{"id":5214,"date":"2019-12-11T22:24:00","date_gmt":"2019-12-11T21:24:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:17:55","modified_gmt":"2024-11-12T12:17:55","slug":"o-que-nos-chega-do-cumio-climatico","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2019\/12\/11\/o-que-nos-chega-do-cumio-climatico\/","title":{"rendered":"O que nos chega do cumio clim\u00e1tico"},"content":{"rendered":"<p>Esta tempada, algunhas novas te\u00f1en mala sorte: a formaci\u00f3n de goberno enl\u00e9ase con Catalu\u00f1a e mesmo con ETA, de tal xeito que se toma a informaci\u00f3n dunha parte da negociaci\u00f3n como representante e referencia por toda ela, quedando o resto arrinconado. E isto, o que est\u00e1 a ocorrer nunha parte da actualidade nun estado secundario a nivel mundial, asemade est\u00e1 reducindo o espazo-noticia dunha conversa que, xa s\u00f3 por tratar de toda a humanidade como afectada directa, parece que debera comerse o pastel informativo. Pero non. E, por se acaso, a\u00ed est\u00e1 a figura de Greta para ter outras cousas secundarias de que tratar: hoxe mesmo, nunha emisora de radio escoitei algo \u00f3 que non pod\u00eda dar creto, falar do peinado de Greta Thunberg, como se nos seus tempos de Greta Garbo se tratase. Menos mal que xa lle sa\u00edu un contrapeso pouco m\u00e1is que adolescente, Hilda Nakabuye,de 22 anos, que hoxe tam\u00e9n pillou c\u00e1mara co aplauso de Greta.<\/p>\n<p>As\u00ed, dende moitos lugares, como Ribadeo, vendo dende aqu\u00ed as inundaci\u00f3ns cada vez m\u00e1is frecuentes na Veiga en marea alta, ou as d\u00faas novas marcas de temperaturas m\u00e1ximas na Pedro Murias de a\u00ednda hai un par de anos, ou a variaci\u00f3n do r\u00e9xime de chuvias que est\u00e1 habendo, podiamos pensar m\u00e1is nos resultados e solicitar unha informaci\u00f3n m\u00e1is axeitada do que est\u00e1 a ocorrer. Porque atopar novas como a que atopo na &#8216;Vanguardia&#8217;, de hoxe mesmo, \u00e9 raro. Por desgraza. De que se trataba? Pois da interrupci\u00f3n das conversas no cumio do clima. E, por? Pois pola negativa de moitos pa\u00edses a inclu\u00edr a axenda de x\u00e9nero nos compromisos para frear o cambio clim\u00e1tico. E iso que se acordara nun cumio anterior. E que est\u00e1 demostrrado que dos dous sexos, as mulleres sofren m\u00e1is as consecuencias do cambio precisamente por desigualdade social, \u00f3 igual que est\u00e1 mosado que un maior desenvolvemento das mulleres beneficiar\u00eda a toda a humanidade, tam\u00e9n no cambio clim\u00e1tico, pero non s\u00f3 nese aspecto.<\/p>\n<p>E isto, mentres Groenlandia perde nas estaci\u00f3ns c\u00e1lidas sete ves m\u00e1is xeo que nos anos 90 (nova que tam\u00e9n vin hoxe por primeira vez, noutro medio), ou se poden comezar a facer relaci\u00f3ns entre o &#8216;suicidio poblacional&#8217; galego e as extinci\u00f3ns por suicido ou perda de interese na vida de tribos en lugares tan distantes como a amazonia ou a estepa, ante o avance dunhas condici\u00f3ns de vida que non identifican como s\u00faas e que non poden nin queren asimilar. Condici\u00f3ns socioecon\u00f3micas que Galicia ve aumentar coa emerxencia clim\u00e1tica.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Esta tempada, algunhas novas te\u00f1en mala sorte: a formaci\u00f3n de goberno enl\u00e9ase con Catalu\u00f1a e mesmo con ETA, de tal xeito que se toma a informaci\u00f3n dunha parte da negociaci\u00f3n como representante e referencia por toda ela, quedando o resto arrinconado. E isto, o que est\u00e1 a ocorrer nunha parte da actualidade nun estado secundario [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[26],"class_list":["post-5214","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-medio"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5214","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5214"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5214\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5214"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5214"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5214"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}