{"id":5451,"date":"2018-10-18T09:51:00","date_gmt":"2018-10-18T07:51:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:25:33","modified_gmt":"2024-11-12T12:25:33","slug":"11-de-parcelas-desaparecidas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2018\/10\/18\/11-de-parcelas-desaparecidas\/","title":{"rendered":"11% de parcelas desaparecidas"},"content":{"rendered":"<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto; text-align: center;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhruOjAJodRVH63cROZA_c3nKlAtYJsIUycWdqoXWJRYArakWLp70TxROAt2SmSaLKoshefTUO_ZtAMyhbzntiOdILFknWO91q9j-PAY9N-WvcPS-OGs2CmyWMvxJ2IsH5BEwUrlw\/s2048\/incendio+Pi%25C3%25B1eiro+20181002+4.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhruOjAJodRVH63cROZA_c3nKlAtYJsIUycWdqoXWJRYArakWLp70TxROAt2SmSaLKoshefTUO_ZtAMyhbzntiOdILFknWO91q9j-PAY9N-WvcPS-OGs2CmyWMvxJ2IsH5BEwUrlw\/s2048\/incendio+Pi%25C3%25B1eiro+20181002+4.jpg\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">Imaxe despois do recente incendio en Pi\u00f1eiro, Cedofeita<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>O alcalde remata de dar un <a href=\"http:\/\/ribadeo.gal\/actualidade\/nova.php?id=2891&amp;lg=gal\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">novo ultimato<\/a> (coido que o anterior aviso xa o chamara as\u00ed) para cumprir a lei en relaci\u00f3n \u00e1 masa forestal na proximidade de edificios ou v\u00edas de comunicaci\u00f3n. O listado de fincas afectadas foi publicado no <a href=\"http:\/\/ribadeo.gal\/imxd\/noticias\/doc\/1539797141BOE_II_parcelas_irregulares_lei_de_incendios_de_Galicia_17-10-2018.pdf\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Bolet\u00edn Oficial do Estado<\/a>.<\/p>\n<p>A lei na que se ampara leva xa promulgada moitos anos, a Lei de Incendios de Galicia (Lei 3\/2007), pero como moitas outras leis, non se aplicou de xeito xeral (neste estado parece que sempre \u00e9 posible aplicar a lei de xeito s\u00f3 particular, como torniquete para deixar sentir o poder sobre quen non se sinte amigo) ata despois da vaga de incendios do pasado ano. Por iso, no &#8216;ultimato&#8217; na web do concello aparece &#8220;<em>Desde que hai un ano o Concello iniciara este proceso<\/em>&#8220;. O caso \u00e9 que dende aquela, foron enviados avisos, saiu a cousa varias veces nas novas do concello (e nas novas nos medios), e este aviso da 15 d\u00edas para actuar ou&#8230; o concello actuar\u00e1 de xeito subsidiario &#8220;<em>sen prexu\u00edzo da instruci\u00f3n do procedemento sancionador que corresponda<\/em>&#8220;.<\/p>\n<p>Coido que a transmisi\u00f3n do que \u00e9 a lei \u00f3s cidad\u00e1ns non foi (desta e doutras moitas, en xeral) adecuada cando a\u00ednda andamos con estas lerias (e polo que parece, Ribadeo foi abondo avanzado en relaci\u00f3n \u00e1 media). Neste caso, ademais, enfr\u00f3ntase co desastre do catastro, con fincas que non aparecen os propietarios, outras que est\u00e1n a nome doutra xente, etc. tiven que lidiar hai non moitos anos co catastro en Lugo, e \u00e9 unha experiencia que se poder\u00eda chamar kafkiana.<\/p>\n<p>O asunto \u00e9 que un ano despois de que Ribadeo se puxera en marcha para facer cumprir a lei, segue sen facerse cumprir para todos, quizais na idea aquela de que &#8216;mellor, fai as cousas, xa che pediran contas despois en caso de que as fagas mal e te pillen, pero ti xa as levas feito&#8217;. Neste caso concreto, a suavidade de aplicaci\u00f3n legal tam\u00e9n puido enfrontarse a casos nos que a xente non tivera claro se a lei lle afectaba ou non, pero coido que iso quedar\u00eda claro a partir da comunicaci\u00f3n do concello.<\/p>\n<p>De calquera xeito, o t\u00edtulo corresponde a algo que se pode observar na nota do concello: &#8220;<em>En total o 45% dos propietarios ou xa adecentaron as s\u00faas propiedades ou est\u00e1n a punto de facelo, pero a\u00ednda hai un 44% que est\u00e1 pendente de dar cumprimento \u00e1 lei de incendios<\/em>&#8220;. Segundo iso, haber\u00eda un 11% de parcelas nin listas nin pendentes, \u00e1s que lles afectar\u00eda a lei pero que non estar\u00edan contempladas dentro dela&#8230; quizais esa sexa a clave do porque unha lei de hai 11 anos a\u00ednda est\u00e1 a ser contemplada para a aplicaci\u00f3n de disposici\u00f3ns transitorias (&#8220;<em>incumplimientos de los art\u00edculos 21 y 22 y disposici\u00f3n transitoria tercera<\/em>&#8221; segundo o t\u00edtulo que aparece no BOE)<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Imaxe despois do recente incendio en Pi\u00f1eiro, Cedofeita O alcalde remata de dar un novo ultimato (coido que o anterior aviso xa o chamara as\u00ed) para cumprir a lei en relaci\u00f3n \u00e1 masa forestal na proximidade de edificios ou v\u00edas de comunicaci\u00f3n. O listado de fincas afectadas foi publicado no Bolet\u00edn Oficial do Estado. A [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[26,9],"class_list":["post-5451","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-medio","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5451","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5451"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5451\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5451"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5451"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5451"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}