{"id":5258,"date":"2019-09-25T08:59:00","date_gmt":"2019-09-25T06:59:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:19:18","modified_gmt":"2024-11-12T12:19:18","slug":"marcas-lapidarias-na-capela-de-nosa","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2019\/09\/25\/marcas-lapidarias-na-capela-de-nosa\/","title":{"rendered":"MARCAS LAPIDARIAS NA CAPELA DE NOSA SE\u00d1ORA DAS VIRTUDES DA PONTE DE ARANTE.  Pancho Campos Dorado"},"content":{"rendered":"<p>Neste blog o 18 de decembro de 2017 e en La Comarca del Eo do 23 de decembro escrib\u00eda sobre o escudo de armas que se atopa dentro desta xoia de <a href=\"https:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2017\/12\/escudo-heraldico-da-ermida-de-nosa.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Capela da Ponte de Arante<\/a>, un verdadeiro tesouro hist\u00f3rico \u00f3 que como non se lle po\u00f1a un pronto remedio contra as humidades das paredes -antes de que chegue o inverno- acabaranselle destru\u00edndo esas magn\u00edficas pinturas interiores do <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/S%C3%A9culo_XVI\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">s\u00e9culo XVI<\/a>, do ano <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1516\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1516<\/a> para ser m\u00e1is precisos, inigualables en toda a Galiza; ese fresco mural da parede Sur, exvoto mari\u00f1eiro cos seus barcos e lendas, esa pintura da dereita que mostra a Asunci\u00f3n, a Coroaci\u00f3n de Mar\u00eda e o Descendemento da Cruz, o escudo de armas dos Osorio e de don Pero Pardo de Aguiar, a conservaci\u00f3n rigorosa desa pintura do espl\u00e9ndido esqueleto da morte viva, ese retablo policromado&#8230; E os veci\u00f1os galegos desta zona teremos que lamentarnos dentro de moi pouco tempo da s\u00faa perda irrecuperable, e teremos que seguir tragando quina ante a total incompetencia das autoridades de patrimonio cuxo presuposto para estas cousas non existe, pois din que dependen das arbitrariedades da nefasta Administraci\u00f3n do ben com\u00fan auton\u00f3mico, chamada Xunta de Galiza, ou do libre albedr\u00edo dun bispado cuxo interese polos bens patrimoniais de car\u00e1cter p\u00fablico que ten confiados brilla pola s\u00faa ausencia, ou a corporaci\u00f3n municipal de Ribadeo co alcalde a cabeza, que deberan estar involucrados na posta en valor desta magn\u00edfica herdanza tan prezada do Cami\u00f1o de Santiago.<\/p>\n<p>Pol\u00edtica desastrosa, maligna e repugnante aparte, a Capela da Ponte presenta unha serie de marcas lapidarias interesant\u00edsimas pola s\u00faa cronolox\u00eda, presumiblemente de factura moi anterior aos documentos m\u00e1is antigos da capela que datan do ano <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1514\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1514<\/a>, onde a denominan Ermida de Nosa Se\u00f1ora Santa Mar\u00eda da Ponte, ou os do ano <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1561\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1561<\/a> onde se co\u00f1ece como Ermida de Nosa Se\u00f1ora Santa Mar\u00eda das Virtudes.<a href=\"https:\/\/www.blogger.com\/blogger.g?blogID=15323181#1\">1<\/a> <\/p>\n<p>Baixo o noso criterio cremos que a data m\u00e1is pr\u00f3xima da construci\u00f3n primixenia ser\u00eda de finais do <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/S%C3%A9culo_XII\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">s\u00e9culo XII<\/a> ou do <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/S%C3%A9culo_XIII\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">s\u00e9culo XIII<\/a>, dous ou tres s\u00e9culos m\u00e1is antiga do que a diplom\u00e1tica antedita lle atrib\u00fae. Vexamos por que.