{"id":5273,"date":"2019-08-29T17:37:00","date_gmt":"2019-08-29T15:37:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:19:48","modified_gmt":"2024-11-12T12:19:48","slug":"salvados-pola-xeografia-e-gravitacion","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2019\/08\/29\/salvados-pola-xeografia-e-gravitacion\/","title":{"rendered":"Salvados pola xeograf\u00eda (e a gravitaci\u00f3n universal)"},"content":{"rendered":"<p><em>(Versi\u00f3n para os medios de <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2019\/08\/verquido-de-purins-salvados-pola.html\">http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2019\/08\/verquido-de-purins-salvados-pola.html<\/a> e <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2019\/08\/verquido-de-purins-ii-alguns-detalles.html\">http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2019\/08\/verquido-de-purins-ii-alguns-detalles.html<\/a>.)<\/em><\/p>\n<p>Polo que parece, varias centeas de miles de litros de zorra foron liberados \u00f3 r\u00edo Ouria en Guiar, parroquia dA Veiga, Asturias. Resulta que o r\u00edo Ouria desemboca no Eo, casualmente, un pouco m\u00e1is abaixo da captaci\u00f3n de augas de Ribadeo, co que en principio libramos dunha contaminaci\u00f3n que ter\u00eda deixado a Ribadeo e Trabada sen servicio de auga varios d\u00edas, \u00f3 non s\u00f3 captar auga contaminada sen\u00f3n tam\u00e9n contaminar os dep\u00f3sitos e as conducci\u00f3ns mentres non se tomaran medidas.<\/p>\n<p>En Guiar hai varias instalaci\u00f3ns gandeiras grandes a escala da zona. Unha delas, cun dep\u00f3sito de duns 350 m2 de superficie, con capacidade de m\u00e1is de 1 mill\u00f3n de litros de zurro, tivo un fallo polo que unha tuber\u00eda quedou durante horas desentroncada. Horas de noite, polo que tardou en ser descuberta. A aclarar adem\u00e1is que o verquido poido ser peor, pois a balsa non se baleirou.<\/p>\n<p>O entronque estaba feito, \u00f3 parecer, por pegado entre tubos, sen pezas de ensamblaxe. O desnivel de varios metros na tuber\u00eda de desaloxo do dep\u00f3sito, implicando unha presi\u00f3n significativa, rematou por facer que ambos tubos se desprenderan un do outro e se iniciara o verquido, que se produciu a algo m\u00e1is de 3 km r\u00edo Ouria arriba da desembocadura no Eo.<\/p>\n<p>O verquido produciuse a unha taxa variable, dunha orde de magnitude de varias deceas de litros cada segundo, impactante para o Ouria, a\u00ednda que relativamente abondo menos para o caudal do Eo, que no lugar da desembocadura do Ouria ten unha anchura duns 15 m e un caudal t\u00edpico de 19,61 m\u00b3\/s (case 20 000 litros cada segundo). Estamos en tempada seca, co que o caudal \u00e9 abondo menor: o valor tomado pola Confederaci\u00f3n Hidrogr\u00e1fica do Cant\u00e1brico que amosaba a s\u00faa web poucas horas despois do verquido era de 1,67 m3\/s, isto \u00e9, menos de 2000 litros por segundo. A a\u00ednda as\u00ed un par de \u00f3rdenes de magnitude superior \u00f3 caudal do verquido. Iso fixo que a mancha de contaminaci\u00f3n no Eo fora anche\u00e1ndose progresivamente dende a marxe asturiana por onde desemboca o Ouria ata a galega.<\/p>\n<p>A caseta de toma de augas para Ribadeo e Trabada queda m\u00e1is de 300 m Eo arriba da desembocadura do Ouria, co que a\u00ednda coa lentificaci\u00f3n da auga na suba de marea non era previsible a contaminaci\u00f3n do sistema de aguas de ambos concellos. S\u00f3 o principio de precauci\u00f3n e prevenci\u00f3n ante posibles responsabilidades nun caso moi extremo puido dar lugar a un aviso de evitar o consumo de auga da tra\u00edda, sobretratada en prevenci\u00f3n dunha continxencia as\u00ed.<\/p>\n<p>Outra cousa ben diferente \u00e9 a calidade das augas r\u00edo abaixo e na r\u00eda. Se ben a cantidade de zorra verquida \u00e9 un volume considerable, non deixa de ser de catro ou cinco ordes de magnitude menor que o volume de auga na r\u00eda. A\u00ednda as\u00ed, abondo como para declarar a auga en mal estado, coa prevenci\u00f3n de ba\u00f1o e consumo de alimentos extra\u00eddos da r\u00eda.<\/p>\n<p>A auga na r\u00eda s\u00e1bese que se renova totalmente nunhas tres mareas, co que en cousa de d\u00eda e medio a r\u00eda poder\u00eda considerarse m\u00e1is ou menos limpa a\u00ednda no caso de non ter actuado con filtros anticontaminaci\u00f3n. Como hai outros factores, como tempo de escorrent\u00eda, lama afectada, etc, o tempo a considerar para pensar en tomar un ba\u00f1o nos Bloques debe ser maior.<\/p>\n<p>Queda por tratar o impacto nos seres vivos do entorno. Para os do r\u00edo Ouria no tramo afectado, en xeral a resposta ser\u00e1 un R.I.P, a\u00ednda coas barreiras anticontamonaci\u00f3n. Hai que lembrar que o verquido estivo un tempo sen filtro de control ning\u00fan. Para outros animais, como as ostras se cultivan e que invaden a r\u00eda, mellor non comelas nunha tempada, ata que os an\u00e1lises pertinentes se normalicen.<\/p>\n<p>Queda tam\u00e9n por ver o que se aprendeu do incidente, tanto a nivel de actuaci\u00f3ns preventivas como de xeito de facer as cousas (m\u00e9todos de traballo, permisividade, etc) ou \u00f3 nivel legal. Actividade que fai moita falta. Iremos vendo se se aprendeu a afrontar os problemas atacando as causas e non tratando sinxelamente de paliar os efectos.<\/p>\n<p>Por \u00faltimo, para po\u00f1er en perspectiva: a balsa de lodos de Alcoa, cunha superficie de 40 Ha, ten un volume de lixo incomparablemente superior.<\/p>\n<p>Por esta volta, houbo sorte. Iso si, o Eo sufrir\u00e1. A r\u00eda sufrir\u00e1. M\u00e1is.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>(Versi\u00f3n para os medios de http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2019\/08\/verquido-de-purins-salvados-pola.html e http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2019\/08\/verquido-de-purins-ii-alguns-detalles.html.) Polo que parece, varias centeas de miles de litros de zorra foron liberados \u00f3 r\u00edo Ouria en Guiar, parroquia dA Veiga, Asturias. Resulta que o r\u00edo Ouria desemboca no Eo, casualmente, un pouco m\u00e1is abaixo da captaci\u00f3n de augas de Ribadeo, co que en principio libramos dunha [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[54,112,26],"class_list":["post-5273","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-auga-da-billa","tag-contaminacion","tag-medio"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5273","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5273"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5273\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5273"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5273"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5273"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}