{"id":5296,"date":"2019-07-28T15:16:00","date_gmt":"2019-07-28T13:16:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:20:30","modified_gmt":"2024-11-12T12:20:30","slug":"reflexionando-sobre-o-transporte-na","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2019\/07\/28\/reflexionando-sobre-o-transporte-na\/","title":{"rendered":"Reflexionando sobre o transporte na Mari\u00f1a"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEj9IiByl7st2SXgnieHP5Ok_08F51NJKgLy2lBm3nhpju2O54SN-0liYkUIXDR0pRmqMu9HkLy4v94PJWWoeH_cZaZVw-imEKjgitgMlKKcqRgUP84AZMRrR5uDlwfyra3SRdiGPQ\/s2048\/FlixbusFEVE.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEj9IiByl7st2SXgnieHP5Ok_08F51NJKgLy2lBm3nhpju2O54SN-0liYkUIXDR0pRmqMu9HkLy4v94PJWWoeH_cZaZVw-imEKjgitgMlKKcqRgUP84AZMRrR5uDlwfyra3SRdiGPQ\/s2048\/FlixbusFEVE.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>Hai un par de d\u00edas tomei o tren de s. Cibrao a Ribadeo. Puntualidade (de 13:10 a 13:53 sen moita variaci\u00f3n), duraci\u00f3n equiparable \u00e1 viaxe en turismo, comodidade, revisor e garda de seguridade no tren, posibilidade de levar a bicicleta, importe (3,60 \u20ac) non excesivo en relaci\u00f3n a outros custes&#8230; algo que non se parec\u00eda moito a algunha outra vez que fixen alg\u00fan traxecto pola Mari\u00f1a. A ocupaci\u00f3n do tren, a mediod\u00eda, non era alta: de media no traxecto, fomos no tren unhas 8 persoas.<\/p>\n<p>Noutro lugar te\u00f1o comentado a mellora do transporte en autob\u00fas na franxa costeira da Mari\u00f1a, e a diferencia grande c<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/search?q=transporte\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">o que ocorre \u00f3 querer tomar un transporte p\u00fablico cara \u00f3 interior da Mari\u00f1a ou a outro punto de Galicia ou de Espa\u00f1a<\/a>.<\/p>\n<p>Un par de semanas de aparcamento de coche nun aeroporto poden supo\u00f1er m\u00e1is custe que unha viaxe en avi\u00f3n a centroeuropa, ou un valor semellante \u00f3 custe agregado (combustible, gasto de coche, impostos, etc) da ida e volta en coche \u00f3 aeroporto de Santiago, o que parece desproporcionado. Se comparamos por outra parte o custe dunha viaxe en autob\u00fas a Lugo (nunha das poucas li\u00f1as que hai cando hai algunha), 8,80 \u20ac (ou 11 \u20ac, segundo a li\u00f1a), \u00e9 dicir, de cousa de 0,10 \u20ac\/km, sae algo m\u00e1is caro, pero semellante \u00f3 transporte en tren dende S. Cibrao ou Viveiro (ver imaxe, cun tique dende Viveiro, a un custe de 4,70 \u20ac, 60 km de v\u00eda). Mais na mesma imaxe sobremontei outro custe: Porto (Portugal) &#8211; Santiago, uns 230 km, por menos de 7 \u20ac. \u00c9 dicir, cousa de 0,03 \u20ac\/km. \u00c9 certo que \u00e9 un billete de prezo variable, que pode sa\u00edr a un custe por km semellante \u00f3s que estamos &#8216;afeitos&#8217; no transporte p\u00fablico da zona. Pero non deixa de ser curiosa a variaci\u00f3n, as oportunidades, comodidade de horarios&#8230;<\/p>\n<p>O desenvolvemento de xeito asim\u00e9trico do transporte nas concentraci\u00f3ns urbanas en relaci\u00f3n \u00f3 medio rural, que \u00e9 o noso, \u00e9 cada vez m\u00e1is preocupante. Novas oportunidades de transporte de todo tipo xurden como fungos nas cidades, mesmo antes de que dea tempo \u00e1 s\u00faa regulaci\u00f3n. No noso entorno, hai medio s\u00e9culo hab\u00eda m\u00e1is posibilidades de transporte p\u00fablico que na actualidade. E a tendencia, con excepci\u00f3ns puntuais, non \u00e9 mellorar: nin en horarios, nin en tempos, nin en custe. As nosas xentes na aldeaest\u00e1n moitas veces incomunicados na pr\u00e1ctica, dependentes de familiares ou outros particulares para o seu movemento. E s\u00f3 xurde de cando en vez algunha voz por algo en particular. as\u00ed, seguiremos a perde mentres non nos organicemos, pidamos con forza e aportemos o noso gran \u00e1 organizaci\u00f3n comunal.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Hai un par de d\u00edas tomei o tren de s. Cibrao a Ribadeo. Puntualidade (de 13:10 a 13:53 sen moita variaci\u00f3n), duraci\u00f3n equiparable \u00e1 viaxe en turismo, comodidade, revisor e garda de seguridade no tren, posibilidade de levar a bicicleta, importe (3,60 \u20ac) non excesivo en relaci\u00f3n a outros custes&#8230; algo que non se parec\u00eda [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[9,77],"class_list":["post-5296","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-sociedade","tag-tren"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5296","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5296"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5296\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5296"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5296"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5296"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}