<\/p>\n<p>As marcas lapidarias son signos na canter\u00eda que se fac\u00edan no medievo para revelarlle a unha persoa iniciada no mundo (herm\u00e9tico) da aprendizaxe arquitect\u00f3nica as relaci\u00f3ns xeom\u00e9tricas que o construtor utilizara para facer as proporci\u00f3ns da obra (signos de besta). Estes signos forman parte das chamadas \u201c<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Marca_de_canteiro\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">marcas de canteiro<\/a>\u201d que se poden atopar algunhas veces nas pedras dos muros, nos fustes das columnas, nas dovelas dos arcos, nas xambas e linteis de portas e fiestras das igrexas rom\u00e1nicas, as cales poden representar a firma do canteiro que labrou o bloque; unha marca de amarre para o transporte; unha marca da ensamblaxe; unha marca de asento da pedra: leito, sobreleito ou paramento, etc.<\/p>\n<p>Pero esta simbolox\u00eda tam\u00e9n pode deberse a unha marca persoal do Mestre de Obra ou da Escola ou Orde a quen pertenc\u00eda el ou o patrocinador que a financiaba. Neste apartado \u00e9 onde n\u00f3s centramos a nosa hip\u00f3teses da antig\u00fcidade da Capela, pois en realidade as marcas das que falaremos non son marcas de canteiro \u00f3 estilo, sen\u00f3n emblemas da Orde que a financiou ou a mandou facer. Con moi pouco marxe \u00e1 dubida, a capela foi feita por ou para os cruzados da <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Orde_do_Temple\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Orde do Temple<\/a>, ou sexa para os cabaleiros templarios.<\/p>\n<p>A Orde do Temple foi fundada a finais do <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/S%C3%A9culo_XI\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">s\u00e9culo XI<\/a> por <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Godofredo_de_Bouillon\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Godofredo de Bouill\u00f3n<\/a> e outros cabaleiros implicados na <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Primeira_cruzada\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">I Cruzada<\/a>, con sede na abad\u00eda do <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Monte_Si%C3%B3n\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Monte Si\u00f3n<\/a> de Xerusal\u00e9n, polo que tam\u00e9n se cre que interviu na s\u00faa fundaci\u00f3n a Orde secreta do <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Priorado_de_Si%C3%B3n\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Priorado de Si\u00f3n<\/a>. A primeira cruzada culmina coa conquista de Xerusal\u00e9n no ano <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1099\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1099<\/a>, e Hugo de Payns e nove cabaleiros fundan a Orde cando se presentan ante <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Reino_de_Xerusal%C3%A9n\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Balduino I de Xerusal\u00e9n<\/a> co desexo de \u201cempe\u00f1ar as s\u00faas vidas na protecci\u00f3n dos peregrinos\u201d que atravesen territorios perigosos para chegar aos lugares de adoraci\u00f3n;<a href=\"https:\/\/www.blogger.com\/blogger.g?blogID=15323181#2\">2<\/a> pero non se constit\u00faen na Orde Templaria de Europa at\u00e9 <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1128\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1128<\/a>, e que ser\u00eda suprimida polo rei de Francia <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Filipe_IV_de_Francia\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Filipe IV \u201co Fermoso\u201d<\/a> en <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1312\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1312<\/a>.