{"id":5374,"date":"2019-03-08T10:08:00","date_gmt":"2019-03-08T09:08:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:23:02","modified_gmt":"2024-11-12T12:23:02","slug":"suso-pena-en-vias-de-ser-fillo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2019\/03\/08\/suso-pena-en-vias-de-ser-fillo\/","title":{"rendered":"Suso Pe\u00f1a, en v\u00edas de ser fillo predilecto de Ribadeo"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEib9SkzpFAupsgfC9FiG2Qz4jSktSjptaSloGPF2Wy4wCTvw-5AwyYy8YdfwtTgrAogKVpMWu5CnmTL9OHRl7DoquNH_ZY8nMDLMFK10u1tsFpWiknyhX7bAhfRxf2KKCFcc7S9NA\/s2048\/HomenaxeSusoPenha.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEib9SkzpFAupsgfC9FiG2Qz4jSktSjptaSloGPF2Wy4wCTvw-5AwyYy8YdfwtTgrAogKVpMWu5CnmTL9OHRl7DoquNH_ZY8nMDLMFK10u1tsFpWiknyhX7bAhfRxf2KKCFcc7S9NA\/s2048\/HomenaxeSusoPenha.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>Despois de ser <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2018\/11\/actividade-por-ribadeo-suso-pena.html\">pedida no outono<\/a>, a petici\u00f3n de fillo predilecto de Ribadeo para <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/search?q=Suso+Pe%C3%B1a&amp;max-results=20&amp;by-date=true\">Suso Pe\u00f1a<\/a> via a Comisi\u00f3n e, a pr\u00f3xima semana, a pleno. Mira o <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Suso_Pe%C3%B1a\">artigo sobre Suso na Galipedia<\/a> e a nota do prensa do concello co <a href=\"http:\/\/ribadeo.gal\/actualidade\/nova.php?id=3018&amp;lg=gal\">anuncio (entre outras cousas) da tramitaci\u00f3n de fillo predilecto<\/a>:<\/p>\n<p><em>OUTRO ASUNTO SER\u00c1 O PACTO DOS ALCALDES PARA O CLIMA<\/em><\/p>\n<p><em>Comisi\u00f3ns informativas<\/em><\/p>\n<p><em>07\/03\/2019<\/em><\/p>\n<p><em>No pleno da vindeira semana do Concello someterase a aprobaci\u00f3n o nomeamento do artista Suso Pe\u00f1a como fillo predilecto de Ribadeo. Tam\u00e9n se abordar\u00e1n varios expedientes de modificaci\u00f3n de cr\u00e9dito.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>O alcalde, Fernando Su\u00e1rez, contou que &#8220;varios son os asuntos que van ir \u00e1s comisi\u00f3ns informativas desta tarde, que son preparatorias do pleno da semana que ven. Entre as m\u00e1is importantes est\u00e1 un expediente de modificaci\u00f3n de suplemento de cr\u00e9dito para inversi\u00f3ns financeiramente sostibles. Xa ven sendo habitual nestes \u00faltimos anos que, grazas \u00e1 xesti\u00f3n realizada, os resultados presupostarios dos \u00faltimos exercicios sempre contan con remanentes positivos. Hai que ter en conta que, desde o ano pasado, as novas medidas do Ministerio de Econom\u00eda e Facenda acordaron que os Concellos puid\u00e9ramos dispo\u00f1er destes remanentes para inversi\u00f3ns, sempre que estiv\u00e9ramos liberados de plans de axuste, e hai que lembrar que isto aqu\u00ed xa foi amortizado o ano anterior. Agora polo tanto podemos dispo\u00f1er deles para reforzar inversi\u00f3ns para r\u00faas, cami\u00f1os ou outros fins&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>O rexedor explicou que &#8220;para todo isto xa estamos redactando os correspondentes proxectos nalg\u00fans casos e noutros os procesos de licitaci\u00f3n xa est\u00e1n moi avanzados como pode ser a r\u00faa Carlos III e Sor Pilar der Le\u00f3n, que nos pr\u00f3ximos d\u00edas se comezar\u00e1 a ama\u00f1ar, ou ben o cami\u00f1o de A Faxarda ao cemiterio de Ribadeo que tam\u00e9n nos vindeiros d\u00edas empezar\u00e1. Tam\u00e9n estamos redactando proxectos para un ambicioso plan de cami\u00f1os no rural, dividido nas parroquias da costa e do interior, que en breve presentaremos, e polo tanto queremos habilitar esta partida duns 300 000 euros para todas estas inversi\u00f3ns&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Su\u00e1rez Barcia sinalou que &#8220;trataremos un suplemento de cr\u00e9dito para todas estas facturas que son dun ano contable, por exemplo do 2018, pero que os provedores por alg\u00fan motivo, porque se esquecen ou polo que sexa, o presentan noutro ano diferente como \u00e9 no ano 2019, para iso temos que facer o que se chama reco\u00f1ecemento extraxudicial de cr\u00e9dito para darlles cabida na contabilidade anual. Isto importa a cantidade de 106 000 euros. Tam\u00e9n dentro do \u00e1mbito econ\u00f3mico imos levar unha modificaci\u00f3n de suplemento de cr\u00e9dito para unha subvenci\u00f3n a Acisa, destinada a unha campa\u00f1a singular de apoio ao comercio local que estamos traballando nestes \u00faltimos tempos, e que dentro de poucos d\u00edas daremos a co\u00f1ecer&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>O alcalde relatou que &#8220;hai un punto que se trata da proposta de nomeamento do artista, finado xa hai uns anos, Suso Pe\u00f1a como Fillo Predilecto de Ribadeo. Hai que ter en conta que numerosas asociaci\u00f3ns culturais tanto da vila como da comarca, as\u00ed como moitas persoas a t\u00edtulo individual, o vi\u00f1eron demandando e o Concello propo\u00f1emos para que tome posici\u00f3n sobre este asunto&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Fernando Su\u00e1rez engadiu que &#8220;hai outro punto relativo a aspectos medio ambientais, que \u00e9 unha proposta que ven directamente da Uni\u00f3n Europea para os Concellos, o que lle chaman eles o pacto dos alcaldes para o clima e a enerx\u00eda. Est\u00e1 coordinado pola Xunta de Galicia e os Concellos se queremos pod\u00e9monos adherir, e o Concello de Ribadeo por suposto que se quere adherir, para facer un estudo da situaci\u00f3n de Ribadeo, para ver os indicadores ambientais, o plan de acci\u00f3n, etc\u2026, e coordinados entre Concello, Xunta e Uni\u00f3n Europea poidamos facer medidas tendentes a tratar mellor o noso medio ambiente&#8221;.<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Despois de ser pedida no outono, a petici\u00f3n de fillo predilecto de Ribadeo para Suso Pe\u00f1a via a Comisi\u00f3n e, a pr\u00f3xima semana, a pleno. Mira o artigo sobre Suso na Galipedia e a nota do prensa do concello co anuncio (entre outras cousas) da tramitaci\u00f3n de fillo predilecto: OUTRO ASUNTO SER\u00c1 O PACTO DOS [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-5374","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5374","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5374"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5374\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5374"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5374"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5374"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}