{"id":5351,"date":"2019-04-16T09:58:00","date_gmt":"2019-04-16T07:58:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:22:21","modified_gmt":"2024-11-12T12:22:21","slug":"as-catedrais-de-xeito-periodico","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2019\/04\/16\/as-catedrais-de-xeito-periodico\/","title":{"rendered":"As Catedrais, de xeito peri\u00f3dico: esquizofrenia catedralicia"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; Co valor ambiental e econ\u00f3mico, e o movemento ligado \u00f3 ciclo anual, xa temos de novo nos medios a raci\u00f3n asegurada de Catedrais. A m\u00e1is, nesta primavera, hai novidades. Despois da <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2018\/04\/unha-pedra-e-una-crise.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">morte dunha visitante<\/a> por impacto \u00f3 desprenderse unha rocha do teito dunha cova, a prohibici\u00f3n de recorrer o alto do cantil, o alucinante dos <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2019\/04\/a-praia-das-catedrais-atacada-por-quen.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">carteis cravados nas rochas que te\u00f1en que protexer<\/a>, o horario limitado dos vixiantes que permite facer visitas f\u00f3ra do mesmo, os anuncios nas redes lembrando que hai xeito de evitar a limitaci\u00f3n de n\u00famero de visitantes, a marea que non coincide cando quixera a xente que ven (ou sinxelamente, que non lles cadra que exista), a pretensi\u00f3n de C&#8217;s de lembrar a Espa\u00f1a que Lugo ten mar (debe ser que a\u00ednda non visitaron as catedrais&#8230;) etc, hai que cobrar alento para procurar alg\u00fan sentido a todo o conxunto.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Resulta que o <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/search?q=plan+especial+protecci%C3%B3n+catedrais\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">plan de especial protecci\u00f3n das catedrais<\/a> est\u00e1 en marcha, despois de liortas varias que a\u00ednda saen a relocer coleando de tanto en tanto. E que especifica diversas cousas, este\u00f1amos ou non de acordo, e estase m\u00e1is ou menos a aplicar (por fases, iso si&#8230;) Pero, no medio, a vida contin\u00faa, o que ocorre e o que se fai ten consecuencias, e pode crear monstru\u00ed\u00f1os, como aquel cl\u00e1sico goyesco d<a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/El_sue%C3%B1o_de_la_raz%C3%B3n_produce_monstruos\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">o so\u00f1o da raz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Sobre a morte da visitante, o xulgado zanxou o tema a nivel legal polo momento, pero esas cousas poden volver xurdir en calquera momento, sexa pola apelaci\u00f3n do fallo ou pola procura dunha oportunidade pol\u00edtica lembrado cousas pasadas. Ou acaso non sa\u00eda onte mesmo un partido pol\u00edtico, a conta da pesca, para lembrarlle &#8216;a toda Espa\u00f1a&#8217; que Lugo ten mar? Apunto o de &#8216;a conto da pesca&#8217; porque poder\u00eda parecer unha base v\u00e1lida, sobre outro tema, pero se mal non lembro, as cotas de pesca seguen un principio de reparto basado en autonom\u00edas, e a estrada, citada a ra\u00edz da pesca, soporta toda a actividade econ\u00f3mica, sendo a pesca, con toda a s\u00faa importancia, unha m\u00e1is das actividades soportadas pola estrada&#8230;<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; En canto \u00e1 limitaci\u00f3n de prazas de acceso diario, se a xente se informa un m\u00ednimo sobre a praia a visitar, chega \u00e1 limitaci\u00f3n. E a pouco m\u00e1is que indague, chega a como saltarse dita limitaci\u00f3n. Sexa de xeito legalizado, por estancia en hotel ou transporte de aluguer ou<br \/>\nbillete, sexa por horario, de xeito alegal (que non ilegal). Por exemplo, hoxe mesmo 16\/04\/2019, antes de que o persoal estivera por al\u00ed, debeuse poder entrar na praia en marea baixa. De xeito m\u00e1is oportuno que con pase e a media tarde, sen ese pequeno detalle da marea adversa, e sen a compensaci\u00f3n de cami\u00f1ar polo cantil, a esas horas tam\u00e9n vixiado. Claro que hai unha semana, nin vixiantes por baixo nin por arriba, para saltar entre as rochas ou por riba dos arcos&#8230;<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Polo que parece, o principal inconvinte para visitar as Catedrais estes d\u00edas non vai ser outro que unha causa natural: a marea. Na Espa\u00f1a interior iso da marea pode non comprenderse moi ben, a pesar de estudarse na ESO, porque a xente maior non ten por que ter feito a ESO, e quen a fixo puido non ter o rendemento adecuado. E \u00e1 xente do Mediterr\u00e1neo, afeita a mareas duns poucos cent\u00edmetros, tampouco deixa de sorprendelles. Vamos, como case todo nas Catedrais, comezando polos carteis de benvida en plan provisional coa ristra de normas e consellos. \u00cda po\u00f1er cutre en troques de provisional, mais sempre queda a esperanza de que rematar\u00e1n fac\u00e9ndoo mellor, con m\u00e1is tempo que supo\u00f1o que non ter\u00edan dende a aprobaci\u00f3n do plan hai xa anos, en plural. E \u00f3s estranxeiros? Pode darse tam\u00e9n o caso, claro, pero dir\u00eda que os estranxeiros que se achegan \u00f3 monumento natural te\u00f1en as cousas m\u00e1is claras porque prepararon m\u00e1is a visita.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Volvendo \u00f3 comezo, as Catedrais volver\u00e1n ser noticia co comezo do ver\u00e1n, por calquera incidente ou trifulca pol\u00edtica en calquera momento, pola realizaci\u00f3n dalgunha pel\u00edcula ou serie al\u00ed (sen carteis visibles, claro&#8230; ou non) m\u00e1is ben en tempo de poucos turistas, pola reportaxe dalgunha revista ou televisi\u00f3n ou clasificaci\u00f3n nalg\u00fan lugar competitivo&#8230; ou polo impacto econ\u00f3mico que est\u00e1 a mover normativa e noticias. \u00c1s veces, ser\u00e1 cun comentario aca\u00eddo, informado, l\u00f3xico, e outras, podendo ser tam\u00e9n informado, serao \u00f3 tempo por algo non tan l\u00f3xico, nun tempo en que conectar l\u00f3xica e noticia non ten por que ser moeda de cambio.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; Co valor ambiental e econ\u00f3mico, e o movemento ligado \u00f3 ciclo anual, xa temos de novo nos medios a raci\u00f3n asegurada de Catedrais. A m\u00e1is, nesta primavera, hai novidades. Despois da morte dunha visitante por impacto \u00f3 desprenderse unha rocha do teito dunha cova, a prohibici\u00f3n de recorrer o alto do cantil, o alucinante [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[105,9],"class_list":["post-5351","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-catedrais","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5351","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5351"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5351\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5351"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5351"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5351"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}