{"id":5319,"date":"2019-06-24T11:09:00","date_gmt":"2019-06-24T09:09:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:21:16","modified_gmt":"2024-11-12T12:21:16","slug":"toma-de-posesion-do-alcalde-de-ribadeo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2019\/06\/24\/toma-de-posesion-do-alcalde-de-ribadeo\/","title":{"rendered":"Toma de posesi\u00f3n do alcalde de Ribadeo: lembranza de programa e discurso"},"content":{"rendered":"<p>Mediados de xu\u00f1o de 2019. Recentes as <a href=\"https:\/\/ribadeando.blogspot.com\/search\/label\/elecci%C3%B3ns%20locais%202019\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">elecci\u00f3ns municipais<\/a>, o s\u00e1bado 15, toma de posesi\u00f3n de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Fernando_Su%C3%A1rez_Barcia\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Fernando Su\u00e1rez Barcia<\/a> como Alcalde de Ribadeo.<\/p>\n<p>Para quen non estivo no acto, que sempre tenta ser emotivo, algunha lembranza no blog, xa pasados d\u00edas para reflexi\u00f3n. En primeiro lugar, lembrar que o <a href=\"https:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2019\/05\/eleccions-o-26-programa-dos-partidos.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">programa do partido que conseguiu maior\u00eda absoluta, o BNG, e \u00f3 que polo tanto pertence \u00f3 alcalde, est\u00e1 colgado en internet, xunto cos do resto<\/a>, e polo tanto, pode facerse un seguemento ou -xa- unha comparativa co discurso de investidura En segundo lugar, o discurso do alcalde na investidura. En terceiro lugar&#8230; iremos desenvolvendo o tema \u00f3 longo de 4 anos de mandato: ha haber lugar.<\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto; text-align: center;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjebOGr_LtUorfCRAPjlevzn_Ojz_uhoYV7bX1aMskjTGxa6A8b9scaF-mTuOPz26okqckwW9bV1hDDMSsmx-kihU4MhxbB2dTOldbrlxHNfESpTacPLlnPMte2GAI-ILzc997UXA\/s2048\/Fernando_Su%25C3%25A1rez_Barcia.jpeg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjebOGr_LtUorfCRAPjlevzn_Ojz_uhoYV7bX1aMskjTGxa6A8b9scaF-mTuOPz26okqckwW9bV1hDDMSsmx-kihU4MhxbB2dTOldbrlxHNfESpTacPLlnPMte2GAI-ILzc997UXA\/s2048\/Fernando_Su%25C3%25A1rez_Barcia.jpeg\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">Foto de gl.wikipedia.org, Lic.<a class=\"external text\" href=\"http:\/\/creativecommons.org\/licenses\/by-sa\/2.5\/es\/deed.gl\" rel=\"nofollow\">Reco\u00f1ecemento-CompartirIgual&nbsp;2.5&nbsp;Espa\u00f1a<\/a> <\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>O discurso:<\/p>\n<p><em>&#8220;Veci\u00f1as e veci\u00f1os:<\/em><\/p>\n<p><em>Outra volta elix\u00edstesme para alcalde de Ribadeo, e van catro. Unha inmensa responsabilidade \u00e1 que non podo responder con simple continuidade. Queredes seguir connosco como responsables politicos desta Porta Norte de Galiza e iso \u00e9 un grande agasallo. Unha chea de confianza. Son consciente desa confianza, pero tam\u00e9n desa responsabilidade e preg\u00fantome por que. (E penso que esta \u00e9 unha pregunta obrigada).<\/em><\/p>\n<p><em>A democracia expresa a vontade colectiva da xente nas elecci\u00f3ns. O que queredes. A vontade popular. Esa \u00e9 a vontade xeral \u00e1 que debemos responder nos vindeiros catro anos como intentamos atender at\u00e9 agora. Sen favoritismos nin arbitrariedades pero tam\u00e9n sen \u201crepunancias&#8221;. Para iso vos pido a colaboraci\u00f3n a todos e todas v\u00f3s. Para que sigamos a facer un Ribadeo mellor.