{"id":5469,"date":"2018-09-12T13:47:00","date_gmt":"2018-09-12T11:47:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:26:08","modified_gmt":"2024-11-12T12:26:08","slug":"fosa-septica-e-verquido-na-illa-pancha","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2018\/09\/12\/fosa-septica-e-verquido-na-illa-pancha\/","title":{"rendered":"FOSA SEPTICA E VERQUIDO NA ILLA PANCHA. Por Nuestro Faro"},"content":{"rendered":"<p>O colectivo \u201cPOR NUESTRO FARO\u201d ven de remitir ao concello de Ribadeo o escrito que reproducimos de seguido. De xeito moi resumido diremos que se trata dunha chamada de atenci\u00f3n ao Sr. Alcalde para que asuma o an\u00e1lise polo miudo do proxecto de legalizar unha fosa s\u00e9ptica que leva mais dun ano funcionando e un novo verquido cun sistema de depuraci\u00f3n de dudos\u00edsisma eficacia. O \u201cproxecto\u201d t\u00e9cnico est\u00e1 publicado no BOPA de Lugo do pasado d\u00eda 23 de agosto. O lector pode apreciar as numerosas contradicci\u00f3ns e supostas irregularidades atopadas polo noso grupo e comunicadas ao concello ao que se lle pide que defenda os intereses dos ribadenses e presente as pertinentes alegaci\u00f3ns.<\/p>\n<p><em>Sr. Alcalde de Ribadeo: Os abaixo asinantes, en nome e representaci\u00f3n do colectivo POR NUESTRO FARO desexamos comunicarlle o seguinte:<\/em><\/p>\n<p><em>Na lectura do \u201cPROYECTO DE LEGALIZACION DE INSTALACION DE TRATAMIENTO Y EVACUACION DE AGUAS RESIDUALES, EN ILLA PANCHA\u201d que se encontra en exposici\u00f3n p\u00fablica no  Concello de Ribadeo dende o d\u00eda 24 de Agosto ate o 12 de Setembro atopamos unha serie de inqu\u00e9ritos que  po\u00f1emos no seu co\u00f1ecemento.<\/em><\/p>\n<p><em>1\u00ba.- O proxecto devandito presenta na primeira p\u00e1xina a data \u201cEnero de 2018\u201d. Non figura data de entrada no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, pero non deixa de sorprender que se expo\u00f1a ao p\u00fablico en Ribadeo na \u00faltima semana de agosto e nas festas patronais.<\/em><\/p>\n<p><em>2\u00ba.- No Anexo n\u00ba 5 (Planos) aparece un plano de situaci\u00f3n da foxa que \u201cse pretende instalar\u201d e mais do tubo e zanxa de verquido que se proxecta. Apreciase con toda claridade que a zanxa,  ou unha parte dela,  est\u00e1 proxectada fora da zona concesionada.<\/em><\/p>\n<p><em>3\u00ba.- No documento da concesi\u00f3n non aparece reflexada esta nova foxa, nen as suas caracter\u00edsticas t\u00e9cnicas, ne tampouco a sua ubicaci\u00f3n. A \u00fanica referencia que atopamos est\u00e1 na p\u00e1xina 5, ap. 13 Que di: \u201cFosas s\u00e9pticas y su modo de mantenimiento\u201d, sen mais precisi\u00f3ns. Tampouco aparece o actual proxecto de verquido e polo tanto os informes de Medio Ambiente, por riba dos comentarios que facemos mais adiante, non puideron ter en conta este verquido porque non exist\u00eda no proxecto inicial. Entendemos que esta \u00e9 unha falla sustancial e que afecta a todo o procedimento anterior po\u00f1endo en d\u00fabida a sua validez.<\/em><\/p>\n<p><em>4\u00ba.- En base aos dous puntos anteriores puid\u00e9ramos estar diante dun cambio no proxecto b\u00e1sico que deu pe \u00e1 concesi\u00f3n. Ainda mais o feito de que este novo proxecto se presente agora obriga a pensar que non estaba no orixinal. Se fose as\u00ed estar\u00edamos diante dunha \u201cModificaci\u00f3n de la concesi\u00f3n\u201d regulada no art. 88 do RDL 2\/2011 (Ley de Puertos y Marina mercante).  O devandito art. 88 esixe un \u201cinforme previo de la Autoridad Portuaria\u201d para  modificaci\u00f3ns non sustanciais, pero no proxecto actual non figura este \u201cinforme previo\u201d.<\/em><\/p>\n<p><em>5\u00ba.-Na p\u00e1xina 3 di textualmente: \u201cLa actividad causante del vertido  es la actividad tur\u00edstica que el promotor va a desarrollar en la edificaci\u00f3n\u2026\u201d. Sorprende a expresi\u00f3n \u201cva a desarrollar\u201d e da lugar a moitas d\u00fabidas cando resulta evidente que a instalaci\u00f3n hosteleira xa esta funcionando dende hai moitos meses e xa o estaba cando se redactou este novo proxecto de foxa e verquido.<\/em><\/p>\n<p><em>6\u00ba.- Na documentaci\u00f3n anexa a este proxecto aparece o documento \u201cAUTORIZACI\u00d3N AMBIENTAL\u201d  con rexistro de sa\u00edda da Xunta de Galicia do d\u00eda 24.10.2016. Resulta como m\u00ednimo sorprendente que a data deste documento sexa 18 meses anterior \u00e1 que aparece na primeira p\u00e1xina do proxecto actual (Xaneiro de 2018).<\/em><\/p>\n<p><em>7\u00ba.- No p\u00e1rrafo terceiro desta \u201cAutorizaci\u00f3n Ambiental\u201d f\u00e1lase dunha foxa s\u00e9ptica \u201c que dispor\u00e1 dun rexistro para o seu valeirado peri\u00f3dico\u201d. En neng\u00fan caso se fala do novo verquido que agora se proxecta.<\/em><\/p>\n<p><em>8\u00ba.