{"id":5394,"date":"2019-02-08T11:15:00","date_gmt":"2019-02-08T10:15:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:23:42","modified_gmt":"2024-11-12T12:23:42","slug":"a-residencia-no-2019","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2019\/02\/08\/a-residencia-no-2019\/","title":{"rendered":"A residencia no 2019"},"content":{"rendered":"<p>A conto dunha nova que me fixeron notar hoxe, voltei ler a nota de prensa que liberou o concello o d\u00eda 5 sobre a residencia, e p\u00f3\u00f1oa no blog, sen comentarios sobre o contido, que a quen te\u00f1a seguido a <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/search\/label\/residencia\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">historia da residencia de maiores de Ribadeo<\/a> non lle fan falta, e a quen non, faltaranlle referentes. O t\u00edtulo, \u00e9 tal cal aparece na <a href=\"http:\/\/ribadeo.gal\/actualidade\/nova.php?id=2987&amp;lg=gal\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">p\u00e1xina do concello<\/a>, de onde copio (supo\u00f1o que a intenci\u00f3n ser\u00eda po\u00f1er algo como &#8216;o alcalde pide rapidez e acusa&#8230;&#8217;).<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjvhR4JdSYdQ97DxVD_P5f7aALhhICIijPG0X10OMdpuVH91BVgb3nVqoAB6-UiGs-SJn9CBhGNBs37N0aBtfLH8t2GxLR3bbCtCc-T3E5QUWprffaaLvEZ40amAu9Zu9uwFl0uAg\/s2048\/1549386830060418_Foto_residencia_maiores_Ribadeo_-_copia.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjvhR4JdSYdQ97DxVD_P5f7aALhhICIijPG0X10OMdpuVH91BVgb3nVqoAB6-UiGs-SJn9CBhGNBs37N0aBtfLH8t2GxLR3bbCtCc-T3E5QUWprffaaLvEZ40amAu9Zu9uwFl0uAg\/s2048\/1549386830060418_Foto_residencia_maiores_Ribadeo_-_copia.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>E ACUSA \u00c1 ADMINISTRACI\u00d3N GALEGA DE RALENTIZAR A APERTURA<\/p>\n<p>PIA para a residencia<\/p>\n<p>05\/02\/2019<\/p>\n<p>O alcalde, Fernando Su\u00e1rez, solic\u00edtalle \u00e1 Xunta que conceda canto antes o PIA para a nova residencia de maiores. O rexedor denuncia que Ribadeo leva m\u00e1is de mes e medio agardando por este permiso e di que &#8220;este silencio xa cheira&#8221;.<\/p>\n<p>Su\u00e1rez Barcia manifestou que &#8220;este silencio de vai m\u00e1is de mes e medio que enviamos desde o Concello de Ribadeo toda a documentaci\u00f3n \u00e1 Xunta de Galicia para solicitar o PIA, o permiso de inicio de actividade. Toda a documentaci\u00f3n, con todos os certificados, con todos os acordos, con todo, administrativamente de maneira impecable como penso que ningunha outra administraci\u00f3n pode ter enviada esta documentaci\u00f3n \u00e1 Xunta&#8221;.<\/p>\n<p>O rexedor sinalou: &#8220;entendemos que mes e medio despois, vulnerando totalmente os prazos que a lei establece para que se emitan informes, para que se evac\u00faen informes, etc\u2026, temos silencio. Hai uns d\u00edas comuniqueime persoalmente cunha subdirectora e, un tanto nerviosa, dixo que si, que os estaban estudando e que nos contestar\u00edan&#8221;.<\/p>\n<p>Para o alcalde ribadense &#8220;o tema \u00e9 que vai m\u00e1is de mes e medio al\u00f3, e eu quero dicir xa, non no nome do goberno sen\u00f3n que me atrevo a dicir no nome de toda a Corporaci\u00f3n de Ribadeo que o que est\u00e1 pasando aqu\u00ed coa Xunta de Galicia \u00e9 algo para estar abraiados. Non debe supo\u00f1er tanto problema a petici\u00f3n de informes porque, segundo a lei, hainos que evacuar no prazo de dez d\u00edas, polo tanto este informe que a Xunta est\u00e1 esperando dos seus servizos xur\u00eddicos deber\u00e1 estar feito cinco veces. Tampouco \u00e9 tanta novidade o m\u00e9todo de xesti\u00f3n que nosoutros queremos aplicar, que \u00e9 unha xesti\u00f3n baseada na cooperaci\u00f3n no que a propia lei 27\/2013, impulsada polo goberno de Rajoy no seu momento, busca para que as administraci\u00f3ns primemos a coordinaci\u00f3n, a eficiencia e a eficacia, e primemos que estas Deputaci\u00f3ns poidan, dunha maneira activa, impulsar todas aquelas acci\u00f3ns entre Concellos de menos de 20.000 habitantes, como \u00e9 o caso&#8221;.<\/p>\n<p>Su\u00e1rez Barcia preg\u00fantase &#8220;que \u00e9 o que ocorre, pois que podemos empezar a pensar mal a Corporaci\u00f3n Municipal de Ribadeo de que esta demora non te\u00f1a nada que ver coa cercan\u00eda do proceso electoral, que dalgunha maneira isto hai que paralo sexa como sexa e dalgunha maneira a Xunta est\u00e1 buscando o imposible para po\u00f1ernos problemas outra vez, para po\u00f1er paus nas rodas, que \u00e9 o que vi\u00f1eron facendo durante estes anos coa residencia. Primeiro non deron un can para constru\u00edla e agora como temos acreditado a posibilidade de levalo adiante entre a Deputaci\u00f3n e o Concello, e de feito nestes d\u00edas a Deputaci\u00f3n est\u00e1 en proceso de selecci\u00f3n da mellor empresa que poida levar a xesti\u00f3n xunto coa propia Deputaci\u00f3n, dalgunha maneira a Xunta quizais est\u00e1 intentando buscar alg\u00fan recoveco para po\u00f1er problemas&#8221;.<\/p>\n<p>O alcalde engadiu: &#8220;polo seu ben, e pola opini\u00f3n p\u00fablica de que todo o mundo est\u00e1 mirando en Ribadeo a actitude da Xunta para que dunha vez por todas dean o permiso de inicio de actividade, porque creo que non tiveron tantos miramentos para dar en outros Concellos, aos que con tres papeluchos deron o PIA, e aqu\u00ed pouco menos que coa enciclopedia brit\u00e1nica, nos est\u00e1n po\u00f1endo problemas polo menos con este silencio que xa cheira&#8221;.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A conto dunha nova que me fixeron notar hoxe, voltei ler a nota de prensa que liberou o concello o d\u00eda 5 sobre a residencia, e p\u00f3\u00f1oa no blog, sen comentarios sobre o contido, que a quen te\u00f1a seguido a historia da residencia de maiores de Ribadeo non lle fan falta, e a quen non, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[64],"class_list":["post-5394","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-residencia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5394","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5394"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5394\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5394"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5394"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5394"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}