<\/em><\/p>\n<p><em>Preg\u00fantome por que nos votastes, por que me votastes tam\u00e9n a min como cabeza de lista da nosa candidatura e v\u00e9xome na obriga de buscar algunhas respostas:<\/em><\/p>\n<p><em>&#8211; quizais pola nosa xesti\u00f3n pol\u00edtica, pola honestidade, porque gobernamos para todos e todas, quen nos votastes e quen non. Sen favoritismos.<\/em><\/p>\n<p><em>&#8211; quizais tam\u00e9n pola nosa entrega, porque sabedes que estamos e estaremos volcados en Ribadeo.<\/em><\/p>\n<p><em>&#8211; seguramente porque falamos con todas as persoas e atendemos a todas as persoas e val\u00e9moslles no que podemos e iso seguiremos facendo.<\/em><\/p>\n<p><em>&#8211; porque o mellor para a maior\u00eda \u00e9 o mellor para Ribadeo.<\/em><\/p>\n<p><em>&#8211; e seguramente tam\u00e9n porque non nos calamos diante de nada nin de ningu\u00e9n se vemos que se cometen tropel\u00edas con Ribadeo e que a nosa xente se poida ver privada de lex\u00edtimas obras ou servizos soamente porque aqu\u00ed decida votar un gobemo que, quizais \u00e1s veces, non concorda co que haxa no Pa\u00eds ou no Estado.<\/em><\/p>\n<p><em>E indo do m\u00e1is pragm\u00e1tico e coti\u00e1 ao m\u00e1is politico:<\/em><\/p>\n<p><em>-Porque somos e seguiremos sendo -porque vos o queredes as\u00ed- un facho do galeguismo en Galicia. O faro da Porta Norte.<\/em><\/p>\n<p><em>-Porque nos identificamos con todo o Mundo, sabendo que este pa\u00eds \u00e9 tan grande que chega a todas as partes e non ten fronteiras.<\/em><\/p>\n<p><em>-Porque asumimos o legado dos homes e mulleres que hai m\u00e1is de 100 anos quixeron construir unha Galicia moderna no Mundo e nos seguimolo facendo dia a d\u00eda en Ribadeo&#8230; e iso ben que o aprezades&#8230; e ben que vos gusta a vos e a n\u00f3s.<\/em><\/p>\n<p><em>-Porque o orgullo de ser non rifa co de facer.<\/em><\/p>\n<p><em>-Porque aqu\u00ed, en Ribadeo, todos temos os p\u00e9s na terra e a cabeza no mundo. E iso queremos tam\u00e9n para a Galicia do futuro.<\/em><\/p>\n<p><em>Hoxe toca agradecer aos que axudaron a deixar o list\u00f3n tan alto como est\u00e1. A aqueles que estiveron neste pasado goberno, e nos anteriores. Xente que deu o mellor de si durante uns anos da s\u00faa vida, seguramente da parte vital m\u00e1is<br \/>\nsignificativa, polo esforzo que lles puido supo\u00f1er conciliar a s\u00faa vida, as s\u00faas profesi\u00f3ns (os que non estiveron liberados) para entregarse \u00e1 xesti\u00f3n da res p\u00fablica unha chea de tempo. Falo de Ana, de Farruco, de David, de Sonia ou de Vanesa, ou de Paz. E tam\u00e9n falo daqueloutras persoas, coma Vicente, que estando liberado neste caso, fixo do Concello a s\u00faa casa polas ma\u00f1\u00e1s, polas tardes e por moitas, moitas noites.<\/em><\/p>\n<p><em>Pero hoxe toca tam\u00e9n propo\u00f1er futuro: de entrada para os vindeiros catro anos. Toca pensar en Ribadeo, na bisbarra, na provincia e tam\u00e9n en Galiza enteira.<\/em><\/p>\n<p><em>Somos mod\u00e9licos en moitas cousas e mesmo somos quen de exportalas: aguantamos a especulaci\u00f3n nos peores anos da burbulla e hoxe podemos presumir de vila e de paisaxes, e somos unha referencia.<\/em><\/p>\n<p><em>Espantamos as malas artes da pol\u00edtica e tam\u00e9n a dereitizaci\u00f3n extremista que tanto asusta ultimamente. Ese extremismo que quere reducir as nosas conquistas democr\u00e1ticas e sociais en todo o Estado, mesmo en toda Europa, pero non aqu\u00ed.