{"id":5255,"date":"2019-10-02T08:30:00","date_gmt":"2019-10-02T06:30:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:19:14","modified_gmt":"2024-11-12T12:19:14","slug":"o-clima-que-clima-nos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2019\/10\/02\/o-clima-que-clima-nos\/","title":{"rendered":"O clima? Que clima? N\u00f3s!"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiaUD10RgTj8BX3f_L5iUTs3wJya9N89fHgBtAu5VTajPj56VlbmOhunnKvch4zbZ47rYb2DsXqaGpWeegVoPWNwKgGlbHPWhEylXUulwdmQeAzsMPWYbZcI2nl02C_v1YfMfcEVw\/s2048\/2019-09-27+at+20.53.30.jpeg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiaUD10RgTj8BX3f_L5iUTs3wJya9N89fHgBtAu5VTajPj56VlbmOhunnKvch4zbZ47rYb2DsXqaGpWeegVoPWNwKgGlbHPWhEylXUulwdmQeAzsMPWYbZcI2nl02C_v1YfMfcEVw\/s2048\/2019-09-27+at+20.53.30.jpeg\" \/><\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgBGAnQiNUYyS8RL7IJBxMd94x2kJUbd-PeRMIO9Jfqqm0p0SGus7QPvMHuP05Csi57Syf3V2g_NQW_z8YLOJcWMosK8_r_NspTSYM3Z6bWSwP7jjAJIH2J-UZgwyVdR034pTHQyA\/s2048\/2019-09-27+at+20.53.33.jpeg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgBGAnQiNUYyS8RL7IJBxMd94x2kJUbd-PeRMIO9Jfqqm0p0SGus7QPvMHuP05Csi57Syf3V2g_NQW_z8YLOJcWMosK8_r_NspTSYM3Z6bWSwP7jjAJIH2J-UZgwyVdR034pTHQyA\/s2048\/2019-09-27+at+20.53.33.jpeg\" \/><\/a><\/p>\n<p><span style=\"font-size: xx-small;\">Fotos: G. G\u00f3mez<\/span><\/p>\n<p>O pasado 27 de setembro tivo lugar fronte \u00f3 concello de Ribadeo, \u00e1s 20 horas, unha <a href=\"https:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2019\/09\/folga-mundial-polo-clima-ribadeo_26.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">concentraci\u00f3n polo clima<\/a>.<\/p>\n<p>Tempo ten pasado dende que a unha relixi\u00f3n se lle ocorreu meter nun libro, o da X\u00e9nese, aquelo de &#8216;esparc\u00eddevos e dominade a Terra&#8217;. A\u00ednda faltaba para que Darwin explicara a supervivencia das especies ou para que se poidera seguir a expansi\u00f3n da raza humana por todo o planeta. E polo tanto, para ver cumprida efectivamente a profec\u00eda do dominio sobre a Terra. Un dominio que ten levado a que creamos como se n\u00f3s non form\u00e1ramos parte desta Terra que andamos a dominar. A\u00ednda estamos a caer na conta que litro de petr\u00f3leo que se colla e queime \u00e9 litro de petr\u00f3leo menos que temos para ma\u00f1\u00e1, pero tam\u00e9n uns 1500 L de di\u00f3xido de carbono que se lanzan \u00e1 atmosfera, a m\u00e1is de calor que lle metemos \u00f3 medio \u00f3 queimar, e calor que facemos que se acumule \u00f3 non poder despedilo \u00f3 espazo, entre outras cousas. Como cativos sen control cun xoguete novo (cada vez menos novo, cada vez m\u00e1is descontrolado) e complexo (con complexidade a\u00ednda por descubrir) xogamos con el como se non tivera fin, ata que nos cansemos ou &#8216;se canse&#8217;, se estropee.<\/p>\n<p>E xa hai tempo que comezou a funcionar peor. Abres o xornal, e \u00e9 raro que non atopes calquera d\u00eda con novas &#8216;illadas&#8217; como as que atopo esta ma\u00f1\u00e1: &#8216;Un glaciar no Mont Blanc, \u00f3 bordo do derrube&#8217;, onde a nova salta m\u00e1is que nada polo peche de estradas afectadas, ou &#8216;A suba do nivel do mar ameaza con contaminar os acu\u00edferos das zonas m\u00e1is secas de Espa\u00f1a&#8217;, onde a preocupaci\u00f3n tam\u00e9n \u00e9 a consecuencia: a falta de auga para seguir o ritmo que se imp\u00f3n \u00e1 natureza. Preocupados polas consecuencias, est\u00e1 tardando a viraxe \u00e1 preocupaci\u00f3n polas causas, necesaria para evitar a desfeita, e m\u00e1is a\u00ednda cando as causas interfiren coa nosa vida m\u00e1is inmediata. A\u00ed temos, tam\u00e9n estes d\u00edas, con moita m\u00e1is difusi\u00f3n medi\u00e1tica, os peches da planta de al\u00famina-aluminio en San Cibrao, cara \u00f3 que se vai, ou o peche da central electrot\u00e9rmica