{"id":5299,"date":"2019-07-25T23:21:00","date_gmt":"2019-07-25T21:21:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:20:35","modified_gmt":"2024-11-12T12:20:35","slug":"carteis-electorais-nota-de-prensa-da","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2019\/07\/25\/carteis-electorais-nota-de-prensa-da\/","title":{"rendered":"CARTEIS ELECTORAIS. Nota de prensa da AVV O Tes\u00f3n"},"content":{"rendered":"<p>&#8212;<em>atenci\u00f3n: esta nota de prensa foi enviada pola avv o 9 de xullo, polo que aparece aqu\u00ed con m\u00e1is de d\u00faas semanas de retraso<\/em>&#8212;<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgp8fCJAqiAkztrpdBSDIbh62axsPzTDpJKSezmj03pf6_e2DSfEi6gW3kHiFavnytC1mzR_9oMh_Qmqtp7xFt27oKk23Ywkr7DPONv5dkVwIQiEZ1I0ppfCi2DTNqKSJKn47RFdg\/s2048\/Propaganda+electoral+a+9+de++xullo.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgp8fCJAqiAkztrpdBSDIbh62axsPzTDpJKSezmj03pf6_e2DSfEi6gW3kHiFavnytC1mzR_9oMh_Qmqtp7xFt27oKk23Ywkr7DPONv5dkVwIQiEZ1I0ppfCi2DTNqKSJKn47RFdg\/s2048\/Propaganda+electoral+a+9+de++xullo.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>Nas pasadas elecci\u00f3ns, tanto nas xerais como nas municipais, europeas e auton\u00f3micas, os distintos partidos pol\u00edticos ou grupos de electores, afanaronse en despregar todo tipo de publicidade para dar a co\u00f1ecer as propostas e ideas \u00f3s potenciais electores. Usando t\u00f3dolos medios posibles, en funci\u00f3n das posibilidades ec\u00f3nomicas de cada grupo. \u00cdmonos referir niste caso o concello de Ribadeo.<\/p>\n<p>No tema da econom\u00eda \u00e9 onde pode verse a maior diferencia de cada un deles. Isto se reflexa logo no volume, na calidade e na cantidade dos medios empregados, principalmente no n\u00famero,tama\u00f1o e calidade nos carteis colocados. A campa\u00f1a oficial dura por regulaci\u00f3n d\u00faas semanas. Pero a que lle chaman precampa\u00f1a xa comeza varios meses antes. E non ten l\u00edmite cara atr\u00e1s.<\/p>\n<p>Alg\u00fans partidos xa fixeron a presentaci\u00f3n dos candidatos a principios de marzo. Dende ese intre, faltando tres meses para as municipais, xa se pod\u00edan ver grandes carteis cos candidatos, acompa\u00f1ados dos seus xefes provinciais e auton\u00f3micos, pegados por t\u00f3dolos os rinc\u00f3ns de Ribadeo. En especial na zona urbana, pero tam\u00e9n na rural. E a\u00ednda a dia de hoxe se poden ver.<\/p>\n<p>En Ribadeo foi aprobada a Ordenanza de Proteci\u00f3n Medioambiental, con data de 10 de xullo de 2006, sendo alcalde o sr. Andina. Esta ordenanza, no T\u00eftulo VI, Artigo 68, di que quedar\u00e1 prohibido colocar carteis, realizar inscrici\u00f3ns ou p\u00ecntadas en paredes, muros, fachadas, quioscos, farolas,verxas,valas, papeleiras, contedores, marquesi\u00f1as de paradas de autobuses ou mobiliario urbano en xeral.<\/p>\n<p>Tam\u00e9n di que tan s\u00f3 se colocar\u00e1n nos lugares onde o concello habilite zonas espec\u00edficas para facelo. Para cada convocatoria electoral o concello habilita nas parroquias e na vila zonas para a publicidade dos partidos.<\/p>\n<p>En todos istos anos ningunha corporaci\u00f3n se preocupou de p\u00f3r en marcha dita Ordenanza: t\u00f3dolos grupos levaron e levan nos seus programas actuaci\u00f3ns en temas de medioambiente, pero logo te\u00f1en dificultade en cumprir o que eles mesmos aproban. Alg\u00fans, mesmo parece dubidoso que se propo\u00f1an cumprilo. E, se os partidos se saltan as propias normas que eles regulan e aproban, como lle poden pedir os veci\u00f1os que as cumpran?