<\/em><\/p>\n<p><em>Non somos unha aldea gala de Asterix, xa superamos iso&#8230; somos unha Vila e un Concello forte como sempre fomos, estendida en parroquias e lugares que nos identifican e nos dan afouteza.<\/em><\/p>\n<p><em>Agora debemos pensar en que facer no futuro:<\/em><\/p>\n<p><em>-1) Somos dende sempre capital comercial, de ocio e agora tam\u00e9n tur\u00edstica. Logramos manter esa posici\u00f3n con moita competencia; ax\u00fadanos estar onde estamos: no centro dunha ampla bisbarra que vai de Viveiro a Luarca e baixa at\u00e9 A Fonsagrada, pero axudou m\u00e1is ainda o que fixemos e seguiremos facendo: cooperando e traballando con guen sexa necesario a prol de Ribadeo. Esa capital comercial, de ocio e tur\u00edstica \u00e9 unha fonte de riqueza ben aproveitada e foi mellorada por n\u00f3s con intelixencia, fose mellorando e coidando a ribeira da R\u00eda de Ribadeo, as Augasantas e Carricelas (As Catedrais) ou creando a exitosa, participativa e mod\u00e9lica festa do Ribadeo Indiano.<\/em><\/p>\n<p><em>Esa capitalidade \u00e9 unha fonte de riqueza que debemos coidar, evitar destruir e exemplos temos dabondo ben perti\u00f1o de aqui ou moi lonxe (Venezia contaminada, afundida e &#8220;atacada&#8221; polos cruceiros ou o Everest -atascos e Iixo-&#8230;) do que non debemos facer.<\/em><\/p>\n<p><em>Ocupar\u00e9monos de planificar os coidados da nosa gali\u00f1a dos ovos de ouro para que os siga po\u00f1endo&#8230; e para que siga sendo un luxo popular ser e vivir en Ribadeo.<\/em><\/p>\n<p><em>Seguiremos impulsando un crecemento sostible, produtivo e non especulativo. Aprobado e vixente o moderno Plan Xeral de Ordenaci\u00f3n Municipal, aprobaremos deseguido tanto o Plan Especial do Casco Vello como o de Ordenaci\u00f3n do entorno das Catedrais porque en Ribadeo quixemos apostar por un modelo urban\u00edstico que promova un crecemento sostible e sobre todo que aporte seguridade xur\u00eddica. Porque queremos que Ribadeo medre, pero que o faga con sentidi\u00f1o. Igual que coas politicas de rehabilitaci\u00f3n: Varios anos de pol\u00edtica activa para lograr a rehabilitaci\u00f3n de inmobles, calquera pode pasear hoxe polo noso casco vello e ver o cambiado que est\u00e1, e o traballo que xerou para pequenas e medianas empresas especializadas na rehabilitaci\u00f3n. Pero fai falta m\u00e1is. Queda a\u00ednda moito por facer e impulsar desde o Concello. E far\u00e9molo!<\/em><\/p>\n<p><em>-2) Seguiremos traballando duramente polas partes m\u00e1is febles dunha sociedade. Os vellos e os novos.<\/em><\/p>\n<p><em>Onte mesmo demos un paso de xigante ao inaugurar o funcionamento do novo Centro de Atenci\u00f3n de Persoas Maiores de Ribadeo. Unha marabilla que naceu co reclamo do pobo ao que se lle achegou a atenci\u00f3n da mellor pol\u00edtica e da mellor t\u00e9cnica. A pol\u00edtica que fixemos desde diferentes trincheiras, pero buscando o fin com\u00fan de chegar a ver isto funcionando para honra dos nosos paisanos e paisanas.<\/em><\/p>\n<p><em>Logr\u00e1molo. Agora tocar\u00e1 modernizar e actualizar o Hospital-Asilo. Ben xestionado como est\u00e1, pero con carencias estruturais no edificio municipal polo que a d\u00eda de hoxe, dista moito de ser un lugar c\u00f3modo para a xente maior. Deberemos tam\u00e9n seguir achegando servizos sociais de proximidade aos fogares da xente maior que, seguramente, \u00e9 onde prefiren estar.