{"id":5483,"date":"2018-06-20T21:35:00","date_gmt":"2018-06-20T19:35:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:26:37","modified_gmt":"2024-11-12T12:26:37","slug":"novos-tempos-para-o-faro-de-ribadeo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2018\/06\/20\/novos-tempos-para-o-faro-de-ribadeo\/","title":{"rendered":"NOVOS TEMPOS PARA O FARO DE RIBADEO"},"content":{"rendered":"<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto; text-align: center;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhzHJCcH52Ce9mUA8P3Uxiqyk3Jg5NywBuf6cMmtAli5t75cbef9PoCESbXb3xgFpAqnL3MHaZP19A33QjG5v5lf8v_yUBsGdWYd-xjeI5uzPRXzC_vBUEVe85-u85Wna64aDtyPw\/s2048\/vella+foto+da+ponte+%25C3%25A1+illa+Pancha.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhzHJCcH52Ce9mUA8P3Uxiqyk3Jg5NywBuf6cMmtAli5t75cbef9PoCESbXb3xgFpAqnL3MHaZP19A33QjG5v5lf8v_yUBsGdWYd-xjeI5uzPRXzC_vBUEVe85-u85Wna64aDtyPw\/s2048\/vella+foto+da+ponte+%25C3%25A1+illa+Pancha.jpg\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">Vella foto da pasarela \u00e1 illa Pancha<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>Co remate da xeira mais negra da democracia espa\u00f1ola e a  chegada do novo goberno corren outros aires na administraci\u00f3n e compre revisar os temas pendentes na tramitaci\u00f3n do proxecto hostaleiro da Illa Pancha. Lembraremos, de vagar, que estes asuntos sempre est\u00e1n abertos, e pequenos cambios climatol\u00f3xicos poden facer que os ventos viren cando menos se agarda, e o que parec\u00eda imposible faise viable dun d\u00eda para outro. Por exemplo comprir\u00eda revisar un proxecto trufado de intereses do mais variopinto, obscurantismo e ineficacia, como \u00e9 o caso de \u201cFaros de Espa\u00f1a\u201d que en seis anos xa sabemos ao que chegou. Sen invocar ning\u00fan revanchismo, calquera goberno que queira ventilar minimamente a pestilencia herdada ter\u00e1 que pararse un pouco a levantar algunhas alfombras.<\/p>\n<p>No caso concreto do Faro da Illa Pancha hai unha ringleira de inqu\u00e9ritos que deberan ser reprantexados nos pr\u00f3ximos meses.<\/p>\n<p>En primeiro lugar temos a falla de informe de non afecci\u00f3n a Rede Natura 2000, reco\u00f1ecida pola Autoridade Portuaria na \u00faltima resposta aos requerementos do Defensor del Pueblo e polo goberno anterior diante das preguntas do deputado de En Marea, Fern\u00e1n Vello. Hai que  suli\u00f1ar aqu\u00ed que o Defensor emitiu tres informes (17 de febreiro do 17, 22 de agosto do 17 e 4 de xaneiro do18) nos que inequ\u00edvocamente argumenta as carencias do expediente devadito.  <\/p>\n<p>En segundo lugar temos a pregunta pendente de respostar polo defensor e pola autoridade portuaria encol da medici\u00f3n dos terreos inclu\u00eddos na concesi\u00f3n. Como \u00e9 sabido a concesi\u00f3n abarca cincocentos metros cadrados, pero est\u00e1 por crarexar se non debera inclu\u00edr a totalidade da illa (4300 m<sup>2<\/sup> s\u00f3 a cuberta vexetal) que est\u00e1 sendo explotada para o negocio hostaleiro, o cal rebasar\u00eda os 2500 m<sup>2<\/sup> que son o l\u00edmite legal para a concesi\u00f3n directa que se tramitou.<\/p>\n<p>En terceiro lugar est\u00e1 o problema da memoria econ\u00f3mica de viabilidade do proxecto, que en caso de existir foi redactada inclu\u00edndo unha cafeter\u00eda que posteriormente non foi aprobada.<\/p>\n<p>En coarto lugar est\u00e1 o asunto do acceso exclusivo dos clientes dos apartamentos e prohibido para os veci\u00f1os e visitantes, sen que haxa explicaci\u00f3n legal desta discriminaci\u00f3n.<\/p>\n<p>A estes temas pendentes de crarexar no caso do faro da Illa Pancha eng\u00e1dese o fracaso absoluto do proxecto faros de Espa\u00f1a que ten ,como trasfondo, uns custes ate agora desco\u00f1ecidos a toda a enxurrada de influencias, enchufes e corrupci\u00f3ns acreditadas polos tribunais na xesti\u00f3n do extinto gobern\u00f3 da gaivota.<\/p>\n<p>Folga suli\u00f1ar que o concello de Ribadeo ten unha nova oportunidade de retomar os compromisos que foi deixando voluntariamente nas cunetas, como foron as tres consultas \u00e1 Autoridade Portuaria respostadas con vaguedades, o seu compromiso de defender o acceso libre dos veci\u00f1os e a concesi\u00f3n das licenzas con tantos inqu\u00e9ritos sen resposta. A ver se agora canta a gali\u00f1a. <\/p>\n<p>O noso grupo, despois de tres anos segue mantendo o obxectivo para o que foi creado: evitar a privatizaci\u00f3n da Illa Pancha e promover o seu uso social e cidad\u00e1. Agora o novo goberno socialista ten a pelota no seu tellado.<\/p>\n<p>&nbsp;Colectivo \u201cPOR NUESTRO FARO\u201d<\/p>\n<p>&nbsp;Ribadeo, 20 de Xu\u00f1o de 2018<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Vella foto da pasarela \u00e1 illa Pancha Co remate da xeira mais negra da democracia espa\u00f1ola e a chegada do novo goberno corren outros aires na administraci\u00f3n e compre revisar os temas pendentes na tramitaci\u00f3n do proxecto hostaleiro da Illa Pancha. Lembraremos, de vagar, que estes asuntos sempre est\u00e1n abertos, e pequenos cambios climatol\u00f3xicos poden [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[37],"class_list":["post-5483","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-illa-pancha"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5483","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5483"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5483\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5483"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5483"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5483"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}