{"id":5327,"date":"2019-06-04T21:21:00","date_gmt":"2019-06-04T19:21:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:21:36","modified_gmt":"2024-11-12T12:21:36","slug":"indianos-por-jose-maria-rodriguez-diaz","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2019\/06\/04\/indianos-por-jose-maria-rodriguez-diaz\/","title":{"rendered":"Indianos. Por Jos\u00e9 Mar\u00eda Rodr\u00edguez D\u00edaz"},"content":{"rendered":"<p>(Texto <a href=\"https:\/\/cargadoiro.blogcindario.com\/2015\/07\/00427-indianos.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">publicado no blog de Jos\u00e9 M\u00aa<\/a> e A Gaceta Ribadense o 10 de xullo de 2015)<\/p>\n<p>Indianos<\/p>\n<p>&#8211; <em>E logo pra onde vas tan \u00e1 pr\u00e9sa, Xan, <\/em>\u00bf<em>Tes algo de novo<\/em>?, preguntoulle Xan \u00f3 veci\u00f1o vendo pasar con paso apurado cara a vila, vestido de traxe novo e sombreiro.<\/p>\n<p><em>&#8211; Non, oh. E que me vou pra Am\u00e9rica<\/em>, respondeulle o veci\u00f1o.<\/p>\n<p><em>&#8211; Manda carallo, e eu en zocas<\/em>, comentou Xan polo baixi\u00f1o.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp; Unha pequena an\u00e9cdota que amosa que marchar pra Am\u00e9rica en<br \/>\ntempos pasados formaba parte da rutina diaria na vida da xente en<br \/>\nGalicia. A partir do seu descubrimento por Col\u00f3n foi o impulso<br \/>\npatri\u00f3tico e aventureiro dos espa\u00f1ois o que motivou a s\u00faa marcha masiva<br \/>\n\u00e1s Indias, recentemente descubertas. Estimulados polas lendas e xestas<br \/>\ndos primeiros emigrantes, enseguida se desatou o desprazamento masivo<br \/>\ndunha avalancha de aventureiros e cobizosos que emprenderon o cami\u00f1o da<br \/>\naventura cara a terras afastadas e desco\u00f1ecidas en busca de ouro,<br \/>\nriquezas e novas oportunidades pol\u00edtico militares. Eran os primeiros<br \/>\ntempos do descubrimento de Am\u00e9rica que, coa chegada a Espa\u00f1a de tanta<br \/>\nriqueza tra\u00edda polos primeiros colonizadores, contribu\u00edu \u00f3 nacemento do<br \/>\nS\u00e9culo de Ouro e \u00e1 expansi\u00f3n do chamado Imperio Espa\u00f1ol. Pro a esta<br \/>\ngloriosa \u00e9poca de desenvolvemento e riqueza seguiron outras nas que o<br \/>\nnoso pa\u00eds se atopou afundido na pobreza e na miseria. Tempos como os dos<br \/>\n s\u00e9calos XVIII e XIX nos que a fame se estendeu por toda Galicia, como<br \/>\nse reflicte nunha acta plenaria do Concello de Ribadeo, do ano 1739, &nbsp;na<br \/>\n que se di que \u201c<em>algunos labradores se vieron obligados a comer hierba<\/em>\u201d.<br \/>\n Un dato que, sen ter que interpretalo literalmente, \u00e9 dabondo<br \/>\ndemostrativo da miseria econ\u00f3mica na que a sociedade galega viv\u00eda.<br \/>\n\u00c9pocas nas que a necesidade e o esp\u00edrito de supervivencia empurrou a<br \/>\nmoitos espa\u00f1ois, especialmente en Galicia, a marchar <em>a facer as Am\u00e9ricas<\/em>,<br \/>\n como vulgarmente se dic\u00eda, e a atravesar o Atl\u00e1ntico pra buscar o seu<br \/>\nfuturo en terras iberoamericanas, como Brasil, Cuba, Arxentina, Uruguai,<br \/>\n Chile, Venezuela ou M\u00e9xico. Ata tal punto afectou \u00f3 noso pa\u00eds esta<br \/>\nmasiva emigraci\u00f3n que pode dicirse que non hai familia en Galicia que<br \/>\nnon sufrise o impacto da emigraci\u00f3n con alg\u00fans dos seus antepasados en<br \/>\nAm\u00e9rica, especialmente nos s\u00e9culos XIX e XX.