{"id":5266,"date":"2019-09-16T16:23:00","date_gmt":"2019-09-16T14:23:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:19:36","modified_gmt":"2024-11-12T12:19:36","slug":"ofrenda-aos-remedios-representante","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2019\/09\/16\/ofrenda-aos-remedios-representante\/","title":{"rendered":"Ofrenda aos Remedios. Representante, alcalde de Ribadeo"},"content":{"rendered":"<p>O domingo 15 de setembro, <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Fernando_Su%C3%A1rez_Barcia\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Fernando Su\u00e1rez Barcia<\/a>, como Alcalde de Ribadeo, fixo uso da quenda establecida que lle asignaba a Ribadeo o facer a ofrenda a<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Santuario_dos_Remedios\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">os Remedios<\/a>, en&nbsp; Mondo\u00f1edo. Coido que, a\u00ednda que non sexa un moi de igrexa ou sinxelamente, sexa partidario da separaci\u00f3n de poderes igrexa-estado do estado &#8216;aconfesional&#8217; (non non-confesional, segundo a constituci\u00f3n), non deixa de ser ilustrativo de por onde andan o que se considera b\u00f3s desexos a nivel institucional. Ese \u00e9 o motivo de que cortepegue do apartado de notas do concello o discurso do alcalde e faga, \u00f3 final, algunha consideraci\u00f3n:<\/p>\n<p><em>Se\u00f1or bispo da diocese Mondo\u00f1edo &#8211; Ferrol, se\u00f1ora alcaldesa de Mondo\u00f1edo, integrantes das corporaci\u00f3ns municipais mindoniense e ribadense, alcaldes, alcaldesas e representantes municipais dos outros Concellos aqu\u00ed presentes, se\u00f1ores doutores e c\u00f3engos, se\u00f1or reitor do Santuario dos Remedios, Te\u00f1o a honra de representar como alcalde o Concello de Ribadeo neste acto de ofrenda.<\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p><\/em> <em>Cada un dos rexedores e rexedoras que me precederon e que me seguir\u00e1n nos anos, van achegar un anaco da s\u00faa patria pequena. Faise as\u00ed un mosaico de todos os pertencentes a este territorio da diocese, variado nos seus perf\u00eds xeogr\u00e1ficos e no ser da s\u00faa poboaci\u00f3n, desde Ferrol \u00e1s terras do Eo-Navia.<\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p><\/em> <em>A Ribadeo, en concreto, o bispo Paio Cebeira f\u00edxoo s\u00e9 episcopal al\u00f3 polo s\u00e9culo XII. As reviravoltas da historia variaron a ubicaci\u00f3n: Breto\u00f1a, Mondo\u00f1edo, Ribadeo, e de novo Mondo\u00f1edo,  vela\u00ed o percorrido xeogr\u00e1fico das s\u00e9s que foi tendo este bispado  que  hoxe co\u00f1ecemos. <\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p><\/em> <em>O dito bispo viv\u00eda perto da igrexa da Atalaia, a m\u00e1is antiga das da vila e que data do s\u00e9culo XII. E \u00e9 un lugar com\u00fan cando os ribadenses falamos da nosa historia nomear os  &#8220;concellos abertos&#8221;, que ti\u00f1an lugar ao p\u00e9 da capela e que se fac\u00edan para debater as cuesti\u00f3ns p\u00fablicas.<\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p><\/em> <em>Semella moi aca\u00eddo logo nun acto coma este, onde nos xuntamos representantes pol\u00edticos e relixiosos das distintas terras da diocese, achegar a ese mosaico do que falabamos un precedente hist\u00f3rico de tanta importancia como \u00e9 o do di\u00e1logo, o de falar entre n\u00f3s para facerlle fronte aos problemas com\u00fans.<\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p><\/em> <em>Seguindo este ronsel que v\u00e9n de centos de anos atr\u00e1s queremos facer menci\u00f3n a valores asumidos pola sociedade occidental moi recentemente e como estamos a ver, d\u00eda si e d\u00eda tam\u00e9n, moitas veces s\u00f3 de xeito te\u00f3rico, cando non manifestamente hip\u00f3crita.