{"id":5371,"date":"2019-03-13T13:38:00","date_gmt":"2019-03-13T12:38:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:22:57","modified_gmt":"2024-11-12T12:22:57","slug":"www-e-ribadeo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2019\/03\/13\/www-e-ribadeo\/","title":{"rendered":"WWW e Ribadeo"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhyJiVH6ZdKjcPeWqJUWFHDZbBLSyaJUM1-JRuVzqsB7nU4XT8wh3FbJSwbpEizbf0UQCsjNWgyE7RY29Jb7AJKVm3fO5sB_wiXwn1AYScvh67vEpdHKUwJmDNDCvF1s6Z0bDAZVw\/s2048\/web+vella+Ribadeo.png\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhyJiVH6ZdKjcPeWqJUWFHDZbBLSyaJUM1-JRuVzqsB7nU4XT8wh3FbJSwbpEizbf0UQCsjNWgyE7RY29Jb7AJKVm3fO5sB_wiXwn1AYScvh67vEpdHKUwJmDNDCvF1s6Z0bDAZVw\/s2048\/web+vella+Ribadeo.png\" \/><\/a><\/p>\n<p>Lembroume onte o meu amigo Antonio Andina que hoxe, 13 de marzo, a <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/World_Wide_Web\">web<\/a> cumpre anos. E rescatei un vello artigo, &#8216;<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2017\/02\/o-comezo-da-historia-de-ribadeo-en.html\">O comezo da historia de Ribadeo en internet<\/a>&#8216;, onde queda dito que \u00e1mbolos dous puxemos o noso gran de area nesa historia.<\/p>\n<p>Claro, o que se celebra hoxe, d\u00eda 13 de marzo, \u00e9 unha proposta que dar\u00eda p\u00e9 \u00f3 protocolo que levou \u00e1 rede a onde est\u00e1 hoxe, despois de aceptar polo cami\u00f1o melloras m\u00faltiples na infrastrutura e na programaci\u00f3n.<\/p>\n<p>Ven isto a conto de d\u00faas cousas (principalmente). Unha, que &#8216;a rede&#8217;, &#8216;a web&#8217; ou como queramos chamalo (de xeito estrito son cousas lixeiramente diferentes) \u00e9 algo que se foi facendo evolucionando, e non se pode dicir con total propiedade que nacera o 13 de marzo de 1989. Mais os humanos somos as\u00ed, e necesitamos asentar as cousas e simplificalas, asignarlles algo concreto -sexa un nome, unha partida de nacemento&#8230;- para poder tratar con elas de xeito m\u00e1is natural. Cos seus efectos perversos: iso incl\u00fae o levantar as persoas que est\u00e1n no punto xusto no momento adecuado e deixar sen reco\u00f1ecemento a outras moitas que fixeron posible ese momento e lugar ou o seu aproveitamento. Algo que se engade a outros sesgos e que fai o reco\u00f1ecemento no momento e a historia humana en conxunto, \u00e1s veces algo moi inxusto.<\/p>\n<p>A outra, que \u00e9 evidente que calquera que fora a nosa actuaci\u00f3n, de non existir n\u00f3s, &#8216;a&#8217; e &#8216;as&#8217; web ter\u00edan chegado de modo parello a Ribadeo, cunha evoluci\u00f3n presumiblemente non moi diferente \u00e1 observada. Unha evoluci\u00f3n que, mirada en conxunto, sen particularismos, sempre \u00e9 nebulosa: hoxe, Google, o buscador usado pola maior\u00eda da xente, da 5 370 000 entradas se se lle pregunta por Ribadeo. Pero non se pode fiar un diso: se procuro por min mesmo, aparecen m\u00e1is de 12 mill\u00f3ns de resultados por diversas circunstancias, a\u00ednda que sexa evidente que as referencias a Ribadeo en internet sexan abondo m\u00e1is que as referidas \u00e1 mi\u00f1a persoa. Na web as cousas poden ser moi diferentes do que parece a ollo nu mirando unha r\u00faa ou unha leira. E iso da lugar \u00e1s &#8216;<em>fake news<\/em>&#8216;, as noticias falsas, mesmo en Ribadeo, a\u00ednda que por ser nun espazo m\u00e1is reducido sexan tam\u00e9n m\u00e1is doadas de identificar.<\/p>\n<p>Volvendo \u00f3 tema, dende as primeiras p\u00e1xinas web ribadenses, al\u00f3 por 1996, internet ten cambiado de m\u00faltiples xeitos a Ribadeo. Tantos, que fai posible ese termo, &#8216;difuso&#8217;, que mencionei antes sobre todo pola dificultade de atopar os l\u00edmites desa incidencia no cambio. \u00d3 contrario, Ribadeo non ten cambiado a internet, e se hoxe voltara a haber algo como o &#8216;<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2010\/01\/as-obras-do-plan-e-2010.html\">plan E<\/a>&#8216;, a b\u00f3 seguro o acento da petici\u00f3n das subvenci\u00f3ns ser\u00eda a\u00ednda en cemento ou semellante.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Lembroume onte o meu amigo Antonio Andina que hoxe, 13 de marzo, a web cumpre anos. E rescatei un vello artigo, &#8216;O comezo da historia de Ribadeo en internet&#8216;, onde queda dito que \u00e1mbolos dous puxemos o noso gran de area nesa historia. Claro, o que se celebra hoxe, d\u00eda 13 de marzo, \u00e9 unha [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[8,11,40],"class_list":["post-5371","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-blog","tag-historia","tag-tecnoloxia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5371","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5371"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5371\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5371"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5371"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5371"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}