{"id":5230,"date":"2019-11-18T10:09:00","date_gmt":"2019-11-18T09:09:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:18:25","modified_gmt":"2024-11-12T12:18:25","slug":"este-billete-vale-mais-de-300-historia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2019\/11\/18\/este-billete-vale-mais-de-300-historia\/","title":{"rendered":"Este billete vale m\u00e1is de 300 \u20ac. Historia dunha viaxe en FeVE"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgjpIJCETdwShMsofZJ9TIknA3hPYWaPUN7dkc_ynwdE_rSWjxPUoKNgCT57SqBUi3-2cWgJU4wYAVLWy0FJRLMaSAO3GcRc-ooMGU3KjTRHq_zNSHlOwJzGaH2-fpYbmY_s0mSaQ\/s2048\/Renfe+Feve.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"640\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgjpIJCETdwShMsofZJ9TIknA3hPYWaPUN7dkc_ynwdE_rSWjxPUoKNgCT57SqBUi3-2cWgJU4wYAVLWy0FJRLMaSAO3GcRc-ooMGU3KjTRHq_zNSHlOwJzGaH2-fpYbmY_s0mSaQ\/s2048\/Renfe+Feve.jpg\" width=\"619\" \/><\/a><\/p>\n<p>Xoves 14 de novembro de 2019. Mal tempo, unha viaxe de Ribadeo a Viveiro e unha decisi\u00f3n: vou en tren.<br \/>\nNa estaci\u00f3n, pido billete e comun\u00edcanme que o conseguirei no tren. Quedo pensando por que se desaproveita a oficina da estaci\u00f3n e o persoal destinado al\u00ed, pero tam\u00e9n que non entendo do tema e pode haber motivos que se me escapan.<br \/>\nPaso \u00f3 and\u00e9n e at\u00f3pome cunha parella nova con cans e un trebello de rodas que queren meter no tren. Non cabe por unha porta normal, ten que pasar por unha dos extremos. Pero chegan condutor e revisora e din que non poden abrila, que est\u00e1 atascada. A parella d\u00e9ixalles unha ferramenta para tentar abrir. Despois dun intre, a porta segue neg\u00e1ndose. Resultado: a parella non sube. O xefe de estaci\u00f3n d\u00e1 a sa\u00edda e, \u00f3 pouco a revisora pasa e l\u00e9vome un billete de ida e volta Ribadeo\/Viveiro por 8,70 \u20ac.<br \/>\nA viaxe a Viveiro, co mar encrespado \u00e1 vista boa parte do recorrido e o ceo cambiante de pingues e escuros a luminosos craros da outra beira dos vidros, precioso, tranquilo, c\u00f3modo, agradable.<br \/>\n\u00c1 volta, volvo \u00f3 apeadoiro con tempo e p\u00f3\u00f1ome a esperar entre trombas de auga nas tebras da fr\u00eda noite debilmente iluminada polas farolas pr\u00f3ximas. Pasan as 21:07 previstas e, uns cinco minutos despois, comezo ler os poucos carteis que hai no apeadoiro. Un informa dun n\u00famero de tel\u00e9fono para chamar se o tren tarda m\u00e1is de 10 minutos en pasar despois da hora prevista. Chamo e chamo sen conseguir que me collan. E f\u00edxome noutro tel\u00e9fono noutro cartel que poder\u00eda servir. A\u00ed si me collen, e despois de falar cun contestador autom\u00e1tico e elixir varias opci\u00f3ns, un interlocutor humano dime que non, que al\u00ed non \u00e9 o que estou a procurar, pero que me pasa con outro n\u00famero. A\u00ednda estar\u00eda esperando a resposta dese outro n\u00famero, se non fose porque despois dun tempo a comunicaci\u00f3n cortouse, sen m\u00e1is. Volvo chamar \u00f3 primeiro n\u00famero, e, desta, \u00e1 segunda vez, collen. Explico que estou esperando o tren (daquela xa o rettraso se achegaba \u00e1 media hora) e sen deixarme rematar cando lle digo onde me atopo, dinme que por esa li\u00f1a non est\u00e1 a circular ning\u00fan tren. Antes de que sa\u00edra do meu asombro, engade que me vai vir buscar un taxi e colga. Eficiente.