<\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p><\/em> <em>Refer\u00edmonos a d\u00faas cuesti\u00f3ns tan importantes como son a loita e erradicaci\u00f3n da violencia de x\u00e9nero e a valoraci\u00f3n e a defensa do noso medio natural. No momento de escribir este texto a\u00ednda arde a Amazon\u00eda, arde a nosa Galiza polo sur, por falar do m\u00e1is medi\u00e1tico, e non hai d\u00eda en que non aparezan novas de mulleres maltratadas e mesmo asasinadas. \u00c9 descarnadamente urxente que o di\u00f1eiro p\u00fablico se po\u00f1a dunha vez por todas ao servizo dun cambio de mentalidade e dunha loita sen pausa contra estas lacras.<\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p><\/em> <em>Por outra banda, esta ofrenda, de marcado car\u00e1cter relixioso, \u00e9 tam\u00e9n un elo da cadea da Historia que nos vincula \u00e1 Galiza britoniense, da que \u00e9 herdeira a actual diocese.<\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p><\/em> <em>Menci\u00f3nase  como Sedem Britonorum, sede dos bret\u00f3ns, no Parochiale Suevorum, unha xoia manuscrita da segunda metade do s\u00e9culo VI onde se reflicte a organizaci\u00f3n, nomeadamente eclesi\u00e1stica, do reino suevo da Gallaecia. \u00c9 unha das trece dioceses citadas, cun car\u00e1cter m\u00e1is \u00e9tnico ca territorial a\u00ednda que ocupou principalmente a faixa costeira da Mari\u00f1a at\u00e9 a Terra Ch\u00e1, chegando a s\u00faa influencia ao Eo-Navia polo leste e a Ferrol polo oeste. <\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p><\/em> <em>Fundouse cos bret\u00f3ns insulares que deixaron a s\u00faa terra fuxindo das invasi\u00f3ns anglosaxoas e cuxa pegada a\u00ednda temos como mostra m\u00e1is evidente en moita da nosa toponimia.<\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p><\/em> <em>E por que facer alusi\u00f3n a este momento concreto do pasado? <\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p><\/em> <em>Fac\u00e9molo para lembrar que a humanidade \u00e9 froito de moitas fuxidas ( das guerras, da fame, da falta de liberdade ) e que eses \u00e9xodos van seguir existindo, polo menos mentres non se lle po\u00f1a freo \u00e1 miseria que os orixina e que, a pouco que pensemos, ten unha orixe clara: a cobiza desmesurada que arrasa con todo.<\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p><\/em> <em>E neste espazo impresionante da fe cristi\u00e1 que nos acolle eu non quero deixar de preguntarme:   E que far\u00eda Xes\u00fas coas persoas do OPEN  ARMS ou do OCEAN VIKING? E que pensar\u00eda ao ver a reacci\u00f3n de estados  formalmente dem\u00f3cratas que se escudan na burocracia para negar ou criminalizar o acollemento?<\/em><\/p>\n<p><em>Que pensar\u00eda dos ricos que ofreceron reconstru\u00edr Notre Dame ao pouco do incendio mais que son completamente alleos ao afogamento de crianzas no Mediterr\u00e1neo?<\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p><\/em> <em>Ben, eu creo que, sexamos crentes ou non, todos sabemos que pensar\u00eda Xes\u00fas de Nazaret ao respecto.<\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p><\/em> <em>Eu non estou aqu\u00ed como persoa individual, estou como representante dunha administraci\u00f3n, a m\u00e1is pr\u00f3xima \u00e1 cidadan\u00eda, a administraci\u00f3n local.<\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p><\/em> <em>Os representantes pol\u00edticos temos unha responsabilidade enorme, vis\u00edbel, moito m\u00e1is evidente c\u00e1 do cidad\u00e1n ou cidad\u00e1 do com\u00fan. Manexamos cartos p\u00fablicos e debemos empregalos para mellorar a sociedade na que vivimos, facela aberta, solidaria, forte nos ideais democr\u00e1ticos que hoxe voltan a p\u00f3rse en tea de xu\u00edzo logo dunha transici\u00f3n en falso. As persoas que temos responsabilidades p\u00fablicas contribu\u00edmos tam\u00e9n a crear un discurso, un xeito de pensar que, a\u00ednda que o pareza, nunca \u00e9 equidistante cando se trata de temas dos dereitos  b\u00e1sicos das persoas.<\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p><\/em> <em>\u00c9 por iso que conv\u00e9n sermos claros nas palabras mais tam\u00e9n nos feitos. Facer patente de que banda estamos, saber que s\u00f3 por azar non son os nosos fillos e fillas os que van nesas lanchas.