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp; Homes e mulleres que, empurrados pola necesidade de<br \/>\nsupervivencia e pra mellorar a econom\u00eda familiar, deixaron os seus pobos<br \/>\n para fuxir da fame, marchando cunha vella maleta na man, chea de<br \/>\nesperanzas, ilusi\u00f3ns e recordos. Moitos deles acadaron riqueza e<br \/>\nprosperidade en ultramar, se ben non todos tiveron a mesma fortuna. Pro<br \/>\na\u00ednda que foron moitos os que, co seu esforzo e traballo, e axudados<br \/>\npola sorte, lograron amasar verdadeiras fortunas tras das que se<br \/>\nagochaban, \u00e1s veces, duras e escuras historias, a maior parte dos que<br \/>\nmarcharon non atoparon mellor destino en Am\u00e9rica que a mesma pobreza da<br \/>\nque fuxiran. Foron moitos os que se viron obligados a renunciar \u00f3s seus<br \/>\nso\u00f1os de poder tornar un d\u00eda ricos \u00e1 s\u00faa terra natal \u00e1 que uns volveron<br \/>\ncoas mans baleiras, mentres que outros fundaron a s\u00faa familia nesas<br \/>\nterras, deixando aqu\u00ed os seus antepasados.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp; Os poucos que lograron amasar coas s\u00faas industrias ou negocios<br \/>\ngrandes fortunas, cuxa limpeza de orixe era con frecuencia posta en<br \/>\ncuesti\u00f3n polo pobo, decidiron volver anos m\u00e1is tarde \u00e1 s\u00faa terra de<br \/>\norixe convertidos en prestixiosos e ricos personaxes \u00f3s cales o pobo<br \/>\ndenominaba co nome de <em>Indianos<\/em>. Tal foi o caso de Bernardo de Guimar\u00e1n, co\u00f1ecido popularmente nesta vila de Ribadeo polo nome de &#8220;<em>o Indiano<\/em>&#8220;.<br \/>\n Fortunas que contribu\u00edron a enaltecer non s\u00f3 as s\u00faas vidas, sen\u00f3n a<br \/>\nfomentar a educaci\u00f3n e o benestar das nosas xeraci\u00f3ns posteriores e que<br \/>\na\u00ednda perduran hoxe no noso \u00e1mbito, sen que moitos se decaten de que son<br \/>\n produto do froito da suor dos nosos devanceiros emigrantes.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp; O obxectivo do emigrante era retornar un d\u00eda a s\u00faa terra natal<br \/>\npra ocupar un lugar sobresa\u00ednte no seu pobo de orixe e adquirir coa s\u00faa<br \/>\nriqueza alg\u00fan t\u00edtulo de nobreza, aumentar o seu status social comprando<br \/>\nou restaurando antigas casas grandes ou pazos ou mesmo constru\u00edndoos de<br \/>\nnova planta en vistoso e rechamante estilo colonial, decoradas con<br \/>\npalmeiras e outras \u00e1rbores tropicais ex\u00f3ticas nos seus xard\u00edns, s\u00edmbolo<br \/>\ndas s\u00faas aventuras en terras tropicais. Edificios que chegaron a ser<br \/>\nco\u00f1ecidos entre nosoutros co nome de &#8220;casas grandes&#8221; ou &#8220;casas de<br \/>\nIndianos. Construci\u00f3ns que destacaban pola s\u00faa altura e traza, dese\u00f1adas<br \/>\n cunha arquitectura cosmopolita que se inser\u00eda destacando de forma<br \/>\nrechamante entre as edificaci\u00f3ns tradicionais circundantes, para<br \/>\nsalientar as\u00ed o triunfo e o \u00e9xito do seu propietario en terras afastadas<br \/>\n e onde retirarse a vivir das rendas acadadas cos seus negocios en<br \/>\nAm\u00e9rica. Obras que serviron pra achegar \u00f3s habitantes da s\u00faa vila natal o<br \/>\n mundo moderno e cosmopolita que co\u00f1eceran nas s\u00faas estad\u00edas