{"id":5420,"date":"2018-12-16T11:54:00","date_gmt":"2018-12-16T10:54:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:24:29","modified_gmt":"2024-11-12T12:24:29","slug":"nota-de-prensa-do-concello-barcia-pensa","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2018\/12\/16\/nota-de-prensa-do-concello-barcia-pensa\/","title":{"rendered":"Nota de prensa do concello. BARCIA PENSA QUE \u00c9 UN TREITO DA TRANSILVANIA DO S\u00c9CULO XIX"},"content":{"rendered":"<p>Nunha semana o blog ten acollido d\u00faas entradas que recollen de xeito directo a situaci\u00f3n do transporte na zona, tendo o tren como principal vector. Por iso coido que debo recoller tam\u00e9n \u00edntegra a nota publicada polo concello o pasado d\u00eda 12:<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiMmeT8SJVAzz006DvmGJgfJQR2vxut5gy2p57Gid_qC6hAQ6JBphA4daqXlouQqYYB-j6mu3zyDHm4QUfwRwQzFGwHIB_6fcXkacuX9gO3pcz_vkjSISqMdZ9hM-yrdisCQz___A\/s2048\/alcaldes_Foto_xuntanza_tren_Ferrol.jpeg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiMmeT8SJVAzz006DvmGJgfJQR2vxut5gy2p57Gid_qC6hAQ6JBphA4daqXlouQqYYB-j6mu3zyDHm4QUfwRwQzFGwHIB_6fcXkacuX9gO3pcz_vkjSISqMdZ9hM-yrdisCQz___A\/s2048\/alcaldes_Foto_xuntanza_tren_Ferrol.jpeg\" \/><\/a><\/p>\n<p><em>BARCIA PENSA QUE \u00c9 UN TREITO DA TRANSILVANIA DO S\u00c9CULO XIX<\/em><\/p>\n<p><em>&nbsp;Xuntanza polo tren<\/em><\/p>\n<p><em>12\/12\/2018<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>O alcalde, Fernando Su\u00e1rez, asistiu hoxe a unha reuni\u00f3n en Ferrol para abordar a situaci\u00f3n da li\u00f1a de tren que atravesa Ribadeo e o litoral da comarca da Mari\u00f1a ata a cidade departamental. O rexedor explicou que non asistiu ning\u00fan alcalde do PP e que Adif anuncia o inicio dos tr\u00e1mites en xaneiro para renovar as m\u00e1quinas. Su\u00e1rez Barcia considera que a xente non utiliza este servizo de transporte p\u00fablico porque ten unha grande falta de credibilidade.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>O alcalde declarou que &#8220;tivemos unha xuntanza en Ferrol, que foi convocada por responsables de Adif, \u00e9 dicir do Ministerio de Fomento do goberno do Estado, e tam\u00e9n da Xunta de Galicia, para tratar de dar unha explicaci\u00f3n a esta situaci\u00f3n terrible e lamentable que vivimos na Mari\u00f1a por mor da li\u00f1a do tren de Feve, concretamente o tramo de Ribadeo a Ferrol. \u00c9 un treito que m\u00e1is parece sacado da Transilvania do s\u00e9culo XIX, que no lugar onde nos toca vivir a todos e a todas&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Fernando Su\u00e1rez contou que &#8220;debo dicir que, entre os alcaldes que fomos, non hab\u00eda ning\u00fan do PP e iso tam\u00e9n chama a atenci\u00f3n, porque penso que a li\u00f1a de Feve pasa por todos os concellos, independentemente de quen goberne en cada un, pero al\u00ed hab\u00eda do Bloque, do PSOE, de En Marea, etc\u2026, pero non hab\u00eda ning\u00fan alcalde do PP. Tam\u00e9n quero dicir que asistimos con moita prudencia \u00e1s boas intenci\u00f3ns que parece que agora Adif vai ter con esta li\u00f1a, no senso de iniciar os tr\u00e1mites para renovar as m\u00e1quinas, a\u00ednda sendo conscientes de que se isto vai a un consello de ministros de xaneiro, os procesos de compra e de adxudicaci\u00f3n demoraranse, segundo as s\u00faas verbas, entre tres e catro anos&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>O rexedor relatou que &#8220;tam\u00e9n nos explicaron que est\u00e1n en proceso de reparaci\u00f3n de toda esta maquinaria rodante, que ten m\u00e1is de corenta anos en moitos casos, e que o que est\u00e1 provocando en toda a cidadan\u00eda, non soamente en Ribadeo sen\u00f3n en toda A Mari\u00f1a e en toda a cornixa cant\u00e1brica, polo menos no que ten que ver con Galicia, unha situaci\u00f3n de descr\u00e9dito desta li\u00f1a absolutamente, e de falta de confianza de que a xente non usa este medio de comunicaci\u00f3n p\u00fablico, ecol\u00f3xico e ao mesmo tempo bo, porque non cre nel, porque sabe que vai pero igual non pode volver, porque se estraga, porque vai no tren e ten que acabar collendo un taxi ou volvendo en autob\u00fas, \u00e9 dicir, unha falta de fiabilidade e de credibilidade in\u00e9dita para vivir no ano 2018&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Su\u00e1rez Barcia subli\u00f1ou que &#8220;tam\u00e9n chama a atenci\u00f3n que o representante da Xunta que, durante todos estes anos non exerceu o liderado en todo isto, agora tam\u00e9n se anime a reivindicar. Par\u00e9cenos moi ben que se animen agora, pero durante moitos anos que o PP gobernou no Estado non se lle v\u00edan esas ansias. En todo caso sexan benvidas e a ver se entre todos podemos volver a dar un cr\u00e9dito e unha confianza a este medio de comunicaci\u00f3n que poder\u00eda vertebrar perfectamente A Mari\u00f1a, pero que non a vertebra en absoluto porque a xente e a cidadan\u00eda non conf\u00eda&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>O alcalde agarda que &#8220;se leven adiante estas talas de \u00e1rbores, que nos dixeron, para a limpeza da v\u00eda e das s\u00faas inmediaci\u00f3ns, que se liciten uns proxectos de estabilizaci\u00f3n das trincheiras, \u00e9 dicir, que dalgunha maneira se lle preste atenci\u00f3n a un servizo de comunicaci\u00f3n p\u00fablico merecedor de tal cualificativo. Esperemos que estas verbas vaian torn\u00e1ndose en feitos, porque o certo \u00e9 que estamos acabando un mandato exactamente igual que cando se empezou con estas reivindicaci\u00f3ns dende moitos Concellos para po\u00f1er en valor isto, xa hai anos. En todo este tempo non se fixo nada e as li\u00f1as cada vez est\u00e1n m\u00e1is abandonadas, a falta de revisores, a falta de persoal, os trens, os vag\u00f3ns e as locomotoras practicamente est\u00e1n para ir \u00e1 chatarra, e isto non pode seguir as\u00ed&#8221;.<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Nunha semana o blog ten acollido d\u00faas entradas que recollen de xeito directo a situaci\u00f3n do transporte na zona, tendo o tren como principal vector. Por iso coido que debo recoller tam\u00e9n \u00edntegra a nota publicada polo concello o pasado d\u00eda 12: BARCIA PENSA QUE \u00c9 UN TREITO DA TRANSILVANIA DO S\u00c9CULO XIX &nbsp;Xuntanza polo [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[13,9,77],"class_list":["post-5420","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-politica","tag-sociedade","tag-tren"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5420","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5420"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5420\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5420"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5420"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5420"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}