{"id":5428,"date":"2018-11-30T12:42:00","date_gmt":"2018-11-30T11:42:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:24:48","modified_gmt":"2024-11-12T12:24:48","slug":"ribadeo-madrid-transporte","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2018\/11\/30\/ribadeo-madrid-transporte\/","title":{"rendered":"Ribadeo, Madrid. Transporte"},"content":{"rendered":"<p>Hoxe entra en vigor a prohibici\u00f3n de circulaci\u00f3n sobre algo m\u00e1is de 4 km<sup>2<\/sup> no centro de Madrid. Contaminaci\u00f3n, tr\u00e1fico, aparcamento, desenvolvemento da vida no centro da capital van verse afectados. Comparar unha cidade de catro mill\u00f3ns de habitantes cun pobo unhas 700 veces menor non \u00e9 doado, nin en tr\u00e1fico. Mais, en medio da pol\u00e9mica do comercio que houbo d\u00edas pasados, coido que ten sentido facer un pouco de planificaci\u00f3n de futuro tam\u00e9n en Ribadeo sobre o tr\u00e1fico rodado, acceso, aparcamento, e, sobre todo, li\u00f1as de comunicaci\u00f3n p\u00fablicas ou compartidas de diverso xeito para facer as comunicaci\u00f3ns e transportes mantibles e respectuosos co entorno. Hoxe por hoxe, as restrici\u00f3ns \u00f3 transporte que pouco a pouco se van estendendo por todo o mundo te\u00f1en vairas cousas en com\u00fan, entre elas, que deixan moito mellor paradas \u00e1s aglomeraci\u00f3ns urbanas, con grande densidade de poboaci\u00f3n, con moita xente coa que compartir e moitas posibilidades de uso de transporte p\u00fablico xa de xeito previo, fronte \u00e1s zonas nas que a poboaci\u00f3n est\u00e1 dispersa, como ocorre no noso entorno. As li\u00f1as de tren de proximidade das cidades est\u00e1n a desenvolverse e fomentarse, mentres aqu\u00ed o ferrocarril da costa c\u00e1ese en anaqui\u00f1os diante da nosa vista, desincent\u00edvase o seu uso, rec\u00f3rtanse conexi\u00f3ns&#8230; algo polo estilo pasa coas li\u00f1as de autob\u00fas. Caber\u00eda facer unha excepci\u00f3n coa li\u00f1a Viveiro-Ribadeo, pero est\u00e1 visto que unha cousa \u00e9 a teor\u00eda e outro o funcionamento real, con pasos por paradas sen parar, retrasos ou ausencias (cousas vividas de primeira man), etc, e unha app para avisar de que vas viaxar que a\u00ednda non sei que lle fora \u00fatil a ningu\u00e9n.<\/p>\n<p>Cousa polo estilo pasa cos aparcamentos. Nas cidades est\u00e1n a estenderse os &#8216;aparcamentos disuasorios&#8217;, mentres aqu\u00ed son aparcamentos complementarios polo reducido espazo de aparcamento que se estima nas r\u00faas, dado ademais que o uso do coche particular \u00e9 necesario ante a falta de alternativas. alternativas que pasan con moita dificultade polo uso de posibilidades como blablacar, pois para ir cami\u00f1o de Xix\u00f3n podes ter unha certa frecuencia, mais para ir a Lugo a cousa xa est\u00e1 m\u00e1is dif\u00edcil, e non digamos se tes que ir a Allariz, como me pasou a min hai non tanto tempo, ou sinxelamente desprazarte a Arante para facer al\u00ed algo pola ma\u00f1\u00e1.<\/p>\n<p>Coido que Ribadeo s\u00f3 non pode loitar contra iso, pero tam\u00e9n que voluntarismos como ir \u00f3 encontro de f\u00fatbol entre os equipos de Ribadeo e Viveiro en tren (volvendo en autob\u00fas, que as\u00ed est\u00e1n as cousas e non se pode un arriscar) ou esquecementos como a chamada do comercio a consumir aqu\u00ed esquecendo que o transporte tam\u00e9n atrae consumidores, e polo tanto, esquecendo esa compo\u00f1ente que nos afecta a todos, non son loitar pola defensa dunha vida mellor para todos, cidad\u00e1ns e comercio inclu\u00eddos.<\/p>\n<p>Agora ben, hai xente de Ribadeo que vive en Barcelona e non ten coche porque non le fai falta. Isto, antes da adecuaci\u00f3n do transporte na cidade. Aqu\u00ed, que nin hai nin se espera de momento dita adecuaci\u00f3n macro, sen coche, est\u00e1s atado, cautivo. Sexa para ir \u00f3 hospital da Costa (ou o HULA), sexa para mercar en Ribadeo xente de Barres ou en Lugo xente de Ribadeo, sexa para ir \u00f3 partido de f\u00fatbol en Vilalba, ou mesmo \u00e1 charla que dan na Veiga. E a cousa tende a empeorar coa falta de mantemento e supresi\u00f3n das li\u00f1as &#8230; sen unha loita organizada e con queixas dispersas que, ademais, pretenden facer un aproveitamento directo e non xeral (que reverquer\u00eda despois no propio aproveitamento)<\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto; text-align: center;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhxbPld-mupVXO_pJk_myi9eg7Ci_kJWxUcggg2LxE_SPCsEiqfJJ6RcNo5UIUIbkKkz7cA69C4iHu0pt4P7w81B6OD5NR7k_gxbD_PfKahm4DSRXr-K3CscmRO1ULcncTNQdcadg\/s2048\/Trnasporte+1975.jpg\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhxbPld-mupVXO_pJk_myi9eg7Ci_kJWxUcggg2LxE_SPCsEiqfJJ6RcNo5UIUIbkKkz7cA69C4iHu0pt4P7w81B6OD5NR7k_gxbD_PfKahm4DSRXr-K3CscmRO1ULcncTNQdcadg\/s2048\/Trnasporte+1975.jpg\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">Autob\u00fas de li\u00f1a en 1975. De https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Ficheiro:1975_-_Pontevedra.jpg; autor <a href=\"https:\/\/www.flickr.com\/photos\/79384727@N00\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Antonio<\/a>, lic.  <a class=\"extiw\" href=\"https:\/\/en.wikipedia.org\/wiki\/gl:Creative_Commons\" title=\"w:gl:Creative Commons\">Creative Commons<\/a> <a class=\"external text\" href=\"https:\/\/creativecommons.org\/licenses\/by-sa\/2.0\/deed.gl\" rel=\"nofollow\">reco\u00f1ecemento compartir igual xen\u00e9rico 2.0<\/a><\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Hoxe entra en vigor a prohibici\u00f3n de circulaci\u00f3n sobre algo m\u00e1is de 4 km2 no centro de Madrid. Contaminaci\u00f3n, tr\u00e1fico, aparcamento, desenvolvemento da vida no centro da capital van verse afectados. Comparar unha cidade de catro mill\u00f3ns de habitantes cun pobo unhas 700 veces menor non \u00e9 doado, nin en tr\u00e1fico. Mais, en medio da [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,26,9,50],"class_list":["post-5428","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-medio","tag-sociedade","tag-vilalba"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5428","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5428"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5428\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5428"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5428"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5428"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}