das Pontes, anunciado. Moita m\u00e1is difusi\u00f3n medi\u00e1tica porque afecta directamente \u00f3 emprego, e \u00e1 riqueza, tal como se concibe de xeito maioritario hoxe en d\u00eda. Sobre a xesti\u00f3n da planta de al\u00famina e os perigos de que a direcci\u00f3n emigrara xa alertou hai tempo xente (como Isaac D\u00edaz Pardo na Voz de Galicia, o 7 de febreiro do 1998), a\u00ednda que neste caso a relaci\u00f3n coa emerxencia clim\u00e1tica non \u00e9 m\u00e1is ca unha m\u00ednima parte do perigo pola balsa de lodos, e -simplificando- o peche vir\u00e1 cando as regal\u00edas a Alcoa sexan inasumibes para garantir unha rendibilidade elevada. Nas Pontes, o impacto da empresa sobre o medio \u00e9 m\u00e1is visible a curto prazo, e directo: a planta \u00e9 o principal foco individual de emisi\u00f3n de gases de efecto invernadoiro na pen\u00ednsula. Mais, en ambos casos, o sistema econ\u00f3mico pol\u00edtico viu ignorando as causas, e agora resulta dif\u00edcil (m\u00e1is ben imposible) combatir os efectos.<\/p>\n<p>Cousas como estas, con efectos bruscos, fondos, e m\u00e1is achegados a n\u00f3s, son as cousas que est\u00e1n sacudindo o xeito de pensar \u00f3 presentar, de s\u00fapeto, un calex\u00f3n sen sa\u00edda. Son as cousas que rematar\u00e1n sacudindo o sistema ante a necesidade de colaboraci\u00f3n e distribuci\u00f3n en t\u00f3dolos sentidos, ante a supervivencia. Cousas que levaron \u00e1 concentraci\u00f3n de Ribadeo a contar cunha asistencia entre 200 e 300 persoas (segundo que se conten ou non as incorporaci\u00f3ns eventuais) e a ser un \u00e9xito de cara \u00f3 comezo dun cambio necesario na bisbarra.<\/p>\n<p>Quedan an\u00e9cdotas como que unha parella de polic\u00edas locais presentouse insinuando que a concentraci\u00f3n non ti\u00f1a autorizaci\u00f3n (e ent\u00f3n, a ver que se fac\u00eda coa interrupci\u00f3n da v\u00eda p\u00fablica que se estaba a dar), para rematar asumindo que nin Alcalde nin Xefe da Polic\u00eda Local parec\u00edan estar enterados (e o que hab\u00eda que facer estaba moi claro, axudar a que todo transcorrera ben). Pero son an\u00e9cdotas, o mesmo que a propia concentraci\u00f3n, ante a magnitude do problema, que en Ribadeo xa levou a un aumento da temperatura media anual de 0,6 \u00baC no que vai de s\u00e9culo. Consid\u00e9rase que ser\u00eda un desastre chegar a un incremento de 2 \u00baC a nivel global sobre a media do s\u00e9culo pasado, e ese aumento significa que xa levamos case a metade, pois a finais do s\u00e9culo XX xa se ti\u00f1a comezado a carreira cara arriba.<\/p>\n<p>Venme \u00e1 cabeza aquelo de &#8216;a Deus rogando, e co mazo dando&#8217;, que neste caso implica non s\u00f3 facer as cousas de xeito diferente, sen\u00f3n ir abondo m\u00e1is al\u00f3, mesmo decrecer, algo que o sistema, tal como est\u00e1 concebido e funcionando, non permite.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Fotos: G. G\u00f3mez O pasado 27 de setembro tivo lugar fronte \u00f3 concello de Ribadeo, \u00e1s 20 horas, unha concentraci\u00f3n polo clima. Tempo ten pasado dende que a unha relixi\u00f3n se lle ocorreu meter nun libro, o da X\u00e9nese, aquelo de &#8216;esparc\u00eddevos e dominade a Terra&#8217;. A\u00ednda faltaba para que Darwin explicara a supervivencia das [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[26,9],"class_list":["post-5255","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-medio","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5255","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5255"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5255\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5255"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5255"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5255"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}