{"id":5300,"date":"2019-07-17T09:27:00","date_gmt":"2019-07-17T07:27:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:20:37","modified_gmt":"2024-11-12T12:20:37","slug":"a-ria-de-ribadeo-dos-neandertales-ao","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2019\/07\/17\/a-ria-de-ribadeo-dos-neandertales-ao\/","title":{"rendered":"A R\u00cdA DE RIBADEO DOS NEANDERTAIS AO NEOL\u00cdTICO Pancho Campos Dorado"},"content":{"rendered":"<p>Hoxe \u00e9 o d\u00eda da Festa do Carme e gustar\u00edame contarvos algo que parece relevante, case como unha lenda que narra un feito real, que aloumi\u00f1ado de argumentadas conxecturas nos conducen a unha historia in\u00e9dita sobre os primeiros habitantes da R\u00eda de Ribadeo.<\/p>\n<p>Comentaba <a href=\"https:\/\/ribadeando.blogspot.com\/search?q=Isidoro+asensio\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Isidoro Asensio Amor<\/a>, en varios artigos publicados en La Comarca do ano 1963, a labor xeol\u00f3xica de formaci\u00f3n da R\u00eda, que hab\u00eda exposto o Enxe\u00f1eiro <a href=\"https:\/\/ribadeando.blogspot.com\/search?q=Schulz\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Guillerme Schulz<\/a> no s\u00e9culo XIX, e tam\u00e9n comentaba noutros artigos publicados en La Comarca do ano 1964, sobre a Xeolox\u00eda de Charles Barrois e de Hern\u00e1ndez Sampelayo, cuxos estudos estratigr\u00e1ficos mostran alturas do mar que var\u00edan entre cotas de m\u00e1is de setenta metros entre o nivel m\u00e1is baixo e o m\u00e1is alto, respecto do nivel medio actual.<\/p>\n<p>Estas baixadas e subidas do nivel do mar, en alturas que resultan tan esaxeradas no tempo, son producidas polas glaciaci\u00f3ns cuxos per\u00edodos duran decenas de miles de anos. A bocana da R\u00eda de Ribadeo estaba afundida 40 metros por debaixo do nivel actual do mar durante a glaciaci\u00f3n W\u00fcrm. Ch\u00e1mase W\u00fcrm, ao \u00faltimo per\u00edodo glacial do <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Plistoceno\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Plistoceno<\/a> ou Cuaternario, co\u00f1ecido popularmente como a <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Glaciaci%C3%B3n\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Idade do Xeo<\/a>, que inicia fai 110 000 anos e termina fai 10 000 anos no <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Holoceno\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Holoceno<\/a> ou per\u00edodo posglacial no que nos atopamos actualmente.<\/p>\n<p>O xacemento de <a href=\"https:\/\/ribadeando.blogspot.com\/search?q=Louselas\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Louselas<\/a>, identificado no <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Paleol%C3%ADtico_inferior\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Paleol\u00edtico Inferior<\/a>, d\u00e1tase cunha antig\u00fcidade de catrocentos mil anos. Louselas estaba habitado por homes, que fac\u00edan ferramentas, cuxos restos l\u00edticos se identifican na citada monograf\u00eda N\u00ba6. Pero no per\u00edodo do Plistoceno medio, o xacemento de Louselas estaba completamente somerxido baixo o nivel do mar, e m\u00e1is recentemente, fai 200 000 anos, o nivel do mar estaba 38 metros por debaixo da cota actual.<\/p>\n<p>Nestes per\u00edodos, cando os oc\u00e9anos estaban m\u00e1is baixos, o litoral estaba centos de metros m\u00e1is retirado do que hoxe o contemplamos. Na nosa bisbarra temos o exemplo, de que na praia da Arealonga de San Miguel de Reinante fai ao menos 9000 anos, hab\u00eda un bosque de \u00e1rbores que foi sepultado por estes movementos do mar, e que debido o influxo das galernas de inverno dos \u00faltimos anos, quedaron ao descuberto os seus vestixios \u00f3 levar o mar a area da praia. Al\u00ed puidemos contemplar que os toc\u00f3ns, ra\u00edces, madeira das \u00e1rbores e restos vexetais, convert\u00e9ronse nunha \u201c<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Turbeira\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">turbeira<\/a>\u201d, ou zona de pegadas de carb\u00f3n f\u00f3sil de pouca densidade.