<br \/>\nO taxi non tardou. Sa\u00fado, subo e preg\u00fantolle \u00e1 taxista se lle entrego a ela o billete. Dime que a ela non, que en todo caso, cando cheguemos a Burela, a quen est\u00e9 al\u00ed. Entre Viveiro e Burela da tempo a desenvolver unha conversa, e ent\u00e9rome de que a rapaza nova que vai diante ven dende o Vicedo con destino Xove, de que \u00f3 tren no que eu fixera o recorrido ata Viveiro caeulle un tronco derriba no seu cami\u00f1o cara a Ferrol, e de que a situaci\u00f3n non estaba solucionada, polo que non circulaban trens e fac\u00edase o servizo en taxi. Polo que parece, situaci\u00f3ns semellantes son frecuentes, cousa de unha cada d\u00faa semanas. O caso \u00e9 que tam\u00e9n me di a taxista que o taxi no que vai a revisora ter\u00eda recibido ordes de ir para Burela, sen especificar, polo que pasou de largo os apeadoiros do cami\u00f1o e logo houbo a necesidade de axustor outro, no que \u00eda eu, para recoller a xente deixada da man de FeVE.<br \/>\nPolo cami\u00f1o, mentres -agora si- imos recorrendo os apeadoiros, vexo que o tax\u00edmetro xa pasa de 60 \u20ac e comezo a pensar de que adem\u00e1is de chegar tarde nesta noite de cans, da incertidume do tel\u00e9fono e o pequeno sobrecusto das chamadas, a FeVE v\u00e1ille sa\u00edr o meu billete e o da xente que est\u00e1 nunha situaci\u00f3n parella a min por un ollo da cara.<br \/>\nChegamos a Burela, e vexo que se baixa unha rapaza que co\u00f1ezo do taxi que est\u00e1 esperando: ti\u00f1a falado coa s\u00faa casa e van ir buscala dende Ribadeo, porque non sab\u00edan canto tardar\u00eda o noso taxi. Como xa est\u00e1n en cami\u00f1o, e n\u00f3s &#8216;temos pr\u00e9sa&#8217; segundo a revisora que estaba esperando, para cumprir o horario, ela queda no and\u00e9n da estaci\u00f3n de Burela e seguimos viaxe, o taxista, a revisora e dous pasaxeiros cami\u00f1o de Ribadeo. Preg\u00fantame&nbsp; revisora se te\u00f1o billete, e \u00f3 dicirlle que merquei un de ida e volta e facer movementos para sacalo da carteira dime que vale, que ent\u00f3n non fai falta que llo amose.<br \/>\nSeguimos pasando revisi\u00f3n \u00f3s apeadoiros, ata pasar a r\u00eda de Foz, pero logo tiramos pola autov\u00eda. E, de novo, conversa. Falamos, pregunto e a revisora di que espera que a situaci\u00f3n mellore: cara \u00f3 2025 est\u00e1 prevista a entrega de novos trens, logo non \u00e9 previsible que se cerre a li\u00f1a&#8230; mentres, polo cami\u00f1o, o segundo taxi xa marcaba m\u00e1is de 280 \u20ac. E l\u00e9mbrome dos <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2017\/12\/setenta-e-cinco-euros-diarios-para-taxi.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">75 \u20ac\/d\u00eda para taxi que no seu momento entereime estaban programados para o 2017<\/a>.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Xoves 14 de novembro de 2019. Mal tempo, unha viaxe de Ribadeo a Viveiro e unha decisi\u00f3n: vou en tren. Na estaci\u00f3n, pido billete e comun\u00edcanme que o conseguirei no tren. Quedo pensando por que se desaproveita a oficina da estaci\u00f3n e o persoal destinado al\u00ed, pero tam\u00e9n que non entendo do tema e pode [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[91,110,77],"class_list":["post-5230","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-ferrocarril","tag-feve","tag-tren"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5230","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5230"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5230\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5230"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5230"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5230"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}