{"id":5293,"date":"2019-08-02T08:06:00","date_gmt":"2019-08-02T06:06:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:20:26","modified_gmt":"2024-11-12T12:20:26","slug":"unha-horta-da-rua-da-muralla-francisco","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2019\/08\/02\/unha-horta-da-rua-da-muralla-francisco\/","title":{"rendered":"UNHA HORTA DA R\u00daA DA MURALLA. Francisco Jos\u00e9 Campos Dorado"},"content":{"rendered":"<p><em>-Artigo preparado para o libro das festas do Carme 2019-<\/em><\/p>\n<p>Chegan as Festas Patronais de Santa Mar\u00eda do Campo, e unha morea de recordos de xuventude amont\u00f3anse na mi\u00f1a mente querendo sa\u00edr todos xuntos pero paseni\u00f1amente van flu\u00edndo en bastante boa orde cronol\u00f3xica. Cando \u00e9ramos rapaces, na mi\u00f1a xuventude, anos 60 do pasado s\u00e9culo, adoit\u00e1bamos facer longos paseos despois de comer, naquelas preciosas tardes da primavera e do verano, tratando de perdernos por cami\u00f1os pouco transitados, procurando descubrir naqueles mil recunchos m\u00e1is escondidos ao Ribadeo m\u00e1is enxebre e \u201cprofundo\u201d, que tan ben soubo retratar <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Suso_Pe%C3%B1a\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Suso Pe\u00f1a<\/a> nas s\u00faas magn\u00edficas instant\u00e1neas do Ribadeo Urbano, que logo transformaba coas s\u00faas marabillosas mans nesas series de extraordinarios debuxos de paisaxes formados polos tellados de Ribadeo&#8230; \u00a1Suso canto nos amosaches coa t\u00faa mirada m\u00e1xica!<\/p>\n<p>Recordo que nun daqueles paseos subimos desde <a href=\"https:\/\/www.openstreetmap.org\/search?query=Porcill%C3%A1n#map=17\/43.54065\/-7.03666\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Porcill\u00e1n<\/a> \u00e1 <a href=\"https:\/\/www.openstreetmap.org\/search?query=Porcill%C3%A1n#map=18\/43.53894\/-7.03900\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">R\u00faa San Miguel<\/a>, por un estreito cami\u00f1o case intransitable, cuberto de silvas e ortigas, que transformaba o paseo nunha pequena aventura. Hoxe aquel cami\u00f1o est\u00e1 m\u00e1is despexado, pavimentado de alcatr\u00e1n e leva o nome de <a href=\"https:\/\/www.openstreetmap.org\/search?query=Porcill%C3%A1n#map=19\/43.53825\/-7.03977\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">R\u00faa da Muralla<\/a>.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgGTxWDCdqqQkqPDoIGBdglqnNr5hyphenhyphenSE7JTbg1LekoOIzJ4ONq3UBsIx7Y6dpMRBocvi6ba62JE1Tpmwe91hAUSgnPN-utHC9ff4_b1kE4JmqVVh3D0LZ9r3ODibzEMaMMK6s2VJQ\/s2048\/Foto1.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgGTxWDCdqqQkqPDoIGBdglqnNr5hyphenhyphenSE7JTbg1LekoOIzJ4ONq3UBsIx7Y6dpMRBocvi6ba62JE1Tpmwe91hAUSgnPN-utHC9ff4_b1kE4JmqVVh3D0LZ9r3ODibzEMaMMK6s2VJQ\/s2048\/Foto1.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>Por aquel cami\u00f1o, pod\u00edamos ver a parte de atr\u00e1s do chamado \u201c<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/search?q=cuartel+vello\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Cuartel Vello<\/a>\u201d (foto 1, arriba), que realmente \u00e9 a Casa-Torre Sierra Pambley, constru\u00edda no ano 1701 polo leon\u00e9s D. Francisco Sierra Pambley, un destacado fil\u00e1ntropo e protector da ensinanza, con grandes propiedades en Zamora e Le\u00f3n. O edificio ten forma de torre ameada con car\u00e1cter de fortaleza, pero parece ser que a s\u00faa finalidade foi sinxelamente o de darlle unha personalidade se\u00f1orial. D. Francisco por testamento outorgado o 28 de Setembro de 1713, fundou na vila de Ribadeo unha escola de ler, escribir, contar, doutrina, gram\u00e1tica e demais ciencia, como se estila nos colexios da Compa\u00f1\u00eda de Xesus\u201d (Manuel V\u00e1zquez Seijas, Fortalezas de Lugo y su Provincia, Tomo II, p\u00e1x. 291).