{"id":5240,"date":"2019-10-30T07:57:00","date_gmt":"2019-10-30T06:57:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:18:42","modified_gmt":"2024-11-12T12:18:42","slug":"os-iluminados-non-poden-ver-o-ceo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2019\/10\/30\/os-iluminados-non-poden-ver-o-ceo\/","title":{"rendered":"Os deslumbrados non poden ver o ceo"},"content":{"rendered":"<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto; text-align: center;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/cdn.spacetelescope.org\/archives\/images\/screen\/opo0036a.jpg\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"640\" src=\"https:\/\/cdn.spacetelescope.org\/archives\/images\/s2048\/opo0036a.jpg\" width=\"570\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">Nebulosa nas Pl\u00e9iades. Obtida de <a href=\"https:\/\/www.spacetelescope.org\/images\/opo0036a\/\">https:\/\/www.spacetelescope.org\/images\/opo0036a\/<\/a> <\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <a href=\"http:\/\/ribadeo.gal\/actualidade\/nova.php?id=3251&amp;lg=gal\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">25 de outubro, nota de prensa<\/a>. Resultado: Ribadeo ter\u00e1 m\u00e1is luces de Nadal por persoa que Vigo. Os xornais destacaron a competici\u00f3n con Vigo, pero a\u00ednda as\u00ed, non chegaron a ese dato: en Vigo, ao parecer, instalaranse unhas 10 000 000 de luces, ou sexa, sobre 25 por persoa. En Ribadeo, 800 000, iso \u00e9, contando a toda a xente do concello, 80 por persoa, m\u00e1is de tres veces m\u00e1is (m\u00e1is de cen por persoa se se considera s\u00f3 os habitantes da vila).Parece que as \u00e1rbores non deixan ver o bosque, e os visitantes no Nadal non poder\u00e1n ver a magnificencia do ceo estrelado ou as nubes cambiantes ocultando a L\u00faa de noite, pois para algo est\u00e1n as luces. Neste caso, para deslumbrar \u00f3s visitantes (e, efecto colateral, \u00f3s locais)<\/p>\n<p>A nota do concello destaca o esforzo para que Ribadeo sexa visible en toda a bisbarra. Custe, contaminaci\u00f3n enerx\u00e9tica e visual, ou gusto, son arrumbados fronte as luminosas cifras postas sobre a mesa. Non en van disp\u00f3nse de 23 900 \u20ac\/ano que van ser radiados na noite ribadense como un extra sobre a iluminaci\u00f3n normal. Se o ano pasado foron 13 500 \u20ac, implica un aumento do 77 % fronte a un ano atr\u00e1s. Haber\u00e1 quen diga, non importan os cartos cando se trata de fardar. A\u00ednda que o pretendido, segundo a nota de prensa, \u00e9 que &#8216;se nos vexa&#8217; na bisbarra para que a xente consuma en Ribadeo. Ou sexa, tr\u00e1tase de consumir m\u00e1is para facer que a xente consuma m\u00e1is nese mesmo lugar. Ent\u00e9ndese pois que a acci\u00f3n est\u00e1 proposta non de cara \u00f3s ribadenses, sen\u00f3n como como subvenci\u00f3n extra a <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/search\/label\/ACISA\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">ACISA<\/a> (lembranza: asociaci\u00f3n de comerciantes, industriales, servicios y aut\u00f3nomos de Ribadeo).<br \/>\n&nbsp;&nbsp;&nbsp; Non se pode dicir moito m\u00e1is, pois o \u00fanico a considerar para o contrato da iluminaci\u00f3n das oitocentas mil luces ser\u00e1 &#8216;a oferta econ\u00f3mica m\u00e1is ventaxosa&#8217;. Con iso, ent\u00e9ndese que as luces outras luces, como as do campo de f\u00fatbol, que levan anos deslumbrando \u00f3 ir pola estrada de Vilela, ser\u00e1n reforzadas para quedarmos m\u00e1is deslumbrados, e, co deslumbre, convertidos os visitantes e tam\u00e9n os ribadenses en consumistas.<br \/>\n&nbsp;&nbsp;&nbsp; \u00c9 posible que sexan &#8216;luces bonitas&#8217;, pero coa s\u00faa visi\u00f3n non poderei menos que pensar noutras cousas a m\u00e1is de xulgar a intensidade da s\u00faa beleza. Por exemplo, a eficacia da medida na potenciaci\u00f3n do consumo, o retorno directo \u00f3s ribadenses desa inversi\u00f3n ou se o Ribadeo que queremos \u00e9 un Ribadeo &#8216;deslumbrado&#8217; por luces artificiais.