<\/em><\/p>\n<p><em>E pola outra banda, polos novos. debemos e queremos empezar a sacarlle os seus froitos ao Planeamento Urban\u00edstico aprobado hai ben pouco para poder empezar a dispo\u00f1er solo p\u00fablico para facer un novo espazo verde \u00fatil para todo o mundo,<br \/>\nespecialmente para a mocidade, e xunto a isto, un novo campo de herba sint\u00e9tica multifuncional.<\/em><\/p>\n<p><em>Queremos comprometernos igualmente coa xente nova e coa pr\u00e1ctica do deporte, porque xa fomos quen de facer de Ribadeo un punto de encontro deportivo, do f\u00fatbol ao surf e da vela ao atletismo, pasando por tant\u00edsimos outros. Pero queremos que Ribadeo siga a ser o Concello con maior oferta de escolas deportivas municipais de toda a Mari\u00f1a. Seguiremos por tanto apoiando o deporte base para todos e para todas.<\/em><\/p>\n<p><em>-3) Ribadeo como lugar de redistribuci\u00f3n dos recursos entre a vila e o campo.<\/em><\/p>\n<p><em>A atenci\u00f3n por igual tanto \u00e1 vila como \u00e1s distintas parroquias \u00e9 un dos nosos sinais de identidade. Ben sexa polos plans de mellora de accesos a n\u00facleos rurais, (falado e consensuado nas s\u00faas prioridades coas asociaci\u00f3ns de veci\u00f1os), como na organizaci\u00f3n de actividades (culturais, formativas ou doutra \u00edndole dentro das competencias dun Concello), levarannos a seguir impulsando politicas de reequilibro entre a Vila e o Campo, como se merecen.<\/em><\/p>\n<p><em>-4) Econom\u00eda e ecoloxia\/medioambiente van xuntas no futuro e o futuro empeza agora xa en Ribadeo:<\/em><\/p>\n<p><em>Non hai futuro sen unha econom\u00eda produtiva e non hai econom\u00eda de futuro sen respecto ao medio ambiente. Non \u00e9 unha opci\u00f3n nin unha elecci\u00f3n. \u00c9 unha necesidade para a que nos temos que preparar xa.<\/em><\/p>\n<p><em>Se queremos que os nosos fillos e fillas te\u00f1an futuro nesta parte de Europa xa podemos ir pensando en como lograr unha econom\u00eda produtiva moderna e sustentable.<\/em><\/p>\n<p><em>Fomos pioneiros en evitar incendios ao p\u00e9 das casas e aplicar as normas para evitalos; normas que non cumpre nin quen as ditou.<\/em><\/p>\n<p><em>Tamen seremos pioneiros e mod\u00e9licos en conservar o territorio como un espazo produtivo e manexado&#8230; como sabe facer a nosa xente dende sempre:<\/em><\/p>\n<p><em>prados para leite<\/em><\/p>\n<p><em>terras para horta, froitas e flores..<\/em><\/p>\n<p><em>montes para madeira&#8230;<\/em><\/p>\n<p><em>Todas as novas actividades industriais non contaminantes e de futuro vinculadas a novas tecnolox\u00edas, ter\u00e1n un cami\u00f1o de instalaci\u00f3n en Ribadeo e o seu pol\u00edgono. Dialogaremos e convenceremos ao Ministerio de Fomento da necesidade dun plan para abaratar as parcelas del.<\/em><\/p>\n<p><em>-5) Queremos facer de Ribadeo a Capital galega da produci\u00f3n org\u00e1nica e da alimentaci\u00f3n s\u00e1. Hoxe esa capital -no Mundo- ven sendo Nova lorke que \u00e9 para onde ollamos, sempre \u201cmar por medio&#8221; e ao Oeste (agora que xa non imos lindar con Inglaterra por mor do Brexit); pero n\u00f3s mellor ainda que Nova Iorke porque al\u00e9n de vender e mercar para comer san, tam\u00e9n podemos producir. Somos superiores. Sabemos producir para consumir&#8230; facer os alimentos que comemos&#8230; nas hortas de Vilasel\u00e1n, Pi\u00f1eira e nas de Vilela, en Ove e mais en Cedofeita, etc&#8230; Traballaremos para convencer \u00e1 Xunta de Galicia de reactivar dunha vez as potencialidades que ofrece o complexo formativo da Escola Pedro Murias.