<\/p>\n<p>Na \u00e9poca do Plistoceno, os glaciares ocupaban unha cuarta parte da superficie terrestre, e os <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Home_de_Neandertal\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Neandertais<\/a> eran aqueles homes que viviron durante un per\u00edodo de tempo de cen mil anos e cuxa extinci\u00f3n rem\u00f3ntase a fai uns 35 000 anos. Viviron en per\u00edodos xeol\u00f3xicos de glaciaci\u00f3n intensa e refuxi\u00e1banse en covas m\u00e1is menos profundas para abeirarse do fr\u00edo, por isto son co\u00f1ecidos popularmente como os \u201chomes das cavernas\u201d ou \u201ccavern\u00edcolas\u201d. Nas covas de terras do interior da Europa occidental atop\u00e1ronse numerosos f\u00f3siles humanos do Homo sapiens neanderthalensis. <\/p>\n<p>Pero \u00bfque ocorr\u00eda coa vida humana nos litorais da costa nestes per\u00edodos de tempo, e particularmente, que pasaba cos homes que habitaban nos arredores da R\u00eda de Ribadeo?. Pois ben. Tanto os homes como os animais, vanse adaptando \u00e1s circunstancias climatol\u00f3xicas para poder vivir como mellor poden, e as baixadas e subidas do nivel do mar, deixaron ao longo das costas, covas, grutas e escavaci\u00f3ns medianamente profundas que o mar foi facendo cos embates da marus\u00eda, e \u00f3 quedar a descuberto, aqueles homes da costa as aproveitaron como vivendas. Aqueles homes foron os \u201cpescadores, mariscadores e mari\u00f1eiros das cavernas\u201d dos que ningu\u00e9n fala pero que, por suposto, existiron exactamente igual que os cavern\u00edcolas das monta\u00f1as.<\/p>\n<p>Nas marxes da R\u00eda de Ribadeo hai m\u00e1is dunha vintena de covas que seguramente algunhas delas foron aproveitadas para vivir as familias humanas que por aqu\u00ed se atopaban. Hai restos l\u00edticos nas praias, moi desgastados, pero similares aos que se atopan no xacemento de Louselas, polo que parecen anteriores \u00f3s homes de Neanderthal. Pero este tipo de restos sux\u00edrenlle a este afeccionado a historia, que aquela tecnolox\u00eda dos homes de Louselas, usada para facer ferramentas lascando as pedras, segu\u00edase practicando chegados aos homes do <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Neol%C3%ADtico\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Neol\u00edtico<\/a> de fai sete mil anos.<\/p>\n<p>Recordar que o Neol\u00edtico foi definido como o per\u00edodo da prehistoria comprendido entre o <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Mesol%C3%ADtico\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Mesol\u00edtico<\/a> e a <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Idade_dos_Metais\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Idade dos Metais<\/a>, aproximadamente entre o quinto e o terceiro milenio antes de Cristo. O termo Neol\u00edtico, acu\u00f1ado por John Lubbock en 1865, obedec\u00eda a criterios exclusivamente tecnol\u00f3xicos, en relaci\u00f3n coa aparici\u00f3n da pedra pulimentada. Pero m\u00e1is recentemente, aquela definici\u00f3n resultou demasiado simplista, posto que nesa idade prehist\u00f3rica hab\u00eda evidencias de innovaci\u00f3ns m\u00e1is complexas: a cer\u00e1mica, a gandeir\u00eda e sobre todo a agricultura. As\u00ed o Neol\u00edtico converteuse nunha divisi\u00f3n cronol\u00f3xica esencial dentro da Historia das Civilizaci\u00f3ns.<\/p>\n<p>Na ribeira da R\u00eda de Ribadeo, na parte ribadense co\u00f1ecemos d\u00faas covas con nome propio: a Cova dos Sete Encantos, e a Cova da Vella. Hai outra practicamente enterrada entre a praia dos Bloques e a Vilavella, e outras tres ou catro pr\u00f3ximas \u00f3 Cargadeiro, protexidas do Vendaval, e que para este relator, foron vivendas cavern\u00edcolas que pouco a pouco foron abandonadas a medida que sub\u00eda o nivel do mar e \u00edan desaparecendo cos recheos de area, x\u00f3garas e sedimentos.<\/p>\n<p>Na hoxe ribeira asturiana da R\u00eda de Ribadeo, no litoral de Figueiras, hai m\u00e1is dunha ducia destas covas, que est\u00e1n semienterradas e a vista, moi ben asocairadas do vento Nordeste que tanto fr\u00edo trae canda el, polo que non ser\u00eda de estra\u00f1ar que por aquel tempo inmemorial, foran un bo refuxio e tam\u00e9n estivesen habitadas.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgv1Qgh-LAq2s4saLskxc8o_4nJNtMvl8aKLFgaZ0Ab9WmCAuoQnyLWS-m_FfqXEO7PNubPx3bRopa97TBiDt44aLiJM8C2p90X3n9tof0yK1Sr6mTP1ahES-oRDSqUAoqeKgT0tw\/s2048\/perfil+r%25C3%25ADa+de+Ribadeo.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgv1Qgh-LAq2s4saLskxc8o_4nJNtMvl8aKLFgaZ0Ab9WmCAuoQnyLWS-m_FfqXEO7PNubPx3bRopa97TBiDt44aLiJM8C2p90X3n9tof0yK1Sr6mTP1ahES-oRDSqUAoqeKgT0tw\/s2048\/perfil+r%25C3%25ADa+de+Ribadeo.