<\/p>\n<p>Na Capela da Virxe das Virtudes da Ponte de Arante hai ao menos cinco cruces templarias, e dous escudos de armas dos cruzados en d\u00faas das s\u00faas fachadas a d\u00eda de hoxe. Realmente unha moi grande cantidade de s\u00edmbolos para unha capela de tan reducidas dimensi\u00f3ns. Non sabemos as que puideron ser destru\u00eddas nas remodelaci\u00f3ns da capela. Si, destru\u00eddas totalmente pola ignorancia dos responsables das obras por non saber nada do que ti\u00f1an entre as mans, pois incluso nunha \u00e9poca de peste tiveron a ben calear por enriba as pinturas que hoxe contemplamos con admiraci\u00f3n e que se est\u00e1n destru\u00edndo irreparablemente pola desidia de quen debera conservalas como ouro en pano: a Igrexa, a Xunta de Galicia a corporaci\u00f3n municipal de Ribadeo, ou as tres instituci\u00f3ns en conxunto, e que deben ser denunciadas por n\u00f3s, os veci\u00f1os deste municipio de Ribadeo pois sent\u00edmonos abandonados, incluso apreci\u00e1monos marxinados e con un inaceptable agravio comparativo cando vemos eses dispendios de centos de mill\u00f3ns de euros dilapidados nun Gai\u00e1s \u00f3 que chaman \u201ccidade da cultura\u201d (ser\u00e1 da cultura baleira de contidos case todo o ano), e aqu\u00ed con un presuposto rid\u00edculo en comparaci\u00f3n se poder\u00edan conservar estas antigas e fant\u00e1sticas pinturas do medievo, simplemente con tirar ou derrubar a escaleira que da \u00f3 Vendaval pola que se sube a camp\u00e1 da espada\u00f1a e que introduce un r\u00edo de humidade na parede cada vez que chove, pero temos estas Administraci\u00f3ns inzadas de desidia e incompetencia que \u201csaben de toda a vida\u201d que por estas terras de Galiza non chove nunca ou moi pouco&#8230; Menuda tropa!!<\/p>\n<p>A cantidade de cruces templarias que hai nesta Capela dan fe da gran importancia que ti\u00f1a para a Orde do Temple este punto estrat\u00e9xico no Cami\u00f1o Norte de Santiago, e que tam\u00e9n tantos beneficios tra\u00eda para os veci\u00f1os deste tan antigo tramo do Cami\u00f1o Franc\u00e9s: Ribadeo, Ove, Cubelas, A Ponte, S. Xusto de Cabarcos, Lourenz\u00e1 e Mondo\u00f1edo, pois os templarios serv\u00edan de gu\u00edas, de gardacostas e de banqueiros aos peregrinos que requir\u00edan os seus servizos. As capelas templarias eran un lugar de oraci\u00f3n, de aprendizaxe, de di\u00e1logo, de descanso e fac\u00edan tam\u00e9n a funci\u00f3n de sucursal bancaria, pois os peregrinos do <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/S%C3%A9culo_XII\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">s\u00e9culo XII<\/a> ata comezos do <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/S%C3%A9culo_XIV\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">XIV<\/a> -cando exist\u00eda a Orde- levaban consigo o di\u00f1eiro en met\u00e1lico, en moedas que pesaban e ocupaban moito espazo o que era evidencia de riqueza e motivo dabondo para ser roubados. Para que o peregrino tivera seguros os cartos durante todo o Cami\u00f1o, os templarios cambi\u00e1banlle as moedas por un documento en pergami\u00f1o que acreditaba un dep\u00f3sito de capital \u2013inventores dos primeiros tal\u00f3ns bancarios- que pod\u00eda ser retirado total ou parcialmente, a cambio dunha porcentaxe ou inter\u00e9s, en calquera das \u201csucursais bancarias\u201d do Temple ao longo de todo o Cami\u00f1o. Estas sucursais eran as capelas templarias. Ser\u00eda interesante buscar a cripta onde os templarios manti\u00f1an estes fondos en dep\u00f3sito. Si se atopara esa \u201ccaixa forte\u201d chea de reais, de maraved\u00eds, de onzas, de \u00f3bolos de vell\u00f3n&#8230; ver\u00edamos como aparecer\u00edan todas estas autoridades zascandileando entrevistas a todo trapo e fac\u00e9ndose fotos. Pero iso \u00e9 outra historia.