{"id":5396,"date":"2019-02-01T00:10:00","date_gmt":"2019-01-31T23:10:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:23:45","modified_gmt":"2024-11-12T12:23:45","slug":"a-quen-non-lle-gusta-illa-pancha-ou-o","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2019\/02\/01\/a-quen-non-lle-gusta-illa-pancha-ou-o\/","title":{"rendered":"A quen non lle gusta a illa Pancha ou o surf?"},"content":{"rendered":"<p>A quen non lle gusta a illa Pancha ou o surf? Emblem\u00e1tica, bonita, unha gozada calma a unha, un pracer visual o outro&#8230;<\/p>\n<p>A cousa vai sobre o Challenge Isla Pancha. Unha revisi\u00f3n \u00f3s datos.<\/p>\n<p>A organizaci\u00f3n comunicou \u00e1 prensa que o orzamento da proba era 200 000 \u20ac (Deputaci\u00f3n, 12 000). E tam\u00e9n, e no pdf de prensa dispo\u00f1ible na web do evento pode verse, que o equipo, todo o equipo, son tres persoas. Anunciaron 24 surfistas. \u00d3 final, as fotos que se poden ver incl\u00faen 16 persoas, mesmo con xente da organizaci\u00f3n, a\u00ednda que sexa titular estendido que houbo 24 surfistas.<\/p>\n<p><span class=\"_5yl5\">O p\u00fablico foi numeroso, a capacidade de convocatoria foi grande. Mais estaba previsto (folletos de difusi\u00f3n) para 15 000 persoas. Iso sup\u00f3n m\u00e1is de 4000 veh\u00edculos cunha ocupaci\u00f3n media de 3 persoas, a m\u00e1is da xente que fora cami\u00f1ando (que foi unha m\u00ednima cantidade pola temperie que hab\u00eda. Pero esa cantidade de coches, aparcados en li\u00f1a polas cunetas, sup\u00f3n ben m\u00e1is de 16 km de cunetas&#8230; moito, a\u00ednda que se admita que houbo varias quendas de aparcamento. A repercusi\u00f3n na hosteler\u00eda coido foi escasa f\u00f3ra da propia organizaci\u00f3n. E, botando contas cun n\u00famero estimado de xente visitante \u00f3 evento (ribadenses inclu\u00eddos) saen cousa de 100 \u20ac por visitante. Non sei os clic que puido ter, o que ser\u00eda outro ratio interesante. Se foron os previstos, sair\u00eda a cousa de un d\u00e9cimo de c\u00e9ntimo por cada &#8216;clic&#8217;&#8230;<\/span> <\/p>\n<p>Anunci\u00e1ronse ondas de ata vinte metros, a partir dunha previsi\u00f3n de ondas na zona de m\u00e1is de sete metros. Pero a previsi\u00f3n era de ondas abondo menores, e non sei se chegar\u00edan \u00f3s 10. Que coido que son abondo grandes, pero que nos comentarios de foros especializados cualificaban como <em>&#8216;A mi me parece una ola de 2daB, en cuanto a calidad, pero bueno, ellos sabran<\/em>&#8216; ou &#8216;<em>da la sensaci\u00f3n de que le falta brazo a la ola para poder surfear<\/em>&#8216;, sen comentarios en contra (<a href=\"https:\/\/www.surf30.net\/2019\/01\/luz-verde-illa-pancha-challenge-2019.html\">https:\/\/www.surf30.net\/2019\/01\/luz-verde-illa-pancha-challenge-2019.html<\/a>). De feito, \u00f3 d\u00eda seguiente, <a href=\"https:\/\/www.todosurf.com\/prevision\/isla-pancha-spot359.htm\">https:\/\/www.todosurf.com\/prevision\/isla-pancha-spot359.htm<\/a> ti\u00f1a a