na Am\u00e9rica e<br \/>\n que souberon plasmar en edificios dunha arquitectura singular. Exemplos<br \/>\n preclaros destes pazos existen en case t\u00f3dolos pobos e aldeas de<br \/>\nGalicia. En Ribadeo temos como exemplo eminente o famoso edificio<br \/>\nco\u00f1ecido polo nome de Torre dos Moreno ou o palacete Pe\u00f1alba, na veci\u00f1a<br \/>\nFigueiras. O sinal m\u00e1is destacado e relevante do emigrante con \u00e9xito foi<br \/>\n a s\u00faa influencia social, o seu mecenado en instituci\u00f3ns ben\u00e9ficas ou<br \/>\nculturais subvencionando a construci\u00f3n de escolas, igrexas e capelas,<br \/>\ncasas consistoriais, estradas, hospitais ou asilos, tra\u00eddas de auga e de<br \/>\n luz el\u00e9ctrica, etc., \u00e9 dicir, todo o que significaba desenrolo, cultura<br \/>\n e progreso para o seu pobo. Un exemplo notable da s\u00faa contribuci\u00f3n \u00f3<br \/>\ndesenvolvemento da nosa bisbarra foi a fundaci\u00f3n Pedro Murias, en<br \/>\nVilaframil, adicada \u00f3 desenvolvemento agr\u00edcola, que tanta importancia<br \/>\ntivo na formaci\u00f3n de moitas xeraci\u00f3ns posteriores da Mari\u00f1a lucense.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp; &nbsp;Coa volta \u00e1 s\u00faa terra natal, os indianos trouxeron os costumes<br \/>\nde vida, os ritmos e m\u00fasicas deses pa\u00edses e ata o estilo na s\u00faa forma de<br \/>\n vestir das terras caribe\u00f1as, adquiridas nos seus pa\u00edses de emigraci\u00f3n.<br \/>\nFoi a herdanza achegada por eles \u00f3s seus lugares de orixe e da que<br \/>\nRibadeo, coa s\u00faa gran concentraci\u00f3n de casas indianas, sobre todo na r\u00faa<br \/>\n San Roque, se comprace de ser o principal expo\u00f1ente de toda Galicia<br \/>\ncunha bela herdanza de edificios dunha arquitectura singular. Fermosos<br \/>\nedificios de estilo colonial e entre os que destaca a <em>Torre dos Moreno<\/em>,<br \/>\n admirada por todos os que visitan a nosa vila pola s\u00faa orixinalidade e<br \/>\nbeleza, e que chegou a constitu\u00edrse no s\u00edmbolo identificador da nosa<br \/>\nvila de Ribadeo en todo o mundo.<\/p>\n<p>E \u00e9 de resaltar, as\u00ed mesmo, o relevante papel dos emigrantes galegos<br \/>\nno enxalzamento do noso pa\u00eds en terras de Am\u00e9rica. Coas s\u00faas iniciativas<br \/>\n sociais e culturais foi relevante a s\u00faa contribuci\u00f3n \u00f3 co\u00f1ecemento de<br \/>\nGalicia nesas terras tan afastadas ent\u00f3n. As creaci\u00f3ns dos C\u00edrculos ou<br \/>\nCasas de Galicia, as fundaci\u00f3ns de Hospitais e Centros Sanitarios, os<br \/>\nC\u00edrculos Culturais e demais creaci\u00f3ns dirixidas \u00e1 axuda, socorro e<br \/>\nformaci\u00f3n dos seus compatriotas emigrantes desempe\u00f1aron un rol social<br \/>\nmoi importante, contribu\u00edndo, \u00f3 mesmo tempo, \u00f3 enxalzamento do nome da<br \/>\nnosa terra, facendo a Galicia universal, ata o punto de que chamaban<br \/>\ngalego a calquera espa\u00f1ol. E non menos importante, tampouco, foi o papel<br \/>\n desempe\u00f1ado polos pol\u00edticos e escritores galegos neses pa\u00edses,<br \/>\nespecialmente en Arxentina, M\u00e9xico ou Cuba, cando, en tempos<br \/>\npoliticamente dif\u00edciles en Espa\u00f1a, tiveron que emigrar en busca de<br \/>\nacollida e refuxio en terras afastadas. Al\u00ed loitaron con \u00e9xito pola<br \/>\nconservaci\u00f3n dos nosos dereitos como pobo, da nosa lingua e literatura,<br \/>\nda nosa cultura e de todo o que en Galicia era perseguido coa pretensi\u00f3n<br \/>\n de homologarnos a Castela.