{"id":5414,"date":"2018-12-29T21:49:00","date_gmt":"2018-12-29T20:49:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:24:19","modified_gmt":"2024-11-12T12:24:19","slug":"facendo-propaganda-conta-dos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2018\/12\/29\/facendo-propaganda-conta-dos\/","title":{"rendered":"Facendo propaganda a conta dos pensionistas"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEg3wOt5BLG8PRbGezhqxhO5tU3B-Hal1yk32flN2o5FoAevqqauTI3R4s5NcZgyjTQP2_uPJ2oQuvwVfmX9fBt0sAvJIHcIR0TrxtoR28PCarLIiARAGWSnce929LRTeOItYW9H5w\/s2048\/medias+verdades+unha+mentira.png\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"196\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEg3wOt5BLG8PRbGezhqxhO5tU3B-Hal1yk32flN2o5FoAevqqauTI3R4s5NcZgyjTQP2_uPJ2oQuvwVfmX9fBt0sAvJIHcIR0TrxtoR28PCarLIiARAGWSnce929LRTeOItYW9H5w\/s2048\/medias+verdades+unha+mentira.png\" width=\"320\" \/><\/a><\/p>\n<p>Hoxe foi un deses d\u00edas nos que era doado, moi doado, atopar novas con titulares truculentos, sen ter que chegar a ler nada m\u00e1is que iso:&nbsp; o titular. Como mostra, val un bot\u00f3n, din.&nbsp; E iso \u00e9 o que fago neste artigo, traer unha mostra relevante. Est\u00e1 sacada da portada de La Voz de Galicia de hoxe. Era a nova iso, relevante, da portada: &#8216;Los pensionistas gallegos recuperan poder adquisitivo por primera vez en cinco a\u00f1os&#8217;.<\/p>\n<p>A ver&#8230; iso suc\u00e9delles \u00f3s pensionistas galegos por ser iso, galegos a m\u00e1is de pensionistas, ou \u00f3s pensionistas espa\u00f1ois, por ser sinxelamente iso, pensionistas en Espa\u00f1a? Coido que a resposta est\u00e1 clara: a ra\u00edz dunha edida tomada polo goberno, os pensionistas revalorizar\u00e1n as s\u00faas pensi\u00f3ns, de media, m\u00e1is que a inflacci\u00f3n oficial. Pero, \u00e9 iso o que di a nova? Non! s\u00f3 se refire \u00f3s galegos, cando est\u00e1 tratando cunha causa que afecta a todos os pensionistas, galegos ou non.<\/p>\n<p>O artigo non entra na veracidade da afirmaci\u00f3n da recuperaci\u00f3n do poder adquisitivo: ter\u00eda que ter en conta diversas cousas que levar\u00edan a unha an\u00e1lise dun nivel de datos, co\u00f1ecementos e m\u00e9todos netamente superior \u00f3 observado.<\/p>\n<p>Non obstante, si hai algo que se ve claramente: a quen beneficia a nova. Independentemente de que a xeraci\u00f3n da nova, a causa, poda ser considerada ou non promoci\u00f3n pol\u00edtica dos gobernantes en Madrid, o caso \u00e9 que a redacci\u00f3n leva a pensar como causantes da nova \u00f3s gobernantes en Galicia, e polo tanto, ser\u00edan estes -lembremos, integrantes do PP e non do PSOE como os do goberno central- os beneficiarios da sensaci\u00f3n positiva de mellora que trae a nova para o colectivo de pensionistas.<\/p>\n<p>Prensa neutral? Non. Obxectivamente, non pode selo, pois dende a elecci\u00f3n das novas a difundir a calquera outra actividade relacionada en diante, sup\u00f3n o uso de valoraci\u00f3ns propias como base de elecci\u00f3n. Pero, a\u00ednda que sexa imposible unha neutralidade &#8216;total&#8217;, cada medio si debe ter uns mecanismos que permitan achegarse \u00f3s feitos dun xeito veraz. Hoxe por hoxe, ese &#8216;debe ter&#8217;representa, nunha parte abrumadora dos casos, non un deberobrigado, sen\u00f3n todo o m\u00e1is, un desexo optativo.<\/p>\n<p>Gustar\u00edame saber a influencia, contada en votos, de un trucaxe dunha noticia as\u00ed. Algo moi dif\u00edcil, por outra parte. E por esa dificultade, xunto cos subterfuxios ling\u00fc\u00edsticos da avogac\u00eda, estamos as\u00ed&#8230;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Hoxe foi un deses d\u00edas nos que era doado, moi doado, atopar novas con titulares truculentos, sen ter que chegar a ler nada m\u00e1is que iso:&nbsp; o titular. Como mostra, val un bot\u00f3n, din.&nbsp; E iso \u00e9 o que fago neste artigo, traer unha mostra relevante. Est\u00e1 sacada da portada de La Voz de Galicia [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,13,9],"class_list":["post-5414","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5414","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5414"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5414\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5414"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5414"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5414"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}