<\/p>\n<p>A dia de hoxe, despois de pasar m\u00e1is de 2 meses das elecci\u00f3ns xerais e 1 mes  das municipais e europeas, recomend\u00e1moslles que fagan un percorrido pola vila e as parroquias, para comprobar o lixo de carteis que deixaron espallados polos lugares mais visibles. Miren como est\u00e1n os muros, paredes, marquesi\u00f1as, portas e vent\u00e1s de edificios abandoados, etc, \u00e1s entradas e sa\u00edidas, por calquera parte da vila. Non nos dan ning\u00fan exemplo neste tema.<\/p>\n<p>\u00c9 un atrevemento que se po\u00f1an a falar do importante que \u00e9 dar boa imaxe do noso concello, da importancia da paisaxe, de manter limpo e ordenado o concello para un mellor disfrute e convivencia dos veci\u00f1os. Agora que entramos nos meses principais de vacaci\u00f3ns, \u00e9 una verdadeira \u201cvergo\u00f1a e desidia\u201d a imaxe ca que se atopar\u00e1n os miles de turista que nos visitan. Poder\u00edamoslle chamar \u201cFEISMO DA CARTELER\u00cdA\u201d. Por favor, miren a Europa, onde isto o cuidan moito m\u00e1is. A prop\u00f3sito, o concello de Ribadeo est\u00e1 irmanado co franc\u00e9s de Loctudy. A que non viron al\u00ed este desorde que temos aqu\u00ed? Deber\u00edan tomar nota e sacar algo positivo de dita relaci\u00f3n para aplicala no noso concello. Non costa di\u00f1eiro. Ben, algo si nos costa, cando se desprazan al\u00f3. Pero pouco aprenden.<\/p>\n<p>Dende eiqu\u00ed lles pedimos a t\u00f3dolos partidos pol\u00edticos que concurriron \u00e1s eleci\u00f3ns, que as\u00ed como tiveron tempo e di\u00f1eiro, para colocar a publicidade, que fagan o favor de retirala canto antes, se queren ser coherentes co que predicaron na campa\u00f1a.<\/p>\n<p>Xa non deber\u00edan necesitar ninguna Ordenanza para facelo. D\u00e1 a impresi\u00f3n de  que esta se fai para que a cumpran os cidad\u00e1ns. Pois non, son vostedes os que deber\u00edan dar exemplo. E non o est\u00e1n a facer. P\u00f3\u00f1anse xa a limpar o lixo que nos deixaron. Dar\u00edan exemplo por unha vez e lles quedar\u00edamos agradecidos.<\/p>\n<p>* Unha nota final: o anterior escribiuse a finais de xu\u00f1o. Hoxe, 9 de xullo, d\u00faas semanas despois, a piques de comezar os indianos en Ribadeo, at\u00f3panse menos carteis. Mesmo de dous grupos que non obtiveron representaci\u00f3n, nun repaso r\u00e1pido non vimos ning\u00fan. E entre os que si a tiveron hai unha grande diferenza. A lectora ou lector pode comprobalo e ver e aprezar no futuro esas diferenzas. A foto \u00e9 un collage de varias tomadas hoxe mesmo en tan s\u00f3 dous lugares: o paso baixo a v\u00eda e o paso baixo a autov\u00eda nas rotondas de acceso dende Asturias.<\/p>\n<p>Asociaci\u00f3n de veci\u00f1os O Tes\u00f3n<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&#8212;atenci\u00f3n: esta nota de prensa foi enviada pola avv o 9 de xullo, polo que aparece aqu\u00ed con m\u00e1is de d\u00faas semanas de retraso&#8212; Nas pasadas elecci\u00f3ns, tanto nas xerais como nas municipais, europeas e auton\u00f3micas, os distintos partidos pol\u00edticos ou grupos de electores, afanaronse en despregar todo tipo de publicidade para dar a co\u00f1ecer [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[74,13,9],"class_list":["post-5299","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-o-teson","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5299","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5299"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5299\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5299"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5299"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5299"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}