{"id":5249,"date":"2019-10-10T16:00:00","date_gmt":"2019-10-10T14:00:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:19:04","modified_gmt":"2024-11-12T12:19:04","slug":"clientelismo-caciquismo-ou-outra-cousa","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2019\/10\/10\/clientelismo-caciquismo-ou-outra-cousa\/","title":{"rendered":"Clientelismo, caciquismo ou outra cousa?"},"content":{"rendered":"<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto; text-align: center;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjhw6-hCpP5ZhWKSr1l_Rn0eTfpHh4ilKXMq7IzLtHfnYy-i1o5eHuSpup87AX3FHWdRTk715y_8KcvG5ViW_8UVBKo4oATQJWCRfxdeCgkXXDuy2Wv70U6fL7paaDC-j4mZkxbwA\/s2048\/caciques.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"640\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjhw6-hCpP5ZhWKSr1l_Rn0eTfpHh4ilKXMq7IzLtHfnYy-i1o5eHuSpup87AX3FHWdRTk715y_8KcvG5ViW_8UVBKo4oATQJWCRfxdeCgkXXDuy2Wv70U6fL7paaDC-j4mZkxbwA\/s2048\/caciques.jpg\" width=\"516\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">De Castelao. Imaxe collida dun blog, que o colleu doutro, que&#8230; mentres, a historia segue<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>Definici\u00f3ns do dicionario da Real Academia Galega:<\/p>\n<p><em><a href=\"https:\/\/ribadeando.blogspot.com\/search?q=clientelismo\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Clientelismo<\/a>: Pr\u00e1ctica social e pol\u00edtica en que se establecen relaci\u00f3ns de dependencia entre persoas ou organizaci\u00f3ns poderosas e os seus partidarios ou colaboradores, os cales esperan obter a cambio determinados favores ou beneficios persoais.<\/em><\/p>\n<p><em><a href=\"https:\/\/ribadeando.blogspot.com\/search?q=caciquismo\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Caciquismo<\/a>: Fen\u00f3meno social e pol\u00edtico que se caracteriza polo poder excesivo dos caciques e por fomentar a s\u00faa existencia.<\/em><\/p>\n<p>Cada quen \u00e9 do seu pai e da s\u00faa nai. E, dentro diso, hai moitas variaci\u00f3ns. Iso \u00e9 algo que se aplica \u00e1s persoas, como unha interpretaci\u00f3n da herdanza xen\u00e9tica (e doutro tipo). E en xeral, a pautas que se podan reproducir, como ocorre na estrutura social.<\/p>\n<p>Hai uns d\u00edas viuse na prensa a nova de que no concello de Barreiros os plenos van ser abertos \u00e1s intervenci\u00f3ns do p\u00fablico. Despois de ter loitado por iso noutro concello por anos, sa\u00edume da alma o felicitar \u00e1 alcaldesa por esa decisi\u00f3n, respaldada en pleno. O certo \u00e9 que non co\u00f1ezo a normativa que se vai aplicar, mais a nova en si \u00e9 esperanzadora.<\/p>\n<p>Ten algo que ver esa <a href=\"https:\/\/ribadeando.blogspot.com\/search\/label\/participaci%C3%B3n\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">participaci\u00f3n<\/a> co t\u00edtulo do artigo? Entendo que polo menos \u00e9 un paso de xigante para entre outras cousas, evitar o caciquismo e o clientelismo.\u2019Dende hai moito tempo, a pol\u00edtica, cos seus proxectos competidores, ten sido remprazada por un clientelismo municipal con tintes de hostilidade cara \u00e1s iniciativas dos habitantes\u2019. A cita anterior coido que pode ser aplicada a moitos concellos do noso entorno. E falo de concellos s\u00f3 porque nela aparece o termo \u2018municipal\u2019. Mais non a coll\u00edn dun lugar no que se referira a Galicia, nin siquiera a Espa\u00f1a, sen\u00f3n a Francia (Radiograf\u00eda del clientelismo municipal en Francia, Le Monde Diplomatique en Espa\u00f1ol, agosto de 2017, p. 24). E \u00e9 que o sistema pol\u00edtico, calquera sistema pol\u00edtico, inclu\u00edda a democracia, fai augas a pouco que se deixe pasar o tempo en convivencia coa existencia de forzas desproporcionadas, sexan de orixe econ\u00f3mica ou doutro tipo. Como un algo vivo dentro do sistema, o desequilibrio medra, procura perdurar fac\u00e9ndose m\u00e1is forte e como v\u00eda cara ese fin de asegurar a pervivencia, obrigando \u00f3 resto a facer un esforzo por sobrevivir. O facer que o resto do entorno dependa desa forza sen ataduras abondas como para embridala non pasa de ser unha t\u00e1ctica en cada caso particular dentro dunha estratexia xeral, mesmo sendo inconsciente, instinto vital&#8230;<\/p>\n<p>Caciquismo ou clientelismo son situaci\u00f3ns nas que o pol\u00edtico de turno susbstit\u00fae a participaci\u00f3n dos cidad\u00e1ns pola dependencia. En ambos casos se fai o m\u00e1rtir, asumindo unha pesada carga dos demais como dependentes (despois de axudar a infantilizalos e facelos dependentes) que non lle corresponde, en troques de quedar coa s\u00faa funci\u00f3n de servizo \u00f3 pobo organizando e xestionando o com\u00fan en colaboraci\u00f3n coa xente. E unha vez funcionando o subsistema, para mantelo e facelo medrar, todo vale, de non prestar atenci\u00f3n \u00e1 xente ou a ocultaci\u00f3n de datos e acci\u00f3ns a po\u00f1er paos nas rodas a avances se ve\u00f1en da sociedade non controlada directamente ou \u00e1 mentira que non ter\u00eda importancia se serve \u00f3 fin prefixado. Todo vale se serve para manter a iniciativa, motor  de futuro social, dentro do redil particular constru\u00eddo.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>De Castelao. Imaxe collida dun blog, que o colleu doutro, que&#8230; mentres, a historia segue Definici\u00f3ns do dicionario da Real Academia Galega: Clientelismo: Pr\u00e1ctica social e pol\u00edtica en que se establecen relaci\u00f3ns de dependencia entre persoas ou organizaci\u00f3ns poderosas e os seus partidarios ou colaboradores, os cales esperan obter a cambio determinados favores ou beneficios [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[32,78,13,9],"class_list":["post-5249","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-filosofia","tag-participacion","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5249","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5249"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5249\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5249"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5249"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5249"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}