{"id":5229,"date":"2019-11-20T08:59:00","date_gmt":"2019-11-20T07:59:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:18:23","modified_gmt":"2024-11-12T12:18:23","slug":"botando-unha-ollada-o-vecino","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2019\/11\/20\/botando-unha-ollada-o-vecino\/","title":{"rendered":"Botando unha ollada \u00f3 veci\u00f1o: participaci\u00f3n"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEghxAVYsIQZumSrPj9y4dQQUkP9bCht3aPR2NB7GvPYplw8Be6JBAFR0M7LE0vZr-S0BXKLZbe9xpv5n7BvMpT3bFIQpbcx90CG9nB2N_ogSEJvsiT4dU9K2gBpnvYsCCzrnuAxZA\/s2048\/Regulamento+Barreiros.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEghxAVYsIQZumSrPj9y4dQQUkP9bCht3aPR2NB7GvPYplw8Be6JBAFR0M7LE0vZr-S0BXKLZbe9xpv5n7BvMpT3bFIQpbcx90CG9nB2N_ogSEJvsiT4dU9K2gBpnvYsCCzrnuAxZA\/s2048\/Regulamento+Barreiros.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>Un amigo f\u00edxomo notar: o regulamento org\u00e1nico municipal xa pasou o per\u00edodo de alegaci\u00f3ns.<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2019\/10\/clientelismo-caciquismo-ou-outra-cousa.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\"> O de Barreiros<\/a>, non <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/search\/label\/participaci%C3%B3n\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">o de Ribadeo<\/a>. Como nos papeis non saiu nada de que tivera alegaci\u00f3ns, se \u00e9 as\u00ed, debera entrar en vigor de xeito autom\u00e1tico. Coido que \u00e9 digno como para comparar c<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2011\/02\/participa-cono.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">o que se pretend\u00eda aprobar aqu\u00ed hai case unha d\u00e9cada<\/a>.<\/p>\n<p>Xa na primeira p\u00e1xina aparece &#8220;asegura a participaci\u00f3n veci\u00f1al nos asuntos locais e permite avanzar cara a unha democracia verdadeiramente participativa e centrada na veci\u00f1anza&#8221; como aviso que se concreta m\u00e1is tarde. Na segunda p\u00e1xina avisa de que esa participaci\u00f3n veci\u00f1al pode ter un desenvolvemento complementario, a pesares de que as li\u00f1as fundamentais est\u00e1n trazadas xa,<\/p>\n<p>algo no que tam\u00e9n insiste na terceira p\u00e1xina.<\/p>\n<p>Xa na p\u00e1xina dez, aparece &#8220;Unha vez rematada a sesi\u00f3n, a Alcald\u00eda poder\u00e1 abrir unha rolda de intervenci\u00f3ns por parte do p\u00fablico asistente, de conformidade co que dispo\u00f1a o Regulamento de participaci\u00f3n veci\u00f1al.&#8221; \u00c9 dicir, algo parello \u00f3 que se conseguiu hai preto de quince anos en Ribadeo, pero cunha diferencia fundamental: mentres en Ribadeo hai que propo\u00f1elo por escrito e unha vez se esquec\u00eda, outra se pospu\u00f1a, outra non se contestaba, etc, en Barreiros, en principio, poden intervir os presentes. Claro que iso non evita que poda haber desplantes por parte dalg\u00fan concelleiro, como tam\u00e9n ten pasado en Ribadeo.<\/p>\n<p>Todo o t\u00edtulo V do regulamento trata do &#8216;Estatuto das veci\u00f1as e veci\u00f1os&#8217;, comezando polo artigo 50, &#8216;Da participaci\u00f3n veci\u00f1al&#8217;, que no seu apartado segundo axusta o normal: &#8220;Son dereitos b\u00e1sicos da veci\u00f1anza os de informaci\u00f3n, participaci\u00f3n e asociaci\u00f3n.&#8221; E, no cuarto, &#8220;O Concello promover\u00e1 a democracia participativa e a implicaci\u00f3n activa da poboaci\u00f3n na vida municipal. Nomeadamente, o Concello poder\u00e1 regular as iniciativas populares, as\u00ed como a participaci\u00f3n veci\u00f1al na definici\u00f3n dos obxectivos e das actuaci\u00f3ns recollidas nos<\/p>\n<p>orzamentos municipais.&#8221; \u00c9 dicir, imp\u00f3n como misi\u00f3n \u00f3 concello a dinamizaci\u00f3n da participaci\u00f3n veci\u00f1al.<\/p>\n<p>O artigo 52 trata da participaci\u00f3n veci\u00f1al no pleno, e o 57, da participaci\u00f3n das asociaci\u00f3ns nas sesi\u00f3ns do Concello. Neste \u00faltimo, no seu apartado segundo, aparece &#8220;As entidades asociativas poder\u00e1n presentar para o seu debate no Pleno, iniciativas populares que recollan propostas de actuaci\u00f3n dentro do \u00e1mbito municipal.&#8221; \u00c9 dicir, as asociaci\u00f3ns, de xeito directo, no pleno, non despois, e como detalla no apartado seguinte.<\/p>\n<p>Por \u00faltimo, no 58, xa na \u00faltima p\u00e1xina, fala &#8220;Dos Consellos parroquiais e\/ou sectoriais e outras formas de participaci\u00f3n directa colectiva&#8221;, potenciando as\u00ed a colaboraci\u00f3n nas parroquias e sectorial.<\/p>\n<p>Perfecto? Por suposto que non: nada vivo e cambiante pode ser perfecto, e este regulamento parece nacer para estar vivo e ser aplicado. Mais a diferencia co regulamento de participaci\u00f3n proposto no seu momento para Ribadeo \u00e9 palpable. As\u00ed pois, un punto m\u00e1is a considerar para seguir a pensar n<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/search\/label\/o%20Ribadeo%20que%20queremos\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">o Ribadeo que queremos<\/a>. E para lembrar que a promoci\u00f3n de la participaci\u00f3n cidad\u00e1 na toma de decisi\u00f3ns no econ\u00f3mico e no social son unha prevenci\u00f3n para a corrupci\u00f3n e un est\u00edmulo \u00e1 eficacia&#8230;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Un amigo f\u00edxomo notar: o regulamento org\u00e1nico municipal xa pasou o per\u00edodo de alegaci\u00f3ns. O de Barreiros, non o de Ribadeo. Como nos papeis non saiu nada de que tivera alegaci\u00f3ns, se \u00e9 as\u00ed, debera entrar en vigor de xeito autom\u00e1tico. Coido que \u00e9 digno como para comparar co que se pretend\u00eda aprobar aqu\u00ed hai [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[33,78],"class_list":["post-5229","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-o-ribadeo-que-queremos","tag-participacion"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5229","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5229"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5229\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5229"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5229"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5229"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}