/search?q=Virtudes\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Ermida de Nosa Se\u00f1ora Santa Mar\u00eda das Virtudes<\/a> d<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/A_Ponte,_Arante,_Ribadeo\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">a Ponte de Arante<\/a>, enc\u00f3ntrase esta figura que forma parte, entre outras, das preciosas, e mal, moi mal e moi precariamente conservadas pinturas murais, que mandou facer en <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1516\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1516<\/a>, D. PERO PARDO DE AGVIAR SENNOR DEL COTO DE SAN MARVGO, como reza a lenda baixo ditas pinturas (v\u00e9xase a s\u00faa xenealox\u00eda no artigo \u201c<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2017\/12\/escudo-heraldico-da-ermida-de-nosa.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">ESCUDO HER\u00c1LDICO DA ERMIDA DE NOSA SE\u00d1ORA DA PONTE DE ARANTE<\/a>\u201d, tam\u00e9n en La Comarca del Eo, 23-Decembro-2017).<\/p>\n<p>Estas pinturas, sen lugar \u00e1 mi\u00f1a dubida, foron feitas por un gran mestre pintor, por desgracia an\u00f3nimo ata o d\u00eda de hoxe. Digo que foron feitas por un gran mestre, non so porque est\u00e1n ben feitas, coa agudeza dos trazos ben perfilados, definidos e ben debuxados, sen\u00f3n porque, co cualificativo \u201cgran\u201d quero expresar que ademais do co\u00f1ecemento da t\u00e9cnica e arte da pintura, tam\u00e9n ten co\u00f1ecemento do misterioso mundo esot\u00e9rico dos s\u00edmbolos.<\/p>\n<p>Esta figura representa \u00e1 MORTE VIVA: \u201csituada na nave \u00f3 lado dos fieis para que estes non poidan eludir a s\u00faa presencia, sempre a esquerda, orientada ao Norte, no reino do Demo, do fr\u00edo e das tebras\u201d (<a href=\"https:\/\/issuu.com\/agremon\/docs\/nosa_20se_c3_b1ora_20das_20virtudes\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Cadernos de Investigaci\u00f3n IES Dionisio Gamallo Fierros de Ribadeo, N\u00ba6<\/a>, 2005, p\u00e1x.17). Excelente descrici\u00f3n da situaci\u00f3n da figura, pero ese esqueleto que est\u00e1 medio en sentadillas cun arco tensado en disposici\u00f3n de querer disparar unha frecha cara \u00f3 altar, parece querernos dicir algo m\u00e1is.<\/p>\n<p>En primeiro lugar o esqueleto ten un coraz\u00f3n vivo, de cor vermello, de a\u00ed o de a Morte VIVA. Por outro lado, interpretouse o s\u00edmbolo da frecha como a terrible lacra da PESTE, algo que na Idade Media propagaba a Morte a milleiros de individuos. Outros interpretan a escena, como: \u201cunha alegor\u00eda da morte&#8230; coa pretensi\u00f3n de resaltar o papel de Mar\u00eda como intercesora que redime os fieis dos seus pecados, por iso apunta ao presbiterio onde est\u00e1 a imaxe de Nosa Se\u00f1ora das Virtudes&#8230;\u201d (Nosa Se\u00f1ora das Virtudes, Emilio Pi\u00f1eiroa Lozano, 2018, p\u00e1x.36)<\/p>\n<p>Esta \u00faltima interpretaci\u00f3n cristi\u00e1 pode ser a m\u00e1is acertada. Pero no caso de que se pensara fora a PESTE, nesta figura, persoalmente dub\u00eddoo, \u00bfpor qu\u00e9?. Porque o esqueleto est\u00e1 pintado apuntando a frecha cara ao altar, e si a Morte propagaba a peste coas s\u00faas frechas, a figura ter\u00eda que estar disparando a frecha cara aos fregueses, pois \u00e9 aos homes e as mulleres a quen quere matar, e polo tanto non estar\u00eda disparando cara o Sagrario, a Deus e \u00f3s Santos que est\u00e1n no altar.<\/p>\n<p>Ent\u00f3n \u00bfque representa esta figura da MORTE VIVA?<\/p>\n<p>O adxectivo \u201c<a href=\"https:\/\/academia.gal\/dicionario\/-\/termo\/esot%C3%A9rico\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">esot\u00e9rico<\/a>&#8221; proben do grego \u201cesoterikos\u201d que significa: \u201creservado aos \u00fanicos adeptos\u201d, e apl\u00edcase a todo o que \u00e9 misterioso e incomprensible para a maior\u00eda das persoas, o que impide revelar aos non iniciados algunhas partes dun rito ou dunha doutrina, sobre todo relixiosa. A este adxectivo oponse, \u201cexot\u00e9rico\u201d do grego \u201cexoterikos\u201d que significa: \u201cdestinado ao p\u00fablico\u201d&#8230;.., \u201cexot\u00e9rico\u201d rem\u00edtenos a \u201cforma\u201d, mentres que \u201cesot\u00e9rico\u201d relaci\u00f3nanos co \u201ccontido\u201d (El Simbolismo Esot\u00e9rico, M. Centini, Editorial de Vecchi, 2001, p\u00e1x.9-10). As\u00ed, tan sutil diferencia como a destas d\u00faas palabras, que son practicamente iguais a excepci\u00f3n dunha \u201cs\u201d que cambia por unha \u201cx\u201d, pode ser o significado e interpretaci\u00f3n das figuras simb\u00f3licas. Na Her\u00e1ldica, isto ocorre de cot\u00edo, e a forma de cada figura, a s\u00faa posici\u00f3n a destra, a sinistra, arriba, abaixo ou de fronte, significan algo distinto, o cal debe terse moi en conta a hora de interpretar cada bras\u00f3n.