<\/p>\n<p>Nesta Capela da Virxe das Virtudes, as marcas das cruces templarias e escudos dos cruzados poden verse:<\/p>\n<p>1) na parede Leste, gravadas de fronte no contraforte Nordeste, unha cruz templaria acompa\u00f1ada do s\u00edmbolo da semente da vida.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgwhYAKj4TY5JGGX9nb6YRcH57DslU1JPaKpIuhmdT4dBdHif8Wf954Ic-D3tA9bYBkuuED2chwZmvsWxx07f6yRPFxtjacaV46K9creBmYSs0FJ06DznsCuMYZHWuRhAXtp4X5Bg\/s2048\/semente+da+vida.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgwhYAKj4TY5JGGX9nb6YRcH57DslU1JPaKpIuhmdT4dBdHif8Wf954Ic-D3tA9bYBkuuED2chwZmvsWxx07f6yRPFxtjacaV46K9creBmYSs0FJ06DznsCuMYZHWuRhAXtp4X5Bg\/s2048\/semente+da+vida.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>2) No lateral Norleste deste contraforte un escudo dos cruzados.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgDiT3XN4jV6_mFe74BmgSbc2FgIz9Z7ztZVa-IYeb2bif7m4VNXNf_u8tJz57jzn34ERh-CZmAsLhaPY366a5ifkJ79e-6uf5kqaMcB63pTl1iNyNxMHBKjMdcKE-dACmcUbopyw\/s2048\/Escudo+1.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgDiT3XN4jV6_mFe74BmgSbc2FgIz9Z7ztZVa-IYeb2bif7m4VNXNf_u8tJz57jzn34ERh-CZmAsLhaPY366a5ifkJ79e-6uf5kqaMcB63pTl1iNyNxMHBKjMdcKE-dACmcUbopyw\/s2048\/Escudo+1.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>3) No  contraforte Surleste outro escudo dos cruzados.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjF_3p3eFcfkVfzsaxui06oD9Xk82qRLEDpLEx3ldUcWZgejkDPr3tvhkzxV9jn8POZu6bnJ_THWoW80HAGGvlzU1EWs8OeNDdzepVIs8ViJfHfZEIaglTSYfUqcoB3KAsxxE28cw\/s2048\/escudo+2.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjF_3p3eFcfkVfzsaxui06oD9Xk82qRLEDpLEx3ldUcWZgejkDPr3tvhkzxV9jn8POZu6bnJ_THWoW80HAGGvlzU1EWs8OeNDdzepVIs8ViJfHfZEIaglTSYfUqcoB3KAsxxE28cw\/s2048\/escudo+2.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>4) Na porta Sur d\u00faas  cruces templarias pintadas da cor vermella (A) e unha cruz templaria  sinxelamente gravada na pedra (B).<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEirthj3rSOhZAC5XRL2Kmq3DuJQThcptXfkGmf9aDs5nNHI6s2I7yr5Y3BTuCYPbP-eq0u6NXfq9bkikGYW5Za2GZyRk8MyG9hVxXWzjZHFFpuA4BrDjNdpBVPe2AKiQYlQ2mWWyw\/s2048\/porta+sur.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEirthj3rSOhZAC5XRL2Kmq3DuJQThcptXfkGmf9aDs5nNHI6s2I7yr5Y3BTuCYPbP-eq0u6NXfq9bkikGYW5Za2GZyRk8MyG9hVxXWzjZHFFpuA4BrDjNdpBVPe2AKiQYlQ2mWWyw\/s2048\/porta+sur.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>5) Unha cruz templaria pintada da cor  vermella, medio borrada, nun  contraforte da parede Sur e o seu p\u00e9 un  pequeni\u00f1o debuxo xeom\u00e9trico que  parece querer mostrarnos de como se fai a  cruz templaria a partires de  catro c\u00edrculos (non representada aqu\u00ed).<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiuH-7V1vIiK_iC0scaYJywUU9zflOs1rZvzucJ0cabdtgBe2QI02Ajotevnahvr-K7t5v4ZNyAnTGi-oHsAjN1Ka8s8l9xmppaghNkzn8MCwZYIySEo_rK8t7fou-pqzWnk7zMcg\/s2048\/cruz+calvario.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiuH-7V1vIiK_iC0scaYJywUU9zflOs1rZvzucJ0cabdtgBe2QI02Ajotevnahvr-K7t5v4ZNyAnTGi-oHsAjN1Ka8s8l9xmppaghNkzn8MCwZYIySEo_rK8t7fou-pqzWnk7zMcg\/s2048\/cruz+calvario.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>Ademais destas cruces templarias e dos escudos de cruzados, ai outra  cruz gravada na pedra, en forma de Sagrada Forma na fachada Oeste, \u00e1  sinistra segundo se entra pola porta principal do templo.