<\/p>\n<p>Non ser\u00eda de estra\u00f1ar que a residencia dos xesu\u00edtas profesores de dita escola, ou incluso o propio colexio fundado por D. Francisco, fora a casa co\u00f1ecida como <a href=\"https:\/\/www.openstreetmap.org\/search?query=Porcill%C3%A1n#map=19\/43.53713\/-7.03984\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Cacabelos de Abaixo, hoxe o Bar Amodi\u00f1o<\/a>, que ten gravada a data do ano 1759 no lintel dunha xanela, as\u00ed como a simbolox\u00eda IHS dos xesu\u00edtas, da que eu fac\u00eda referencia cando relataba o <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2016\/06\/escudo-da-casa-de-cristos-francisco.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Escudo da Casa de Cristos<\/a> (tam\u00e9n en La Comarca del Eo, 14-Xu\u00f1o-2016).<\/p>\n<p>Pero volvendo os recunchos do paseo, descubrimos que baixo esta casa torre de Sierra Pambley, hai unha propiedade privada protexida por un muro alto, que no seu interior presenta unha columnata de quince ou dezaseis columnas (foto 1 arriba e foto 2, abaixo), cada unha cun fuste de m\u00e1is de 50 cm de di\u00e1metro, por 160 cm de altura (grosso modo, pois non as med\u00edn).<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEimWK9uc12_17qPwX8bTxP2j3ubxG9rotv1CYpA1KDB9FSIXIxHeVa7C33288Mz0CpHnnXSSb-V_FuEY9iLMHRKuD4Bcwcg4daAB7XUaQGLzJkiXWZh2J7myCR8hvH9O-pa-S04ig\/s2048\/Foto2.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEimWK9uc12_17qPwX8bTxP2j3ubxG9rotv1CYpA1KDB9FSIXIxHeVa7C33288Mz0CpHnnXSSb-V_FuEY9iLMHRKuD4Bcwcg4daAB7XUaQGLzJkiXWZh2J7myCR8hvH9O-pa-S04ig\/s2048\/Foto2.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>Non sab\u00edamos para que eran aquelas columnas, nin para que tipo de edificio foran constru\u00eddas. As columnas constan dun plinto ou pedestal cadrado, de onde arranca un fuste cil\u00edndrico feito con pedras superpostas, como as dunha parede, e lucidas con morteiro forte que as fai moi s\u00f3lidas. Algunhas te\u00f1en un ensanchamento central ou convexidade, tecnicamente chamada \u00e9ntasis, que contrarresta a ilusi\u00f3n \u00f3ptica de concavidade que se producir\u00eda si fora columna de fuste recto. Na parte alta rematan cun capitel cadrado formado por un equino e un \u00e1baco cadrados, que descansan sobre un collarino moldurado.<\/p>\n<p>\u00bfQue estrutura soportaban estas columnas? Segundo se dic\u00eda por aqueles tempos, estas columnas soportaron unha especie de xard\u00edn flotante, cuxas flores ca\u00edan en cascada pola fronte de forma que fac\u00edan unha especie de toldo para resgardar do sol un pequeno paseo en sombra, como un claustro, onde poder ler, charlar ou meditar nas pl\u00e1cidas tardes do verano.<\/p>\n<p>Pero lonxe de todas aquelas elucubraci\u00f3ns, fai poucos anos, Lu\u00eds Penzol (q.e.p.d.), d\u00edxome que esa horta agora era da s\u00faa familia e que polo que el ti\u00f1a entendido, fora unha propiedade dedicada a cortes para o gando vac\u00fan, especialmente para manter aloxados aos grandes bois de tiro que tra\u00edan os carros dos arrieiros maragatos, entre outros, que transportaban cara a meseta as mercador\u00edas que desembarcaban os barcos no porto de Porcill\u00e1n. As columnas ao largo da finca soportaban un tellado que abeiraba os presebes do gando e o resto da finca era para almacenar herba e palla. Aquel comentario foi para min, unha grande explicaci\u00f3n, pois descubr\u00edame outro anaco da historia incomprensible dos tantos recunchos que Ribadeo ten agochados por a\u00ed. De todas maneiras as columnas te\u00f1en unha dimensi\u00f3n considerable para ser soporte das vigas dun simple tellado, polo que moi ben puido ser, como dixo Luis Penzol, unha estabulaci\u00f3n aberta para bois, pero \u00bfcantos s\u00e9culos ten a columnata?. \u00bfA obra foi feita desde un principio pensando no gando ou este foi un destino que tivo na s\u00faa \u00faltima fase?