- No \u201dANEJO N\u00ba 2 Normativa de obligado cumplimiento. Ap 10 Medio Ambiente e Impacto Ambiental\u201d aparecen reflectidas unha serie de normas relativas a esta materia, pero non aparece a \u201cLey 21\/2013 de Evaluaci\u00f3n Ambiental (LEA)\u201d que seg\u00fan os reiterados informes do Defensor del Pueblo (16.2.17, 24.5.17, 22.8.17, 4.1.18 e 3.7.18)  ser\u00eda a norma aplicable neste caso.  Neste ponto ser\u00eda procedente suli\u00f1ar que no informe do Defensor do 4.1.18 dase conta de que a Autoridade Portuaria vi\u00f1a de reco\u00f1ecer que ainda est\u00e1 pendente de realizar a \u201cevaluaci\u00f3n ambiental simplificada\u201d. Ainda mais a  normativa de impacto ambiental que se cita (RDL 1302\/86)  tivo polo menos cinco modificaci\u00f3ns dende que foi aprobada hai 32 anos.  Asemade non deixa de sorprender que neste apartado non se cita nengunha normativa sobre verquidos.<\/em><\/p>\n<p><em>9\u00ba.- Unha simple visi\u00f3n do plano n\u00ba 2, onde aparece a conducci\u00f3n do verquido, permite apreciar que polo menos un tercio do mesmo transcurre por debaixo da estradi\u00f1a de acceso aos apartamentos (ver tam\u00e9n pax 6 p\u00e1rrafo 7).  Mesmo pola sua anchura compre supo\u00f1er que ser\u00e1 unha zona de maniobra de autom\u00f3veis e veh\u00edculos m\u00e1is pesados,  de onde se desprende que ao cabo de pouco tempo ser\u00e1 un terreo compactado no  cal o drenaxe poderse ver obstru\u00eddo con facilidade, produc\u00edndose o verquido ao exterior  e sen filtrar, m\u00e1xime tendo en conta que  a zona m\u00e1is superficial da zanxa estar\u00e1 cuberta por \u201c 300 mm de tierra procedente de la propia excavaci\u00f3n como remate \u201c(pax 8, p\u00e1rrafo terceiro). Resulta un tanto chamadeiro que os autores do proxecto t\u00e9cnico non se decatasen deste detalle do que non dan conta no seu informe.<\/em><\/p>\n<p><em>10\u00ba.- Na p\u00e1xina 6, p\u00e1rrafo 4 c\u00edtase a fosa de 200 litros de capacidade mentras que noutros apartados a capacidade \u00e9 de 2000. Deixando ao marxe que poda ser un erro de transcripci\u00f3n suli\u00f1amos esta contradicci\u00f3n.<\/em><\/p>\n<p><em>11\u00ba.- Na p\u00e1xina 21, p\u00e1rrafo 2 decl\u00e1rase que a fosa xa est\u00e1 executada dende o  \u201cmes de abril\u201d, (ent\u00e9ndese que se refire a abril de 2017). Sin embargo no primeiro p\u00e1rrafo da paxina 2 dase a entender, as\u00ed como en outros mais adiante, que   o proxecto inclue a fosa e o verquido.  Resulta preocupante que se presente en xaneiro de 2018 un proxecto de fosa que xa foi executado nove meses antes e ainda mais sometelo a exposici\u00f3n p\u00fablica oito meses mais tarde, precisamente coincidindo cas festas patronais de Ribadeo.<\/em><\/p>\n<p><em>12\u00ba.- No apartado 4, pax 1, \u201cPresupuesto\u201d di \u201cFosa s\u00e9ptica cil\u00edndrica\u201d, cando no apartado 2 \u201cPlanos\u201d plano n\u00ba 3 aparece unha planta e alzado de forma claramente rectangular.<\/em><\/p>\n<p><em>En resumen, trala revisi\u00f3n efectuada cos nosos limitados recursos, entendemos qu existen notorias carencias e preocupantes contradicci\u00f3ns. Ainda mais o  proxecto actual pretende legalizar unha fosa s\u00e9ptica que xa est\u00e1 constru\u00edda e prestando servizo a uns apartamentos tur\u00edsticos que levan mais dun ano con actividade. A maiores pret\u00e9ndese incorporar un verquido que non estaba proxectado anteriormente.<\/em><\/p>\n<p><em>Por todo elo solicitamos ao Concello de Ribadeo que estude polo miudo este asunto, que crarexe se se tramitaron correctamente os informes, permisos e licencias para unha fosa s\u00e9ptica constru\u00edda en Abril de 2017, cuxo proxecto se presenta no 2018 e  proceda a presentar as alegaci\u00f3ns oportunas en defensa dos intereses dos veci\u00f1os de Ribadeo, do mantemento da Illa Pancha nas condici\u00f3ns que esixe a lexislaci\u00f3n medioambiental e da tramitaci\u00f3n correcta dun expediente que afecta nidiamente aos intereses devanditos.<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O colectivo \u201cPOR NUESTRO FARO\u201d ven de remitir ao concello de Ribadeo o escrito que reproducimos de seguido. De xeito moi resumido diremos que se trata dunha chamada de atenci\u00f3n ao Sr. Alcalde para que asuma o an\u00e1lise polo miudo do proxecto de legalizar unha fosa s\u00e9ptica que leva mais dun ano funcionando e un [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[37],"class_list":["post-5469","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-illa-pancha"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5469","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5469"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5469\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5469"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5469"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5469"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}