{"id":5221,"date":"2019-11-30T11:20:00","date_gmt":"2019-11-30T10:20:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:18:06","modified_gmt":"2024-11-12T12:18:06","slug":"escudos-de-armas-do-concello-de-ribadeo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2019\/11\/30\/escudos-de-armas-do-concello-de-ribadeo\/","title":{"rendered":"Escudos de Armas do Concello de Ribadeo"},"content":{"rendered":"<p>Onte presentouse o libro <em>Escudos de Armas do Concello de Ribadeo: her\u00e1ldica, xenealox\u00eda e nobiliaria<\/em>.O sal\u00f3n de actos da Casa do Mar de Ribedo acolleu \u00f3 p\u00fablico que desfrutou das palabras de Pancho como adianto \u00e1 lectura do libro.<\/p>\n<p>Al\u00ed sa\u00edron ordeadas a x\u00e9nese da her\u00e1ldica ou parte da historia ribadense, e non s\u00f3 relacionada coa her\u00e1ldica, ata o m\u00e1is recente citado, o expurgo de 3000 kg de documentos do xulgado de Ribadeo con destino a papel do BOE, Gaceta de Madrid, dende os m\u00e1is antigos, como a cita no diploma do rei Silo (773) e o Monasterio de Esperautano na Gra\u00f1a (928). A visita a Ribadeo de San Francisco de As\u00eds no 1214 previa \u00e1 fundaci\u00f3n do convento de San Francisco e, despois, do de Santa Clara, das clarisas, a orde franciscana de mulleres, ou a visita de Fernando III entre ambos eventos, manifestando a importancia do Ribadeo de comezos do s\u00e9culo XIII, despois de que haxa documentos testemu\u00f1ando que no 1128 Ribadeo ti\u00f1a xa 21 parroquias. As\u00ed, non \u00e9 raro que mantivese s\u00e9 episcopal ou que o rei Fernando II rescate a vila para a s\u00faa dpendencia: a importancia da xeraci\u00f3n de recursos para as instituci\u00f3ns que reportaba o comercio como o do sal nun porto salientable en todo o Cant\u00e1brico, daba p\u00e9 \u00e1 loita polo seu aproveitamento. E mesmo poido darse o caso dun destino de moita m\u00e1is sona na actualidade. Deixo a continuaci\u00f3n algunha foto e as mi\u00f1as palabras de introduci\u00f3n.<\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto; text-align: center;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEh45Am2QD8yqFWlTHXS5yt8W-Rv0YhGLh1ITpxPz049VfqivXTsR7TI3PQXpvzqStELAhdgKjKcqEA8bk0a6Oa_76yD0mqS60E_0NVdKG9n_ERtPzMmVKpayyYRM43_g1xSEsmsfA\/s2048\/Pancho+asinando+o+libro.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEh45Am2QD8yqFWlTHXS5yt8W-Rv0YhGLh1ITpxPz049VfqivXTsR7TI3PQXpvzqStELAhdgKjKcqEA8bk0a6Oa_76yD0mqS60E_0NVdKG9n_ERtPzMmVKpayyYRM43_g1xSEsmsfA\/s2048\/Pancho+asinando+o+libro.jpg\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">O autor, asinando o libro.<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto; text-align: center;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjWQCDcS2CGH81SfMptCctFloGsojOAUKP9xZpV8eRBQXooDdR6M5RLEgdBidlix6Bzf1kUntYehCt9JSpb13vsdC2G8x3ykyjsj9GEEo5e07IxwNBgrkoIDeSEVTNsEPkKhRuaXQ\/s2048\/comezo+da+presentaci%25C3%25B3n+her%25C3%25A1ldica.png\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img decoding=\"async\" alt=\"\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjWQCDcS2CGH81SfMptCctFloGsojOAUKP9xZpV8eRBQXooDdR6M5RLEgdBidlix6Bzf1kUntYehCt9JSpb13vsdC2G8x3ykyjsj9GEEo5e07IxwNBgrkoIDeSEVTNsEPkKhRuaXQ\/s2048\/comezo+da+presentaci%25C3%25B3n+her%25C3%25A1ldica.png\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">Foto de Celia Castro do comezo do acto.<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto; text-align: center;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEg1dZtmqXzSGEOKv-6SYlPE2RzORqldiZXXoHSZeprdxpvaWqGu2hbCZ0J-_Tc0KMf3Yc252fuX5e8TMWIs7ICYY6TJd4YunMevIlj1fo6fbn9_ij4qY61CuePmLVugvtxN_4_fKA\/s2048\/pancho+expres%25C3%25A1ndose.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEg1dZtmqXzSGEOKv-6SYlPE2RzORqldiZXXoHSZeprdxpvaWqGu2hbCZ0J-_Tc0KMf3Yc252fuX5e8TMWIs7ICYY6TJd4YunMevIlj1fo6fbn9_ij4qY61CuePmLVugvtxN_4_fKA\/s2048\/pancho+expres%25C3%25A1ndose.jpg\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">Un momento da charla. foto de Goyi G\u00f3mez.<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>Boas tardes.<\/p>\n<p>Sras, sres, benvidos. Estamos aqu\u00ed hoxe para presentar o libro Escudos de Armas do Concello de Ribadeo: her\u00e1ldica, xenealox\u00eda e nobiliaria, de Francisco Jos\u00e9 Campos Dorado. \u00c9 dicir, traducindo e achegando o anterior, para recibir unha obra froito do amor, pola s\u00faa e nosa terra, de Pancho, ribadense en exercicio das s\u00faas funci\u00f3ns.<\/p>\n<p>Tanto a s\u00faa propia historia como a que presenta no libro debe contalas el, que \u00e9 quen mellor se co\u00f1ece. De calquera xeito, quixera roubar un pouco de tempo aportando algunha pincelada relacionada con ambos aspectos.