{"id":5208,"date":"2019-12-21T09:51:00","date_gmt":"2019-12-21T08:51:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:17:46","modified_gmt":"2024-11-12T12:17:46","slug":"que-non-nos-enganen-duas-novas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2019\/12\/21\/que-non-nos-enganen-duas-novas\/","title":{"rendered":"Que non nos enganen: d\u00faas novas econ\u00f3micas que afectan a Galicia"},"content":{"rendered":"<p>Temporal. Unha cancelaci\u00f3n dunha actividade que me afecta polo Fabien. O tempo est\u00e1 tolo. E coa econom\u00eda qu\u00e9rennos tolear.<\/p>\n<p>Pode parecer que non te\u00f1en relaci\u00f3n, pero as d\u00faas novas de onte que remato de ler en El Economista e que afectan a Galicia coido que te\u00f1en relaci\u00f3n co clima. Unha, que as contas do pasado ano sobre o medre das diversas autonom\u00edas estiveron abondo mal feitas. En concreto, sobreestimadas en 14 das 17 autonom\u00edas (o que leva a unha sobre estimaci\u00f3n do &#8216;medre&#8217; ds contas do conxunto de Espa\u00f1a). Entre elas, cun 2,2 % de sobreestimaci\u00f3n, de Galicia.<\/p>\n<p>A outra, fronte \u00e1 petici\u00f3n dunha elecricidade m\u00e1is barata das empresas electrointensivas, a nova de que hoxe teremos a electricidade m\u00e1is barata de Europa. Hoxe, e as empresas, non n\u00f3s.<\/p>\n<p>Que Galicia medre menos do dito implica que houbo un trunfalismo para po\u00f1erse medallas e contabilizar, por exemplo, nas elecci\u00f3ns. Non debe ser doado levar unha contabilidade exacta a esa escala, mais a deriva cara arriba de 14 das dezasete comunidades aut\u00f3nomas de Espa\u00f1a debera facer pensar nun erro sistem\u00e1tico, non accidental, e polo tanto, m\u00e1is doado de corrixir se se quixera. Adem\u00e1is, erros dese tipo tenden a desconectar a econom\u00eda do entorno, facendo que uns indicadores vaian nunha direcci\u00f3n e outros noutra, perdendo ou mellor, ocultando, conexi\u00f3ns e relaci\u00f3ns entre cousas diversas, como a produci\u00f3n e o impacto ambiental. Onte mesmo, nunha charla en Ribadeo, Iv\u00e1n Lombardero deixaba claro que na actualidade parece haber unha correlaci\u00f3n moi axustada entre variaci\u00f3n do PIB e emisi\u00f3ns de CO<sub>2<\/sub>. Un PIB calculado con datos semellantes \u00f3s que agora se corrixen pero que hai tempo que se sabe que non ten tanta relaci\u00f3n co benestar persoal, e un CO<sub>2<\/sub> causante -non \u00fanico- do efecto invernadoiro extra que est\u00e1 a facer que a temperatura superficial media do planeta medre.<\/p>\n<p>Por outra, que en Espa\u00f1a hoxe sexa a electricidade m\u00e1is barata que no resto de Europa, como anunciou onte a ministra do ramo para rebatir as pretensi\u00f3ns das industrias electrointensivas -l\u00e9ase Alcoa como exponente principal en Galicia- \u00e9 algo que para comentalo cun m\u00ednimo de profundidade ter\u00eda que dispo\u00f1er dun espazo moi superior \u00f3 que estou disposto a empregar, polo que van ir s\u00f3 algunhas pinceladas. Comecei o artigo dicindo que hoxe entraba o Fabien, \u00e9 dicir, que os aeroxeradores te\u00f1en &#8220;materia prima&#8221; abondo (mesmo ter\u00e1n que parar alg\u00fans para que non queden destrozados por exceso de vento), e, despois das chuvias desta tempada, as centrais hidroel\u00e9ctricas, tam\u00e9n. Esta mesma semana anunciouse que por primeira vez dende que hai rexistro, Espa\u00f1a non tivo que recurrir \u00f3 carb\u00f3n durante un d\u00eda para producir electricidade, obviando que en algunha illa non se conseguiu polo sistema de xeraci\u00f3n que hai al\u00ed. \u00c9 dicir, enerx\u00eda prima gratu\u00edta grazas a unhas renovables denostadas longo tempo por caras, ineficientes, dif\u00edcis de usar de xeito continuado, etc. O caso \u00e9 que o anuncio \u00e9 para hoxe, esquecendo que de media non \u00e9 as\u00ed. E a media \u00e9 o que importa&#8230; Pero \u00e9 que adem\u00e1is, esa factura baixa &#8216;non ten que ver&#8217; connosco, consumidores de a p\u00e9, cunha tarifa que non vai ser hoxe a menor de Europa, e uns custes de enganche que tampouco o ser\u00e1n. E o debate sobre o consumo enerx\u00e9tico \/ produci\u00f3n de enerx\u00eda estase a facer dun xeito monetario, totalmente illado dos presuntos acordos de reduci\u00f3n de consumo enerx\u00e9tico -e polo tanto de produci\u00f3n- a pesar da s\u00faa validez cacarexada para propaganda. Con Alcoa, a compa\u00f1\u00eda esqu\u00e9cese de que toda actividade emprendedora ten os seus riscos, e carga estes sobre os traballadores e a sociedade, empregando os mesmos traballadores como punta de lanza dos intereses empresariais a curto prazo e non dos intereses da sociedade a longo prazo. Por suposto que existe un problema se Alcoa se marcha -algo que a non moi longa prazo, como te\u00f1o razoado noutras entradas, \u00e9 previsible que faga- e por suposto que afecta a toda a zona e \u00e1 econom\u00eda galega. Mais a soluci\u00f3n dentro dun sistema viciado como o actual tender\u00e1 a estar viciada de sa\u00edda e a ser curtopracista e curta de miras. As\u00ed, entre outras moitas preguntas que se poder\u00edan facer:<\/p>\n<p>&#8211; Hai algunha previsi\u00f3n de alternativas?<\/p>\n<p>&#8211; Hai algunha visi\u00f3n de enxuague social conxunto dunha entrada de ingresos como a que representa Alcoa? (non me estou referindo a subvenci\u00f3ns ou \u00f3s cartos do paro, sen\u00f3n algo m\u00e1is profundo)<\/p>\n<p>&#8211; Algunha consideraci\u00f3n do problema de funcionamento dunha f\u00e1brica as\u00ed no seu conxunto e non s\u00f3 no binomio enerx\u00eda-cartos? (co que se pon xa de comezo a vida ds persoas en funci\u00f3n dos cartos, e non \u00f3 rev\u00e9s)<\/p>\n<p>Vivimos nun mundo interrelacionado, e non podemos obviar que novas que aparecen como algo m\u00e1is, ben lonxe de n\u00f3s, en termos &#8216;macro&#8217; nos afectan de xeito directo, e temos que miralas cun certo detemento, pois outra cousa ser\u00e1 s\u00f3 deixarnos enganar.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Temporal. Unha cancelaci\u00f3n dunha actividade que me afecta polo Fabien. O tempo est\u00e1 tolo. E coa econom\u00eda qu\u00e9rennos tolear. Pode parecer que non te\u00f1en relaci\u00f3n, pero as d\u00faas novas de onte que remato de ler en El Economista e que afectan a Galicia coido que te\u00f1en relaci\u00f3n co clima. Unha, que as contas do pasado [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,26,13,9],"class_list":["post-5208","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-medio","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5208","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5208"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5208\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5208"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5208"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5208"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}