<\/p>\n<p>A partir daquel comentario, veume a memoria aquel antigo nome de <a href=\"https:\/\/www.openstreetmap.org\/search?query=Porcill%C3%A1n#map=19\/43.53811\/-7.03923\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">r\u00faa das Angustias, hoxe r\u00faa Antonio Otero<\/a>, e tomou para min outra dimensi\u00f3n, un novo significado pois ese nome de Angustias, puidera ser a denominaci\u00f3n que lle puxo a xente do pobo debido a ese grand\u00edsimo esforzo de sufrimento, cheo de bufidos ag\u00f3nicos que se o\u00edan na r\u00faa, tanto dos homes como dos animais, cando ti\u00f1an que remontar a pendente tan pronunciada da costa de Porcill\u00e1n ata a Porta da Auga, coas zorras de arrastre ou carros baixos nos que se transportaban grandes pesos. Non \u00e9 raro que alcumes populares se consoliden como nomes propios de certos paraxes, tal como ocorreu coa denominaci\u00f3n da Ponte dos Suspiros de Venecia debido os suspiros dos namorados que pasan nas g\u00f3ndolas por debaixo e dos suspiros dos condenados cargados de cadeas que pasaban por el.<\/p>\n<p>Outro elemento relevante da horta \u00e9 un \u201cmilleiro\u201d que hai sobre unha columna da hoxe entrada \u00fanica (foto 3, abaixo). Esta sinal estaba posta polos cami\u00f1os reais para, como o seu nome indica, sinalar as millas dun percorrido, tal e como hoxe marcan os fitos quilom\u00e9tricos. \u00c9 unha sinal, cuxa forma de pin\u00e1culo se remonta \u00f3s tempos das v\u00edas romanas. \u00bfPorqu\u00e9 est\u00e1 aqu\u00ed?. Iso \u00e9 outra historia que de momento tam\u00e9n se nos mant\u00e9n oculta.&nbsp;<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiUj6oCNDZLNtDXAv6qZOa1dotfNy1nta60iW7S2g2pRFR3UXwGwXCqVMnbt1Kd6t14BZE_fsbGiqADxZdXn3eJyUyi9CiFNuMK76t3Jrn46w8z6TUdNl0ojo8b00BnvBhcBbknOw\/s2048\/Foto3.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiUj6oCNDZLNtDXAv6qZOa1dotfNy1nta60iW7S2g2pRFR3UXwGwXCqVMnbt1Kd6t14BZE_fsbGiqADxZdXn3eJyUyi9CiFNuMK76t3Jrn46w8z6TUdNl0ojo8b00BnvBhcBbknOw\/s2048\/Foto3.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>Felices Festas da Patrona e desfrutade todo o que poidades sen facer dano, que todo queda aqu\u00ed.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>-Artigo preparado para o libro das festas do Carme 2019- Chegan as Festas Patronais de Santa Mar\u00eda do Campo, e unha morea de recordos de xuventude amont\u00f3anse na mi\u00f1a mente querendo sa\u00edr todos xuntos pero paseni\u00f1amente van flu\u00edndo en bastante boa orde cronol\u00f3xica. Cando \u00e9ramos rapaces, na mi\u00f1a xuventude, anos 60 do pasado s\u00e9culo, adoit\u00e1bamos [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[11,46],"class_list":["post-5293","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-historia","tag-pancho-campos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5293","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5293"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5293\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5293"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5293"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5293"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}