<\/p>\n<p>Pois ben. No mundo hindu\u00edsta e no budismo, esa figura da Morte dispara tam\u00e9n unha frecha cun arco, pero a s\u00faa interpretaci\u00f3n e moi distinta. Neste caso a morte ten collido fortemente pola cintura ao Home, representado polo Arco, co que lanza a s\u00edlaba sagrada OM, esa vibraci\u00f3n c\u00f3smica que deu vida o universo, e que no mundo cristi\u00e1n poder\u00eda interpretarse como o sopro divino que deu vida o home, a ALMA do home, a cal, unha vez disparada, cruza o espazo baleiro da IGNORANCIA para alcanzar ao SER SUPREMO, \u00f3 M\u00e1is Alto, \u00f3 verdadeiro DEUS que est\u00e1 no altar, no sagrario. <\/p>\n<p>Outra interpretaci\u00f3n paralela, dinos que a frecha \u00e9 o EGO, o propio EU da persoa, do home, que \u00e9 lanzado pola MORTE VIVA, para liberalo da individualidade, do EGO\u00cdSMO, para abrirse paso ao encontro do ABSOLUTO, do CREADOR, para alcanzar a aut\u00e9ntica e suprema SABIDUR\u00cdA.<\/p>\n<p>Esta interpretaci\u00f3n oriental parece ser m\u00e1is acertada que aquela da PESTE, pois a Morte disparando cara o altar para facer dano a aquelo que o altar representa, non parece consecuente, nin l\u00f3xico. Por esta mesma raz\u00f3n lanzar a ALMA cara a Mar\u00eda para que sexa intercesora ante DEUS, pode ser tam\u00e9n unha boa interpretaci\u00f3n.<\/p>\n<p>Pero ent\u00f3n x\u00fardennos outras preguntas, e non sinxelas de responder. \u00bfQuen foi o autor, o mestre que realizou tal pintura? \u00bfSeguro que t\u00f3dalas pinturas son da mesma \u00e9poca, e foron feitas polo mesmo mestre?<\/p>\n<p>Haber\u00e1 moitas d\u00fabidas o respecto. Pois si ben, D. Pero Pardo de Aguiar, mandou facer un mural onde as figuras representan escenas exclusivamente de devoci\u00f3n relixiosa cristi\u00e1, a MORTE VIVA, en cambio, \u00e9 representaci\u00f3n dunha figura que ensina FILOSOF\u00cdA, e pola interpretaci\u00f3n, antes dita, Filosof\u00eda Oriental, que puido ser traducida o saber cristi\u00e1n, como se fixo con decenas de outras. \u00bfQuen era ent\u00f3n ese home que ti\u00f1a este tipo de co\u00f1ecementos na nosa bisbarra? Puidera ser que houbera alg\u00fan veci\u00f1o con co\u00f1ecementos tan exclusivos para a \u00e9poca, quizais un Mestre pintor que rexentara unha Escola de Pintura e que estivera inmerso no movemento de renovaci\u00f3n do Renacemento?. Non o sabemos, pois \u00f3 ser Ribadeo porto de mar desde a m\u00e1is remota antig\u00fcidade, non sabemos que veci\u00f1os chegou a haber en Ribadeo, e non hai padr\u00f3ns completos e espec\u00edficos de cada veci\u00f1o, nin das profesi\u00f3ns, nin dos gremios artes\u00e1ns aos que cada un pertenc\u00eda.<\/p>\n<p>Pero quizais, incluso, o Mestre non era de Ribadeo nin dos contornos, e puidera ser un Peregrino que percorr\u00eda o Cami\u00f1o de Santiago en busca das s\u00faas propias revelaci\u00f3ns para po\u00f1er en claro o seu propio elucidario, e que por circunstancias desco\u00f1ecidas, puido verse involucrado no dese\u00f1o e creaci\u00f3n das pinturas da Ermida de Nosa Se\u00f1ora Santa Mar\u00eda das Virtudes da Ponte de Arante, nas que participou, e deixou a s\u00faa impronta filos\u00f3fica na figura da MORTE VIVA, e \u00bfnalgunha figura m\u00e1is? \u00bfQuen era aquel sabio peregrino? Seguramente nunca o saberemos, pero sen d\u00fabida deixounos unha magn\u00edfica obra para admirar e, sobre todo, para facernos reflexionar, pois despois de toda unha vida de traballos e sacrificios, o final, a\u00ednda non sabemos nada.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Dentro da Ermida de Nosa Se\u00f1ora Santa Mar\u00eda das Virtudes da Ponte de Arante, enc\u00f3ntrase esta figura que forma parte, entre outras, das preciosas, e mal, moi mal e moi precariamente conservadas pinturas murais, que mandou facer en 1516, D. PERO PARDO DE AGVIAR SENNOR DEL COTO DE SAN MARVGO, como reza a lenda baixo [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[11,46],"class_list":["post-5484","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-historia","tag-pancho-campos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5484","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5484"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5484\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5484"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5484"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5484"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}