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiwaZqOXcKjFN8gNL-B9ZrQ0vwZ03HtjKu6KuqV65uLE_SafbD10zDFmnYnQYHX00sjrp0VtlFXH7DMCO6Yv6pv-c_HcYnHej6un6YG3KGgm3wZfJ7f1DG_rF-IAvQRi7ACAC47pw\/s2048\/oeste+imaxe.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiwaZqOXcKjFN8gNL-B9ZrQ0vwZ03HtjKu6KuqV65uLE_SafbD10zDFmnYnQYHX00sjrp0VtlFXH7DMCO6Yv6pv-c_HcYnHej6un6YG3KGgm3wZfJ7f1DG_rF-IAvQRi7ACAC47pw\/s2048\/oeste+imaxe.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>Por outra banda, existe na cara do Levante a pegada dunha cruz do calvario, que se define as\u00ed por estar fincada sobre un mont\u00edculo, de grandes dimensi\u00f3ns respecto daquelas gravadas na pedra, pero de bastante m\u00e1is recente factura, pois recorda aquelas sinxelas cruces de madeira ou de m\u00e1rmore que se po\u00f1\u00edan como recordo dunha Santa Misi\u00f3n ou dun Congreso Eucar\u00edstico dalgunha Semana Santa. <\/p>\n<p>Pero quizais fora posta como lembranza daquela Batalla da Ponte de Arante que se desenrolou contra as forzas francesas de Napole\u00f3n \u00f3 mando do xeneral Fournier, onde tivo especial relevancia a actuaci\u00f3n guerrilleira dos veci\u00f1os, dende o 25 de Xaneiro de 1809, cando se negaron a dar pan, carne, vi\u00f1o, palla, cebada e le\u00f1a aos invasores, e neste lugar da Ponte o d\u00eda 29 de Xaneiro o mando de D. Melchor D\u00edaz de la Rocha, douscentos veci\u00f1os entraron en combate cos franceses. A partires do 5 de Febreiro as forzas inimigas retir\u00e1ronse da pelexa, quedando no campo de batalla m\u00e1is de cincuenta mortos. Hoxe cel\u00e9branse neste Santuario de Nosa Se\u00f1ora das Virtudes da Ponte actos de homenaxe daqueles feitos, cunha procesi\u00f3n o luns de Pentecost\u00e9s de cada ano, festa co\u00f1ecida como A Romar\u00eda das Cruces, onde se re\u00fanen os veci\u00f1os das parroquias de Arante, Ove, Cedofeita, Cubelas, Balboa, Sante e Vidal para honrar e bandear os seus respectivos pend\u00f3ns parroquiais. Nesta mesma procesi\u00f3n, e costume bendicir \u00f3s campos e cantar rogativas para pregar por unha boa colleita.<\/p>\n<p>Pero volvendo o tema dos motivos ornamentais que se ven por todas as fachadas, quixera rematar dicindo que na vetusta porta Norte do Santuario, as impostas do arco de medio punto rebaixado, te\u00f1en adornos xeom\u00e9tricos con distinto motivo, quizais por ser de \u00e9poca m\u00e1is remota que a porta, pois parecen pezas de cornixas que foron aproveitadas para facer as impostas, xa que est\u00e1n moi ciceladas para facerlles as curvaturas das beiras do arranque do intrad\u00f3s.<\/p>\n<p>A imposta da esquerda ten un adorno en faixa simple con forma de cord\u00f3n e a imposta da dereita mostra uns ocos cadrados labrados en l\u00ed\u00f1a.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiFCn86qafR-AcxyjYb-oP-DqfuuYzHAGuxREB3_8Cxa4mueum0zblebtTSEYob9VFCmTD01db9_Q5_OTCTWOCMUY3JKxg3pAXu0c4Ys2Xgm7bOi8Bp-46V8X0CSg6SdxZengqFPQ\/s2048\/imposta+esquerda.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiFCn86qafR-AcxyjYb-oP-DqfuuYzHAGuxREB3_8Cxa4mueum0zblebtTSEYob9VFCmTD01db9_Q5_OTCTWOCMUY3JKxg3pAXu0c4Ys2Xgm7bOi8Bp-46V8X0CSg6SdxZengqFPQ\/s2048\/imposta+esquerda.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhXxjWBH8q5YRJZet2nzi_A_qnryXn3D1Zj8Gq-Ht3qKB734HIG7jAtM3pq18pSe25_w2obvfiUtnXba6iu4A9pKw_H7UVeCke55jrrnD5AvjSCzDNPE77I9kJ04gdBrRBtrs_2-w\/s2048\/porta+norte.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhXxjWBH8q5YRJZet2nzi_A_qnryXn3D1Zj8Gq-Ht3qKB734HIG7jAtM3pq18pSe25_w2obvfiUtnXba6iu4A9pKw_H7UVeCke55jrrnD5AvjSCzDNPE77I9kJ04gdBrRBtrs_2-w\/s2048\/porta+norte.