{"id":5435,"date":"2018-11-15T21:54:00","date_gmt":"2018-11-15T20:54:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:25:00","modified_gmt":"2024-11-12T12:25:00","slug":"plataforma-pro-residencia-de-maiores-de","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2018\/11\/15\/plataforma-pro-residencia-de-maiores-de\/","title":{"rendered":"Plataforma pro Residencia de Maiores de Ribadeo, Nota de prensa"},"content":{"rendered":"<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto; text-align: center;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjQD8-BBkNLh_tEeYrdZR0rkU9QMxbza6uTBN7dvuRec-ezLxqCSB0luJDVptnnrl0MCczjnnrlA14yOqQfn6EK85uI2t0xuj76P9Hs95BgI8_1rY0uzJMrE2UwZDoUaVgr5qev-w\/s2048\/a+residencia+en+google+maps.png\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"220\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjQD8-BBkNLh_tEeYrdZR0rkU9QMxbza6uTBN7dvuRec-ezLxqCSB0luJDVptnnrl0MCczjnnrlA14yOqQfn6EK85uI2t0xuj76P9Hs95BgI8_1rY0uzJMrE2UwZDoUaVgr5qev-w\/s2048\/a+residencia+en+google+maps.png\" width=\"320\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">A residencia, en Google maps<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>Despois da celebraci\u00f3n de pleno de 23 de outubro de 2018, vista a acta e os comentarios aparecidos con posterioridade nos medios, esta plataforma ve a conveniencia de dar publicidade a alg\u00fan aspecto que consideramos importante e que non sa\u00edu \u00e1 superficie ata o momento.<\/p>\n<p>Con data 26 de setembro, presentamos alegaci\u00f3ns \u00f3s documentos que se estaban a tratar sobre a Residencia de Maiores de Ribadeo (ver doc I, abaixo). Ditas alegaci\u00f3ns foron as \u00fanicas presentadas, foron informadas e apareceron no pleno \u00f3 longo do tratamento dos diversos puntos (mostra desta afirmaci\u00f3n, ver abaixo o correspondente \u00e1 acta no punto 2, doc II).<\/p>\n<p>As\u00ed, queda claro que a corporaci\u00f3n municipal, en pleno e de xeito un\u00e1nime, co alcalde \u00e1 cabeza, non s\u00f3 aprobou as normativas que se presentaban sobre a Residencia de Maiores de Ribadeo, sen\u00f3n que tam\u00e9n tomou o compromiso de presentar \u00e1 Comisi\u00f3n de Seguemento no menor prazo posible diversos cambios sobre o aprobado. Se ditos cambios non se fixeron xa no pleno do pasado 23 de outubro foi sinxelamente, como aparece en acta, para non dilatar os prazos de posta en marcha da Residencia, tido en conta que non s\u00f3 interv\u00e9n a administraci\u00f3n do Concello, sen\u00f3n tam\u00e9n a da Deputaci\u00f3n, e isto nun marco de conversas nas que se puxeron de acordo outros varios concellos, e que, polo tanto, unha modificaci\u00f3n na normativa aprobada supor\u00eda recomezar un proceso de acordos que xa foi complicado e longo de por si. E, en relaci\u00f3n \u00f3s cambios presentados nas alegaci\u00f3ns e que non foron recomendados polo informe, dita falta de recomendaci\u00f3n non estar\u00eda baseada nun desacordo sobre o alegado, sen\u00f3n \u2018na consideraci\u00f3n de que ao se tratar dun Regulamento con car\u00e1cter xeneralista para implantar e executar un sistema de servizos sociais en diferentes centros de atenci\u00f3n a persoas maiores da provincia conforme ao convenio interadministrativo aprobado coa Deputaci\u00f3n Provincial\u2019 haber\u00eda que ter en conta dita xeralidade.<\/p>\n<p>As alegaci\u00f3ns presentadas foron explicadas con abonda anterioridade \u00f3 pleno \u00f3s grupos pol\u00edticos do concello, co entendemento un\u00e1nime do que \u00e9 o verdadeiramente importante. Algo que, repetimos, quedou patente na acta do pleno, reflectindo o acordo sobre esa base de mellora convinte, dando de xeito un\u00e1nime t\u00f3dolos grupos a aprobaci\u00f3n despois dos comentarios anteditos sobre as alegaci\u00f3ns. <\/p>\n<p>As\u00ed pois, esperamos que nun futuro non moi lonxano os familiares dos residentes podan participar nun Consello da Residencia, as\u00ed como a introduci\u00f3n de diversos outros axustes na normativa. Asemade, tam\u00e9n esperamos, como plataforma pro Residencia de Maiores de Ribadeo, seguir traballando para contribu\u00edr a que o d\u00eda a d\u00eda dos nosos maiores se desenvolva do mellor xeito posible.