{"id":5369,"date":"2019-03-19T11:23:00","date_gmt":"2019-03-19T10:23:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:22:54","modified_gmt":"2024-11-12T12:22:54","slug":"40-kg","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2019\/03\/19\/40-kg\/","title":{"rendered":"40 kg"},"content":{"rendered":"<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto; text-align: center;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEggGCIGRS7PX8rRI71uPScgs18_vBMdyyCgOFOt6N63fbl9VzQ9rVS36DCGaFrDsjvbj1QhpX-_tQu5caiFxvmv25aOaohY7u22k0Fj4RfaB-GtoKXmsRx_4P6UQd-U5XqbLJFwLQ\/s2048\/Southern_right_whale.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEggGCIGRS7PX8rRI71uPScgs18_vBMdyyCgOFOt6N63fbl9VzQ9rVS36DCGaFrDsjvbj1QhpX-_tQu5caiFxvmv25aOaohY7u22k0Fj4RfaB-GtoKXmsRx_4P6UQd-U5XqbLJFwLQ\/s2048\/Southern_right_whale.jpg\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><a class=\"extiw\" href=\"https:\/\/en.wikipedia.org\/wiki\/gl:Creative_Commons\" title=\"w:gl:Creative Commons\">Creative Commons<\/a> <a class=\"external text\" href=\"https:\/\/creativecommons.org\/licenses\/by-sa\/3.0\/deed.gl\" rel=\"nofollow\">reco\u00f1ecemento compartir igual 3.0 Unported<\/a>, foto de <a href=\"https:\/\/commons.wikimedia.org\/wiki\/User:Mcatan\" title=\"User:Mcatan\">Micha\u00ebl CATANZARITI<\/a> collida de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Ficheiro:Southern_right_whale.jpg\">Galipedia<\/a>.<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>As cousas do mundo tam\u00e9n tocan a Ribadeo. \u00c1s veces, moi profundo a\u00ednda que podan pasar inadvertidas ou case.<\/p>\n<p>Hoxe vexo unha nova \u00e1 que non sei que cualificativo po\u00f1erlle, a\u00ednda que lle cadrar\u00edan moitos: unha balea foi atopada morta preto das costas de Filipinas. Ate a\u00ed, nada noticiable especialmente. Mais fix\u00e9ronlle autopsia, e foi reveladora: 40 kg de pl\u00e1stico no seu est\u00f3mago. Por desgraza, unha noticia do tipo \u00f3 que nos estamos a afacer a diario.<\/p>\n<p>Si, 40 kg en 40 toneladas non \u00e9 moito, \u00e9 como se alg\u00fan de n\u00f3s tivera no est\u00f3mago uns 70 ou 80 g de pl\u00e1stico. O imaxinalo envolvendo a comida sen deixala metabolizar, ocupando abondo m\u00e1is que esa cantidade ocupar\u00eda de por si, mesmo taponando a v\u00eda de sa\u00edda do est\u00f3mago, xa \u00e9 diferente. Poder\u00eda ser equivalente a ter unha botelli\u00f1a pequena de refreco cerrada dentro do est\u00f3mago. Agora, s\u00famalle que algunha cantidade de pl\u00e1stico xa tivera pasado \u00f3 interior do corpo, como os micropl\u00e1sticos que cada vez se producen en maior cantidade porque son exitosos para moitas cousas debido \u00e1 pequenez das s\u00faas partes, e a cousa comeza a ser moi preocupante. M\u00e1is, se consideramos que eses micropl\u00e1sticos est\u00e1n tam\u00e9n no peixe que comemos e p\u00f3dense ir acumulando no noso corpo.<\/p>\n<p>E si, as Filipinas son un desastre no tratamento de pl\u00e1sticos, de xeito que \u00e9 o terceiro pa\u00eds maior contaminante de pl\u00e1sticos do planeta, pero os mares est\u00e1n intercomunicados, non son estancos, existen correntes mari\u00f1as, e&#8230; ch\u00e9ganos a n\u00f3s. Chegar\u00edannos a\u00ednda que n\u00f3s f\u00f3semos uns santos, a\u00ednda que non se produciran e consumiran aqu\u00ed, cousa que si ocorre (non o de ser santos, claro).<\/p>\n<p>Hai uns anos, participei nun d\u00eda de limpeza unha illa do Parque das Illas Atl\u00e1nticas. Era pequena, nun lugar paradis\u00edaco, estaba sendo limpada de xeito peri\u00f3dico, e paramos de limpar cando xa non podiamos transportar m\u00e1is lixo&#8230; Pensar que \u00f3 d\u00eda seguinte \u00eda ter unha cantidade semellante de pl\u00e1stico na s\u00faa beira deixoume pensando d\u00edas.<\/p>\n<p>O problema \u00e9 de produci\u00f3n, \u00e9 de consumo, \u00e9 de sistema. Se grande parte dos alimentos ve\u00f1en envasados en pl\u00e1stico, \u00e9 dificultoso non usalo, o mesmo que se un electrodom\u00e9stico ou un m\u00f3bil ven dese\u00f1ado para &#8216;usar e tirar&#8217;, dificil ser\u00e1 combatir para seguir us\u00e1ndoo porque ser\u00e1 dif\u00edcil ama\u00f1alo, non haber\u00e1 repostos, resultar\u00e1 m\u00e1is caro que un novo&#8230; e xerar\u00e1 lixo e ineficiencia. E \u00e9 cousa do sistema, pensada para manter unha mec\u00e1nica de traballo por traballo e consumo por consumo para xerar uns beneficios que en realidade son sinxelamente papel de privilexios e atropello dos semellantes.<\/p>\n<p>Resulta que se suprimen as bolsas de pl\u00e1stico (non os envases de pl\u00e1stico) no supermercado, pero cada vez se produce m\u00e1is despercidicio, que \u00e9 recollido&#8230; en bolsas de pl\u00e1stico a mercar noutras tendas. Mellor ser\u00eda que non houbera lixo, pero xa postos, que se fai logo co lixo? Pois&#8230; iso, que se fai? Coido que se agora mesmo saio \u00e1 calle e pregunto por un caso concreto como o do pl\u00e1stico, haber\u00eda unha ampla variedade de respostas con poucas que se poideran considerar acertos, tendo adem\u00e1is en conta que a realidade vai dende tiralo a queimalo pasando pola clasificaci\u00f3n para a reutilizaci\u00f3n en certo casos, que en lugares diferentes o aproveitamento e o tramento en xeral \u00e9 diferente, etc.<\/p>\n<p>A vida actual \u00e9 abondo complexa e non tempos conciencia nin co\u00f1ecemento de boa parte (dir\u00eda que da grande maior\u00eda) dos procesos dos que nos estamos beneficiando (mellor, que estamos usando de xeito directo ou indirecto).<\/p>\n<p>Pero, se a cousa non marcha, e est\u00e1 claro que non, haber\u00e1 que pensar en cambiar, non?<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Creative Commons reco\u00f1ecemento compartir igual 3.0 Unported, foto de Micha\u00ebl CATANZARITI collida de Galipedia. As cousas do mundo tam\u00e9n tocan a Ribadeo. \u00c1s veces, moi profundo a\u00ednda que podan pasar inadvertidas ou case. Hoxe vexo unha nova \u00e1 que non sei que cualificativo po\u00f1erlle, a\u00ednda que lle cadrar\u00edan moitos: unha balea foi atopada morta preto [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[26],"class_list":["post-5369","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-medio"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5369","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5369"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5369\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5369"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5369"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5369"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}