pantalla:<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiuGrF8qfJCkOTmBAkEhyJzjU2hiVwXeRKo8JKAvynegapyOmeYhdanE3wbPYdyCw3D-v0Hy81kEejf9eDru3EHnEXQtZykOi133QJNBszrq_t18BTAeCWqakJ70pYqiVDmwzNJWg\/s2048\/ondas+na+illa+Pancha+o+30+de+xaneiro+de+2018+todosurf.png\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiuGrF8qfJCkOTmBAkEhyJzjU2hiVwXeRKo8JKAvynegapyOmeYhdanE3wbPYdyCw3D-v0Hy81kEejf9eDru3EHnEXQtZykOi133QJNBszrq_t18BTAeCWqakJ70pYqiVDmwzNJWg\/s2048\/ondas+na+illa+Pancha+o+30+de+xaneiro+de+2018+todosurf.png\" \/><\/a><\/p>\n<p>&#8230; claro que hai que tomalo como algo relativo, pois na mesma p\u00e1xina, no mesmo momento, pod\u00edase ver esta outra imaxe:<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEio5HJ1VH1pQVAkihI7rlU_wd858JT1zc2p-39-DWbkm1xEonnxsHDQqx_s1Ot2DstUt_iUYTlEfBHiglc3tFW2kJHMGOBb-s4cd91S0yWQr5UK_q5ZletLfsR59ndx3rvSZL8dQQ\/s2048\/ondas+na+illa+Pancha+o+30+de+xaneiro+de+2018+todosurf_2.png\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEio5HJ1VH1pQVAkihI7rlU_wd858JT1zc2p-39-DWbkm1xEonnxsHDQqx_s1Ot2DstUt_iUYTlEfBHiglc3tFW2kJHMGOBb-s4cd91S0yWQr5UK_q5ZletLfsR59ndx3rvSZL8dQQ\/s2048\/ondas+na+illa+Pancha+o+30+de+xaneiro+de+2018+todosurf_2.png\" \/><\/a><\/p>\n<p>O que achegar\u00eda as ondas cara \u00f3 mediod\u00eda \u00f3s 8 metros, como aparenta nalgunha foto pero quiz\u00e1is menos que no entrenamento e decididamente menos que en fotos e v\u00eddeos doutros momentos, a\u00ednda que o d\u00eda 16 de decembro, no El Progreso, un dos arganizadores cualificaba de incribles ondas de 9 m (na web do evento e nos folletos di que se acadan facilmente os 18 m).<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/forocoin.net\/threads\/noticias-diarias-sobre-criptomonedas-hilo-general.1105\/page-88\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Os premios foron dados en criptomoedas<\/a>, como pode verse nalgunha foto. E os comentarios sobre a criptomoeda usada, non demasiado b\u00f3s, como se pode ver na <a href=\"https:\/\/forocoin.net\/threads\/noticias-diarias-sobre-criptomonedas-hilo-general.1105\/page-88\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<p>O ter a un pobo (a m\u00e1is dos surfeiros interesados) pendente durante un mes ten moito m\u00e9rito, e as grazas \u00e1 prensa son debidas, a\u00ednda que non por iso deixou de haber algunha confusi\u00f3n sobre o desenrolo, mesmo entre os afeccionados que comentaban no facebook do evento, en cousas como cantos d\u00edas \u00edan ser o d\u00eda anterior da final. \u00d3 final, 1 d\u00eda.<\/p>\n<p>Hai m\u00e1is datos sobre o &#8216;challenge&#8217; que a altura das ondas ou os 200 000 euros para un d\u00eda de evento.<\/p>\n<p>Na p\u00e1xina a\u00ednda activa do challenge e nos folletos descargables pode lerse que son medidas a implementar o valado de zonas sensibles ou a creaci\u00f3n dun &#8220;&#8216;comando&#8217; formado por escolares&#8221; para a preservaci\u00f3n do entorno, algo que polo menos a min me pasou desapercibido, que revisando as fotos non vexo e que, dentro da illa, entendo que ser\u00eda ilegal.