<\/p>\n<p>Ribadeo, 14 de novembro de 2018.<\/p>\n<p>&#8212;<\/p>\n<p>I.-Alegaci\u00f3ns presentadas.<\/p>\n<p>Que tras analizar os documentos aprobados inicialmente no pleno de 23 de agosto sobre o centro de Atenci\u00f3n a Persoas Maiores de Ribadeo, observamos diversas eivas, das que decidimos expo\u00f1er como alegaci\u00f3ns:<\/p>\n<p>Que, en canto \u00e1 Ordenanza reguladora do prezo p\u00fablico, sendo desexable o achegarse o m\u00e1is posible \u00e1 gratuidade, somos conscientes das limitaci\u00f3ns econ\u00f3micas das que parte esta corporaci\u00f3n e das que partir\u00e1 calquera outra, por iso asumimos a ordenanza non sen recomendar unha redacci\u00f3n que facilite a s\u00faa comprensi\u00f3n \u00f3s usuarios, como un piar m\u00e1is da necesaria transparencia de funcionamento.<\/p>\n<p>Que, en canto \u00f3 Regulamento de r\u00e9xime interno, contempla a regulaci\u00f3n de relaci\u00f3ns contractuais residente \/ residencia, obviando que na residencia desenvolverase todo un conxunto social. Somos conscientes de que non se pode especificar unha normativa para cada acto social, pero iso debera alentar a deixar clara a posibilidade de adaptaci\u00f3n dos regulamento, inclu\u00eddo o xeito de facelo e a participaci\u00f3n de residentes e familias en dito cambio.<\/p>\n<p>Que, tam\u00e9n en canto \u00f3 RRI, ser\u00eda convinte o contemplar alg\u00fan tipo de consello que permitira participar \u00f3s residentes, \u00f3s seus familiares e a algunha asociaci\u00f3n externa (\u2018Asociaci\u00f3n de amigos da \u2019) que te\u00f1a como obxecto axudar \u00f3 bo funcionamento da residencia.<\/p>\n<p>Que, en canto \u00e1 Ordenanza de Acceso, se harmonicen as ordenanzas correspondentes \u00f3s servizos de atenci\u00f3n en Ribadeo (antes de calquera reestruturaci\u00f3n posible dos servizos subministrados polas d\u00faas Residencias e o Centro de D\u00eda)<\/p>\n<p>Que se definira con criterios claros a \u2018situaci\u00f3n de necesidade\u2019 (art. 8.b.) para evitar elementos subxectivos e diferenzas de xu\u00edzo en casos diferentes. Ditos criterios deben ter un resultado cuantitativo, para permitir a s\u00faa baremaci\u00f3n e con ela a obtenci\u00f3n de resultados obxectivos.<br \/>\nQue (art. 12.1, par\u00e1grafo final) a derivaci\u00f3n da avaliaci\u00f3n social \u00f3s servizos sociais da Deputaci\u00f3n de Lugo, sendo aprezada pola descarga de traballo que pode supo\u00f1er, debe levar asociado un procedemento que facilite que  non desvirt\u00fae o control do acceso dende Ribadeo as\u00ed como a homoxeneizaci\u00f3n no caso posible no que \u00e1s veces se faga a avaliaci\u00f3n en Ribadeo e \u00e1s veces en Lugo.<\/p>\n<p>Que, na modalidade excepcional de acceso (art. 12.2), e para evitar o incumprimento sistem\u00e1tico dos prazos previstos ou mesmo o seu uso como unha entrada traseira que se trata de evitar, sexa previsto un procedemento de desaloxo.<\/p>\n<p>Que, na resoluci\u00f3n unilateral do per\u00edodo de adaptaci\u00f3n deberan aparecer alg\u00fan tipo de indicaci\u00f3ns ou m\u00e9todo para evitar abusos en dita resoluci\u00f3n, que poder\u00eda ser, por exemplo, alg\u00fan tipo de penalizaci\u00f3n de cara a un futuro intento de  entrada. <\/p>\n<p>Que, na resoluci\u00f3n de servizo por falta de pagamento \u00e9 necesaria a especificaci\u00f3n dalg\u00fan tipo de prazo e\/ou, no seu caso, un argumentario xustificativo de variaci\u00f3ns.<\/p>\n<p>Que, en xeral, as causas de baixas est\u00e1n especificadas de xeito insuficiente.