{"id":5480,"date":"2018-07-06T08:44:00","date_gmt":"2018-07-06T06:44:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:26:27","modified_gmt":"2024-11-12T12:26:27","slug":"a-torre-dos-moreno-e-o-concello","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2018\/07\/06\/a-torre-dos-moreno-e-o-concello\/","title":{"rendered":"A torre dos Moreno e o concello: documentos"},"content":{"rendered":"<p>Comoqueira que estes d\u00edas est\u00e1n a verse na prensa diversas novas sobre o futuro da <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/search\/label\/torre%20dos%20Moreno\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Torre dos Moreno<\/a>, deixo aqu\u00ed un brev\u00edsimo resume do pasado e as notas que o concello puxo a disposici\u00f3n o d\u00eda 4 de xullo a ra\u00edz da xunta mantida o d\u00eda 3, deixando o dar a mi\u00f1a opini\u00f3n para outro momento:<\/p>\n<p>A.Resume:<\/p>\n<p>Dende hai varios anos, <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2013\/04\/a-saida-do-tunel.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Paisajes de Asturias<\/a> <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2011\/02\/un-emblema-vendido-un-emblema-mercado.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">ten mercado pouco a pouco a maior\u00eda da propiedade<\/a>. Hoxe, o concello ten unha parte minoritaria que ademais estivo documentada de xeito deficiente, e outra parte, a m\u00e1is pequena segue en mans de descendentes de emigrantes dispersos por sudam\u00e9rica. A Torre necesita de conservaci\u00f3n e hai xa m\u00e1is unha d\u00e9cada que se comezou con alg\u00fan traballo para atallar as necesidades m\u00e1is urxentes cara a evitar a s\u00faa ca\u00edda. Os custes xunt\u00e1ronse \u00e1s t\u00e9cnicas necesarias para unha rehabilitaci\u00f3n integral como impedimento para facer posible o futuro da torre. O concello comezou un proceso para po\u00f1er en claro a s\u00faa propiedade e, no medio, pasou o <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2015\/06\/bandera-catolica-e-ribadense-torre-dos.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">centenario da Torre dos Moreno<\/a> sen celebraci\u00f3n.No medio tam\u00e9n, novas coma esta do 2011 do El Pa\u00eds: &#8220;<em>La incierta vida de la Torre dos Moreno.<br \/>\nUna firma asturiana se hace con la mayor\u00eda del inmueble de Ribadeo y planea rehabilitarlo antes de 2015<\/em>&#8221; (pola metade do orzamento previsto polo arquitecto encargado das rehabilitaci\u00f3ns previas, <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/search?q=Ernesto+Cruzado\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Ernesto Cruzado<\/a>)<\/p>\n<p>B1.<a href=\"http:\/\/ribadeo.gal\/actualidade\/nova.php?id=2805&amp;lg=gal\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Nota de prensa do concello<\/a>.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhBr5I3frOo-wxfIx_rLfgrDDBIyKOOqrMNXxi7S-XxGBSiruXGv04yE0tMJMl5MGij6Vu1zkwim1bgOu7aXT3VATLWo2mHUXsPIkGv0eg2i4jStRD01wi8xNrhvIuXuJpjFsI8JQ\/s2048\/Foto_Torre_dos_Moreno.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhBr5I3frOo-wxfIx_rLfgrDDBIyKOOqrMNXxi7S-XxGBSiruXGv04yE0tMJMl5MGij6Vu1zkwim1bgOu7aXT3VATLWo2mHUXsPIkGv0eg2i4jStRD01wi8xNrhvIuXuJpjFsI8JQ\/s2048\/Foto_Torre_dos_Moreno.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p><em>A REHABILITACI\u00d3N DO EDIFICIO \u00c9 MOI COSTOSA<\/em><\/p>\n<p><em>Torre dos Moreno<\/em><\/p>\n<p><em>04\/07\/2018<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>O Concello segue a dar pasos para a busca dunha soluci\u00f3n definitiva para a Torre dos Moreno. A proposta adoptada nas \u00faltimas horas pola xunta de goberno, e explicada aos voceiros municipais, consiste na permuta da parte da propiedade municipal (o 21,25%) por unha edificaci\u00f3n situada na praza de Abaixo, a car\u00f3n do Cine Col\u00f3n. Dito inmoble entregar\u00edase ao Concello rehabilitado e a el trasladar\u00edase o xulgado de paz de Ribadeo.