<\/p>\n<p>Puiden descargar dous panfletos sobre o evento. Un, de once p\u00e1xinas, cualifica a proba como &#8216;<em>EVENTO DE INTER\u00c9S DEPORTIVO Y MEDIOAMBIENTAL<\/em>&#8216;, o que me levou a ir un pouco m\u00e1is al\u00f3. Nel cualif\u00edcase o evento surfeiro como o m\u00e1is importante que se te\u00f1a realizado en Europa ata o momento. Reco\u00f1\u00e9cese que a \u00e9poca de celebraci\u00f3n \u00e9 sensible para as aves de paso, e que &#8216;<em>este campeonato va reunir esfuerzos para que el impacto medioambiental sea nulo<\/em>&#8216;. Reco\u00f1ece adem\u00e1is que a R\u00eda de Ribadeo ten m\u00faltiples reco\u00f1ecementos medioambientais, incluida en la Red Natura 2000 como Lugar de Interese Comunitario (LIC), declarada Zona de Especial Protecci\u00f3n para Aves (ZEPA) dende 1989 e Zona H\u00famida de Importancia Internacional inscrita no convenio Ramsar dende 1994, \u00f3 que lle suma o reco\u00f1ecemento como refuxio nacional de caza dende 1983&#8243;. Calquera que estivera por al\u00ed ou vexa as fotos da illa e aleda\u00f1os poderase facer moitas preguntas \u00f3 respecto do que se entend\u00eda nese reco\u00f1ecemento, nos esforzos e na nulidade.<\/p>\n<p>O outro, o dossier de prensa, avisa o evento como o primeiro dunha serie de eventos mundiais (ent\u00e9ndese organizados pola mesma empresa) nos que se ir\u00e1 &#8216;m\u00e1is al\u00f3 dos l\u00edmites co\u00f1ecidos&#8217; e di que ten xa a confirmaci\u00f3n dos 24 pariticipantes anunciados, podendo prever a asistencia in situ dunhas 15 000 persoas e 150 000 000 clicks &#8216;no seu apartado&#8217;. Con 19 000 p\u00e1xinas con algo referido \u00e1 illa en internet (inclu\u00eddo por exemplo, o marat\u00f3n) cando se procura por &#8216;isla Pancha challenge&#8217;, saer\u00edan a cousa de 10000 clics por p\u00e1xina de media para chegar a esa cifra, inclu\u00eddas as de medios de gran difusi\u00f3n con notas que pouco te\u00f1en que ver coa competici\u00f3n.<\/p>\n<p>Coido que un modesto repaso como este debe ir rematando. Mais antes, unha pequena nota: se ben houbo anuncios de boa vontade en canto \u00f3 medio ambiente antes do evento, sexa como bon rollo sexa para calmar posibles oposici\u00f3ns, o mesmo feito do evento contrib\u00fae a botar terra por riba doutro asunto. Por ningures sae que se est\u00e1 a usar unha illa de todos para alg\u00fans, entendemos que con privilexios, incumprindo permisos, normas, contratos&#8230; e resultando outras actividades como propaganda implicita para reforzar eses feitos. A non ser que se considere que as normas non son as mesmas para todos.<\/p>\n<p>O pr\u00f3ximo ano voltar\u00e1 haber espect\u00e1culo?<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A quen non lle gusta a illa Pancha ou o surf? Emblem\u00e1tica, bonita, unha gozada calma a unha, un pracer visual o outro&#8230; A cousa vai sobre o Challenge Isla Pancha. Unha revisi\u00f3n \u00f3s datos. A organizaci\u00f3n comunicou \u00e1 prensa que o orzamento da proba era 200 000 \u20ac (Deputaci\u00f3n, 12 000). E tam\u00e9n, e [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[37],"class_list":["post-5396","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-illa-pancha"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5396","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5396"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5396\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5396"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5396"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5396"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}