<\/p>\n<p>En canto \u00f3s tres documentos, solicitamos se preste maior atenci\u00f3n \u00f3s detalles ling\u00fc\u00edsticos, inclu\u00edndo neles a unificaci\u00f3n de nome da Residencia (centro de Atenci\u00f3n a Persoas Maiores, Centro de Atenci\u00f3n Residencial, &#8230;)<\/p>\n<p>&#8212;<\/p>\n<p>II.-Acta do pleno 2018-0008, pp.11 e seg. (en parte, repetido noutros lugares da acta);<\/p>\n<p>\u201c2.- EXPEDIENTE NUM. 2552\/2018 RELATIVO AO REGULAMENTO DE R\u00c9XIME INTERNO PARA O CENTRO DE ATENCI\u00d3N A MAIORES.<\/p>\n<p>Por Secretar\u00eda dase lectura ao ditame da Comisi\u00f3n Informativa de data 18\/10\/2018 que se transcribe:<\/p>\n<p>\u201c DITAME: Dase conta da proposta da Alcald\u00eda que se transcribe:<\/p>\n<p>\u201c PROPOSTA<\/p>\n<p>Visto expediente tramitado para aprobacion do Regulamento de r\u00e9xime interno do Centro de Atenci\u00f3n a Persoas maiores (CAM) de Ribadeo.<\/p>\n<p>Vista aprobacion inicial que se produciu por anterior acordo plenario de 23 de agosto de 2018.<\/p>\n<p>Vistas alegaci\u00f3ns formuladas durante o per\u00edodo de exposici\u00f3n p\u00fablica as\u00ed como o informe emitidom polo Traballador social sobre este asunto, que obra no expediente.<\/p>\n<p>Esta Alcald\u00eda, no uso das atribuci\u00f3ns que lle confire a lexislaci\u00f3n vixente PROP\u00d3N ao Pleno Municipal que previo ditame da Comisi\u00f3n Informativa correspondente se adopten os seguintes acordos:<\/p>\n<p>1o.- Rexeitar, neste intre, as alegaci\u00f3ns formuladas ao documento de aprobaci\u00f3n provisional do Regulamento de R\u00e9xime Interno do Centro de atenci\u00f3n a persoas maiores de Ribadeo na consideraci\u00f3n de que ao se tratar dun Regulamento con car\u00e1cter xeneralista para implantar e executar un sistema de servizos sociais en diferentes centros de atenci\u00f3n a persoas maiores da provincia conforme ao convenio interadministrativo aprobado coa Deputaci\u00f3n Provincial conv\u00e9n manter criterios e opci\u00f3ns harmonizadas co resto de Centros.<\/p>\n<p>2o.Prestar aprobaci\u00f3n definitiva ao Regulamento de referencia procedendo \u00e1 s\u00faa exposici\u00f2n p\u00fablica aos efectos legais correspondentes.<\/p>\n<p>3o.-Adquirir o compromiso de elevar as seguintes propostas \u00e1 COMISI\u00d3N ESPEC\u00cdFICA DE SEGUIMENTO DO FUNCIONAMENTO DO CENTRO, conforme aos criterios manifestados polo Traballador Social no seu informe, segundo se sinala a continuaci\u00f3n e sen prexu\u00edzo de calquera outra que en dita Comisi\u00f3n se considere procedente tratar:<\/p>\n<p>1.- Aceptar as alegaci\u00f3ns numeradas cos puntos 3, 4, 8 e 11<\/p>\n<p>No punto 3 . Par\u00e9ceme importante contar cun Consello da Residencia. Non obstante debemos de ter en conta que se trata de por en funcionamento un centro residencial partindo de cero.<\/p>\n<p>Isto sup\u00f3n un important\u00edsimo desaf\u00edo. Novos traballadores, nova xesti\u00f3n, novo edificio, novos residentes, d\u00faas administraci\u00f3ns &#8230; Todo isto por s\u00ed s\u00f3 xa vai a supo\u00f1er ter que sortear moitos obst\u00e1culos. Incorporar, desde o principio un novo axente ser\u00eda engadir m\u00e1is dificultades.<\/p>\n<p>Por outra banda cando o centro est\u00e9 funcionando, os traballadores, os residentes, as familias, a empresa ou empresas, se co\u00f1ezan ser\u00eda o momento id\u00f3neo para que entre en escea este tipo de organo. Propo\u00f1o, polo tanto, que nun prazo de dous anos, se cree o Consello da residencia.<\/p>\n<p>No punto 4 propo\u00f1o que se harmonicen as ordenanzas correspondentes \u00f3s servizos de atenci\u00f3n de Ribadeo, na medida do posible, dadas as especiais circunstancias dos outros dous servizos. Non obstante isto non supor\u00e1 variaci\u00f3n algunha na presente Ordenanza de acceso.<\/p>\n<p>No punto 8 Propo\u00f1o incorporar \u00e1 redacci\u00f3n da Ordenanza o seguinte texto : A persoa que non supere o per\u00edodo de adaptaci\u00f3n non poder\u00e1 presentar outra nova solicitude nun prazo de dous anos.