{"id":5238,"date":"2019-11-01T08:39:00","date_gmt":"2019-11-01T07:39:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:18:39","modified_gmt":"2024-11-12T12:18:39","slug":"eleccion-non-rima-con-bon","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2019\/11\/01\/eleccion-non-rima-con-bon\/","title":{"rendered":"Elecci\u00f3n non rima con bon"},"content":{"rendered":"<p>&#8216;Eran os mellores tempos, eran os peores tempos&#8217;. As\u00ed comeza a &#8216;<a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Historia_de_dos_ciudades_(novela)\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Historia de d\u00faas cidades<\/a>&#8216; de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Charles_Dickens\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Dickens<\/a>. E as\u00ed poder\u00eda comezar a nosa historia actual cami\u00f1o dunhas novas (e)lecci\u00f3ns o 10 de novembro.<\/p>\n<p>E \u00e9 que hai xente para quen &#8216;as cousas&#8217; marchan ben. E para a que non, nin moito menos e dir\u00edase que cada vez en maior cantidade. No mesmo mundo, e con tanta diferencia. Quiz\u00e1s a\u00ed est\u00e1 a clave: o aumento das diferencias, e con elas, o aumento da falta de empat\u00eda, po\u00f1erse en lugar do outro ou da falta de colaboraci\u00f3n, ou o aumento do &#8216;primeiro eu, despois eu, e logo xa veremos se eu&#8217;, ou do &#8216;facer isto, a quen perxudica?&#8217; entrepechando os ollos \u00f3 mesmo tempo para non ver m\u00e1is que o que conv\u00e9n.<\/p>\n<p>O caso \u00e9 que estamos de novo en per\u00edodo electoral, m\u00e1is cartos gastados e os partidos botando contas sobre votos e escanos en troques de facelo sobre necesidades e benestar. Desviando a atenci\u00f3n con Catalu\u00f1a -ou con Franco- mentres o tecido industrial contin\u00faa a desfacerse, as pensi\u00f3ns pasan a entenderse como un pr\u00e9stamo caritativo, p\u00f3dente despedir se faltas a\u00ednda que sexa de xeito xustificado, as violaci\u00f3ns quedan en abuso ou segue a corromperse o sustento vital que \u00e9 a Terra, despois de que a corrupci\u00f3n campe na sociedade.<\/p>\n<p>Vexo na propaganda electoral que chega \u00f3 correo -si, segue a chegar propaganda dalg\u00fans partidos porque algu\u00e9n se esqueceu \/ non quixo moverse para que non chegara papel mollado- a palabra Espa\u00f1a -ou Galiza- destaca nos sobres, mais boto en falta verbas como persoas, ou a\u00ednda cidad\u00e1ns, ou comunidade. Outros, sinxelamente din &#8216;vota&#8217;: para que ir m\u00e1is al\u00f3? Conta con n\u00f3s&#8230; ref\u00edrse a eles, non a n\u00f3s. Pero o non plus ultra l\u00e9vao o que resalta a bandeira -constitucional, iso si- como encarnando as esencia se que se quite o demais, que non importa.<\/p>\n<p>Iso, polo exterior: os sobres non van dirixidos a min. E isto si \u00e9 literal e figurado, ambalasd\u00faas cousas \u00f3 tempo. Literal, porque non aparezo como destinatario, e figurado porque nos sobres aparece claro a verba &#8216;propaganda&#8217;, e iso \u00e9 o que menos necesito, propaganda, que traten de dirixirme con teatro lonxe da representaci\u00f3n real que \u00e9 a vida. En realidade, alg\u00fan si vai dirixido a min: &#8216;electores residentes en&#8217; \u00e9 un t\u00edtulo xen\u00e9rico que aforra cartos no env\u00edo e \u00f3 tempo s\u00e1ltase a legalidade a destra e sinistra \u00f3 facer chegar os sobres a quen pediu que non se lle enviaran.<\/p>\n<p>Votar? Mentres que non nos organicemos para facer un remake real do &#8216;<a href=\"https:\/\/pt.wikipedia.org\/wiki\/Ensaio_sobre_a_Lucidez\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Ensaio sobre a lucidez<\/a>&#8216; de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Jos%C3%A9_Saramago\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Saramago<\/a>, non quedar\u00e1 outra que facer uso desa part\u00edcula de liberdade que a\u00ednda temos a nivel pol\u00edtico. Part\u00edcula de liberdade se non est\u00e1 xa perdida entre fake news, mentiras, promesas que non se pensa en cumprir, ocultaci\u00f3n do negro dun tapado co negro do outro, ou sinxelamente, clientelismo, caciquismo ou intereses particulares contra o ben com\u00fan, &#8216;inconfesables&#8217;&#8230;<\/p>\n<p>Aprenderemos a (e)lecci\u00f3n ou deixaremos que nos apliquen o dito &#8216;a letra coa sangue entra&#8217;?<\/p>\n<p>&#8212;<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2019\/11\/se-non-sodes-iguais-amosade-que-sodes.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Comentario posterior<\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/ribadeando.blogspot.com\/search\/label\/elecci%C3%B3ns%20xerais%20novembro%202019\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Sobre as elecci\u00f3ns de novembro de 2019<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&#8216;Eran os mellores tempos, eran os peores tempos&#8217;. As\u00ed comeza a &#8216;Historia de d\u00faas cidades&#8216; de Dickens. E as\u00ed poder\u00eda comezar a nosa historia actual cami\u00f1o dunhas novas (e)lecci\u00f3ns o 10 de novembro. E \u00e9 que hai xente para quen &#8216;as cousas&#8217; marchan ben. E para a que non, nin moito menos e dir\u00edase que [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[48,32,26,13,9],"class_list":["post-5238","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-eleccions","tag-filosofia","tag-medio","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5238","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5238"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5238\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5238"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5238"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5238"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}