{"id":5357,"date":"2019-04-10T17:16:00","date_gmt":"2019-04-10T15:16:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:22:29","modified_gmt":"2024-11-12T12:22:29","slug":"ribadeo-explosion-de-ciencia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2019\/04\/10\/ribadeo-explosion-de-ciencia\/","title":{"rendered":"Ribadeo: explosi\u00f3n de ciencia"},"content":{"rendered":"<p>Ben. A conto do t\u00edtulo, un apunte: non se trata dunha explosi\u00f3n<br \/>\ndestrutiva, nin moito menos, sen\u00f3n unha explosi\u00f3n no mesmo sentido que a<br \/>\n explosi\u00f3n de flores nos campos na primavera. Da vida que medra, se<br \/>\norganiza e aprende a vivir. <\/p>\n<p>Chegan estas datas, e un evento esperado ano tras ano polos estudantes de medias de Ribadeo volve facerse realidade. Que unha das cousas que se preguntan a comezos de curso sexa &#8216;cando \u00e9 a feira?&#8217; indica que os estudantes contan da feira, como di o refr\u00e1n, segundo lles vai nela: ben.<\/p>\n<p>Este ano, a 25 <a href=\"https:\/\/feirasdeciencia.mywikis.net\/wiki\/Feira_da_Ciencia_de_Ribadeo\">Feira da Ciencia de Ribadeo<\/a> ten lugar entre m\u00e9rcores 10, e venres 12 de abril, polas ma\u00f1\u00e1s, no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo. E al\u00ed se atopan os alumnos, libres para aprender e para ensinar. Para participar e facer part\u00edcipes \u00e1 demais xente de anaqui\u00f1os de ciencia misturada coa s\u00faa propia vida, que manifestan a cada explicaci\u00f3n que dan. Explicaci\u00f3ns que son recibidas \u00e1s veces -poucas- con indiferencia, pero tam\u00e9n \u00e1s veces -moitas- con aut\u00e9ntico asombro. Como un exemplo deste ano, ver reconstru\u00eddo un esquelete dunha musara\u00f1a (entre outros) a partir de egagr\u00f3pilas (que non sabes o que \u00e9 unha egagr\u00f3pila? vai por al\u00ed e apr\u00e9ndeo, moito mellor que en Google!) deixa asombrada a toda canta persoa pasa por diante e ve. Podo certificalo porque a\u00ednda adiquei un cachi\u00f1o a ver a expresi\u00f3n da xente mentres os alumnos de Susi Besteiro explicaban o proceso. Xente \u00e1 que moitas veces lle costa crer que outra xente, de 4\u00ba ESO, sexa capaz de facer unha reconstruci\u00f3n as\u00ed.<\/p>\n<p>De calquera xeito, moitas veces o primeiro que se pulsa (e antes que ningu\u00e9n, os alumnos) \u00e9 a ilusi\u00f3n do equipo de profesores que liderados por Susi participan na edici\u00f3n. Este ano, a Mar\u00eda del Monte, Bea ou Mario n\u00f3taselles \u00e1 primeira ollada. Tam\u00e9n o perciben e comentan moitos outros compa\u00f1eiros, mesmo de paso casual polas aulas do IES, que quedan coas ganas de participar para outro ano que volten coincidir. Xente que queda estimulada \u00f3 observar unha labor que deixa pegada.<\/p>\n<p>E os alumnos? Que se \u00e9 un alicerce que deixen a aula unhas horas para expo\u00f1er algo do que se sinten en xeral orgullosos de que sa\u00edra de si? Pois claro! As clases normais non poden competir en atractivo, a\u00ednda que de feito, as horas adicadas a &#8216;facer&#8217; os traballos sexan m\u00e1is que as adicadas a explicalos, \u00e9 dicir, a\u00ednda que traballen m\u00e1is con este sistema (alg\u00fans, moito m\u00e1is). Aprendizaxe en acci\u00f3n, facendo e explicando, integrando as cousas, relacion\u00e1ndose cos demais e pensando en como facer que entendan, coas s\u00faas propias verbas. Esa aprendizaxe incl\u00fae, \u00e1s veces, erros que non son corrixidos no momento, pero que m\u00e1is tarde pasan \u00e1 memoria de como se foi aprendendo.<\/p>\n<p>E o ambiente? Ir para ver.<\/p>\n<p>P\u00f3dense dar explicaci\u00f3ns do que sucede con teor\u00edas did\u00e1cticas, mais coido que a m\u00e1is sinxela \u00e9 a m\u00e1is axeitada: \u00f3s alumnos pode gustarlles facer ciencia. Facela as\u00ed.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Ben. A conto do t\u00edtulo, un apunte: non se trata dunha explosi\u00f3n destrutiva, nin moito menos, sen\u00f3n unha explosi\u00f3n no mesmo sentido que a explosi\u00f3n de flores nos campos na primavera. Da vida que medra, se organiza e aprende a vivir. Chegan estas datas, e un evento esperado ano tras ano polos estudantes de medias [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[18],"class_list":["post-5357","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-educacion"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5357","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5357"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5357\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5357"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5357"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5357"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}