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEi2KgfRFrqAlRsQQmO3ag4eIEBHuH8sgbsnk_yt9J8oAJhyKWZb0lWBDOv0j814LtRqYvlSLNpcUb8VU9QHYyZEADuU7YH_uKFmQIj9tDGPYAbl5MuzZUWhtYdELX5iQWGOlWngZQ\/s2048\/imposta+dereita.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEi2KgfRFrqAlRsQQmO3ag4eIEBHuH8sgbsnk_yt9J8oAJhyKWZb0lWBDOv0j814LtRqYvlSLNpcUb8VU9QHYyZEADuU7YH_uKFmQIj9tDGPYAbl5MuzZUWhtYdELX5iQWGOlWngZQ\/s2048\/imposta+dereita.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>Quixera deixar aqu\u00ed unha suxesti\u00f3n aos organizadores da Romar\u00eda das Cruces, pois despois de asistir alg\u00fans anos a tal evento hist\u00f3rico, vexo que despois dos actos da procesi\u00f3n e do sa\u00fado dos pend\u00f3ns totalmente en silencio, notamos que lle falta algo a ese cerimonial c\u00edvico-relixioso e \u00e9 a solemnidade grave e formal dunha lembranza esencial aos cincuenta mortos que al\u00ed houbo, tanto propios como dos inimigos, cincuenta mortos polos que poder\u00eda prenderse un lume nun pebeteiro ou queimar incenso&#8230; acompa\u00f1ando o acto cunhas evocadoras palabras ou co rezo dunha oraci\u00f3n. Este ano despois da celebraci\u00f3n dix\u00e9ronse algunhas verbas e entreg\u00e1ronse uns premios, pero falta un acto emotivo que faga fincap\u00e9 na relevancia do motivo da romar\u00eda, pois a\u00ednda que sexa un acto festivo, ningu\u00e9n de n\u00f3s fai festa polos defuntos propios nin polos dos estra\u00f1os.<\/p>\n<p>Creo que as Autoridades Competentes neste caso -con mando tan provisional e ocasional-, deberan de traballar a reo todo o tempo que lles toca vivir na administraci\u00f3n, para conservar esta magnifica xoia da Capela da Ponte que nos foi legada. Pero seguramente todo ser\u00e1 segundo o taxe o xastre politiqueiro da quenda, e n\u00f3s seguiremos estando obrigados a denunciar publicamente tanta falta de interese, desidia e incompetencia administrativa. <\/p>\n<p>Hai por estas terras costeiras de Galiza, asociaci\u00f3ns chamadas templarias cuxas igrexas datan do s\u00e9culo XVIII e XIX, e n\u00f3s que temos varias dos s\u00e9culos XII, XIII e XIV temos todo medio arruinado. Non hai dereito.<\/p>\n<p>&#8212;<\/p>\n<p>Notas:<\/p>\n<p><span id=\"1\">1<\/span>. Santuario de Nosa Se\u00f1ora da Ponte, Arante, D. Jos\u00e9 Mar\u00eda Fern\u00e1ndez Fern\u00e1ndez, Arquiveiro Diocesano de Mondo\u00f1edo, 1986, p\u00e1x.7-8 \/\/ Cadernos de Investigaci\u00f3n IES Dionisio Gamallo Fierros de Ribadeo, N\u00ba6 2005, Limiar de D. Jos\u00e9 Ferreiro Gonz\u00e1lez, Cura P\u00e1rroco de Arante.  <\/p>\n<p><span id=\"2\">2<\/span>. M\u00e1s All\u00e1, monogr\u00e1fico N\u00ba52 \/ Ano XIX \u201cEl misterioso origen del Temple\u201d p\u00e1x.6.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Neste blog o 18 de decembro de 2017 e en La Comarca del Eo do 23 de decembro escrib\u00eda sobre o escudo de armas que se atopa dentro desta xoia de Capela da Ponte de Arante, un verdadeiro tesouro hist\u00f3rico \u00f3 que como non se lle po\u00f1a un pronto remedio contra as humidades das paredes [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[11,46],"class_list":["post-5258","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-historia","tag-pancho-campos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5258","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5258"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5258\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5258"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5258"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5258"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}