<\/em><\/p>\n<p><em>Temos que apoiar os proxectos de econom\u00eda de base, desde o agro \u00e1 industria, desde a horta ao leite, desde a artesan\u00eda \u00e1 inform\u00e1tica. O m\u00e1is noso, o froito da nosa terra, combinado coas maneiras de traballar que permiten a conservaci\u00f3n do entorno, en vez de destru\u00edlo.<\/em><\/p>\n<p><em>-6) E claro que si, e todo isto con unha clara perspectiva de x\u00e9nero, loitando sempre en favor da igualdade, con mai\u00fasculas, entre as persoas. Volcados na revoluci\u00f3n das mulleres, seguiremos sendo unha referencia no apoio \u00e1s s\u00faas<br \/>\niniciativas laborais, educativas e culturais, para que os pasos adiante dados na igualdade entre sexos non te\u00f1an volta atr\u00e1s.<\/em><\/p>\n<p><em>Traballaremos con este goberno que formaremos con Luz, Pablo, Suso, M\u00f3nica, Pilar e Jorge. Ainda que tam\u00e9n nos gustaria traballar en acadar obxectivos com\u00fans co resto da Corporaci\u00f3n: con Daniel, Elisa, Bego\u00f1a, Elena por unha banda e con Marta e con Francisco pola outra.<\/em><\/p>\n<p><em>En definitiva, traballaremos por v\u00f3s para que vos sintades orgullosos de n\u00f3s, para ser dignos da vosa confianza. Traballaremos tendo presentes os versos de hai un s\u00e9culo de Ram\u00f3n Cabanillas do seu poema EN P\u00c9!:<\/em><\/p>\n<p><em>&#8230;o coraz\u00f3n aberto<\/em><\/p>\n<p><em>a toda verba amiga,<\/em><\/p>\n<p><em>e nunha man a fouce<\/em><\/p>\n<p><em>e noutra man a oliva,&#8230;<\/em><\/p>\n<p><em>Traballaremos meus veci\u00f1os e mi\u00f1as veci\u00f1as, para dar conta da afouteza de Ribadeo e da s\u00faa singularidade en Galiza, e desde Galiza para o mundo.<\/em><\/p>\n<p><em>Tede por seguro que as\u00ed o habemos facer.<\/em><\/p>\n<p><em>Sa\u00fade, Terra e que viva Ribadeo.&#8221;<\/em><\/p>\n<p>&nbsp;&#8212;<\/p>\n<p>Unha <a href=\"https:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2019\/05\/sobre-as-eleccions-en-ribadeo-en.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">lembranza sobre elecci\u00f3ns e Ribadeo<\/a>.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Mediados de xu\u00f1o de 2019. Recentes as elecci\u00f3ns municipais, o s\u00e1bado 15, toma de posesi\u00f3n de Fernando Su\u00e1rez Barcia como Alcalde de Ribadeo. Para quen non estivo no acto, que sempre tenta ser emotivo, algunha lembranza no blog, xa pasados d\u00edas para reflexi\u00f3n. En primeiro lugar, lembrar que o programa do partido que conseguiu maior\u00eda [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[117,68,13,64,9],"class_list":["post-5319","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-eleccions-locais-2019","tag-fernando-suarez","tag-politica","tag-residencia","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5319","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5319"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5319\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5319"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5319"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5319"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}