{"id":5275,"date":"2019-08-27T00:50:00","date_gmt":"2019-08-26T22:50:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:19:51","modified_gmt":"2024-11-12T12:19:51","slug":"verquido-de-purins-ii-alguns-detalles","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2019\/08\/27\/verquido-de-purins-ii-alguns-detalles\/","title":{"rendered":"Verquido de pur\u00edns\/zorra? II: alg\u00fans detalles"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhBcyN0whEx8FqLznb3XLVhNSNM1YWN-wrdXCkXb-9qk5ymwzKsj4aUwHRX2pKt_gIpmY8Dct8sAnFtqIh1W_j_9zuzzYlP3tRhqiLoU9zOlatiorzmJWd-kIeFVE-cSKyf8DnULw\/s2048\/Guiar.png\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhBcyN0whEx8FqLznb3XLVhNSNM1YWN-wrdXCkXb-9qk5ymwzKsj4aUwHRX2pKt_gIpmY8Dct8sAnFtqIh1W_j_9zuzzYlP3tRhqiLoU9zOlatiorzmJWd-kIeFVE-cSKyf8DnULw\/s2048\/Guiar.png\" \/><\/a><\/p>\n<p>Parte I: <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2019\/08\/verquido-de-purins-salvados-pola.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Verquido de pur\u00edns? Salvados pola xeograf\u00eda (e a gravitaci\u00f3n universal)<\/a><\/p>\n<p>En Guiar hai varias instalaci\u00f3ns gandeiras grandes a escala da zona. Unha delas, cun dep\u00f3sito de zurro de m\u00e1is de 1 mill\u00f3n de litros, tivo un fallo polo que unha tuber\u00eda quedou durante horas desentroncada. O entronque estaba feito, \u00f3 parecer, por pegado entre tubos, sen pezas de ensamblaxe. O desnivel de varios metros na tuber\u00eda de desaloxo do dep\u00f3sito, implicando unha presi\u00f3n significativa, rematou por facer que ambos tubos se desprenderan un do outro e se iniciara o verquido, que se produciu a algo m\u00e1is de 3 km r\u00edo Ouria arriba da desembocadura no Eo.<\/p>\n<p>Os 580 000 L verquidos son estimativos, se ben vendo o desnivel no dep\u00f3sito, son abondo realistas \u00f3 tempo que se ve claramente que o verquido pod\u00eda ser moito peor.<\/p>\n<p>O verquido produciuse a unha taxa variable, dunha orde de magnitude de varias deceas de L\/s, impactante para o Ouria, pero abondo menos para o caudal do Eo, que no lugar da desembocadura do Ouria ten unha anchura duns 15 m e un caudal t\u00edpico de 19,61 m\u00b3\/s (19 610 L\/s). Estamos en tempada seca, co que o caudal \u00e9 abondo menor (o valor tomado pola CHC que amosa nestes momentos na <a href=\"https:\/\/www.chcantabrico.es\/gl\/sistema-automatico-de-informacion-detalle-estacion?cod_estacion=A048\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">web<\/a> \u00e9 de <span class=\"texto_azul\">1,67 m<sup>3<\/sup>\/s<\/span>), mais a\u00ednda as\u00ed un par de \u00f3rdenes de magnitude superior. Iso fai que a mancha de contaminaci\u00f3n vaia anche\u00e1ndose progresivamente dende a parte asturiana por onde desemboca e tarde en acadar a parte galega do Eo.<\/p>\n<p>A toma de augas para Ribadeo e Trabada queda m\u00e1is de 300 m antes da desembocadura do rego no Eo, co que a\u00ednda coa acumulaci\u00f3n de auga na suba de marea non \u00e9 previsible contaminaci\u00f3n do sistema de aguas de ambos concellos. S\u00f3 o principio de precauci\u00f3n e prevenci\u00f3n ante posibles responsabilidades pode dar lugar a un aviso de evitar o consumo de auga da tra\u00edda, sobretratada en prevenci\u00f3n dunha continxencia as\u00ed.<\/p>\n<p>Outra cousa ben diferente \u00e9 a calidade das augas r\u00edo abaixo e r\u00eda. Se ben a cantidade de zorra verquida, m\u00e1is de medio mill\u00f3ns de litros, \u00e9 un volume considerable, non deixa de ser menor que unha trintamil\u00e9sima parte do volume de auga na r\u00eda nunha marea chea. A\u00ednda as\u00ed, abondo como para declarar a auga en mal estado. Auga que se renova totalmente nunhas tres mareas, co que en cousa de d\u00eda e medio a r\u00eda poder\u00eda considerarse m\u00e1is ou menos limpa. Como hai outros factores, como tempo de escorrent\u00eda, lama afectada, etc, o tempo a considerar para pensar en tomar un ba\u00f1o nos Bloques debe ser maior.<\/p>\n<p>Queda por tratar o impacto nos seres vivos do entorno. Para os do r\u00edo Ouria no tramo afectado, en xeral a resposta ser\u00e1 un R.I.P.; para as ostras invasoras na r\u00eda, mellor non comelas nunha tempada.<\/p>\n<p>Queda tam\u00e9n por ver o que se aprendeu do incidente, tanto a nivel de actuaci\u00f3ns preventivas como de xetio de facer as cousas ou o nivel legal. Iremos vendo, e po\u00f1endo en perspectiva que a balsa de lodos de Alcoa, cunha superficie de 40 Ha, ten un volume de lixo incomparablemente superior.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgQ8C2V0aKBZCRrDG1ep1b1SsacZmPdNF96DB0kiDdw7mPX3aMeiu-WGoXmeJmb8MJALtuIgyQov4FA7T0lh3m5C48FpMt83JsAA0YTrdVc3Z8soCwCivf5fzAx8AEpLvQx5f-jbA\/s2048\/prohibido+nadar.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgQ8C2V0aKBZCRrDG1ep1b1SsacZmPdNF96DB0kiDdw7mPX3aMeiu-WGoXmeJmb8MJALtuIgyQov4FA7T0lh3m5C48FpMt83JsAA0YTrdVc3Z8soCwCivf5fzAx8AEpLvQx5f-jbA\/s2048\/prohibido+nadar.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>Deixo a ligaz\u00f3n \u00e1 <a href=\"http:\/\/ribadeo.gal\/actualidade\/nova.php?id=3190&amp;lg=gal\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">nota de prensa do concello de Ribadeo<\/a> como complemento.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Parte I: Verquido de pur\u00edns? Salvados pola xeograf\u00eda (e a gravitaci\u00f3n universal) En Guiar hai varias instalaci\u00f3ns gandeiras grandes a escala da zona. Unha delas, cun dep\u00f3sito de zurro de m\u00e1is de 1 mill\u00f3n de litros, tivo un fallo polo que unha tuber\u00eda quedou durante horas desentroncada. O entronque estaba feito, \u00f3 parecer, por pegado [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[54,112,26],"class_list":["post-5275","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-auga-da-billa","tag-contaminacion","tag-medio"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5275","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5275"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5275\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5275"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5275"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5275"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}