{"id":5397,"date":"2019-01-31T09:28:00","date_gmt":"2019-01-31T08:28:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:23:47","modified_gmt":"2024-11-12T12:23:47","slug":"segunda-reclamacion-valedora-do-pobo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2019\/01\/31\/segunda-reclamacion-valedora-do-pobo\/","title":{"rendered":"Segunda reclamaci\u00f3n \u00e1 Valedora do Pobo. Por Nuestro Faro"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjG9srwEvt-qrGHYyAL4MRQcoOLCDwgdHf412VRk1xEnThui4oLOQZF3jSByqzf5dE7Rt2fP1ItNQBV2oKw002osrtbTlBnyzdyxmswkEMMU1nNwAq1A6XiP5kZYYttohjp-Du_Pw\/s2048\/illa+Pancha+no+challenge.png\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjG9srwEvt-qrGHYyAL4MRQcoOLCDwgdHf412VRk1xEnThui4oLOQZF3jSByqzf5dE7Rt2fP1ItNQBV2oKw002osrtbTlBnyzdyxmswkEMMU1nNwAq1A6XiP5kZYYttohjp-Du_Pw\/s2048\/illa+Pancha+no+challenge.png\" \/><\/a><\/p>\n<p>Lembremos que <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2018\/09\/fosa-septica-e-verquido-na-illa-pancha.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">o d\u00eda sete de setembro de 2018 o colectivo \u00abPor nuestro faro\u00bb presentou un escrito no concello<\/a> con alegaci\u00f3ns ao proxecto de legalizaci\u00f3n dunha fosa s\u00e9ptica. No escrito ped\u00edamos que o propio concello estudase o proxecto, presentase as suas alegaci\u00f3ns, e solicit\u00e1bamos diversas informaci\u00f3ns sobre o criterio do Concello de Ribadeo para acordar licencias nese contexto. Ao non recibir resposta, <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2018\/10\/de-por-nuestro-faro-o-concello.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">o d\u00eda 10 de outubro presentamos un novo escrito<\/a> acoll\u00e9ndonos \u00e1 lei de transparencia. Tres meses desp\u00f3is, <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2019\/01\/illa-pancha-acudindo-valedora-do-pobo.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">o d\u00eda nove de xaneiro de 2019 remitimos unha reclamaci\u00f3n \u00e1 Valedora do Povo<\/a> Galego tralo incumplimento polo concello do prazo de resposta que esixe a devandita lei . Ao mesmo tempo demos unha nota de prensa.<\/p>\n<p>&nbsp;Pois ben, o 16 de xaneiro, -con un mes de retraso dacordo ca norma devandita pero ao d\u00eda seguinte de sair a nosa nota de prensa (!)-, recibimos  un correo que non podemos calificar de resposta por parte do Concello. Certo, o Sr. Alcalde non resposta a nada do que se lle preguntou e maiormente sobre dous puntos clave : \u00bfC\u00f3mo \u00e9 posible que en agosto de 2018 se presente un proxecto de legalizaci\u00f3n dunha fosa s\u00e9ptica constru\u00edda dende abril de 2017?. e \u00bfc\u00f3mo se explica que se conceda e non se revise unha licencia de actividade nestas condici\u00f3ns?<\/p>\n<p>Desde o punto de vista da responsabilidade do Concello, a situaci\u00f3n \u00e9 ainda m\u00e1is grave agora, xa que no seu escrito o alcalde reco\u00f1ece non saber se a fosa conta con todolos permisos. Por outra banda, despois dunha denuncia do noso colectivo ao Seprona, descubriuse que a ubicaci\u00f3n da famosa fosa s\u00e9ptica foi cambiada de sitio sen proxecto nen autorizaci\u00f3n de neng\u00fan tipo, e iso \u00e9 algo do que alcalde est\u00e1 perfectamente informado.<\/p>\n<p>Non repetiremos aqu\u00ed as numerosas contradicci\u00f3ns do proxecto, que por outra banda poden atoparse nos escritos e documentos publicados na nosa p\u00e1xina de facebook, aberta ao publico, e nos medios de comunicaci\u00f3n, sinxelamente lembraremos o desprezo total das <a href=\"https:\/\/www.miteco.gob.es\/es\/biodiversidad\/temas\/espacios-protegidos\/red-natura-2000\/rn_espana.aspx\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">normas de protecci\u00f3n da Rede Natura 2000<\/a> (<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2018\/07\/novo-informe-do-defensor-sobre-illa.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">esixidas catro veces polo Defensor del Pueblo<\/a>) e a menci\u00f3n no texto do proxecto dunha norma de Impacto Ambiental de 1986, que hoxe conta polo menos con 5 modificaci\u00f3ns posteriores (a <a href=\"https:\/\/www.boe.es\/buscar\/pdf\/2013\/BOE-A-2013-12913-consolidado.pdf\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">\u00faltima do ano 2013<\/a><a href=\"https:\/\/www.boe.es\/buscar\/pdf\/2013\/BOE-A-2013-12913-consolidado.pdf\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">, xa reformada varias veces<\/a>).<\/p>\n<p>Pero as\u00ed est\u00e1n as cousas e o Sr. Alcalde non quere nin contestar nin indagar. E chegados a este punto, cabe preguntarse \u00bfqu\u00e9 estranos misterios ou segredos se esconden neste longo asunto da illa Pancha? \u00bfPor qu\u00e9 se nos remiten informes t\u00e9cnicos que non pedimos nin discutimos e non se nos dan respostas concretas a preguntas sinxelas que calquer goberno democr\u00e1tico debera ter como unha obriga indiscutible?.<\/p>\n<p>Pola nosa banda remitiremos hoxe mesmo esta informaci\u00f3n \u00e1 Valedora do Pobo, como procede nos casos nos que non se respeta a <a href=\"https:\/\/boe.es\/boe_gallego\/dias\/2013\/12\/10\/pdfs\/BOE-A-2013-12887-G.pdf\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Ley de Transparencia<\/a>, para que se tomen as medidas axeitadas  e que o noso colectivo obte\u00f1a a informaci\u00f3n requerida no exercicio dos nosos dereitos garantidos pola devantita lei e incumplidos reiteradamente polo Concello de Ribadeo.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Lembremos que o d\u00eda sete de setembro de 2018 o colectivo \u00abPor nuestro faro\u00bb presentou un escrito no concello con alegaci\u00f3ns ao proxecto de legalizaci\u00f3n dunha fosa s\u00e9ptica. No escrito ped\u00edamos que o propio concello estudase o proxecto, presentase as suas alegaci\u00f3ns, e solicit\u00e1bamos diversas informaci\u00f3ns sobre o criterio do Concello de Ribadeo para acordar [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[37],"class_list":["post-5397","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-illa-pancha"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5397","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5397"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5397\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5397"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5397"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5397"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}