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>O alcalde, Fernando Su\u00e1rez, explicou que &#8220;onte demos varios pasos para a busca dunha soluci\u00f3n definitiva, legal, posible e segura para a pervivencia da Torre dos Moreno, como un dos emblemas mais salientables de Ribadeo e con unha seguridade e un ornato p\u00fablico que disipen os problemas de seguridade que pode ter a futuro de persistir nesta situaci\u00f3n de semi ruina&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Para o rexedor &#8220;hai ter en conta que o Concello s\u00f3 \u00e9 propietario dunha parte minoritaria da Torre dos Moreno, un 21,25%, correspondendo a parte maioritaria, un 60%, \u00e1 empresa Paisajes de Asturias. Desde hai anos estivemos traballando nunha sa\u00edda razoable con esta titular maioritaria, polo que despois dun complexo expediente instru\u00eddo e informado nos \u00faltimos meses coas aportaci\u00f3ns dos t\u00e9cnicos e xur\u00eddicos municipais, a xunta de goberno aprobou unha serie de medidas encami\u00f1adas a dar a mellor sa\u00edda posible a este reto que temos desde hai anos&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Su\u00e1rez Barcia relatou que &#8220;a proposta adoptada, que onte foi explicada tam\u00e9n aos voceiros municipais polos t\u00e9cnicos do Concello, sup\u00f3n varias situaci\u00f3ns. Por unha banda, a permuta da parte da propiedade municipal por un inmoble situado na Praza de Abaixo, a Car\u00f3n do antigo Cine Col\u00f3n. Este inmoble entregar\u00edase ao Concello rehabilitado e a el pret\u00e9ndese trasladar o Xulgado de Paz de Ribadeo, despois que non fructificase acordo alg\u00fan coa Xunta de Galicia para que nos axudase a rehabilitar o actual, tal e como nos demandan desde hai tempo os sindicatos de funcionarios da administraci\u00f3n galega. Esta permuta conta co informe favorable dos t\u00e9cnicos e xur\u00eddicos municipais posto que o importe entre o aportado e o recibido \u00e9 favorable ao interese p\u00fablico municipal&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>E engadiu: &#8220;e por outra banda, darase conta \u00e1 Xunta de Galicia por se, en atenci\u00f3n \u00e1 Lei de Patrimonio de Galicia, esta quere exercer os seus dereitos de tanteo e retracto por se quere asumir a parte da propiedade municipal, dado que ela (a Xunta) si que ten infinitamente mais recursos econ\u00f3micos e competencias legais para facerlle fronte \u00e1 conservaci\u00f3n e uso desde edificio. Outras posibles sa\u00eddas como a adquisici\u00f3n total da Torre dos Moreno ou mesmo a colaboraci\u00f3n na s\u00faa rehabilitaci\u00f3n integral coa nosa porcentaxe de participaci\u00f3n foron sendo descartadas por motivaci\u00f3ns de desproporci\u00f3n econ\u00f3mica e por cuesti\u00f3ns de legalidade&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>O alcalde ribadense subli\u00f1ou: &#8220;hai que ter en conta que unha valoraci\u00f3n aproximada do custo de rehabilitaci\u00f3n integral supor\u00eda uns 5 mill\u00f3ns de euros, o cal ser\u00eda comprometer toda a inversi\u00f3n municipal durante moitos anos para funci\u00f3ns que non son propias para un Concello nin \u00fatiles para os veci\u00f1os. A opci\u00f3n de participaci\u00f3n na rehabilitaci\u00f3n na parte que nos corresponder\u00eda (21,25%) superar\u00eda o 1.000.000 euros e supo\u00f1er\u00eda investir fondos p\u00fablicos a un ben de natureza maioritariamente privada cando a porcentaxe do Concello son partes proindivisas de todo o edificio, polo que tampouco se poder\u00eda obter ning\u00fan rendemento destas inversi\u00f3ns (polo menos nun per\u00edodo razoable de tempo, e estando a expensas das condici\u00f3ns da parte propietaria maioritaria)&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Fernando Su\u00e1rez dixo: &#8220;estamos seguros que calquera das sa\u00eddas que se poidan propo\u00f1er, xerar\u00e1n debate e controversia, ideas de todo tipo, etc, etc. Pero aquelas persoas que temos a representaci\u00f3n p\u00fablica dos veci\u00f1os temos que atender sempre a garantir o mellor interese p\u00fablico, xunto coa salvagarda da seguridade p\u00fablica, algo que a d\u00eda de hoxe non est\u00e1 garantida. Queremos polo tanto que iso mude e que a Torre dos Moreno poida estar rehabilitada e segura nun curto per\u00edodo de tempo&#8221;.