<\/em><\/p>\n<p><em>Hai d\u00edas,  un xornalista galego contestaba nas redes sociais a esa reacci\u00f3n nada infrecuente a respecto das persoas migrantes. Contestaba \u00e1 pregunta de: \u201cSe che interesan tanto por que non os levas para a t\u00faa casa?\u201d<\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p><\/em> <em>E eu, que son persoa \u00e1 parte de alcalde, digo coma el que xa os levo para a mi\u00f1a casa na medida en que pago os meus impostos, que son non s\u00f3 para constru\u00edr estradas sen\u00f3n sobre todo para medrar como sociedade. E quero que o que eu achego \u00e1 sociedade e que os poderes p\u00fablicos manexan,  garanta unha sanidade e educaci\u00f3n p\u00fablicas de calidade, un traballo digno na terra de onde un \u00e9, e tam\u00e9n a posibilidade de botarlles unha man aos que o precisan.<\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p><\/em> <em>E unha vez m\u00e1is fago a pregunta. Que rescatar\u00eda Xes\u00fas, os bancos ou as xentes? Nestes d\u00edas son o OPEN ARMS ou o OCEAN VIKING, ma\u00f1\u00e1 ser\u00e1n as concertinas de Melilla, os muros f\u00edsicos entre pa\u00edses ou os muros invis\u00edbeis dentro das mesmas sociedades.<\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p><\/em> <em>Os informes de C\u00e1ritas de hai un ano falan dun 18% da poboaci\u00f3n galega en situaci\u00f3n de risco de pobreza, unha situaci\u00f3n que se agrava cando hai menores. No Estado espa\u00f1ol unha de cada 3 crianzas vive nestas marxes vergo\u00f1entas e hai case 400.000 mil baixo condici\u00f3ns que xa se consideran severas. Son estes datos alarmantes para sociedades que presumen de seren democr\u00e1ticas e avanzadas.<\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p><\/em> <em>Por fin, para rematar , co convencemento de que &#8220;o necesario \u00e9 pos\u00edbel&#8221;, quero expresar o meu desexo diante de todas e de todos v\u00f3s de que cada un, desde as  s\u00faas convicci\u00f3ns, crentes ou non, sexamos quen de defender por riba de todo a dignidade humana. Que as\u00ed sexa. Moitas grazas.<\/em><\/p>\n<p>Uunha vez aceptada a empresa, o l\u00f3xico \u00e9 cinguirse \u00f3 protocolo que conleva esta ofrenda &#8216;de marcado car\u00e1cter relixioso&#8217; como se resalta no texto: primeiro, o bispo. Logo, deixa claro que \u00e9 o representante do concello. Pero coido que \u00e9 algu\u00e9n m\u00e1is: algu\u00e9n que pod\u00eda ter tomado a resoluci\u00f3n de non aceptar o sistema de pleites\u00eda \u00e1 igrexa que representa a ofrenda. Unha decisi\u00f3n pol\u00edtica.<\/p>\n<p>No segundo par\u00e1grafo,toma o sistema como inamobible per saecula saeculorum. Logo, abandeira a tradici\u00f3n -e conservadurismo- non obstante falar dos concellos abertos como referencia ribadense e a\u00ednda que sen enfrontala \u00e1 pertenza \u00f3 bispado ou \u00f3 conde, como se non tivera que ver a submisi\u00f3n e a liberdade ou a participaci\u00f3n cidad\u00e1 e a imposici\u00f3n.<\/p>\n<p>A partir de a\u00ed, a ofrenda \u00e9 lugar de desexos ideais m\u00e1is ou menos asumibles por todos que se pretenden ancorados nunha historia tam\u00e9n idealizada.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O domingo 15 de setembro, Fernando Su\u00e1rez Barcia, como Alcalde de Ribadeo, fixo uso da quenda establecida que lle asignaba a Ribadeo o facer a ofrenda aos Remedios, en&nbsp; Mondo\u00f1edo. Coido que, a\u00ednda que non sexa un moi de igrexa ou sinxelamente, sexa partidario da separaci\u00f3n de poderes igrexa-estado do estado &#8216;aconfesional&#8217; (non non-confesional, segundo [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[13,9],"class_list":["post-5266","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5266","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5266"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5266\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5266"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5266"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5266"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}