<\/p>\n<p>En primeiro lugar, salientar unha informaci\u00f3n b\u00e1sica: Pancho \u00e9 apaixoado, n\u00f3taselle \u00f3 falar, no seu traballo, nas s\u00faas ideas, nas posturas que mant\u00e9n ou en que \u00e1s veces c\u00f3stalle controlar esa paix\u00f3n en concreto, por Ribadeo, unha paix\u00f3n continuada dende hai moito tempo.<\/p>\n<p>Ribadeo. E o mar. Pasou moitos anos artellando unha obra in\u00e9dita de milleiros de p\u00e1xinas que xa me deixou asombrado cando a\u00ednda faltaban m\u00e1is de 15 anos para que a considerara rematada. O dicionario biling\u00fce -en ingl\u00e9s e castel\u00e1n- de termos mari\u00f1eiros \u00e9 unha obra in\u00e9dita polo momento. Polo momento, pois esperemos que alg\u00fan d\u00eda deixe de selo: ser\u00eda unha m\u00e1goa o tempo, verbas, imaxes, aprendizaxe de t\u00e9cnicas por parte de Pancho, os co\u00f1ecementos empregados, como para que tal obra quede varada na memoria dun ordenador.<\/p>\n<p>A esa paix\u00f3n que desenvolveu polo dicionario tivo necesidade de darlle carpetazo, consider\u00e1ndoo rematado, a\u00ednda que sempre se lle poda engadir algo m\u00e1is. \u00c9 dicir, \u00f3 ver a labor non inesgotada, sen\u00f3n inesgotable, pero o dicionario publicable, vorcou a s\u00faa actividade cara outra cousa. <\/p>\n<p>Esa obra, resultado da s\u00faa vida e atracci\u00f3n polo mar, leva tam\u00e9n a conexi\u00f3n con Ribadeo, onde comezou a s\u00faa singladura. E a s\u00faa volta estable a Ribadeo, po\u00f1\u00e9ndose \u00f3 pouco \u00e1 cabeza da Asociaci\u00f3n O Tes\u00f3n, fixo dirixir os seus pasos \u00f3 reco\u00f1ecemento de todo o que hai en Ribadeo, \u00e1 s\u00faa difusi\u00f3n e por suposto, \u00e1 s\u00faa recuperaci\u00f3n, despois de ver como estaba -e en parte segue a estar- o patrimonio ribadense. As\u00ed rematou centr\u00e1ndose no significado que ten para ese patrimonio o que os escudos est\u00e1n a\u00ed precisamente para significar.<\/p>\n<p>A m\u00e1is de estudos como os de Jos\u00e9 Mar\u00eda Rodr\u00edguez, a quen ter\u00eda encantado este libro, que eu co\u00f1eza, s\u00f3 ten un precedente nun v\u00eddeo realizado no ano 1997 por Laureano Busto e Paco Rivas, La her\u00e1ldica de Ribadeo, a\u00ednda visible hoxe en youtube. Presenta en 26 minutos dez escudos de Ribadeo. Mais se tivera que cualificar ambos traballos polo tempo de visionado e lectura, a\u00ednda sendo conservador a relaci\u00f3n estar\u00eda por riba de 20 a 1. Iso pode dar unha idea do que avanzou Pancho co traballo que agora temos entre mans.<\/p>\n<p>Neste tema, pode dicirse que Pancho comezou dende cero. A s\u00faa formaci\u00f3n non foi enfocada \u00e1 historia, sen\u00f3n \u00e1 t\u00e9cnica. Mais, de novo, a paix\u00f3n. Removeu ceo e terra, falou con uns e con outros, procurou documentaci\u00f3n hist\u00f3rica, familiarizouse co arquivo de Mondo\u00f1edo, p\u00faxose \u00f3 d\u00eda e exprimiu as fontes documentais para que confesaran, rebuscando e contrastando datos en todo tipo de documentos a medida que el mesmo se \u00eda formando na materia. E foi constru\u00edndo. Naturalmente, o mesmo que hai fontes err\u00f3neas, Pancho pode ter erros, e de feito, dende que os artigos comezaron a ser publicados, recibiu m\u00e1is informaci\u00f3n e puido profundizar m\u00e1is nalgunhas cousas ou mesmo rectificar nalg\u00fan caso, como reco\u00f1ece no mesmo libro. As\u00ed vense de xeito natural as notas a posteriori que completan o corpo principal e o perfilan, ou as que indican posibilidades a\u00ednda non insert\u00e1ndose directamente nel.<\/p>\n<p>Iso \u00e9 o que se nos presenta hoxe aqu\u00ed, unha obra que coido hai que considerar magna no sentido de profunda, documentada e ben tratada, e \u00f3 tempo un inicio para a posta en valor -esa expresi\u00f3n tan en boga- do que \u00e9 a historia de Ribadeo. Un percorrido que Pancho, seguro, seguir\u00e1 compa\u00f1ando.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Onte presentouse o libro Escudos de Armas do Concello de Ribadeo: her\u00e1ldica, xenealox\u00eda e nobiliaria.O sal\u00f3n de actos da Casa do Mar de Ribedo acolleu \u00f3 p\u00fablico que desfrutou das palabras de Pancho como adianto \u00e1 lectura do libro. Al\u00ed sa\u00edron ordeadas a x\u00e9nese da her\u00e1ldica ou parte da historia ribadense, e non s\u00f3 relacionada [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[11,46],"class_list":["post-5221","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-historia","tag-pancho-campos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5221","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5221"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5221\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5221"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5221"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5221"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}