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>No debuxo m\u00f3strase o perfil do leito da R\u00eda de Ribadeo a altura da <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Ponte_dos_Santos\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Ponte dos Santos<\/a>. Vemos que hai unha enorme colmataci\u00f3n de area cunha profundidade superior os 40 metros. O canal ten aproximadamente unha media de seis metros en marea chea, pola que se rexe a regulamentaci\u00f3n do calado dos barcos mercantes que atracan no <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Porto_comercial_de_Ribadeo\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Porto Comercial de Ribadeo<\/a>. Non sabemos canto haber\u00e1 escarvado o mar os cant\u00eds da costa ao longo dos miles de anos de traballo das mareas e das galernas, as covas est\u00e1n cheas de area e x\u00f3garas, e non sabemos a que profundidade chegan. Segundo unha \u201clenda urbana\u201d, escoitei que cando se buscaba firme para a cimentaci\u00f3n da primeira zapata da Ponte dos Santos, no cantil de Ribadeo, parece ser que despois de perforar uns poucos metros en profundidade, atopouse un oco profundo, e que se fixo o seu recheo con formig\u00f3n, para consolidar a zapata. Poder\u00eda ser que fora unha desas covas das que falabamos, e que por casualidade se lle furou o teito ao facer a zapata da primeira pilastra.<\/p>\n<p>Por outra banda, \u00bftodas as covas do litoral de Figueiras foron feitas polo mar? \u00bfestar\u00e1n algunhas delas refeitas pola man do home, ou rematadas por el? \u00bfcomo \u00e9 que hai tantas covas en sitios nos que realmente non bate o mar con bravura?. Preguntas, preguntas, soamente preguntas!<\/p>\n<p>Segundo o n\u00famero de covas que vemos, a poboaci\u00f3n de mari\u00f1eiros e familias ti\u00f1a que ser bastante grande, \u00bfsobre cantos?, \u00bfdouscentos&#8230; trescentos?<\/p>\n<p>Ser\u00eda cousa de que patrimonio ou autoridade competente fixera algunhas catas estratigr\u00e1ficas de materiais das partes profundas das covas e dos sedimentos frontais destas covas que temos \u00e1 vista, pois poder\u00edan sorprendernos os ach\u00e1degos que atop\u00e1ramos, posto que no Neol\u00edtico da pen\u00ednsula ib\u00e9rica as cer\u00e1micas con decoraci\u00f3n impresa, at\u00f3panse fundamentalmente en covas situadas nos arredores da costa, e esta \u00e9 unha costa privilexiada para todo tipo de descubrimentos hist\u00f3ricos e prehist\u00f3ricos, e non est\u00e1 practicamente nada estudiado. Pero xa os estou o\u00edndo: \u00a1Pancho, non hai presuposto asignado para estas cousas!. \u00a1Pois iso&#8230; xa mo parec\u00eda, pero algo haber\u00e1 que facer!<\/p>\n<p>Feliz d\u00eda do Carme a t\u00f3dolos mari\u00f1eiros e familias, as\u00ed como, a todos aqueles que se sinten marineros atra\u00eddos por ese inmenso mar oc\u00e9ano que tantos secretos nos garda.<\/p>\n<p>&#8212;<\/p>\n<p>1.Hern\u00e1ndez Pacheco, Isidoro Asensio, 1963<\/p>\n<p>2.Monograf\u00eda N\u00ba6, Louselas, Museo de Prehistoria e Arqueolox\u00eda de Vilalba, 2014.<\/p>\n<p>3.Ibidem, p.13<\/p>\n<p>4.Nueva Larousse P 45, volume 29, p\u00e1x. 8897.<\/p>\n<p>5.Debuxo a man alzada, m\u00e1is menos a escala, sacado do magn\u00edfico traballo: \u201cDesdobramento da Ponte dos Santos\u201d, feito por Mart\u00edn Gonz\u00e1lez Vilaseca e Katia Goyos Alonso, para a <a href=\"https:\/\/feirasdeciencia.mywikis.net\/wiki\/XV_Feira_da_Ciencia_do_IES_Porta_da_Auga\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Feira da Ciencia do IES Porta da Auga de Ribadeo, Abril 2009<\/a>.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Hoxe \u00e9 o d\u00eda da Festa do Carme e gustar\u00edame contarvos algo que parece relevante, case como unha lenda que narra un feito real, que aloumi\u00f1ado de argumentadas conxecturas nos conducen a unha historia in\u00e9dita sobre os primeiros habitantes da R\u00eda de Ribadeo. Comentaba Isidoro Asensio Amor, en varios artigos publicados en La Comarca do [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[11,46],"class_list":["post-5300","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-historia","tag-pancho-campos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5300","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5300"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5300\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5300"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5300"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5300"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}