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp; De a\u00ed o acerto e a importancia desta festa indiana que os<br \/>\nribadenses de hoxe adican \u00f3 recordo de todos aqueles fillos de Ribadeo,<br \/>\nque co seu traballo e esforzo, tanto contribu\u00edron a enxalzar a beleza e o<br \/>\n nome do seu pobo natal. Unha feliz idea a desta celebraci\u00f3n que invita a<br \/>\n t\u00f3dolos ribadenses a participar nela. En converterse por un d\u00eda en<br \/>\ncabaleiros e damas que percorren as r\u00faas da vila lucindo as s\u00faas<br \/>\nmellores galas e atav\u00edos caracter\u00edsticos dos pa\u00edses do Caribe e<br \/>\nrecuperados dos vellos ba\u00fais tra\u00eddos polos seus emigrantes devanceiros e<br \/>\n que a\u00ednda dormen pechados nos faiados das s\u00faas vivendas. As se\u00f1oras coa<br \/>\n s\u00faa pel branquexada e lucindo os seus brancos traxes adornados con<br \/>\nencaixes, os seus amplos sombreiros decorados con flores, os seus<br \/>\nguantes e abanicos e as s\u00faas ex\u00f3ticas xoias resaltando a s\u00faa beleza. Os<br \/>\ncabaleiros paseando polas r\u00faas da vila coas s\u00faas levitas e traxes<br \/>\nbrancos folgados, os seus chalecos e guayaberas e os seus sombreiros<br \/>\npaname\u00f1os, cos seus guantes brancos empu\u00f1ando cerimoniosos os seus<br \/>\nbast\u00f3ns.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp; E para rematar estas reflexi\u00f3ns, un sentidi\u00f1o recordo \u00e1 memoria<br \/>\n de tantos e tantos que viron frustrados os seus so\u00f1os, esperanzas e<br \/>\nilusi\u00f3ns e deixaron as s\u00faas vidas en terras estra\u00f1as despois de cruzar o<br \/>\n Atl\u00e1ntico sen poder converter en realidade os seus anhelos e so\u00f1os de<br \/>\nretornar dignamente \u00e1 s\u00faa terra para axudar \u00e1s s\u00faas familias e descansar<br \/>\n os seus derradeiros d\u00edas preto dos seus e enterrar os seus osos na<br \/>\nterra na que naceran.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><em>&nbsp;<\/em><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/05\/lembrando-jose-maria-rodriguez-obras.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Obras de Jos\u00e9 M\u00aa Rodr\u00edguez<\/a><em><br \/>\n<\/em><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>(Texto publicado no blog de Jos\u00e9 M\u00aa e A Gaceta Ribadense o 10 de xullo de 2015) Indianos &#8211; E logo pra onde vas tan \u00e1 pr\u00e9sa, Xan, \u00bfTes algo de novo?, preguntoulle Xan \u00f3 veci\u00f1o vendo pasar con paso apurado cara a vila, vestido de traxe novo e sombreiro. &#8211; Non, oh. E que [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[11,20,58],"class_list":["post-5327","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-historia","tag-jose-ma-rodriguez","tag-torre-dos-moreno"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5327","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5327"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5327\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5327"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5327"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5327"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}