<\/p>\n<p>Con respecto \u00f3 punto 11 propo\u00f1o aceptar a alegaci\u00f3n e unificar a denominaci\u00f3n do centro en t\u00f3dolos documentos.<\/p>\n<p>2.- Aceptar parcialmente as alegaci\u00f3ns correspondentes \u00f3 punto 2 no relativo a participaci\u00f3n dos familiares e residentes nos cambios que se poidan producir , no futuro no Regulamento de r\u00e9xime interno, a trav\u00e9s d Consello da Residencia. No resto estamos \u00f3 que xa dicimos na resposta a ese punto.<\/p>\n<p>4o Facultar \u00e1 Alcald\u00eda-Presidencia para realizaci\u00f3n de cantos actos, tr\u00e1mites ou xesti\u00f3ns sexan procedentes para o bo f\u00edn dos acordos adoptados.\u201d<\/p>\n<p>Tras deliberaci\u00f3n, a Comisi\u00f3n Informativa por oito votos a favor (dos membros dos Grupos BNG,PP e C \u0301ds) e unha abstenci\u00f3n da membro do PSG-PSOE acorda ditaminar favorablemente esta proposta modificando o apartado 3o no senso de que a Comsi\u00f3n para o tratamento deste asunto non \u00e9 a que figura na proposta senon a que consta no Convenio Marco concretamente a Comisi\u00f2n de Seguimento xeral.\u201d<\/p>\n<p>Interv\u00e9n a concelleira do Grupo Municipal Socialista Sra.Gonz\u00e1lez Ginzo que sinala que as alegaci\u00f3ns que se formularon durante o per\u00edodo de exposici\u00f3n parece que son aceptadas pero en diferido pero que hai certas cuesti\u00f3ns que, ao seu xu\u00edzo, non se deben dilatar ou aprazar polo que entende que deber\u00edan examinarse e resolverse agora.<\/p>\n<p>O Concelleiro do Grupo Municipal Popular Sr. L\u00f3pez Penabad interv\u00e9n e manifesta que cre que en todo caso hai un compromiso para atender esas alegaci\u00f3ns a lo menos en parte e que hai unha Comisi\u00f3n na que est\u00e1n representados os actores mais importantes polo que o voto do seu grupo vai ser afirmativo.<\/p>\n<p>Interv\u00e9n o sr.Alcalde, manifesta que suscribe integramente todo o dito polo portavoz do Grupo Popular, que est\u00e1n en sinton\u00eda coa Deputaci\u00f3n Provincial e que iso leva a unha homoxeneizaci\u00f3n nos textos cos outros concellos pero que existe ese compromiso de levar \u00e1 primeira reuni\u00f3n da Comisi\u00f3n polo que pensa que na votaci\u00f3n non deber\u00eda romperse a unanimidade como se mantivo ata o de agora.<\/p>\n<p>A Concelleira Dona Aurora Gonz\u00e1lez Ginzo manifesta que, en todo caso, as cuesti\u00f3ns que ela refire son para defender exclusivamente no concello de Ribadeo e non te\u00f1en porqu\u00e9 afectar ao resto<\/p>\n<p>Ent\u00e1blase debate entre a concelleira e o Sr.Alcalde que lle manifesta novamente a concelleira a petici\u00f3n de manter unha unanimidade neste asunto como en todo que poida afectar ao Centro de maiores con beneficio para Ribadeo.<\/p>\n<p>Rematada a deliberaci\u00f3n som\u00e9tese a votaci\u00f3n o ditame que resulta aprobadc por unanimidade de todos os membros da Corporaci\u00f3n nos seus propios termos.\u201d<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A residencia, en Google maps Despois da celebraci\u00f3n de pleno de 23 de outubro de 2018, vista a acta e os comentarios aparecidos con posterioridade nos medios, esta plataforma ve a conveniencia de dar publicidade a alg\u00fan aspecto que consideramos importante e que non sa\u00edu \u00e1 superficie ata o momento. Con data 26 de setembro, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[11,64],"class_list":["post-5435","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-historia","tag-residencia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5435","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5435"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5435\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5435"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5435"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5435"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}