<\/p>\n<p>A nota de prensa do concello:<\/p>\n<p class=\"antetitulo\"><em>AS EMPRESAS TE\u00d1EN 15 D\u00cdAS NATURAIS PARA PRESENTAR OFERTAS<\/em><\/p>\n<p><em>    <\/em><\/p>\n<h3 class=\"antel\">\n<em>Alumeado de Nadal<\/em><\/h3>\n<p><em>   <span class=\"data\">25\/10\/2019<\/span>    <\/em><\/p>\n<p class=\"intro\"><em>O alumeado de Nadal en Ribadeo contar\u00e1 por  primeira vez con 800 000 luces led entre farolas, arcos, \u00e1rbores e  figuras en 3D. O Concello sacouno hoxe a licitaci\u00f3n por 23 900 euros ao  ano. A vixencia do contrato ser\u00e1 de dous anos con posibilidade de  pr\u00f3rroga dun m\u00e1is. <\/em><\/p>\n<p><em>   <\/em><em>O alcalde, Fernando Su\u00e1rez, anunciou que &#8220;no d\u00eda de hoxe sacamos  desde o Concello de Ribadeo, a trav\u00e9s da plataforma electr\u00f3nica de  contratos, a licitaci\u00f3n do contrato de subministro e instalaci\u00f3n de  elementos de decoraci\u00f3n luminosa durante as festas do Nadal&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>O  rexedor dixo que &#8220;si ben \u00e9 certo que cada ano imos tentando mellorar un  pouqui\u00f1o a iluminaci\u00f3n do ano anterior, seguindo nesta li\u00f1a, quixemos  dar un paso adiante no senso de consolidar todo o que vi\u00f1emos facendo  para incrementar m\u00e1is os espazos p\u00fablicos de iluminaci\u00f3n do Nadal,  cambiando e renovando o aspecto das luminarias e incorporando novos  elementos que confiemos sexan do agrado de todo o mundo&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>Su\u00e1rez  Barcia subli\u00f1ou que &#8220;segundo os datos que me pasan os t\u00e9cnicos, se  sum\u00e1semos todas as microluces que conforman a totalidade dos arcos, das  iluminaci\u00f3ns nas farolas, das iluminaci\u00f3ns das \u00e1rbores e das figuras en  3D, estar\u00edamos aproximadamente nas 800 000 luces led en total, unha  cifra important\u00edsima e nunca chegada ata agora en Ribadeo. Non imos ser  como Vigo, que seguramente se vexa desde o espazo exterior a s\u00faa  iluminaci\u00f3n, pero a n\u00f3s seguro que desde toda A Mari\u00f1a e m\u00e1is desde o  Occidente asturiano se nos ver\u00e1 sen ning\u00fan problema. \u00c9 moi importante  que se nos vexa para que a xente siga vindo a mercar ao noso comercio e a  disfrutar da nosa hostaler\u00eda, e en xeral dos servizos que ofrece  Ribadeo&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>O alcalde explicou que &#8220;o importe deste contrato  ofertado \u00e9 de 23 900 euros ao ano, cunha vixencia de dous anos, coa  posibilidade de pr\u00f3rroga dun ano m\u00e1is. E o criterio de selecci\u00f3n do  adxudicatario ser\u00e1 o da oferta econ\u00f3mica m\u00e1is vantaxosa. Polo tanto, o  prazo para presentar as ofertas as empresas cualificadas que queiran  facelo ser\u00e1 de 15 d\u00edas naturais a partir de hoxe, ou sexa ata o 9 de  novembro&#8221;.<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Nebulosa nas Pl\u00e9iades. Obtida de https:\/\/www.spacetelescope.org\/images\/opo0036a\/ &nbsp;&nbsp;&nbsp; 25 de outubro, nota de prensa. Resultado: Ribadeo ter\u00e1 m\u00e1is luces de Nadal por persoa que Vigo. Os xornais destacaron a competici\u00f3n con Vigo, pero a\u00ednda as\u00ed, non chegaron a ese dato: en Vigo, ao parecer, instalaranse unhas 10 000 000 de luces, ou sexa, sobre 25 por [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[98,21,26],"class_list":["post-5240","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-acisa","tag-economia","tag-medio"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5240","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5240"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5240\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5240"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5240"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5240"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}