{"id":5284,"date":"2019-08-13T10:07:00","date_gmt":"2019-08-13T08:07:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:20:11","modified_gmt":"2024-11-12T12:20:11","slug":"despois-da-loita-pola-construcion-da","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2019\/08\/13\/despois-da-loita-pola-construcion-da\/","title":{"rendered":"Despois da loita pola construci\u00f3n da residencia de maiores de Ribadeo"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/search\/label\/residencia\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Residencia de maiores en Ribadeo<\/a>: unha vez rematada e presentada \u00e1 sociedade ribadense, tras pasar as elecci\u00f3ns f\u00edxose un acto de acollida \u00f3s primeiros residentes. E comezou o postparto.<\/p>\n<p>Coido que \u00e9 unha imaxe adecuada: lograr un embarazo pode ser doado ou non, pode ser festivo, pero en calquera caso, necesita dun querer, dunha vontade previa, e non exime de coidados durante o per\u00edodo de embarazo. E, unha vez parida, hai que coidar da creatura, pois por si soa non pode vivir.<\/p>\n<p>En Ribadeo houbo unha loita para conseguir o apoio dos poderes p\u00fablicos, e logo un seguemento e apoio para levar a b\u00f3 fin o proxecto. Mais chegou o d\u00eda, a residencia est\u00e1 aberta e hai que coidar da creatura. Un novo per\u00edodo.<\/p>\n<p>O caso \u00e9 que vivir non ten por que ser doado, e neste caso, dende o primeiro momento hai complicaci\u00f3ns. Comezou a cousa mesmo antes do nacemento, cando se aludiu \u00e1 imposibilidade de facerse cargo directamente dende as entidades p\u00fablicas e abocouse a unha xesti\u00f3n por parte de entidades privadas. Houbo unha primeira licitaci\u00f3n, que foi recurrida, e a cousa rematou nunha hidra empresarial con cabezas nas finanzas ou na sanidade, pasando tam\u00e9n, claro est\u00e1, polo coidado dos vellos. E primeira puntualizaci\u00f3n: \u00fasase a palabra maiores, tam\u00e9n anci\u00e1ns, porque o de vellos parece que implica un uso e desgaste, algo as\u00ed como unha cousa con utilidade xa reducida. E \u00fasoa aqu\u00ed non porque considere que os maiores son cousas, sen\u00f3n porque con tantas adicaci\u00f3ns da empresa (por iso o de hidra), \u00f3 final, non en Ribadeo, pero si no lugar de onde dependa, onde te\u00f1a a central, en Madrid, o que van ver vai ser tan s\u00f3 n\u00fameros: unha persoa, unha unidade de c\u00e1lculo.<\/p>\n<p>Na pequena festa de recepci\u00f3n dos primeiros ocupantes non escoitei nada sobre eivas das instalaci\u00f3ns ou do persoal. Mais algo deb\u00eda de haber: o c\u00e1tering \u00e9 de supo\u00f1er que xa estivera encargado o primeiro d\u00eda debido a que non se dispo\u00f1\u00eda de gas nas instalaci\u00f3ns. De igual xeito, a marcha voluntaria de d\u00faas empregadas \u00f3s poucos d\u00edas tardou en sa\u00edr nos papeis, en facerse visible, e con ela, un trasfondo de precariedade no persoal. Pouco importa que se estiveran cumprindo as normas, se as normas non son adecuadas. E, non esquezamos, as normas p\u00f3dense cambiar, e d\u00e9bense cambiar para adecualas a un mellor funcionamento.<\/p>\n<p>Dende aquel momento de fotos ata o de agora van dous meses. Se algu\u00e9n quixo informaci\u00f3n sobre o desenvolvemento da residencia tivo que procurala pola s\u00faa conta: canto se tardou en suplir a marcha das d\u00faas traballadoras? Canto persoal queda -agora- pola noite \u00f3 cargo? Est\u00e1 solucionado o subministro de gas e polo tanto o facer a comida no propio centro? O de desaiunar \u00e1s dez por non dar levantado \u00e1 xente por falta de persoal \u00e9 unha lenda urbana ou algo que segue a facerse?<\/p>\n<p>Oportunidades pol\u00edticas aparte para pedir un pleno extraordinario, a sociedade necesita informaci\u00f3n e atenci\u00f3n para crer que a residencia vai ben. E mentres non se dea entrada \u00e1 s\u00faa participaci\u00f3n, non ter\u00e1 un m\u00ednimo de seguridade cara \u00f3 futuro. Por certo, nestes momentos a convocatoria de pleno extraordinario non aparece na sede electr\u00f3nica do concello, nin se trata na nota de prensa correspondente \u00f3s plenos do martes 13 de agosto, mentres que si aparece en ambos lugares o segundo dos plenos extraordinarios, adicado \u00f3s festivos locais (do pr\u00f3ximo ano), gastos do Ribadeo indiano (modificaci\u00f3n do previsto), obras no estadio de f\u00fatbol (hai que procurar os cartos), e necesidades extraordinarias semellantes.<\/p>\n<p>Cando dende a Plataforma Pro Residencia de Maiores decidimos alegar as normas de funcionamento previstas (e obtivemos unha promesa para o futuro que esperamos que se concrete) ou propora<br \/>\nconstituci\u00f3n dunha asociaci\u00f3n, a ASOCIACI\u00d3N SOCIAL PRO MAIORES JOS\u00c9 MAR\u00cdA RODR\u00cdGUEZ, t\u00ed\u00f1amos en conta que o coidado dos nosos maiores non remata coa construci\u00f3n dun edificio, sen\u00f3n que \u00e9 cousa de todos, e todos debemos de participar, detr\u00e1s das familias, da propia residencia e dos poderes p\u00fablicos. Non tir\u00e1ndonos os trastos, sen\u00f3n colaborando. Po\u00f1endo o noso gran, de xeito construtivo, non s\u00f3 fiscalizando. Tentando facer as cousas o mellor posible, e tendo en conta que as persoas que est\u00e1n sendo atendidas non son culpables de que as cousas non funcionen. Ao menos, non m\u00e1is culpables que o resto da sociedade.<\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto; text-align: center;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiqdjtoFWNlmp9pF4r5g70lkZ0ZY08y607a2nymz2Ai3JgXvXukgV15cghKS0tQvHV5WSw_wl1DinbuPpb-LQw1UU-5DdKEwftpw9dWczJhovN4OrjW0vVXMX7ds_sxywLBjwMI6A\/s2048\/primeira+ocupaci%25C3%25B3n+residencia.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiqdjtoFWNlmp9pF4r5g70lkZ0ZY08y607a2nymz2Ai3JgXvXukgV15cghKS0tQvHV5WSw_wl1DinbuPpb-LQw1UU-5DdKEwftpw9dWczJhovN4OrjW0vVXMX7ds_sxywLBjwMI6A\/s2048\/primeira+ocupaci%25C3%25B3n+residencia.jpg\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">No discurso de primeira ocupaci\u00f3n da residencia de maiores de Ribadeo<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Residencia de maiores en Ribadeo: unha vez rematada e presentada \u00e1 sociedade ribadense, tras pasar as elecci\u00f3ns f\u00edxose un acto de acollida \u00f3s primeiros residentes. E comezou o postparto. Coido que \u00e9 unha imaxe adecuada: lograr un embarazo pode ser doado ou non, pode ser festivo, pero en calquera caso, necesita dun querer, dunha vontade [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[64],"class_list":["post-5284","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-residencia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5284","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5284"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5284\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5284"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5284"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5284"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}