<\/em><\/p>\n<p>Esta nota de prensa \u00eda acompa\u00f1ada en teor\u00eda, na web de dous documentos:<\/p>\n<p>B2.Certificaci\u00f3n do acordo da Xunta de Goberno<\/p>\n<p><script async=\"true\" src=\"\/\/e.issuu.com\/embed.js\" type=\"text\/javascript\"><\/script><\/p>\n<p>B3.Proposta da alcald\u00eda (maio 2018)<\/p>\n<p>O segundo documento disp\u00f3n dunha ligaz\u00f3n na web, <a href=\"http:\/\/ribadeo.gal\/actualidade\/nova.php?id=2805&amp;lg=gal\">http:\/\/ribadeo.gal\/actualidade\/nova.php?id=2805&amp;lg=gal<\/a> que non est\u00e1 operativa, e polo tanto non se pode descargar, pero que espero que pase a estalo nalg\u00fan momento. Tentando procurala pola rede, non aparece tampouco. Se a logro, po\u00f1ereina aqu\u00ed&#8230;<\/p>\n<p>&#8212;<\/p>\n<p>O acordo, noutras plataformas:<\/p>\n<p><a title=\"View Acordo de Xunta de Goberno para a Torre dos Moreno (20180703) on Scribd\" href=\"https:\/\/www.scribd.com\/document\/383343294\/Acordo-de-Xunta-de-Goberno-para-a-Torre-dos-Moreno-20180703#from_embed\"  style=\"text-decoration: underline;\" >Acordo de Xunta de Goberno para a Torre dos Moreno (20180703)<\/a> by <a title=\"View Antonio Gregorio's profile on Scribd\" href=\"https:\/\/www.scribd.com\/user\/14916324\/Antonio-Gregorio#from_embed\"  style=\"text-decoration: underline;\" >Antonio Gregorio<\/a> on Scribd<\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" class=\"scribd_iframe_embed\" title=\"Acordo de Xunta de Goberno para a Torre dos Moreno (20180703)\" src=\"https:\/\/www.scribd.com\/embeds\/383343294\/content?start_page=1&#038;view_mode=scroll&#038;access_key=key-2STmhz7dLwmtxjcvhKZN&#038;show_recommendations=true\" data-auto-height=\"false\" data-aspect-ratio=\"0.7068965517241379\" scrolling=\"no\" id=\"doc_61850\" width=\"600\" height=\"800\" frameborder=\"0\"><\/iframe><\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" src=\"\/\/www.slideshare.net\/slideshow\/embed_code\/key\/F52ybMNYvgwM1n\" width=\"668\" height=\"714\" frameborder=\"0\" marginwidth=\"0\" marginheight=\"0\" scrolling=\"no\" style=\"border:1px solid #CCC; border-width:1px; margin-bottom:5px; max-width: 100%;\" allowfullscreen> <\/iframe> <\/p>\n<p><strong> <a href=\"\/\/www.slideshare.net\/AntonioGregorioMonte\/acordo-de-xunta-de-goberno-para-a-torre-dos-moreno-20180703\" title=\"Acordo de Xunta de Goberno para a Torre dos Moreno (20180703)\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Acordo de Xunta de Goberno para a Torre dos Moreno (20180703)<\/a> <\/strong> from <strong><a href=\"https:\/\/www.slideshare.net\/AntonioGregorioMonte\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Antonio Gregorio Montes<\/a><\/strong><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Comoqueira que estes d\u00edas est\u00e1n a verse na prensa diversas novas sobre o futuro da Torre dos Moreno, deixo aqu\u00ed un brev\u00edsimo resume do pasado e as notas que o concello puxo a disposici\u00f3n o d\u00eda 4 de xullo a ra\u00edz da xunta mantida o d\u00eda 3, deixando o dar a mi\u00f1a opini\u00f3n para outro [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[11,94,43,44,58],"class_list":["post-5480","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-historia","tag-issuu","tag-scribd","tag-slideshare","tag-torre-dos-moreno"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5480","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5480"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5480\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5480"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5480"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5480"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}