{"id":5366,"date":"2019-03-24T10:43:00","date_gmt":"2019-03-24T09:43:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:22:50","modified_gmt":"2024-11-12T12:22:50","slug":"que-parte-de-caciquismo-non-entendiches","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2019\/03\/24\/que-parte-de-caciquismo-non-entendiches\/","title":{"rendered":"Que parte de &#8216;caciquismo&#8217; non entendiches?"},"content":{"rendered":"<p>V\u00e9nseme \u00e1 cabeza o Ron Cacique, coa etiqueta caracterizada cun indio con plumaxe. O nome de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Cacique\">cacique<\/a> ven d<a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Cacique\">o que se lle daba \u00f3s xefes locais das comunidades ta\u00ednas<\/a> de Am\u00e9rica, e foi importado na idea de que eses xefeci\u00f1os fac\u00edan o que lles petaba nas s\u00faas comunidades, pola inexistencia de leis escritas e por ser considerados b\u00e1rbaros sen tradici\u00f3ns. De a\u00ed que aqu\u00ed, \u00f3 convertirse as leis, normas e costumes en papel mollado pola acci\u00f3n dalgunhas persoas con certo poder local ou a outro nivel, o nome vi\u00f1era como anel \u00f3 dedo. E segue en vixencia total, sendo a rede caciquil un dos fundamentos das desigualdades de todo tipo que neste estado e neste pa\u00eds est\u00e1n \u00e1 orde do d\u00eda.<\/p>\n<p>O cacique (soe ser home, a\u00ednda que tam\u00e9n pode herdarse o posto ou mesmo xurdir por v\u00eda feminina) ten contactos na administraci\u00f3n, de xeito que nos temas polos que se interesa, a administraci\u00f3n pasa a ter unha compo\u00f1ente importante de manexo privado. Os chiringuitos que te\u00f1en proliferado coa desculpa de facer as cousas de xeito m\u00e1is eficiente (en troques de facer funcionar mellor a propia administraci\u00f3n) deron un novo impulso, nova vida, \u00f3 caciquismo. Pois en resume son entidades que manexan o p\u00fablico de xeito privado por encargo da administraci\u00f3n, personificada nos pol\u00edticos de quenda no remprazo correspondente ou no anterior, que que para algo se acu\u00f1ou hai tempo en Espa\u00f1a aquelo da <a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Turnismo\">alternancia<\/a> entre conservadores e liberais. Claro que, voltando a aquela \u00e9poca, foi na que tivo lugar o desastre de 1898, s\u00f3 tivo un respiro \u00f3 quedar Espa\u00f1a f\u00f3ra da Primeira Guerra Mundial, e rematou nunha ditadura&#8230;<\/p>\n<p>O caso \u00e9 que hoxe por hoxe, po\u00f1amos por caso Portos de Galicia ou Puertos del Estado, son entidades que controlan bens p\u00fablicos, de todos, e nese sentido, com\u00fans, de xeito opaco e con control deficiente cando non nulo. Sen control, sen dar m\u00e1is explicaci\u00f3n que algunha conta xeral de final de exercicio e unha relaci\u00f3n de actividades nas que s\u00f3 aparecen as boas, pois as que non o son maqu\u00edllanse abondo e par\u00e9ceno para pasar o tr\u00e1mite. Pedrilles contas? O goberno correspondente e &#8216;en diferido&#8217;, de xeito que se alg\u00fan grupo de persoas quere chegar a enterarse de algo ten que procurar ter man no goberno para chegar a facelo. Goberno que por certo foi quen nomeou a xefatura do chiringuito, e polo tanto, a s\u00faa direcci\u00f3n, pero que non ten responsabilidade directa por v\u00eda legal.<\/p>\n<p>Ese &#8216;ter man&#8217; \u00e9 a encarnaci\u00f3n do caciquismo. E non val poder chegar \u00e1 oposici\u00f3n que non tivera mando anterior que vaia coa &#8216;alternancia&#8217;, pois a cousa pasa tam\u00e9n polo filtro da maior\u00eda dunha c\u00e1mara, que se sup\u00f3n que est\u00e1 apoiando \u00f3 goberno&nbsp; e con representante que antes da votaci\u00f3n de elecci\u00f3n polo pobo, foron designados por unha c\u00fapula de partido na que ti\u00f1a moitos puntos a xente do goberno. Por certo, que iso leva tam\u00e9n \u00f3 caciquismo de diferentes niveis, sempre a trav\u00e9s dos pol\u00edticos ou quen os controla por cartos, amizade (interesada ou non directamente) ou por ambos (pois a relaci\u00f3n entre poderes fai amizades e redes clientelares ou de favores tanto como dependencias econ\u00f3micas)<\/p>\n<p>E por hoxe xa me despachei por escrito. Pero non a\u00ednda na loita diaria que -coido- debemos manter por unha sociedade m\u00e1is digna e xusta que deixar \u00f3s nosos fillos, a\u00ednda que s\u00f3 sexa por compensar o desastre ambiental que lles legamos. O d\u00eda a\u00ednda est\u00e1 a comezar.<\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto; text-align: center;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEi7C8qhU8OhU06DoFzC3rAL0L-tITtJlJk6ijTf8OdSKotVEDlwis6fJKHgXbF89aQcjREFOaoFjdDqm8UScm2-PnkBR1VXSyp91SEJjrcETu-jUZWzDRYMBMjqUBiRnbbhgk88Ug\/s2048\/Botella_de_Ron_Cacique.JPG\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEi7C8qhU8OhU06DoFzC3rAL0L-tITtJlJk6ijTf8OdSKotVEDlwis6fJKHgXbF89aQcjREFOaoFjdDqm8UScm2-PnkBR1VXSyp91SEJjrcETu-jUZWzDRYMBMjqUBiRnbbhgk88Ug\/s2048\/Botella_de_Ron_Cacique.JPG\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">Botella de ron Cacique, por <a href=\"https:\/\/commons.wikimedia.org\/wiki\/File:Botella_de_Ron_Cacique.JPG\">Der Kreole, en Wikipedia Commons<\/a>. Lic. <a href=\"https:\/\/creativecommons.org\/licenses\/by-sa\/4.0\/\">CC-By-SA 4.0<\/a>.<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>V\u00e9nseme \u00e1 cabeza o Ron Cacique, coa etiqueta caracterizada cun indio con plumaxe. O nome de cacique ven do que se lle daba \u00f3s xefes locais das comunidades ta\u00ednas de Am\u00e9rica, e foi importado na idea de que eses xefeci\u00f1os fac\u00edan o que lles petaba nas s\u00faas comunidades, pola inexistencia de leis escritas e por [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[13],"class_list":["post-5366","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-politica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5366","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5366"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5366\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5366"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5366"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5366"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}